{"id":22130,"date":"2012-11-21T13:54:30","date_gmt":"2012-11-21T11:54:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22130"},"modified":"2012-11-26T00:49:38","modified_gmt":"2012-11-25T22:49:38","slug":"do-lago-de-maimon-a-lagoa-sacra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/21\/do-lago-de-maimon-a-lagoa-sacra\/","title":{"rendered":"Do Lago de Maim\u00f3n \u00e1 Lagoa Sacra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_14.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Estes d\u00edas, cando as paredes da casa parecen encollerse demasiado, collemos o coche e imos dar un paseo; desde o asento do copiloto observo os dourados do outono sobre o campo de Galicia. Abro a porta do coche e miro o mundo. \u00c9 curioso isto de que non te podas mover: \u00e1s veces os cheiros, os arrecendos que non levas ulido durante meses abondan para curar a morri\u00f1a. O cheiro doce a follas podres fermentando nos soutos, ou da herba mollada. Son estes meses un viaxeiro de beirarr\u00faas e gabias, con pequenas incursi\u00f3ns pola terra mol. Mudei nun viaxeiro de olfato, mentres as pernas non me permitan o tacto. Est\u00e1 ben. <\/p>\n<p>Como ando a reler <em>Os outros feirantes<\/em>, de Cunqueiro, esa delicia, penso moito na relaci\u00f3n entre realidade e imaxinaci\u00f3n. \u00c9 un lugar com\u00fan que Cunqueiro non tivo que facer moito esforzo para sacar as s\u00faas personaxes, porque estaban a\u00ed. \u00c9 certo, estaban a\u00ed, pero cada vez dec\u00e1tome m\u00e1is da prodixiosa amalgama de creatividade, memoria e talento literario do mindoniense. Pero tam\u00e9n do m\u00e1xico que \u00e9 \u00e1s veces o pa\u00eds que nos tocou vivir.<\/p>\n<p>Isto v\u00e9n a ra\u00edz dunha escapada que fixen o outro d\u00eda. Baixamos pola Estrada na procura do Picho de Curantes, unha fervenci\u00f1a que pintaba fermosa. Por suposto, sen sinalizar e mal localizada no Panoramio. Ao chegarmos a Parada, aparcamos na carballeira dos Pereiri\u00f1os, e entramos a preguntar dentro dunha taberna. O local estaba baleiro, cheo de recordos, algo fr\u00edo. S\u00f3 hab\u00eda d\u00faas persoas sentadas nunha mesa. Un deles tocaba o acorde\u00f3n. O outro, m\u00e1is maior, ao seu car\u00f3n, co dedo levantado como un profesor, \u00edalle ensinando unha canci\u00f3n tradicional. <\/p>\n<p>Con educaci\u00f3n atenderon \u00e1 nosa demanda de informaci\u00f3n; o m\u00e1is novo marchou a buscar un papel no que debuxarnos un mapa. O m\u00e1is vello mirou para min e d\u00edxome:<\/p>\n<p>-A vostede non lle gustan as brancas, non?<\/p>\n<p>A mi\u00f1a primeira reacci\u00f3n foi pensar en que o vello era bastante falt\u00f3n. Seguinlle un pouco o xogo e o home sinalou para estes dous ap\u00e9ndices de aluminio que me acompa\u00f1an e dixo:<\/p>\n<p>-\u00c9 que como o vexo collido con d\u00faas mulatas! <\/p>\n<p>Entrementres o acordeonista volveu do interior. Nunha folla comezoume a representar nun mapa. Cando acabou de debuxalo, todo o mapa estaba pintado con cousas de valor que hab\u00eda no cami\u00f1o, pero o Picho de Curantes a penas ficaba nunha esquini\u00f1a.<\/p>\n<p>-Chamoulle &#8220;o picho de Curantes&#8221; un escritor da Estrada, pero n\u00f3s aqu\u00ed o co\u00f1ecemos coma o Lago de Maim\u00f3n.<br \/>\n-Soa moito mellor.<br \/>\n-Bueno, \u00e9che o noso -dixo o se\u00f1or, empregando esa categor\u00eda tan galega que est\u00e1 f\u00f3ra da escala do bo ou do malo, o <em>noso<\/em> \u00e9 <em>noso<\/em> a todos os efectos-, pero se ides, p\u00e1gavos a pena pasarvos antes por estes sitios. <\/p>\n<p>O mapa resultante ten unha serie de trazos marcando pistas, pero no centro, enorme, est\u00e1 a igrexa da aldea.