{"id":22237,"date":"2012-12-03T21:55:10","date_gmt":"2012-12-03T19:55:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22237"},"modified":"2012-12-07T18:46:48","modified_gmt":"2012-12-07T16:46:48","slug":"a-morte-a-ultima-fronteira-da-idade-do-ferro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/03\/a-morte-a-ultima-fronteira-da-idade-do-ferro\/","title":{"rendered":"A morte, a \u00faltima fronteira da Idade do Ferro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A &#8220;cabaleir\u00eda pantasma&#8221; de Gondole (Auvernia)<\/em><\/p>\n<p>Conforme a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica avanza cara o Occidente, prod\u00facese un interesante fen\u00f3meno nas culturas da Idade do Ferro: desaparecen as necr\u00f3poles e os mortos da Idade do Ferro parecen dilu\u00edrse nunha misteriosa n\u00e9boa mitol\u00f3xica. Este fen\u00f3meno non \u00e9 \u00fanico en Galicia, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1s Illas Brit\u00e1nicas. Tanto en Irlanda como en Inglaterra os escasos enterramentos soterrados son unha excepci\u00f3n e non unha norma. S\u00f3 d\u00faas \u00e1reas do Reino Unido desenvolveron necr\u00f3poles como tales na Idade do Ferro: Cornualles e East Yorkshire. No segundo caso, a conexi\u00f3n cultural cos cemiterios galos c\u00e9lticos parece bastante evidente. <\/p>\n<p>A m\u00edtica frase do profesor Carlos Alonso del Real: &#8220;Dos que fixeron os d\u00f3lmenes sabemos onde morr\u00edan pero non onde viv\u00edan, e dos castros sabemos onde viv\u00edan pero non onde morr\u00edan&#8221;, est\u00e1 superada \u00e1 s\u00faa metade. Sobre todo merc\u00e9 ao crecemento de infraestruturas p\u00fablicas dos 90 e 2000, hoxe sabemos moito sobre os poboados neol\u00edticos de Galicia, se ben o co\u00f1ecemento est\u00e1 moi limitado a c\u00edrculos acad\u00e9micos e profesionais, e moi pouco del realmente publicado. O tempo, a investigaci\u00f3n e as autoestradas, polo tanto, superaron parte da lagoa de co\u00f1ecemento. Pero ese factor non foi capaz, aparentemente, de avanzarnos case nada sobre a segunda parte da paradoxa de Alonso del Real. A d\u00eda de hoxe, o co\u00f1ecemento sobre os enterramentos da Idade do Ferro segue sendo nulo ou moi reducido. O fen\u00f3meno non deixa de ser curioso, adem\u00e1is, porque a demograf\u00eda galega da Idade do Ferro na Gallaecia deb\u00eda ser relativamente elevada en relaci\u00f3n ao seu contorno, a xulgar pola inxente cantidade de castros. A\u00ednda que nos falta moit\u00edsimo por co\u00f1ecer doutros \u00e1mbitos da sociedade da Idade do Ferro, pouco a pouco se foi avanzando. A morte, xa que logo, \u00e9 <em>terra incognita<\/em>, a \u00faltima fronteira da investigaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Por que son importantes os mortos? Porque a pouco que pensemos nas imaxes emblem\u00e1ticas que temos da arqueolox\u00eda a nivel mundial, v\u00e9\u00f1ensenos \u00e1 cabeza fabulosas pezas de luxo, arquitecturas funerarias espectaculares, inscrici\u00f3ns, m\u00e1scaras, cad\u00e1veres&#8230;un corpo humano \u00e9 unha impresionante fonte de informaci\u00f3n ao redor do seu tempo. Pero as arquitecturas funerarias permiten, adem\u00e1is, facerse unha idea m\u00e1is ou menos detallada dos grandes trazos da cosmovisi\u00f3n dos individuos soterrados. \u00c9 as\u00ed como son as tumbas, m\u00e1is que os poboados, os que confirman, por exemplo, a relevancia da guerra na Meseta castel\u00e1 e no mundo da celtiberia. Das s\u00faas necr\u00f3poles exhum\u00e1ronse fermos\u00edsimos obxectos b\u00e9licos: falcatas, pu\u00f1ais, fibelas e outros