{"id":22539,"date":"2013-01-02T01:36:06","date_gmt":"2013-01-01T23:36:06","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22539"},"modified":"2013-01-07T22:32:52","modified_gmt":"2013-01-07T20:32:52","slug":"sete-propostas-de-accion-para-a-cultura-en-2013","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/02\/sete-propostas-de-accion-para-a-cultura-en-2013\/","title":{"rendered":"Sete propostas de acci\u00f3n para a cultura en 2013"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/consellos_2013.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tradicionalmente, a finais de ano sempre escribo un post sobre tendencias no sector da comunicaci\u00f3n para o vindeiro 2013. G\u00fastame facer exercicios prospectivos. A\u00ednda que \u00e1s veces, as prospectivas sexan tan et\u00e9reas como as discusi\u00f3ns bizantinas sobre o sexo arcanx\u00e9lico, a prospecci\u00f3n obriga a facer un exercicio de reflexi\u00f3n sobre o que realmente sabemos. <\/p>\n<p>Sen embargo, sinto que 2013 debe ser un ano de acci\u00f3n, m\u00e1is que de reflexi\u00f3n. A n\u00f3s -a todos n\u00f3s- corresp\u00f3ndenos reactivar o tecido cultural. Est\u00e1n en xogo moitas cousas: desde non deixar perder o que custou tantas d\u00e9cadas e xeraci\u00f3ns conseguir, como realmente aproveitar as oportunidades da certa confusi\u00f3n para forxar un novo xeito de comprender e concibir a cultura. As\u00ed que aqu\u00ed van as mi\u00f1as sete propostas para a cultura galega en 2013:<\/p>\n<p><strong>1. Ga\u00f1ar a batalla do\/s p\u00fablico\/s. <\/strong><br \/>\nQue menos do 20% dos libros mercados en Galicia estean en galego \u00e9 basicamente penoso. Non hai unha \u00fanica causa para isto, evidentemente, e hai moita xente que se leva rompendo a cabeza ao respecto desde hai d\u00e9cadas. Podemos ver esta escandalosa cifra (desde a \u00f3ptica dun pa\u00eds normal) como algo terrible (que o \u00e9), ou pod\u00e9molo ver como unha ampla marxe de crecemento no mercado interior. Ch\u00e1menme optimista, pero non creo que a estrutura e a inercia sexan tan r\u00edxidas. Galicia est\u00e1 chea de novos p\u00fablicos agardando ser descubertos, conformados e constru\u00eddos. Cando n\u00f3s publicamos <em>Herdeiros<\/em>, a aposta era arriscada: hab\u00eda moitos compradores para un ensaio de divulgaci\u00f3n sobre patrimonio cultural? Claro que os hab\u00eda. Igual que os hai para un p\u00fablico de lecturas gastron\u00f3micas non recetarias, para a divulgaci\u00f3n cient\u00edfica, e para moitos outros. Reflexionemos e vexamos como se pode ga\u00f1ar a batalla do mercado interior nos libros, nos espect\u00e1culos, no cinema e tam\u00e9n en Internet. <\/p>\n<p><strong>2. Incorporar de cabeza a ciencia \u00e1 cultura galega.<br \/>\n<\/strong>Galicia conta con alg\u00fans dos mellores divulgadores cient\u00edficos do Estado. Non \u00e9 un fen\u00f3meno menor: hai un monllo de cient\u00edficos e xornalistas que adoran contar ciencia, pero aos que lles faltan soportes para facelo. Triunfan nas cousas que promoven individualmente. \u00c9 o momento de facer da cultura galega a referencia a nivel estatal en divulgaci\u00f3n cient\u00edfica -en ciencias da natureza e en ciencias sociais. E \u00e9 o momento de facelo visible, de constru\u00edr unha marca mesmo a nivel europeo ao respecto. Sent\u00e9menos e pensemos como, con ambici\u00f3n. Crebemos dunha vez a fronteira das d\u00faas culturas. <\/p>\n<p><strong>3. Activar a dixitalizaci\u00f3n. <\/strong><br \/>\n\u00c9 a mi\u00f1a teima continua, e moitos ma teredes escoitado moitas veces. A cultura galega p\u00faxose guapa con Internet: a ruptura da idea de intermediario permitiu a moitos axentes publicar directamente e subir vizosos contidos \u00e1 rede. A irrupci\u00f3n das redes sociais incentivou a conversa, pero machacou moito dese movemento, arrincon\u00e1ndonos en ghettos galegofalantes, pero tam\u00e9n galegofaltantes. \u00c9 o momento de aproveitar a rede para facer visible moito contido morto, metido en alcanfor, en inanes e esquencidas publicaci\u00f3ns locais ou sectoriais. A pr\u00f3xima vez que un co\u00f1ecido teu, activista cultural, te bote a chorada de que unha deputaci\u00f3n ou un concello non lle paga a edici\u00f3n do seu libro de refr\u00e1ns da comarca de Cuspedri\u00f1os, dille que se non a fai p\u00fablica \u00e9 simplemente porque non quer. E ax\u00fadalle a organizar o acto de presentaci\u00f3n do web no concello ou nun local social de prestixio, claro que si. Os eventos sociais son unha magn\u00edfica recompensa para o traballo desagradecido e altru\u00edsta de moitos grandes investigadores do pequeno. Pero que deixe de chorar e suba ese condenado PDF! :-) Temos que crear clubes de dixitalizaci\u00f3n voluntaria do contido. En patrimoniogalego.net comezamos hai pouco e chegaremos aos 3000 bens catalogados en breves meses. Claro que \u00e9 posible!