<br \/>\n-A m\u00e1is bonita que eu co\u00f1ezo, e te\u00f1o visto moitas -apoiou o vello desde a mesa. <\/p>\n<p>O home preocupouse de representar ata cos trazos as porti\u00f1as do campanario. E logo unha estatua na base. <\/p>\n<p>-Pasen por al\u00ed, v\u00e1lelles o desv\u00edo, porque inauguramos hai unhas semanas o busto ao inventor da calculadora, que era da aldea. <\/p>\n<p>E de seguindo cont\u00e1ronnos como don Ram\u00f3n Verea inventou en 1868, en Nova York, una m\u00e1quina de calcular &#8220;que foi a primeira en saber multiplicar&#8221;. Por suposto que fumos a saudar ao se\u00f1or Verea, na praza da igrexa de Curantes. O busto, moderno e bonito, solitario nunha tarde outonal e fr\u00eda, lembroume a Edgar Allan Poe. A igrexa, neocl\u00e1sica, demostra que a beleza \u00e9 unha realidade tan subxectiva como patri\u00f3tica. <\/p>\n<p>O Lago de Maim\u00f3n est\u00e1 tras unha h\u00famida corredoira. O encanto solitario que hoxe vemos, unha fermosura de frouma, humidade e regatos, debeu ser no seu tempo un espazo cheo de vida, de enerx\u00eda hidr\u00e1ulica. Os veci\u00f1os andan limpando os cami\u00f1os que amosan os mu\u00ed\u00f1os que no seu tempo aproveitaron as bondades de Maim\u00f3n. Hoxe, a fervenza d\u00e1 lugar a unha pequena poza, chamada Lago aqu\u00ed -vese que os de Curantes son aut\u00e9nticamente entusiastas- que debe estar chea de historias e lendas que foron marchando coa auga. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_21.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Malia termos o dep\u00f3sito na reserva, non quixemos marchar sen facer a visita de invern\u00eda a un lugar tan m\u00e1xico como ausente: a Lagoa Sacra. Fronteira de Silleda, A Estrada e Forcarei, a Lagoa \u00e9 case invisible. Manif\u00e9stase, cunha suave capa de auga deitada sobre o prado, cando chove moito. As orixes do nome non est\u00e1n claros, pero o solpor fr\u00edo aqu\u00ed, nestas alturas ermas, parece suxerilo. O dourado laranxa viste esta lagoa invernal. Non podo menos que lembrar o que se conta deste lugar: ao car\u00f3n deuse unha batalla \u00e9pica entre guerreiros. Aqueles que morreron foron botados \u00e1 lagoa, e por iso no seu tempo un misterioso muro de pedra rode\u00e1baa. \u00c9 ese vello mito do occidente atl\u00e1ntico, os mortos xacendo baixo as augas, case no l\u00edmite da tona l\u00edquida, e que tan ben representou Tolkien na Ci\u00e9naga dos Mortos. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed, entre os relampos do solpor, brillar\u00e1 o \u00faltimo relampo do metal das armas destes guerreiros dun tempo m\u00edtico. O c\u00e9o pesado sobre a lagoa inviste \u00e1 auga da pesadez, a espesura e a cor do chumbo das forxas guerreiras. Rodeando \u00e1 lagoa, as M\u00e1moas do Boi Morto parecen completar unha paisaxe chea de ondulaci\u00f3ns que queren ser escritas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/sacra_31.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A Lagoa Sacra cheira a noite apreixada no inverno, a humidade clara e venteada, a prado estercado polos animais que pacen libres entre este silencio, s\u00f3 interrumpido polos avi\u00f3ns que devolven obreiros de garabata e mari\u00f1eiros, polas noites, a Compostela.