artefactos militares que reconstr\u00faen un universo b\u00e9lico, sanguinario e de campi\u00f3ns. A morte, adem\u00e1is, \u00e9 un acontecemento fundamental no ciclo dun ser humano: nela depos\u00edtanse as s\u00faas crenzas, as s\u00faas esperanzas, a s\u00faa imaxe ante o mundo. <\/p>\n<p>En Galicia os enterramentos comezar\u00e1n a identificarse con claridade a nivel arqueol\u00f3xico en xacementos do s\u00e9culo I d.C., pero xa con t\u00e9cnicas e rituais claramente romanas, que avisan, ben da procedencia exterior dos mortos, ben que o sistema anterior de pr\u00e1cticas funerarias comezaba a crebarse pola aculturaci\u00f3n romana. M\u00e1is dun s\u00e9culo de investigaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas en Galicia e Portugal lev\u00e1ronnos a alg\u00fans datos collidos con pinzas. <\/p>\n<h3>Evidencias de pr\u00e1cticas con cad\u00e1veres<\/h3>\n<p>Obs\u00e9rvese que digo &#8220;pr\u00e1cticas con cad\u00e1veres&#8221; e non &#8220;cemiterios&#8221; ou &#8220;campas&#8221;. Os arque\u00f3logos te\u00f1en proposto diversos modelos de xesti\u00f3n dos mortos na cultura galaica que explicar\u00edan esta ausencia de evidencias. Desde cremaci\u00f3n e dispersi\u00f3n dos restos (as\u00ed se te\u00f1en representado polos artistas as mortes nos castros en varias ocasi\u00f3ns) ata rituais de dep\u00f3sito nas augas e no mar. Tam\u00e9n pr\u00e1cticas de descarnamento (como a\u00ednda existen en culturas asi\u00e1ticas hoxend\u00eda). Outra cousa \u00e9, como digo, a posibilidade de retorno deses mortos ao interior dos castros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>Escavaci\u00f3ns de Meir\u00e1s. Gr\u00e1ficos: Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal a partir de Luengo<\/em><\/p>\n<p>E aqu\u00ed imos. Entre as escasas evidencias que temos de mortos no mundo castrexo, estes mortos est\u00e1n profundamente alterados, ou ben parecen seguir un curioso patr\u00f3n. O primeiro dos casos \u00e9 a xa m\u00edtica escavaci\u00f3n do castro de Meir\u00e1s, levada a cabo por Jos\u00e9 Mar\u00eda Luengo a finais dos 40. A escavaci\u00f3n, moi cuestionada por arque\u00f3logos modernos, fixo aparecer un conxunto de foxas que conti\u00f1an materiais heterox\u00e9neos. Desde cer\u00e1mica fragmentada e pezas l\u00edticas e anacos de madeira ata algo in\u00e9dito en Galicia nese contexto: fragmentos de extremidades, de costelas ou do cr\u00e1neo dun var\u00f3n duns 20 anos aproximadamente. O problema \u00e9 que a existencia destes restos humanos mesturados con madeira, cereais, ou cer\u00e1mica non solucionan o problema dos enterramentos dunha comunidade, sen\u00f3n que parecen aludir, como ten sinalado Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal, a unha pr\u00e1ctica ben co\u00f1ecida nas Illas Brit\u00e1nicas, os &#8220;dep\u00f3sitos especiais&#8221; dos que fala Barry Cunliffe para os castros da Idade do Ferro. Hai outro dato moi interesante en Meir\u00e1s: vinculados aos osos humanos local\u00edzanse tam\u00e9n \u00f3sos de cabalo. Parece encaixar case \u00e1 perfecci\u00f3n cunha das citas coas que o xe\u00f3grafo Estrab\u00f3n describ\u00eda \u00e1s xentes do noroeste: &#8220;sacrifican a Ares un a\u00f1o, prisioneiros de guerra e un cabalo&#8221;. Pero tam\u00e9n cos rexistros destes estra\u00f1os dep\u00f3sitos nos castros brit\u00e1nicos, nos que \u00f3sos de cabalo e de home mest\u00faranse. E tam\u00e9n acontecen cousas similares nos castros bret\u00f3ns. <\/p>\n<p>Os segundos indicios son a existencia de foxas escavadas sempre en localizaci\u00f3ns cun patr\u00f3n similar: ao car\u00f3n