{"id":22514,"date":"2012-12-28T22:29:17","date_gmt":"2012-12-28T20:29:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22514"},"modified":"2013-01-02T01:37:50","modified_gmt":"2013-01-01T23:37:50","slug":"gastromania-casa-de-xantares-restauracion-heroica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/28\/gastromania-casa-de-xantares-restauracion-heroica\/","title":{"rendered":"Gastroman\u00eda Casa de Xantares: restauraci\u00f3n heroica"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<i>Fotos: Sole<br \/>\n<\/i><br \/>\nSouben de Gastroman\u00eda Casa de Xantares, o proxecto do mozo coci\u00f1eiro Nacho Rodr\u00edguez, cando se abriu, na localidade ribeirense de Palmeira. A axenda e as liadas nas que ando metido imped\u00edronme ir probar unha novidade gastron\u00f3mica tan suxestiva na mi\u00f1a vila de nacemento. Nacho Rodr\u00edguez pertence a unha importante xeraci\u00f3n de coci\u00f1eiros que beirean, nestes momentos, a trintena. Son xente con moitas ga\u00f1as e ilusi\u00f3n que segue, moitas veces, cami\u00f1os ben distintos e que na s\u00faa maior parte est\u00e1 a emprender proxectos modestos pero cheos de ilusi\u00f3n; a s\u00faa xeraci\u00f3n non est\u00e1 tan definida coma o grupo Nove, pero est\u00e1n a\u00ed, e nestes momentos est\u00e1n curt\u00edndose na dura trincheira da crise, pero tam\u00e9n dunha gastronom\u00eda contempor\u00e1nea que se est\u00e1 redefinindo pero non sabe moi ben cara onde. <\/p>\n<p>Por iso \u00e9 louvable a iniciativa de atreverse a abrir un local de coci\u00f1a con toques creativos nunha vila tan conservadora gastronomicamente falando como Palmeira. Palmeira ficou a medio cami\u00f1o entre a Pobra do Carami\u00f1al e Ribeira no \u00e1mbito dos servizos, pero tam\u00e9n da restauraci\u00f3n. Nacho abriu no barrio m\u00e1is &#8220;distante&#8221; desta vila, o Norte, e desde al\u00ed, coa axuda dun camareiro, b\u00e1tese con imaxinaci\u00f3n contra un destino no que moitos non se atrever\u00edan nin a comezar. <\/p>\n<p>Non co\u00f1ec\u00eda a s\u00faa comida e a verdade \u00e9 que fiquei m\u00e1is que satisfeito. Fiquei tan ben que se produciu iso que pasa en moitos sitios: tes ga\u00f1as de volver r\u00e1pido para probar m\u00e1is cousas, outras habilidades do coci\u00f1eiro. Nacho ten unha carta pequeni\u00f1a, moi baseada no mercado e na tempada. Se lle pides men\u00fa degustaci\u00f3n (35\u20ac), elab\u00f3rao basicamente a partir de raci\u00f3ns pequenas desa carta. Digamos que case te comes a carta enteira a bocados. Econom\u00eda de guerra, si, pero tam\u00e9n sentidi\u00f1o. O d\u00eda que comimos en Gastroman\u00eda Casa de Xantares vi\u00f1a nost\u00e1lxico do Barbanza, vi\u00f1a nost\u00e1lxico do pasado. De alg\u00fan xeito, a baixa deume tempo e espazo para pensar nas orixes. Quer\u00eda que a coci\u00f1a tam\u00e9n o fixese. E f\u00edxoo, abof\u00e9. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Comezamos cun caldi\u00f1o de peixe sapo, ben concentrado, para temperar o bandullo nos d\u00edas de invern\u00eda coma estes. De seguido, un langostino con orell\u00f3ns, berberechos con wakame e unhas boas ameixas met\u00e9ronme de cheo na r\u00eda de Arousa. O complemento dun choco asado (eu non sei, pero para min a r\u00eda \u00e9 esencialmente o sabor, tostadi\u00f1o, do choco e da lura) alegroume de vez. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os pratos maiores, unha pescada fritida cun pisto, era digno de aplauso. Mira que \u00e9 un prato sinxelo, pero todo, desde o empanado ata a cocci\u00f3n uniforme e no seu punto do interior, co sabor tenue da carne da pescada constrastado alegremente pola cama de pisto, fac\u00edao un prato absolutamente delicioso. E despois, un prato sinxelo que emocinou. Un polo guisado con ch\u00edcharos que, aseg\u00farovolo, era tal cal o fac\u00eda a mi\u00f1a avoa. Comida de domingo oficial nas casas do Barbanza!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gastromania_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O cap\u00edtulo de postres foi o m\u00e1is frouxo do xantar. Unha pi\u00f1a con xeado e unha sopa de chocolate que ao meu ver non estiveron \u00e1 altura do resto do men\u00fa. Acompa\u00f1\u00e1molo, por certo, cun excelente Ribeiro tinto, o Tarabalo en barrica de carballo galego. Relaci\u00f3n calidade\/prezo insuperable. <\/p>\n<p>En resumo, Gastroman\u00eda Casa de Xantares \u00e9 un proxecto bonito, modesto e persoal; un exemplo da supervivencia e da ilusi\u00f3n por facer unha gastronom\u00eda distinta e conseguir racionalizada para soster o proxecto, a prezos moi asumibles. Pero adem\u00e1is, o talento de Nacho Dom\u00ednguez para crear un moi bo men\u00fa a partir de produtos sinxelos e aparentemente modestos \u00e9 notable. Desde aqu\u00ed todo o noso apoio pero, adem\u00e1is, volveremos con moito gusto. \u00c9 unha alegr\u00eda que no Barbanza comecen a nacer sitios que mante\u00f1en a esencia e os sabores locais con toques actualizados. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na arous\u00e1 vila de Palmeira, Nacho Dom\u00ednguez defende unha proposta gastron\u00f3mica baseada na estaci\u00f3n, no territorio e unha creatividade con &#8220;sentidi\u00f1o&#8221;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/28\/gastromania-casa-de-xantares-restauracion-heroica\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Gastroman\u00eda Casa de Xantares: restauraci\u00f3n heroica<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22515,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-22514","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22514","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22514"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22514\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22515"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22514"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22514"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22514"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}