{"id":22178,"date":"2012-11-26T00:48:56","date_gmt":"2012-11-25T22:48:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22178"},"modified":"2012-11-26T23:39:58","modified_gmt":"2012-11-26T21:39:58","slug":"un-universo-tras-as-palabras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/26\/un-universo-tras-as-palabras\/","title":{"rendered":"O poder de d\u00faas palabras"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lobo_erelo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nin conto nada novo nin quero contalo, nesta volta. O que a min me pasou tenlle sucedido a miles de persoas antes. Estes meses de baixa -que agardo que vaian rematando pronto- val\u00e9ronme para escribir, para rematar un proxecto que ti\u00f1a adiado durante d\u00faas d\u00e9cadas. Ao volver a enfrontarme no espello do tempo o proxecto cambiou de xeito radical, pero para mellor. E tam\u00e9n traballo noutro. Ambos os dous, a rutina continua de traballar con mundos m\u00e1is ou menos imaxinarios, obriga a asumir unha nova relaci\u00f3n coa palabra, a s\u00faa representaci\u00f3n, as s\u00faas ra\u00edces e orixes, todo ao que remite. <\/p>\n<p>Os xornalistas sacrificamos, no noso transo cara a produtividade e a soluci\u00f3n de textos, a busca do sentido profundo das palabras. Con independencia da riqueza l\u00e9xica de cada quen, os xornalistas convertimos as palabras en engranaxes dunha factor\u00eda m\u00e1is ou menos estandarizada da que nos concedemos a\u00ednda unha m\u00ednima liberdade nos titulares. O resto, demasiado previsible. <\/p>\n<p>Sen embargo, a linguaxe vai moito m\u00e1is al\u00e1. A mi\u00f1a gran descuberta interna destes d\u00edas \u00e9 descubrir que a linguaxe, a escolla da palabra correcta, pode converter un texto aparentemente sinxelo nun aut\u00e9ntico universo evocador. Que non \u00e9 preciso o barroquismo, a descrici\u00f3n extensa ou o artificio estil\u00edstico para facer que unha palabra sexa coma o cordel dun ovillo de l\u00e1: cada quen, segundo a s\u00faa sabencia, tira ou non do ovillo, amosa o mundo que est\u00e1 detr\u00e1s desa palabra. Obviamente, como dic\u00eda ao principio, nada hai orixinal disto. Pero gust\u00e1bame o xeito no que Norman Mailer, John dos Passos ou Tom Wolfe consegu\u00edan isto, por exemplo, tirando da cultura popular norteamericana. Doutro xeito, Juan Rulfo acadaba a mesma situaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Tampouco \u00e9 un achado literario, e quero contar un sucedido real que vou incorporar \u00e1 primeira das historias, a escrita ao longo de vinte anos, que falaba antes. <\/p>\n<p>Cont\u00f3unolo o se\u00f1or Villar, prexubilado de Feiraco. D\u00edxonos que estaba un d\u00eda paseando por un cami\u00f1o, e viu un animal ao car\u00f3n do cami\u00f1o, bebendo dun bid\u00f3n de pl\u00e1stico que quedan no monte para os cabalos. <\/p>\n<p>-Vin que era coma un can grande, cun peito ancho, e quedou mirando para min -d\u00edxonos Villar, un gran narrador de historias. O se\u00f1or continuou- eu mirei para el e d\u00edxenlle: &#8220;Ti \u00e9relo&#8221;. Porque era o lobo e miraba para min. &#8220;Ti \u00e9relo&#8221;, repetinlle.  <\/p>\n<p>Ficamos prendados do <em>Ti \u00e9relo<\/em>. <\/p>\n<p>-\u00c9 incrible como esas d\u00faas palabras describen todo o universo simb\u00f3lico ao redor do lobo -comentou despois o amigo Xos\u00e9. Cando un animal \u00e9 importante para os galegos, pasa do plural ao singular, conv\u00edrtese nun concepto. Ao animal se lle trata de ti, pero nesa frase, o animal conv\u00edrtese nun concepto abstracto. Ese lobo son todos os lobos. Este lobo \u00e9 O lobo. <\/p>\n<p>O se\u00f1or Villar mirou para o lobo, o lobo mirou para el e os vellos relatos deron a volta. <\/p>\n<p>-O lobo miraba para min e non me ti\u00f1a medo! -dic\u00edanos asombrado o home.Como cambiou o mundo. Nos relatos de Fole era o home quen debera ter medo do encontro!<\/p>\n<p>Non ter\u00eda que ser ao rev\u00e9s? De aquela contar\u00e1moslle ao se\u00f1or Villar a raz\u00f3n de que estiveramos al\u00ed, porque o atoparamos no medio de aquela pista solitaria. O se\u00f1or Villar escoitouno con atenci\u00f3n e achegounos un dato:<\/p>\n<p>-Un cura que ti\u00f1amos en Feiraco, un cura que non parec\u00eda cura, dic\u00edanos: &#8220;do Tambre para al\u00e1 non son cat\u00f3licos. Ve\u00f1en a Santiago a cabalo con fusta. E haste de fixar que as s\u00faas igrexas est\u00e1n ao rev\u00e9s. As nosas te\u00f1en a porta mirando para o nacente do sol. E as deles para o po\u00f1ente. Haste de fixar&#8221;. <\/p>\n<p>Con estas verbas enigm\u00e1ticas continuamos cami\u00f1ando, seguindo o rastro que deixou o tempo no lugar e na s\u00faa memoria. A\u00ednda segu\u00eda al\u00ed. <\/p>\n<p>Durante varios d\u00edas, ese <em>ti \u00e9relo<\/em> petou na mi\u00f1a cabeza. E agora, esas d\u00faas palabras, incorpor\u00e1ronse nun episodio central da outra historia. Adoro as historias que se conectan, silandeiras ou reais, con todas as outras historias. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tan s\u00f3 d\u00faas palabras que revelan o universo popular ao redor do lobo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/26\/un-universo-tras-as-palabras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O poder de d\u00faas palabras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22180,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12],"tags":[],"class_list":["post-22178","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22178","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22178"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22178\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22180"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22178"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22178"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22178"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}