{"id":22395,"date":"2012-12-17T21:31:36","date_gmt":"2012-12-17T19:31:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22395"},"modified":"2012-12-21T21:28:59","modified_gmt":"2012-12-21T19:28:59","slug":"mare-e-monti-un-gran-italiano-en-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/17\/mare-e-monti-un-gran-italiano-en-pontevedra\/","title":{"rendered":"Mare e Monti: un gran italiano en Pontevedra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nA coci\u00f1a italiana \u00e9 para min o m\u00e1is parecido a unha festa. A esta coci\u00f1a p\u00e9galle algo de rebumbio, sarillo, alegr\u00eda e conversas acaloradas, como nunha pel\u00edcula de Fellini. E p\u00e9galle porque \u00e9 capaz de sobreporse a todo: o sabor dos produtos fai que esta comida entre por todos os sentidos sen concesi\u00f3ns. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Teo abriu o <a href=\"http:\/\/www.mareemonti.es\">Mare e Monti<\/a> (R\u00faa do Cami\u00f1o de Ferro, 886 21 48 94), un dos mellores restaurantes italianos de Galicia, hai dous anos e medio. Est\u00e1 en Pontevedra, moi preto da estaci\u00f3n de autobuses. Teo \u00e9 a quinta xeraci\u00f3n de propietarios de restaurantes na s\u00faa Campania natal (el \u00e9 de Caserta, preto de N\u00e1poles). De feito, Teo afirma que a tradici\u00f3n familiar comezou nunha fonda na que se produciu o hist\u00f3rico encontro entre o rei Vitorrio Emmanuele e Garibaldi en 1860 rexentada por un descendente del. Teo abrazou a coci\u00f1a como vocaci\u00f3n tard\u00eda, pasados os trinta e tantos. Tras unha vida err\u00e1tica no mundo do dese\u00f1o de xoias e da arquitectura, un d\u00eda que \u00eda xantar ao restaurante dunha familia amiga, atopouse no medio dunha disputa familiar. O fillo, que era o coci\u00f1eiro, marchara cabreado e os clientes estaban a piques de chegar. De punta en branco meteuse na coci\u00f1a sen un co\u00f1ecemento especial e tirou non sei cantos pratos nun servizo. Cando rematou, pringado e suxo ata arriba, preguntoulle ao propietario se pod\u00eda volver pola noite. E a\u00ed comezou o asunto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fumos al\u00f3 un grupo de blogastr\u00f3nomos baixo a recomendaci\u00f3n do amigo Alfredo Montero. O xantar foi un aut\u00e9ntico festival aderezado coas an\u00e9cdotas de Teo. O xantar arrinca cuns aperitivos: mortadela bolo\u00f1esa, provolone dolce, melenzane a funghetti, zucchine alla capecce, zucca grigliata, parmiggiana di melenzane e carciofi alla romana. Todo un achado o cabazo (a zucca) grellada e as berenxenas, unha aut\u00e9ntica explosi\u00f3n de sabor. Logo seguimos con d\u00faas pizzas, unha catro estaci\u00f3ns e outra terra. <\/p>\n<p>A partir de a\u00ed pasamos a dous pratos de altura, uns gnocchi con salciccia e provola affumicata -unha pasta delicada na que tanto a salchicha coma o queixo afumado invest\u00edan dun aroma envolvente; seguimos con outro pratazo do d\u00eda: uns troccoli con centolla, pasta con centola troceada, un aut\u00e9ntico gustazo ver xeitos distintos de traballar co marisco, e descubrir o ben que lle queda a pasta a unha boa centola. <\/p>\n<p>O cap\u00edtulo de doces, elaborados pola parella de Teo, incluiu cl\u00e1sicos da casa, como esta imprescindible pizza de nutella, o tiramis\u00f9, a ricotta e pera, un milfollas, ou tres deliciosas pannacottas, ao chocolate, ao caramelo e \u00e1s froitas do bosque (a mi\u00f1a preferida). <\/p>\n<p>Os vi\u00f1os foron ben interesantes, case todos da Campania. Un greco di tufo e un Fiano di Avellino no cap\u00edtulo dos brancos (particular, moi afrutado o primeiro) e un Aglianico del Valture e un Negro Amaro no dos tintos. Magn\u00edfico, puro terroir -variedades tintas ancestrais, chan volc\u00e1nico. o primeiro, o Aglianico. <\/p>\n<p>O magn\u00edfico xantar, que combina pratos m\u00e1is convencionais e cl\u00e1sicos -\u00e9 un restaurante moi familiar- con exquisiteces pouco habituais, resume a propia filosof\u00eda de Teo. &#8220;Non hai coci\u00f1a&#8221;, di Teo en plan provocador. &#8220;Est\u00e1 un gran produto e est\u00e1 o restaurante&#8221;, e o coci\u00f1eiro, segundo este casertino, \u00e9 a penas un intermediario entre eses dous mundos. A s\u00faa \u00e9 unha coci\u00f1a da tradici\u00f3n, an\u00f3nima, chea de herdanza familiar. Os coci\u00f1eiros e alg\u00fans dos produtos ve\u00f1en de Italia, como a propia fari\u00f1a coa que se elabora a pasta (prefiren unha determinada forza), pero moita da despensa prov\u00e9n, diariamente, dos mercados pontevedreses. Teo \u00e9 un namorado de Galicia e da nosa despensa: non pode crer que non te\u00f1amos desenvolvido a\u00ednda o potencial que nos observa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mare_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En total, con vi\u00f1o, no Mare e Monti os xantares non chegan aos 30 euros por cabeza. V\u00e1leos. Como dixen ao principio, a\u00ednda que son os italianos sen d\u00fabida o tipo de restaurante de coci\u00f1a internacional m\u00e1is estendido de Galicia (ou ser\u00e1n os chineses a estas alturas?), o Mare e Monti de Pontevedra \u00e9 dos mellores italianos de Galicia. O meu consello: d\u00e9ixense aconsellar por Teo. El vailles guiar por unha gastronom\u00eda italiana m\u00e1is ampla do que agardan. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Pontevedra, o casertano Teo elabora unha coci\u00f1a da s\u00faa Campania natal. Un sur de Italia digno, saboroso, asequible e sorprendente. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/17\/mare-e-monti-un-gran-italiano-en-pontevedra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Mare e Monti: un gran italiano en Pontevedra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22396,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-22395","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22395","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22395"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22395\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22396"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22395"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22395"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22395"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}