{"id":22437,"date":"2012-12-21T21:19:44","date_gmt":"2012-12-21T19:19:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22437"},"modified":"2012-12-26T21:08:16","modified_gmt":"2012-12-26T19:08:16","slug":"e-ha-de-vir-o-apalpador","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/21\/e-ha-de-vir-o-apalpador\/","title":{"rendered":"E h\u00e1 de vir o Apalpador"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/apalpador_declaracions.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Onte a comisi\u00f3n da Historia da Gentalha do Pichel presentou <em>E h\u00e1 de vir o Apalpador<\/em>, un documental que presenta numerosas testemu\u00f1as gravadas entre os Ancares, o Courel ou Sarria da tradici\u00f3n do Apalpadar entre esas xentes da monta\u00f1a. Ao ver tan abrumadora cantidade de testemu\u00f1as a pregunta que se fixo algu\u00e9n entre o p\u00fablico \u00e9: &#8220;como isto nunca se soubo?&#8221;. Aqu\u00ed est\u00e1 o v\u00eddeo:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/hZMpYnt7AXk?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Ao meu ver hai d\u00faas respostas ante isto. Unha \u00e9 pensar mal, en estilo conspiraci\u00f3n, e crer que non interesaba politicamente a difusi\u00f3n dunha lenda deste tipo. A outra \u00e9 m\u00e1is triste pero eu creo que \u00e9 m\u00e1is realista: simplemente porque non estaba (demasiado) na bibliograf\u00eda anterior. Na Academia (no sentido amplo da palabra) dubid\u00e1base do Apalpador porque os grandes etn\u00f3grafos da Galicia do s\u00e9culo XX (apenas) repararan nel. Eu te\u00f1o percibido cousas similares, como ocorre coa xente cativa, a <em>xente pequena<\/em>. Esa marabillosa raza tan habitual no Atl\u00e1ntico europeo, que te\u00f1o recollido a eito por todo o pa\u00eds, a penas entrou nos libros cl\u00e1sicos de antropolox\u00eda cultural galega e que, cando te\u00f1o comentado con reco\u00f1ecidos antrop\u00f3logos, me te\u00f1en mirado cunha mestura de curiosidade e d\u00fabida pero sen asomo de po\u00f1erse ao traballo, basicamente porque non hab\u00eda precedentes. No caso do Apalpador, xunt\u00e1base ao meu ver outros factores que provocaban a reactividade: o discurso estaba producido desde a alternatividade dun centro social, en galego reintegracionista, e nun colectivo de ideas moi marcadas&#8230;daba igual o que se dixera. Os feitos non eran tan importantes coma os portadores. <\/p>\n<p>Sen embargo, como lles comentei \u00e1 xente da Gentalha, a s\u00faa historia do Apalpador \u00e9, sobre todo, e a\u00ednda que lles doan algunhas cr\u00edticas, \u00e9 sobre todo un caso de \u00e9xito digno de estudarse en termos de marketing. Fixeron un excelente traballo de codificaci\u00f3n e de adaptaci\u00f3n dunha ancestral tradici\u00f3n ao mundo moderno. Desde a estandarizaci\u00f3n da imaxe do apalpador ata do ritual e calendario de comportamento da personaxe. Calquera, calquera figura m\u00edtica do presente pasou por procesos de codificaci\u00f3n similares a partir das infinitas variantes deses mitos na sociedade tradicional (pensemos por exemplo, na evoluci\u00f3n dos urcos campesi\u00f1os e mari\u00f1eiros da sociedade tradicional ata os orcos das novelas de Tolkien, recreadas por Peter Jackson no s\u00e9culo XXI). <\/p>\n<p>O factor relevante co Apalpador, ao igual que co Sama\u00edn, \u00e9 como \u00e9 a reacci\u00f3n das persoas que o rexeitan como icona. Non se trata unicamente dunha falta de atenci\u00f3n ou interese, sen\u00f3n que hai unha interesante agresividade, unha reacci\u00f3n airada. \u00c9 un proceso moi similar ao da xente que se indigna co galego da TVG. A frase que v\u00e9n despois adoita ser a seguinte: &#8220;\u00e9 que na mi\u00f1a aldea non se fac\u00eda iso&#8221;. A frase \u00e9 tremenda: o que dan a entender esas persoas \u00e9 que Galicia debe ser como a s\u00faa aldea. Tam\u00e9n \u00e9 moi interesante saber por que esas mesmas persoas non se adoitan anoxar co Pap\u00e1 Noel (que na versi\u00f3n que chega ata aqu\u00ed \u00e9 