das murallas dos castros. Hai varias referencias en Galicia en Portugal \u00e1 existencia destas foxas, algunhas delas con claros indicios de cinza no seu interior. Se cadra o exemplo m\u00e1is espectacular estea no magn\u00edfico castro de San Mill\u00e1n, en Cualedro, con urnas que os seus escavadores relacionan con pr\u00e1cticas funerarias. Os furados na rocha ao car\u00f3n da muralla aparece en moitos castros: Santo Ovideo, en Castromao (nun espazo baleiro preto da muralla con varios furados de m\u00e1is dun metro de profundidade) ou mesmo en Baro\u00f1a, furados recheos de cinza e carb\u00f3ns. Te\u00f1o referencia segura de dous xacementos m\u00e1is nos que se repite este esquema: olas cheas de cinza dispostas ao car\u00f3n dos parapetos, pero por seguridade (non foron escavados) non fornecerei a s\u00faa ubicaci\u00f3n. Hai uns cantos casos m\u00e1is. Recomendo ler <a href=\"http:\/\/www.csarmento.uminho.pt\/docs\/ndat\/rg\/RGVE1999_027.pdf\">este artigo de Xos\u00e9 Ignacio Vilaseco<\/a> no que se sistematizan &#8220;cousas raras&#8221; do mundo castrexo que son interpretadas habitualmente a partir dun contexto funerario. Entre elas, a fascinante e relativamente frecuente presenza de cer\u00e1mica castrexa nos t\u00famulos megal\u00edticos, como se seguiran sendo lugares de memoria ou sagrados, e que ao mellor se poder\u00edan asociar tam\u00e9n a pr\u00e1cticas de enterramento. <\/p>\n<p>Todos estes datos, bastante dispersos, poder\u00edan estar relacionados con ritos da morte, mesmo con usos rituais de seres humanos mortos, pero non solucionan o esquema fundamental, e son demasiado aillados. E unha cousa son rituais con restos humanos e outra a xesti\u00f3n da morte nunha comunidade. Exist\u00edan tumbas entendidas como tales? Cal era o destino dos cad\u00e1veres? Podemos falar de necr\u00f3poles no mundo castrexo?<\/p>\n<h3>As necr\u00f3poles na Idade do Ferro continental<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Necr\u00f3poles ao redor do poboado galo de Acy-Romance<\/em><\/p>\n<p>Se Galicia parece compartir a mesma ausencia de necr\u00f3poles claras que as Illas Brit\u00e1nicas, a realidade na Europa continental e c\u00e9ltica \u00e9 distinta. Seguindo un vello patr\u00f3n, tanto na Galia como na Celtiberia, as necr\u00f3poles aparecen no exterior dos poboados, e constit\u00faen unha riqu\u00edsima fonte de informaci\u00f3n ao redor da cultura e as materialidade dos individuos. O curioso \u00e9 a coherencia da s\u00faa disposici\u00f3n. A necr\u00f3pole est\u00e1 no f\u00f3ra do poboado, e preto dos cami\u00f1os. No mundo romano posterior seguirase, m\u00e1is ou menos, o mesmo criterio, se ben as tumbas van estar ali\u00f1adas ao longo do cami\u00f1o, non concentradas en campas como estas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Escavaci\u00f3n dunha necr\u00f3pole en Acy-Romance<\/em><\/p>\n<p>Os enterramentos c\u00e9lticos eran bastante humildes na s\u00faa construci\u00f3n, como se pode apreciar nesta foto. A\u00ednda que estou simplificando bastante, podemos dicir que consisten en foxas nas que se deposita, ben enteiro, ben cremado e nunha oli\u00f1a, o corpo do difunto. Ao car\u00f3n del, un enxoval de obxectos de prestixio. Por riba, unha cama de pedras protexe a foxa do exterior e, no mundo celtib\u00e9rico, non son infrecuentes as pequenas estelas que marcan o lugar no que est\u00e1 soterrado o morto. <\/p>\n<h3>Unha intrigante referencia da tradici\u00f3n oral<\/h3>\n<p>Ao longo de vinte anos, te\u00f1o escoitado en moitos lugares referencias aos lugares &#8220;nos que est\u00e1n soterrados os