{"id":22064,"date":"2012-11-14T10:40:51","date_gmt":"2012-11-14T08:40:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22064"},"modified":"2012-11-21T13:57:34","modified_gmt":"2012-11-21T11:57:34","slug":"a-ominosa-historia-da-insua-de-cora","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/14\/a-ominosa-historia-da-insua-de-cora\/","title":{"rendered":"A ominosa historia da \u00cdnsua de Cora"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Localizaci\u00f3n da Fortaleza da \u00cdnsua de Cora<\/em><\/p>\n<p>As comarcas da Ulloa e da Ulla son interesant\u00edsimas para co\u00f1ecer a diversidade e complexidade dos procesos de fortificaci\u00f3n ao longo da Idade Media galega. Unha das localizaci\u00f3ns menos co\u00f1ecidas pero m\u00e1is fascinantes da Ulla \u00e9 sen d\u00fabida a Fortaleza da \u00cdnsua de Cora. Representa algo moi pouco habitual en Galicia, a creaci\u00f3n dunha illa artificial para a ubicaci\u00f3n dunha fortaleza dun tama\u00f1o medio para os est\u00e1ndares galegos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo exterior da \u00cdnsua de Cora. <\/em><\/p>\n<p>Ubicada na marxe pontevedresa do r\u00edo Ulla, o castelo da \u00cdnsua de Cora, co\u00f1ecido popularmente en Cora (A Estrada) como Torre dos Mouros (nada que ver coa de Carnota) ocupa uns 200 metros de ribeira. Os seus construtores fixeron unha masiva obra de enxe\u00f1ar\u00eda para constru\u00edr un lugar fortificado e inexpugnable ao car\u00f3n do r\u00edo. Consegu\u00edrono mediante a escavaci\u00f3n dun profundo foxo do que \u00e9 dif\u00edcil especular nas s\u00faas dimensi\u00f3ns, pero creo que era moi grande a xulgar polo que se pode ver a\u00ednda hoxend\u00eda, nun estado de abandono total. O foxo secou nalgunhas partes, pero noutro p\u00f3dese ver a s\u00faa finalidade orixinal: crear unha impresionante canle de auga corrente de m\u00e1is de 130 metros de longo alimentada na s\u00faa circulaci\u00f3n polo r\u00edo Ulla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo exterior inundado no sector NO<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo interior que divide o recinto baixo da mota<\/em><\/p>\n<p>Sospeito que o sistema era a\u00ednda m\u00e1is complexo. Hoxe a fortaleza est\u00e1 chea de vexetaci\u00f3n e os vestixios non son doados de ver, pero \u00e9 moi posible que esta defensa acu\u00e1tica se complementara e mesmo percorrera o interior da fortificaci\u00f3n. Como outras fortalezas do contorno inmediato, como a Torre da Barreira, a \u00cdnsua de Cora componse de dous recintos ubicados a diferentes alturas. Xa que logo, hai un foxo interior, m\u00e1is colmatado, que protexe unha mota na que estar\u00eda ubicada a Torre dos Mouros. A xeito hipot\u00e9tico, \u00e9 posible que este mesmo foxo tam\u00e9n estivera percorrido de auga. <\/p>\n<p>A construci\u00f3n da illa bas\u00e9ase, esencialmente, na edificaci\u00f3n do foxo que separa esta lingua de terra, pero s\u00f3 a partir da investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica se poder\u00eda saber se os construtores incrementaron a superficie a partir da carga de terra e pedra ou se unicamente se procedeu a crear a &#8220;\u00ednsua&#8221; a partir do foxo. A altura da mota, como podedes apreciar no LIDAR de abaixo, e a s\u00faa prominencia dentro do r\u00edo suxire que si houbo procesos construtivos e de ampliaci\u00f3n da superficie. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Visi\u00f3n LIDAR da fortaleza <\/em><\/p>\n<p>A fortaleza non ten visibilidade. Coma outras da \u00e1rea, est\u00e1 no c\u00fa dun espazo. A s\u00faa vontade \u00e9 claramente esta: o r\u00edo Ulla e o seu control. Sabemos que non hai pontes aqu\u00ed, pero \u00e9 posible que na Idade Media este fora un paso relevante e de control estrat\u00e9xico. <\/p>\n<p>E agora v\u00e9n o interesante. Que raio de cronolox\u00eda ten este lugar? Todo o que se ve son espectaculares traballos en terra e algo de cachote nun estremo. Estou convencido de que un arque\u00f3logo escoc\u00e9s ou irland\u00e9s suxerir\u00eda un nome para este tipo de fortaleza: un <em><a href=\"http:\/\/www.isle-of-lewis.com\/history\/crannogs.htm\">crannog<\/a><\/em>. As illas