{"id":22480,"date":"2012-12-26T21:03:04","date_gmt":"2012-12-26T19:03:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22480"},"modified":"2012-12-28T22:36:24","modified_gmt":"2012-12-28T20:36:24","slug":"a-serpe-misteriosa-do-barbanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/26\/a-serpe-misteriosa-do-barbanza\/","title":{"rendered":"A serpe misteriosa do Barbanza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A mediados do s\u00e9culo XX, un labrego paseaba cabo do mar, no Barbanza, e atopou unha peza fascinante e \u00fanica que gardou na s\u00faa casa. E despois del custodi\u00e1rona e gard\u00e1rona outras d\u00faas xeraci\u00f3ns ata o presente. Hoxe vese f\u00f3ra dese marco familiar por primeira vez en Cap\u00edtulo Cero. <\/p>\n<p>Din que as xoias te\u00f1en vida propia: moitas das grandes pezas hoxe conservadas nas colecci\u00f3ns dos grandes museos europeos levaron vidas azarosas e de aventura, de lugar en lugar e de dono en dono. A peza que hoxe presentamos \u00e9 enigm\u00e1tica, fermosa e chamativa. A s\u00faa vida nas \u00faltimas d\u00e9cadas foi repousada. Sabemos que saiu da casa para ser &#8220;restaurada&#8221; por un xoieiro, pero non sabemos o alcance total da restauraci\u00f3n. Claramente, a peza foi limpada, pero ao mellor tam\u00e9n sufriu outro tipo de intervenci\u00f3n, como logo veremos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A peza apareceu na costa do Barbanza sur -r\u00eda de Arousa, nun espazo de interese arqueol\u00f3xico (temos a ubicaci\u00f3n exacta do achado, pero non a facemos p\u00fablica). \u00c9 un brazalete, posiblemente de bronce, moi pequeno -ten 7 cent\u00edmetros de di\u00e1metro. Os bordes est\u00e1n rematados con dous engarces que constit\u00faen a parte m\u00e1is notable da xoia. Son d\u00faas cabezas de serpe que, adem\u00e1is, te\u00f1en unha decoraci\u00f3n a base de c\u00edrculos conc\u00e9ntricos. Os remates est\u00e1n ocos por dentro e os engarces pechan e unen estas cabezas de serpe co f\u00edo. <\/p>\n<p>Agora ben, unha vez que vemos a peza, a cuesti\u00f3n \u00e9 \u00bfa que cronolox\u00eda pertence? Antes de publicar este post, podo dicir que alg\u00fans dos principais expertos en metalurxia e orfebrer\u00eda prehist\u00f3rica de Galicia viron as fotograf\u00edas desta peza. Todos expresaron a s\u00faa cautela sen velo en directo, como \u00e9 evidente, pero adem\u00e1is, e isto \u00e9 o sorprendente, cada quen propuxo unha cronolox\u00eda distinta. Por respecto a todos eles, que non tiveron a oportunidade de ver a peza ao vivo, non vou po\u00f1er por escrito a s\u00faa opini\u00f3n concreta de cada un sobre a pulseira, pero si farei unha reflexi\u00f3n xeral a partir das s\u00faas achegas. <\/p>\n<p>O primeiro, \u00e9 que a peza \u00e9 tremendamente singular no contexto de Galicia. De feito, non hai ningunha peza similar, desta calidade, e nesta aposta polo naturalismo dos ofidios, no noroeste peninsular. As\u00ed que, se non hai nada exactamente igual, que cronolox\u00eda pode ter? Idade do Ferro?<\/p>\n<p>\u00c9 unha hip\u00f3tese moi suxestiva, a\u00ednda que un pouco dif\u00edcil. Se lembrades a ouriver\u00eda da Idade do Ferro en Galicia, eses magn\u00edficos torques ou diademas parecen concentrar a m\u00e1xima expresi\u00f3n art\u00edstica. Os aneis ou brazaletes son bastante discretos, e os brazaletes non moi abundantes, malia figurar como pezas de luxo destacadas mesmo na estatuaria dos guerreiros galaicos. Un bo repaso polos brazaletes documentados na arqueolox\u00eda galega ata \u00e9poca romana est\u00e1 no artigo <em>Estudo de materiais procedentes do castro de Viladafonso (Olives, A Estrada, Pontevedra)<\/em>, de Beatriz Pereiras, Xos\u00e9 Lois Ladra e Nuria Calo (<a href=\"http:\/\/dspace.aestrada.com\/jspui\/bitstream\/123456789\/207\/1\/A%20ESTRADA%203-Pereiras,%20Ladra%20e%20Calo.pdf\">ver pdf<\/a>), publicado en <em>A Estrada. Miscelanea hist\u00f3rica e cultural<\/em>. Son estes brazaletes todos bastante m\u00e1is discretos, menos preocupados pola decoraci\u00f3n. Pero na Idade do Ferro, as serpes est\u00e1n presente no imaxinario destas xoias. Velaqu\u00ed van d\u00faas mostras. <\/p>\n<p>A l\u00fanula lusitana do tesouro do Ch\u00e3o das Lamas. Esta marabilla atopouse preto de Coimbra e est\u00e1 hoxe no Museo Arqueol\u00f3xico Nacional, en Madrid. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Outro interesante paralelo \u00e9 este brazalete galo con cabezas de serpes (Mandeure, Doubs). Ambas as d\u00faas, a lusitana e a gala, te\u00f1en cronolox\u00edas claras da II Idade do Ferro (III-II a.C.).<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sen embargo, en \u00e9poca romana as mulleres patricias empregar\u00e1n os brazaletes con cabezas de serpe dunha forma m\u00e1is xeral. No Museo Provincial de Lugo hai alg\u00fan anaco de brazalete tam\u00e9n con remates en forma de serpe, pero bastantes m\u00e1is toscas. A decoraci\u00f3n e a feitura desta peza barbanz\u00f3nica segue a ser notablemente singular. Unha das hip\u00f3teses era que estiveramos ante unha fermosa peza de transici\u00f3n entre \u00e9pocas, do s\u00e9culo I a.C. ou I d.C., no que estiveramos a ver, expresamente nesta peza, os novos gustos entrantes con Roma na r\u00eda de Arousa, que se imbrican co antigo culto \u00e1s serpes, co universo m\u00e1xico e simb\u00f3lico expresado por estas ao longo da Idade do Ferro e que tam\u00e9n se aprecia neses fermosos c\u00edrculos que esmaltan a pel do oficio, eses motivos que proceden dun antiqu\u00edsimo universo est\u00e9tico. Ser\u00e1 desta \u00e9poca, ser\u00e1 un magn\u00edfico produto da fusi\u00f3n cultural galaicorromana?<\/p>\n<p>Tampouco est\u00e1 de todo claro. Porque hai algo certamente escamante na peza, e \u00e9 este engarce:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/serpe_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Adem\u00e1is do engarce, o remate dereito parece ter unhas incisi\u00f3ns no interior que non puidemos verificar. <\/em><\/p>\n<p>Este tipo de engarce, ao que eu sei e me comentaron os especialistas, \u00e9 desco\u00f1ecido para contextos arqueol\u00f3xicos prehist\u00f3ricos ou romanos en Galicia. Hab\u00eda outras t\u00e9cnicas para unir partes das xoias entre si. E, con independencia da abundancia ou non dos motivos, isto \u00e9 raro de vez. \u00c9 m\u00e1is, a min, persoalmente, par\u00e9ceme <em>relativamente<\/em> moderno. A pregunta \u00e9: ser\u00e1 orixinal da peza ou ser\u00e1 produto da restauraci\u00f3n do xoieiro? Ao mesmo tempo, o baleirado polo interior das cabezas \u00e9 sumamente estra\u00f1o. Alg\u00fan especialista tam\u00e9n ten suxerido unha posible ascendencia\/procedencia xerm\u00e1nica do brazalete. O contexto mari\u00f1o no que foi atopada a peza poder\u00eda suxerir tam\u00e9n a hip\u00f3tese de comercio mar\u00edtimo. <\/p>\n<p>A conclusi\u00f3n, por agora, \u00e9 que non \u00e9 posible determinar a cronolox\u00eda desta magn\u00edfica peza. Sen embargo, \u00e9 fermoso o imbricada que esta peza est\u00e1 nunha tradici\u00f3n m\u00edtica de Galicia: a serpe, a m\u00edtica serpe que xa compendiaran Cuevillas e Bouza Brey, a serpe que mudou de mito a lenda nos castros, e por riba, unha serpe que se decora cos c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que acompa\u00f1an a pl\u00e1stica do noroeste desde a \u00e9poca dos petr\u00f3glifos ata as estelas galaicorromanas, testemu\u00f1a da marcha dos defuntos. Coma os motivos que a decoran, o brazalete parece atravesar, sen medo, moitos tempos distintos. <\/p>\n<p>Quero agradecer o seu consello e o seu tempo na an\u00e1lise desta peza aos doutores Xos\u00e9 Lois Armada, Raquel Casal, Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal e Lois Ladra. Tam\u00e9n, por suposto, \u00e1 familia propietaria que amablemente nos permitiu a obtenci\u00f3n das fotograf\u00edas e a Carlos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Publicamos un intrigante brazalete atopado a mediados do s\u00e9culo pasado nas costas do Barbanza, e oculto ata hoxe. Unha peza \u00fanica en Galicia. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/26\/a-serpe-misteriosa-do-barbanza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A serpe misteriosa do Barbanza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22484,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-22480","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22480","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22480"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22480\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22484"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22480"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22480"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22480"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}