mouros&#8221;. Estas campas de mouros a penas foron tidas en consideraci\u00f3n pola investigaci\u00f3n antropol\u00f3xica nin arqueol\u00f3xica, pero son m\u00e1is abundantes do que parece. O que un d\u00eda me comezou a chamar a atenci\u00f3n \u00e9 que estas referencias a &#8220;cemiterios de mouros&#8221; parec\u00edan seguir, en moitos casos, un mesmo patr\u00f3n: atop\u00e1banse ao p\u00e9 dos castros, en chairas e preto dos cami\u00f1os. Moi pr\u00f3ximas aos castros pero non dentro deles. Vou contar aqu\u00ed tres casos moi claros, onde se pode ver o castro e ao car\u00f3n o lugar no que se menciona exactamente o <em>cemiterio<\/em> dos mouros, ben con ese nome, ben con referencias a que era o seu lugar de enterramento (caso do Castro de Bexo): <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Castro de Bexo (Dodro)<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Coto da Moureira (Boiro)<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Castro de A Cividade (San Xurxo de Sacos)<\/em><\/p>\n<p>Isto dos cemiterios de mouros \u00e9 tremendamente interesante. Antrop\u00f3logas como Mar Llinares te\u00f1en explicado a relaci\u00f3n intr\u00ednseca entre mouro e labrego. Nesa relaci\u00f3n, o mouro \u00e9 a a representaci\u00f3n inversa do labrego, \u00e9 todo o que non \u00e9 o labrego e comp\u00f3rtase como tal. Poden ser estes cemiterios de mouros unha parte m\u00e1is deste esquema? Traspola o folclore tradicional os elementos da sociedade tradicional -a aldea, a igrexa, o cemiterio- ao espazo arqueol\u00f3xico? \u00c9 moi posible que as\u00ed sexa, pero esas denominaci\u00f3ns tan espec\u00edficas, poden estar agachando unha realidade arqueol\u00f3xica?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Comecei a pensar niso trala aparici\u00f3n, durante a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/30\/visitamos-un-dos-achados-arqueoloxicos-do-ano-as-tumbas-do-castrino-de-bendoiro-en-lalin\/\">pol\u00e9mica intervenci\u00f3n do castri\u00f1o de Bendoiro<\/a>, dunha tumba de inhumaci\u00f3n ben definida na \u00e1rea exterior do castro, nunha chaira. A tumba, que ten unha cronolox\u00eda controvertida entre os especialistas entre o Bronce final e a Idade do Ferro, ti\u00f1a no seu interior alomenos un obxecto de prestixio asociado habitualmente a enterramentos, e estaba ao car\u00f3n deste xacemento tan particular, do que non co\u00f1ezo os datos exactos da intervenci\u00f3n pero que, na mi\u00f1a visita ao lugar, se revelaba como francamente dif\u00edcil de interpretar a primeira vista. Esta tumba estaba no exterior do castro, pero tam\u00e9n nas s\u00faas proximidades, tal e como o folclore parece indicar estes cemiterios de mouros. <\/p>\n<p>Mov\u00e9monos nun terreo complicado, pero imos achegar algo m\u00e1is.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/morte_idade_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No ano 2006, nunha correci\u00f3n de impacto arqueol\u00f3xico da Autov\u00eda Transcant\u00e1brica, aos p\u00e9s dun castro nas proximidades de Vilalba localizouse o que se ve aqu\u00ed, nestas fotos. Tr\u00e1tase dunha serie de foxas cubertas con pedras que foron despois obxecto dunha remodelaci\u00f3n no propio castro, coa construci\u00f3n dunha calzada de acceso e a explotaci\u00f3n dunhas vetas de mineral por parte dos mesmos habitantes do castro. A\u00ednda que non foi posible acceder ao informe da escavaci\u00f3n, depositado en Patrimonio, as foxas conti\u00f1an potes, cinsas, restos humanos (os \u00f3sos dunha man!) e nalg\u00fans casos obxectos de prestixio (armamento, como pu\u00f1ais