artificiais dos lagos e r\u00edos desa \u00e1rea, fortificadas na s\u00faa maior parte entre os s\u00e9culos VI e VII. Aparentemente, este lugar non ten nada que ver cos castelos medievais galegos. <\/p>\n<p>Aparentemente. Pero a \u00cdnsua de Cora ens\u00ednanos a prudencia coa que hai que andar para datar correctamente estas incontables fortificaci\u00f3ns galegas que &#8216;non parecen castelos feudais&#8217;. <\/p>\n<p>En realidade, a primeira resposta non est\u00e1 no castelo, sen\u00f3n nas s\u00faas inmediaci\u00f3ns. Hai unhas grandes e f\u00e9rtiles leiras de millo aqu\u00ed. Ao pasear por elas, aparece a sorpresa. Est\u00e1n estradas de fragmentos moi meteorizados de tella, pero tam\u00e9n de cer\u00e1mica. Estou convencido de que xeraci\u00f3ns de labregos furaron na Torre dos Mouros, e que ducias de nenos crebaron os potes de cer\u00e1mica do lugar. A cer\u00e1mica, estrada por todas partes, \u00e9 unha cer\u00e1mica fina. Non \u00e9 castrexa. Pero aparecen alg\u00fans fragmentos m\u00e1is interesantes, vidrados e corados. Un momento. Ao mellor a nosa antiga fortaleza \u00e9 m\u00e1is nova do que parece!<\/p>\n<p>En realidade si. Sabemos da \u00cdnsua de Cora as s\u00faas vicisitudes na \u00e9poca baixomedieval. Sabemos que foi un lugar ominoso, e tam\u00e9n que foi un lugar case inexpugnable no que se viviu unha batalla sen cuartel. E tr\u00e1enos un intrigante relato da Idade Media galega.<\/p>\n<p>A historia final da \u00cdnsua est\u00e1 moi ben contada por Henrique Neira e o finado de Andr\u00e9s Tarr\u00edo <a href=\"http:\/\/www.google.es\/url?sa=t&#038;rct=j&#038;q=&#038;esrc=s&#038;source=web&#038;cd=8&#038;ved=0CFoQFjAH&#038;url=http%3A%2F%2Fdspace.aestrada.com%2Fjspui%2Fbitstream%2F123456789%2F159%2F1%2FA%2520Estrada%2520Miscelanea%2520Historica%2520e%2520Cultural%2520Num%252010.pdf&#038;ei=YqyiUKjgIqGf0QWrt4HABg&#038;usg=AFQjCNED6-SxCdmpGNZ9nQdCSwjzuNLydA&#038;sig2=cxHq7_VxHv2ANlcvSIX_4A\">no seguinte artigo (pdf)<\/a> da excelente revista <em>A Estrada. Miscel\u00e1nea Hist\u00f3rica e Cultural<\/em>. A documentaci\u00f3n, que aparece desde finais do XIV ata a s\u00faa destruci\u00f3n polas Irmandades, reflicte que era propiedade dos Arcebispos de Santiago, coma o resto do seu sistema defensivo no Ulla, curiosamente colocado ao sur do r\u00edo, do que a Torre da Barreira era posiblemente o maior expo\u00f1ente. Pero a \u00cdnsua sempre estivo en mans de nobles que xuraban homenaxe ao Arcebispo e custodiaban por el a fortaleza. Isto deu lugar aos t\u00edpicos conflitos medievais. <\/p>\n<p>En 1403 deuse un destes. O arcebispo quer\u00eda que os tenentes da fortaleza lle fixeran vasallaxe e eles neg\u00e1ronse. Decidiu facer unha mostra de poder e ach\u00e9gase co seu s\u00e9quito ata Mallos, na ribeira de enfronte, para facerse ver diante da illa. Os nobres non se arredran, e atenci\u00f3n a isto: desde a fortaleza atacan ao arcebispo &#8220;con tronos et con bonbardos et con uiratones\u201d. Isto \u00e9 m\u00e1is que interesante. Non fun quen de saber cando se xeneralizou o emprego da p\u00f3lvora como artefacto militar en Galicia (na Pen\u00ednsula fai a s\u00faa aparici\u00f3n a mediados do XIII na zona musulmana), pero a finais do XIV est\u00e1 tan estendida como para chegar a ser usada nesta fortaleza nunha data moi temprana. O aut\u00e9ntico introdutor posterior da p\u00f3lvora ser\u00e1 Pedro Madruga, m\u00e1is de sesenta anos despois, quen se despachar\u00e1 cos Irmandi\u00f1os con ela e novos sistemas de armas. Aqu\u00ed, neste lugar, deuse un dos primeiros usos b\u00e9licos documentados en Galicia do terrible invento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/insua_cora_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A zona do r\u00edo onde posiblemente se torturaba aos labregos<\/em><\/p>\n<p>Pero a \u00cdnsua de Cora, cara o final do seu tempo, foi un lugar ominoso. No preito Tabera Fonseca hai varias referencias aos secuestrados: labradores e vasalos atrapados nas cadeas desta fortaleza na procura de que vendesen as s\u00faas terras a un tipo bastante lamentable, Suero G\u00f3mez de Soutomaior. O Suero ti\u00f1a, falan as cr\u00f3nicas, un &#8220;negro&#8221; torturador. Ataban