{"id":22054,"date":"2012-11-13T00:29:59","date_gmt":"2012-11-12T22:29:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22054"},"modified":"2012-11-14T10:41:30","modified_gmt":"2012-11-14T08:41:30","slug":"o-mapa-e-o-territorio-outro-capitulo-mais-da-novela-de-houellebecq","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/13\/o-mapa-e-o-territorio-outro-capitulo-mais-da-novela-de-houellebecq\/","title":{"rendered":"O mapa e o territorio: outro cap\u00edtulo m\u00e1is da novela de Houellebecq"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_territorio.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>Con gran pracer lin <em>O mapa e o territorio<\/em>, a \u00faltima novela de Michel Houellebecq e premio Goncourt 2010. O estra\u00f1o franc\u00e9s \u00e9, sen d\u00fabida, un dos grandes escritores europeos vivos, un aut\u00e9ntico cl\u00e1sico que segue a producir. E un tipo escorregadizo, raro, un tanto freak m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa personaxe. <\/p>\n<p>Houellebecq chega coa s\u00faa prosa ata onde moi poucos escritores se atreven a chegar: a unha disecci\u00f3n tan desencantada e tan brillante do capitalismo e da Europa actual que \u00e9 imposible non negarlle unha tremenda lucidez anal\u00edtica. As s\u00faas novelas, cada vez m\u00e1is, asem\u00e9llanse a ensaios cr\u00edticos, nos que os homes ac\u00e1banse convertindo no previsible produto e servizo dunha sociedade do benestar que esmorece. A autopsia de Houellebecq non se det\u00e9n ante nada: singulares son as s\u00faas visi\u00f3ns do sexo, descarnadas e atroces non nos feitos, sen\u00f3n da crueza da s\u00faa monoton\u00eda, da s\u00faa previsi\u00f3n. <\/p>\n<p>Despois de ler practicamente toda a narrativa de Houellebecq, o seu \u00faltimo libro, <em>O mapa e o territorio<\/em>, xa o vexo m\u00e1is como un cap\u00edtulo m\u00e1is como un episodio do longo ensaio que leva escribindo ano tras anos. As personaxes, pouco a pouco, van sendo reducidas aos seus trazos m\u00e1is esquem\u00e1ticos. Nesta novela, Houllebecq, que se convirte el mesmo nunha personaxe que acaba&#8230;acaba non vos deirei como, remata por despreocuparse de trama ata solucionala cun <em>deus ex machina<\/em> bastante elemental. Non parece importarlle, e a min tampouco. As s\u00faas personaxes solitarias, desamparadas, incapaces da grandeza no sentido literario, conv\u00e9rtense cada vez m\u00e1is en arquetipos dalgo que est\u00e1, esencialmente, na cabeza de Houellebecq e non na de todos. En parte do seu discurso elemental sobre unha Europa que decae lentamente tal e como foi co\u00f1ecida. <\/p>\n<p><em>O mapa e o territorio<\/em> representa un mundo amoral, no que ningu\u00e9n pretende nin encarna exactamente nada. Despr\u00e1zase do presente a un futuro inmediato, novamente agrario e destinado aos turistas asi\u00e1ticos. Reflexiona (non demasiado) sobre a arte contempor\u00e1nea e descalabra o encanto dos hoteis con encanto e dos restaurantes de &#8220;tradici\u00f3n&#8221;. Todo \u00e9 falso, todo \u00e9 unha m\u00e1scara, todo \u00e9 un servizo orientado a un cliente que desexa ser enganado na s\u00faa procura do aut\u00e9ntico. <\/p>\n<p>Houellebecq par\u00f3diase a si mesmo, representado na novela como un ser mis\u00e1ntropo e deleznable; non quero facer spoiler, pero representa o seu enterro miserable e as palabras pronunciadas para el polos representantes do Ministerio de Cultura franc\u00e9s. S\u00f3 ao final da s\u00faa vida na novela parece obter unha misteriosa redenci\u00f3n que non acadamos a comprender na s\u00faa totalidade. <\/p>\n<p>Por iso penso que entenderemos a Houllebecq unicamente cando decida po\u00f1er punto e final \u00e1 s\u00faa obra. S\u00f3 ent\u00f3n veremos cada unha destas novelas como un retrato cruel, descarnado, e non sei se m\u00e1is ou menos exacto do mundo que nos tocou vivir. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Premio Goncourt de Houellebecq ofr\u00e9cenos, m\u00e1is que unha novela, a continuaci\u00f3n da gran escrita do franc\u00e9s ao redor da sociedade do noso tempo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/13\/o-mapa-e-o-territorio-outro-capitulo-mais-da-novela-de-houellebecq\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O mapa e o territorio: outro cap\u00edtulo m\u00e1is da novela de Houellebecq<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22055,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12],"tags":[],"class_list":["post-22054","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22054","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22054"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22054\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22055"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22054"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22054"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22054"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}