un produto do marketing norteamericano). Creo que parte da clave (parte, non todo) est\u00e1 nun curioso fen\u00f3meno. <\/p>\n<p>Galicia, desprovista secularmente de mecanismos de autoidentificaci\u00f3n como colectivo, constru\u00edu a s\u00faa identidade \u00e9tnica (os galegos) a partir da aldea de cada quen. Un dos beneficios expresados por moitos televidentes cando se fixo a TVG \u00e9 que &#8220;pod\u00edan co\u00f1ecer outras partes de Galicia&#8221;. Ata a TVG, poucas persoas, como Cunqueiro ou Castroviejo, pod\u00edan ter o privilexio de ter unha noci\u00f3n de Galicia. O vello Otero Pedrayo teno moi claro cando fala de que a aut\u00e9ntica conversi\u00f3n dos mozos fidalgos de principios do XX ao galeguismo se produce cando ven por primeira vez o mapa do Reino de Galicia, o prodixioso mapa de Domingo Font\u00e1n, de mediados do XIX. Ata ese momento, Galicia era unha quimera: Galicia era ata onde chegaba a vista. <\/p>\n<p>O que lle provoca reacci\u00f3n a esta xente \u00e9 a estra\u00f1a percepci\u00f3n de pa\u00eds: de que Galicia se estende m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa parroquia, que \u00e9 diversa e distinta no seu interior. Que \u00e9 un pa\u00eds complexo, en suma. A reactividade de moita xente est\u00e1 en que a s\u00faa identidade galega \u00e9 c\u00f3moda: temos a aldea, <em>que \u00e9 Galicia<\/em>, e eu estou orgulloso da mi\u00f1a aldea e a defendo, e temos Espa\u00f1a. O que est\u00e1 no medio \u00e9 un problema, para moitos non \u00e9 doado de xestionar. Por quen pulo nun Celta ou Deportivo-Madrid? <\/p>\n<p>Esta estra\u00f1a dualidade de vivo e non vivo nun lugar apr\u00e9ciase en todas as ordes da vida. Eu te\u00f1o que xente me se me violenta cando aludo ao Presidente da Xunta como <em>Presidente do Goberno<\/em> (ollo, non que se confunda, sen\u00f3n que se violenta, que \u00e9 distinto). Ou f\u00edxense nos titulares dos xornais galegos, nos que a palabra Galicia se repite unha e outra vez, malia estar sobreentendido pola difusi\u00f3n do xornal, a secci\u00f3n ou o tema. Non sabemos manexarnos ben co espazo p\u00fablico com\u00fan, parece que escribimos desde f\u00f3ra del.<\/p>\n<p>O Apalpador, en realidade, todo, est\u00e1 no medio. A gran conquista da Galicia do futuro ser\u00e1 forxar esa identidade do espazo p\u00fablico. No fondo, \u00e9 o que se leva loitando 150 anos. Vexo a xente moi nova a\u00ednda co discurso: &#8220;na mi\u00f1a aldea non se fac\u00eda iso&#8221;. O noso futuro ser\u00e1 demostrar que o orgullo \u00e9 que Galicia est\u00e1 feita por miles de aldeas, e miles de cidades, e que tan importante \u00e9 o que se faga na t\u00faa aldea como o que nos importe a todos nunha pol\u00edtica com\u00fan, que tan importantes son as t\u00faas particularidades como ter s\u00edmbolos com\u00fans, que nos unan. E que iso \u00e9 o que nos enriquece como sociedade moderna que debemos ser. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Gentalha do Pichel publicou onte un v\u00eddeo cheo de declaraci\u00f3ns orixinais da monta\u00f1a luguesa sobre ese mito que alg\u00fans cren inventado: o Apalpador.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/21\/e-ha-de-vir-o-apalpador\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">E h\u00e1 de vir o Apalpador<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22440,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,32,33],"tags":[],"class_list":["post-22437","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-destacado","category-en-portada","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22437","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22437"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22437\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22440"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22437"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22437"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22437"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}