de antenas). Esta posible necr\u00f3pole, similar \u00e1s que se co\u00f1ecen nos contextos centroeuropeos, estaba situada tam\u00e9n nunha ubicaci\u00f3n habitual para este tipo de dep\u00f3sitos arqueol\u00f3xicos, ao SE do castro e posiblemente no seu acceso orixinal. A ausencia de informaci\u00f3n p\u00fablica ao respecto desta intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica obriga a ser, con todo, tremendamente cautos na interpretaci\u00f3n do lugar e s\u00f3 sinalar a s\u00faa coincidencia con estes xacementos habituais noutras partes da Europa c\u00e9ltica continental. <\/p>\n<p>Con todo, a posible necr\u00f3pole vilalbesa, malia a s\u00faa importancia (de selo ser\u00eda a primeira evidencia de cemiterios galaicos), non deixa de ser tam\u00e9n unha excepci\u00f3n na propia Gallecia: nas numerosas escavaci\u00f3ns que se te\u00f1en levado a cabo en Galicia non apareceron outras, ou ben non foron identificadas ou reco\u00f1ecidas. \u00c9 Vilalba un East Yorkshire galego, cunha pr\u00e1ctica cultural local, ou est\u00e1 revelando onde buscar outros cemiterios castrexos en Galicia? E aqu\u00ed v\u00e9n a pregunta? Ter\u00e1n que ver esas referencias antigas do folclore \u00e1s que antes aludiamos con xacementos arqueol\u00f3xicos reais? Non \u00e9 doado sabelo. A mi\u00f1a impresi\u00f3n \u00e9 que pode haber m\u00e1is destes camposantos. Nun castro costeiro galego en excepcionais condici\u00f3ns de preservaci\u00f3n pode existir unha necr\u00f3pole similar tam\u00e9n \u00e1 sa\u00edda do castro, nunha campa con t\u00famulos moi pequenos e posibles cistas que parecen evocar o estilo das necr\u00f3poles c\u00f3rnicas da Idade do Ferro: de novo, non \u00e9 prudente mencionar a localizaci\u00f3n do xacemento. <\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, unha das tendencias da investigaci\u00f3n est\u00e1 en procurar respostas no exterior dos castros. Como era l\u00f3xico, todas as escavaci\u00f3ns que sa\u00edron dos parapetos est\u00e1n a desvelar a vida f\u00f3ra dos castros, e aparecen moitas cousas intrigantes. Foxas, gabias, furados de poste&#8230;que revelan os traballos agropecuarios coti\u00e1s das comunidades que viv\u00edan no interior do castro, e que desenvolv\u00edan no seu exterior. <\/p>\n<p>Pero se cadra -e s\u00f3 se cadra- f\u00f3ra dos castros, pero ben preti\u00f1o deles, como nas nosas aldeas, os galaicos mantiveran \u00e1 vista e ao seu car\u00f3n a memoria f\u00edsica dos seus seres queridos. E esa memoria permanecera conservada na tradici\u00f3n oral durante milenios. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ti\u00f1an necr\u00f3poles os galaicos? Us\u00e1banse os mortos en pr\u00e1cticas rituais? A morte \u00e9 un dos grandes enigmas da cultura castrexa, pero sabemos m\u00e1is cousas das que se pensa. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/12\/03\/a-morte-a-ultima-fronteira-da-idade-do-ferro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A morte, a \u00faltima fronteira da Idade do Ferro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22252,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-22237","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22237","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22237"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22237\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22252"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22237"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22237"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22237"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}