{"id":22176,"date":"2012-11-26T23:37:27","date_gmt":"2012-11-26T21:37:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22176"},"modified":"2012-12-01T23:04:36","modified_gmt":"2012-12-01T21:04:36","slug":"moscoso-moure-pan-para-comer-nel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/26\/moscoso-moure-pan-para-comer-nel\/","title":{"rendered":"Moscoso Moure: pan para comer nel"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moure_moscoso_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Manolo, Chus e o seu fillo Guillermo<\/em><\/p>\n<p>O s\u00e1bado pola noite vin no <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/panaderia.moscosomoure?fref=ts\">perfil de Facebook <\/a>da panader\u00eda compostelana Moscoso Moure que \u00edan cocer para domingo pans de longa fermentaci\u00f3n e con fari\u00f1a mo\u00edda na pedra e avisei que ao d\u00eda seguinte me ti\u00f1an al\u00ed mercando pan. Eles avis\u00e1ronme: pregunta por n\u00f3s e visita o obrador. <\/p>\n<p>As\u00ed que al\u00ed nos fumos. A\u00ednda que a panader\u00eda queda no rururbano de Compostela, nunha ruela por detr\u00e1s de San L\u00e1zaro chamada a R\u00faa do Cubelo, o tr\u00e1fico e a circulaci\u00f3n de coches que aparcaban como pod\u00edan ao redor da panader\u00eda a recoller pan, empanadas ou postres era bastante impresionante. No obrador, a xornada de traballo estaba rematando pero a familia formada por Manolo Moscoso, Chus Moure e o seu fillo Guillermo a\u00ednda andaban por al\u00ed. <\/p>\n<p>Debo reco\u00f1ecer que os meus co\u00f1ecementos sobre pan son case nulos, pero como a calquera me encanta e sobre todo, me fascina o v\u00ednculo que ten este produto con toda a nosa vida. Nos \u00faltimos anos, estase a dar todo un movemento en diferentes puntos do Estado reivindicando un pan de calidade e contra o que o meu amigo David de Jorge define como &#8220;pan de gasolinera&#8221;. Fari\u00f1as de mala calidade, fermentaci\u00f3ns moi curtas e un pan que s\u00f3 aguanta a penas unhas horas as s\u00faas propiedades. <\/p>\n<p>Por iso foi fascinante visitar a panader\u00eda Moscoso Moure e descubrir a paix\u00f3n con que esta familia est\u00e1 a tentar manter un est\u00e1ndar de alta calidade na elaboraci\u00f3n do pan artesanal. Con trinta anos de experiencia, Manolo bota a vista atr\u00e1s e reco\u00f1ece que durante moito tempo os panadeiros baixaron a calidade dos seus produtos, pero tam\u00e9n fala das grandes calidades do pan, e de como o propio panadeiro debe comer e disfrutar o seu propio pan. O seu fillo Guillermo \u00e9 capaz de explicar os procesos biol\u00f3xicos da fermentaci\u00f3n e como infl\u00faen na masa, pero est\u00e1 tam\u00e9n preocupado en introducir a modernidade no mundo do pan. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moure_moscoso_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O produto que fan \u00e9 excelente. En especial, adorei varias cousas. Un pan de fari\u00f1a ecol\u00f3xico mo\u00eddo en mu\u00ed\u00f1o de pedra e outro pan, impresionante, cun 95% de hidrataci\u00f3n. Iso significa que \u00e9 un pan que dura moito, que a hidrataci\u00f3n lle d\u00e1 notas doces que se contrastan co \u00e1cido. Probeinos despois de vagar en casa, acompa\u00f1ados de xam\u00f3n lugu\u00e9s e chourizo da Fonsagrada, e aquelo era tremendamente perigoso, por adictivo. Deben probar tam\u00e9n o turr\u00f3n que comezar\u00e1n a sacar en breve, se non comezaron xa. \u00c9 un turr\u00f3n dun chocolate excelente, acompa\u00f1a\u00f1ado de froitos secos, que vos recomendo para levardes a casa no Nadal e especialmente se tedes xente maior na familia (\u00e9 moi brandi\u00f1o). Basicamente, ese turr\u00f3n \u00e9 a bomba de sabor, pero non \u00e9 barato (sobre os 12 euros). V\u00e1leos, xa volo digo.<\/p>\n<p>Galicia \u00e9 reco\u00f1ecida como un dos grandes territorios nos que se come mellor pan, pero coma sempre os nosos artes\u00e1n son tipos discretos e moi reacios a facer publicidade dos seus produtos, mesmo tam\u00e9n \u00e1 innovaci\u00f3n. As\u00ed que non saben a alegr\u00eda que me levei cando vin que aqu\u00ed, en Compostela, esta xente, con paix\u00f3n, tentaba abrir o mundo do pan e introducir ideas frescas nun sector e tipo de produto que \u00e9 dos m\u00e1is queridos polos consumidores. Manolo e Chus abren o cami\u00f1o a Guillermo. E Guillermo marcha polo mundo, a participar en proxectos como <a href=\"http:\/\/blogs.elpais.com\/gastronotas-de-capel\/2012\/07\/al-rescate-del-pan.html\">The Loaf, con Ib\u00e1n Yarza e Dan Lepard<\/a>, para amosar o bo facer -ata agora moi discreto- dos panadeiros galegos, pero tam\u00e9n todo o cami\u00f1o que a\u00ednda se poden andar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Est\u00e1 no extrarradio de Santiago pero os seus arredores est\u00e1n m\u00e1is ateigados de coches que unha tasca do rural cun partido do Madrid. \u00c9 a panader\u00eda Moscoso Moure, onde se fan pans de aut\u00e9ntico m\u00e9rito.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/26\/moscoso-moure-pan-para-comer-nel\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Moscoso Moure: pan para comer nel<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22197,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7],"tags":[],"class_list":["post-22176","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22176","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22176"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22176\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22197"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22176"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22176"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22176"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}