<\/p>\n<p><strong>4. Realizar cousas en com\u00fan. <\/strong><br \/>\nSomos menos de tres mill\u00f3ns de habitantes nun pa\u00eds con pouca xente nova. Iso non \u00e9 nada, en termos absolutos de creatividade e creaci\u00f3n. Precisamos unirnos para compensar as carencias derivadas da concentraci\u00f3n do talento en moi poucos puntos: cunha boa planificaci\u00f3n, transparencia e mente aberta, colaborando podemos crear proxectos grandes e con futuro. Co\u00f1ezo a moitas persoas que perden numerosas horas da s\u00faa vida (co corta que \u00e9 a vida!) repetindo e duplicando o traballo dos outros. Tr\u00e1tase diso, de mente aberta, de escoller moi ben ao compa\u00f1eiro de viaxe. Pensa en proxectos moi concretos m\u00e1is que en grandes movementos. Pensa nalgo que se poida crear nun mes, en tres, en seis. Une a cient\u00edficos con poetas, a m\u00e9dicos con coci\u00f1eiros e a taxistas con historiadores. Proba a mesturar xente de diferentes disciplinas e pensa nalgo que vos outorgue pequenos triunfos. E evita todas esas cousas e persoas que fan tumbar sempre os proxectos. Os que me co\u00f1ecen xa saben a que me refiro: revirados, os xustos!<\/p>\n<p><strong>5. Falar de di\u00f1eiro. <\/strong><br \/>\nA\u00ednda o outro d\u00eda viv\u00edn unha situaci\u00f3n na que unha persoa coa que tratabamos unha cuesti\u00f3n econ\u00f3mica vinculada \u00e1 cultura lle entraban suores fr\u00edos ao falar do asunto. A ver, quit\u00e9monos esa mentalidade cat\u00f3lica do s\u00e9culo XV. O di\u00f1eiro non \u00e9 suxo, \u00e9 un mecanismo de transacci\u00f3n e de intercambio. O que son suxas son algunhas pr\u00e1cticas con di\u00f1eiro. \u00c1 xente da cultura non lle pode dar vergo\u00f1a falar de di\u00f1eiro: por culpa diso, as marxes son p\u00edrricas, os cabreos moitas veces son moitos, por non aclarar desde o principio os asuntos econ\u00f3micos. Moitos proxectos cun retorno de valor posible esfar\u00e9lanse ou simplemente malg\u00e1stanse, desperd\u00edcianse, porque non se pensa en como dese\u00f1ar as canles de retorno. Falemos sen medo do di\u00f1eiro, e con iso limpar\u00e9molo. O resto \u00e9 unha f\u00e1brica de malentendidos. A cultura debe ser viable e debe ser economicamente solvente. <\/p>\n<p><strong>6. Valora publicamente o talento do teu compa\u00f1eiro de sector<\/strong><br \/>\nUn dos nosos peores cancros \u00e9 ese s\u00f3rdido mecanismo que provoca unha desautorizaci\u00f3n ou perda de prestixio inmediata dun profesional cando sabes de que familia v\u00e9n sendo, ou se foi ao mesmo colexio ca ti. Valoramos m\u00e1is ao for\u00e1neo porque desco\u00f1ecemos as s\u00faas orixes, pero desprezamos ao tipo que est\u00e1 beb\u00e9ndose un gintonic na mesma barra que ti polo motivo de que o ves todos os d\u00edas neste pub ou mercando no s\u00faper, malia que sexa un aut\u00e9ntico fen\u00f3meno. Debemos crear unha cultura na que reco\u00f1ezamos ao contrario, ou ao colega, e o fagamos p\u00fablico. A excelencia debe ser visible e compartible. E o noso pr\u00f3ximo pode ser perfectamente un exemplo. <\/p>\n<p><strong>7. Canto tempo perdes reafirm\u00e1ndote diante dos colegas?<\/strong><br \/>\nOs teus colegas do Facebook e do Twitter xa saben perfectamente que o\/s goberno\/s te cae\/n mal. Non precisas demostrarllo cada d\u00eda, ou cada hora, porque tan pouco vas conseguir cambiar gran cousa: a maior parte das redes persoais comparten moito da esfera ideol\u00f3xica. Inviste boa parte dese tempo no teu proxecto persoal, ou nalgunha tarefa colectiva artellada na rede ou no mundo <em>f\u00edsico<\/em>. Iso si pode conseguir trascender e levar a t\u00faa mensaxe e ideas m\u00e1is al\u00f3. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co inicio do ano, sete propostas optimistas para facernos todos activistas da cultura en 2013!<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/02\/sete-propostas-de-accion-para-a-cultura-en-2013\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sete propostas de acci\u00f3n para a cultura en 2013<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22546,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-22539","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22539","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22539"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22539\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22546"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22539"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22539"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22539"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}