<\/p>\n<p>E nese momento dec\u00e1tome de que o gran traballo de Cunqueiro foi, durante anos, as maz\u00e1s desta \u00e1rbore das historias. Por iso o seu estudo estaba chea delas. As historias est\u00e1n no olfato. <\/p>\n<h3>Actualizaci\u00f3n:<br \/>\n<\/h3>\n<p>A trav\u00e9s dun <a href=\"http:\/\/dedoscomovermes.blogaliza.org\/2012\/11\/21\/licom-de-historia\/\">track-back<\/a>, descubro\/desc\u00fabreme este fermoso poema sobre a Lagoa Sacra feito por Susana S\u00e1nchez-Ar\u00edns<\/p>\n<p><strong>li\u00e7om de hist\u00f3ria<\/strong><\/p>\n<p>de seguires o caminho do vede subindo por curantes<br \/>\nat\u00e9 os altos de fra\u00edz podes contemplar a lagoa sacra.<\/p>\n<p>dizem que h\u00e1 s\u00e9culos, em tempos dos mouros,<br \/>\nhouve um grande longo e sanguinoso combate<br \/>\nna g\u00e2ndara que se estende nestas cimas de olives.<br \/>\nuns dizem que carlomagno foi aqui acabado;<br \/>\noutros dizem que foi ele que venceu um mamede<br \/>\nou um alman\u00e7or. o caso \u00e9 que av\u00f3s de av\u00f3s<br \/>\ntenhem encontrado, juro-vos, gastos capacetes<br \/>\nespadas comestas de ferrugem cr\u00e2nios furados<br \/>\npor toda esta alargada branha de gestoso.<br \/>\ndizem que foi tal a matan\u00e7a o sangue verquido<br \/>\na desola\u00e7om em campos valados lavouras<br \/>\nque todos os cad\u00e1veres foram soterrados<br \/>\nsob as terras e \u00e1guas que ante ti se estendem<br \/>\naqui no alto, ao sop\u00e9 da m\u00e1moa do boimorto.<br \/>\ne dizem que a lagoa sacra nom seca nunca<br \/>\nporque no fundo das suas \u00e1guas encorgadas<br \/>\ndormem calmas as lajas do velho cemit\u00e9rio.<\/p>\n<p>dizem outros que essas lajas nom som lajas<br \/>\nmas perpianhos traves pedras colunas<br \/>\nque erguiam umha vila doutras idades.<br \/>\nantioquia dizem uns que era, valverde<br \/>\neimil ou duio a fermosa dizem outros.<br \/>\ndizem que tam soberbos foram aqueles<br \/>\nque a habitaram, tam crueis e infieis,<br \/>\nque este nosso deus humilde clemente<br \/>\nprovou em secreto dos vilegos a bondade:<br \/>\nenviou um velho esmoleiro, jesus cristo<br \/>\nou no\u00e9 dizem uns que dizem que era.<br \/>\nningu\u00e9m lhe deu pousada. s\u00f3 a casa<br \/>\nmais pobre do mais miser\u00e1vel bairro.<br \/>\ndecidiu a ira divina na lama afundir<br \/>\na cidade por isto ou por nom acolher<br \/>\nos bois da ra\u00ednha lupa, segundo digam<br \/>\nos uns ou os outros, que todos dizem<br \/>\nmas ningu\u00e9m sabe. a lagoa nunca estinha<br \/>\npara nom libertar penados. dizem tamb\u00e9m<br \/>\nque algumhas noites pode ser escuitado<br \/>\no dindond\u00e1m das camp\u00e1s o canto do galo.<\/p>\n<p>mas eu vim a lagoa seca. h\u00e1 tr\u00eas anos.<br \/>\nsem \u00e1gua segue. e nom h\u00e1 lajas, nom h\u00e1<br \/>\ncampa nom h\u00e1 telhados de cidades<br \/>\nardidas em sangue e podredume.<br \/>\ns\u00f3 urzes gestas pequenos pintafontes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un pequeno itinerario de lagoas encantadas e inventores matem\u00e1ticos pola Estrada. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/21\/do-lago-de-maimon-a-lagoa-sacra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Do Lago de Maim\u00f3n \u00e1 Lagoa Sacra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22131,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,8],"tags":[],"class_list":["post-22130","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22130","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22130"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22130\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}