polo peito aos labradores e bot\u00e1banos ao r\u00edo. O pavor para estes homes, que non deb\u00edan saber nadar, tirados na parte oeste da fortaleza, onde o r\u00edo colle forza, deb\u00eda ser tremendo. A presenza dese &#8220;negro&#8221; \u00e9 un interesante elemento para co\u00f1ecer o mercenariado en Galicia a finais do s\u00e9culo XV e a existencia de soldados de fortuna repartidos polo pa\u00eds. <\/p>\n<p>Os irmandi\u00f1os atacaron o lugar. Pero atenci\u00f3n, aqu\u00ed hai outro dato interesante. A \u00cdnsua tardou tres semanas de asedio en caer. O campo de millo que agora vedes na primeira foto, cabo do foxo, estivo no seu momento cheo de irmandi\u00f1os que tentaron derrocar unha fortificaci\u00f3n que se convertira nun s\u00edmbolo do baixo que caera a nobreza galega a mediados do s\u00e9culo XV. As\u00ed que \u00e9 posible que o que hoxe \u00e9 unicamente un foxo colmatado e colapsado, no seu tempo fora unha canle inundada polas correntes da Ulla, capaz de deter o avance dun pequeno ex\u00e9rcito irmandi\u00f1o que botara abaixo en poucos d\u00edas fortalezas en teor\u00eda con mellores condici\u00f3ns defensivas. Iso fai pensar na efectividade de empregar ao r\u00edo, artificialmente, como a mellor defensa.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barcia.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>No pobo quedou o seu poder mal\u00e9fico. O seguinte que podedes ver \u00e9 unha xoia. O escritor Barcia Caballero escribiu no s\u00e9culo XIX, en <em>El Heraldo Gallego<\/em> de Lamas Carvajal, un relato rom\u00e1ntico ao redor da \u00cdnsua de Cora, moi ao gusto da \u00e9poca. Barcia recolle nel alg\u00fans relatos que nos chegaron ata hoxe, incorpora unha descrici\u00f3n sobre as ru\u00ednas que no seu momento houbo e que se cadra el chegou a ver e d\u00e1 un dato interesante: esta Torre dos Mouros era o lugar de encontro das bruxas da comarca. Coma outros castelos especialmente recordados pola crueldade dos seus \u00faltimos amos, verbo o de Outes, conv\u00e9rtense na tradici\u00f3n popular en lugares m\u00e1is diab\u00f3licos e escuros que outros. <\/p>\n<p>Hoxend\u00eda \u00e9 un magn\u00edfico exemplo da diversidade do noso patrimonio arqueol\u00f3xico. Os numerosos fragmentos cer\u00e1micos confirman o que falan as fontes: o s\u00e9culo XIV ou XV. Pero a xulgar polas especiais caracter\u00edsticas das fortificaci\u00f3ns da \u00e1rea, e pola curiosa soluci\u00f3n defensiva da \u00cdnsua de Cora, non descartar\u00eda que, ao final, as s\u00faas ra\u00edces estivesen nun mundo moi anterior. Que, no fondo, fose un vello e \u00fanico <em>crannog<\/em> galego afundido no tempo.  <\/p>\n<p><em>Aqu\u00ed podes <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barcia_cora.pdf\">descargar o relato de Barcia Caballero en <em>El Heraldo Gallego<\/em><\/a> (pdf). O n\u00famero completo <a href=\"http:\/\/www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es\/es\/consulta\/resultados_ocr.cmd?id=5579&#038;posicion=1&#038;forma=ficha&#038;tipoResultados=BIB\" alt=\"\" \/>p\u00f3dese consultar \u00edntegro na Galiciana. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un tramo hoxe moi oculto do r\u00edo Ulla garda un aut\u00e9ntico tesouro arqueol\u00f3xico: unha das poucas illas artificiais fortificadas que temos no pa\u00eds. Pero tam\u00e9n nos revela unha historia ominosa que levou \u00e1 s\u00faa destruci\u00f3n. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/14\/a-ominosa-historia-da-insua-de-cora\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A ominosa historia da \u00cdnsua de Cora<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22065,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-22064","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22064","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22064"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22064\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22065"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22064"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22064"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22064"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}