{"id":22032,"date":"2012-11-10T12:41:13","date_gmt":"2012-11-10T10:41:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22032"},"modified":"2012-11-13T00:31:28","modified_gmt":"2012-11-12T22:31:28","slug":"a-arbore-das-historias-as-mouras-e-medeiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/10\/a-arbore-das-historias-as-mouras-e-medeiros\/","title":{"rendered":"A \u00e1rbore das historias, as mouras e Medeiros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tr.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" \/>O cumio da literatura galesa medieval son os <em>Mabinogi<\/em>, unha fant\u00e1stica colecci\u00f3n de relatos dunha posible orixe na Idade do Ferro, pasados polos gustos e ideas medievais. Cando un relato remata, o texto ten un final ret\u00f3rico: &#8220;as\u00ed remata esta ponla dos Mabinogi&#8221;. Cada relato \u00e9, polo tanto, parte dunha inmensa \u00e1rbore de historias, que vai medrando e estend\u00e9ndose desde as s\u00faas ra\u00edces escuras e baixo terra ata as ponlas que florecen en primavera. Co tempo ata que a tradici\u00f3n se extingue: nin sequera as historias son inmortais. <\/p>\n<p>Este pasado xoves, o actor e narrador oral Avelino Gonz\u00e1lez pareceu po\u00f1erse nos \u00faltimas dedas da nosa \u00e1rbore de historias. Era a primeira vez que Avelino abordaba a tem\u00e1tica lendaria. Para a mi\u00f1a sorpresa, Avelino valeuse dalg\u00fans materiais de Cap\u00edtulo Cero, que fun recollendo aqu\u00ed e acol\u00e1, especialmente aqueles que se achegan \u00e1 xeograf\u00eda m\u00edtica dos mouros. Tratouse dun exercicio interesant\u00edsimo, desde o meu punto de vista. Os narradores orais galegos adoitan empregar moito material popular para as s\u00faas historias, principalmente historias de mortos -ben tirados da literatura universal, ben recollidos en Galicia. Pero non \u00e9 tan habitual que se acheguen a outros seres do imaxinario tradicional, como as mouras e os mouros. <\/p>\n<p>O resultado \u00e9 singular. An\u00edmovos a facer este experimento comigo. Avelino versionou nesa velada a lenda da Moura da Cidade de Medeiros (Monterrei, Ourense). <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2012\/01\/20\/deuses-e-deusas-na-raia-i-a-moura-do-muro-da-cidade-de-medeiros\/\">Publiqueina en xaneiro neste post<\/a>. Esta \u00e9 unha lenda de mouras singular, por varios motivos: en primeiro lugar, hai un home que consigue desencantala, e ese home \u00e9 un guerreiro, un soldado. En segundo lugar, a moura ten atributos que parecen moi antigos, como a voracidade, e esa voracidade dec\u00e1ntase por un animal moi singular, o boi. E en terceiro, porque a lenda ten tam\u00e9n episodios que explican o mundo e o universo, como o agasallo da vide en agradecemento aos homes. En suma, \u00e9 unha lenda valios\u00edsima. <\/p>\n<p>A n\u00f3s nola contou aos p\u00e9s da fascinante Cidade de Medeiros (unha ru\u00edna tremenda dominando o seu contorno), o noso amigo Miguel Losada. Miguel cont\u00f3unola con todos os detalles, coa precisi\u00f3n de antrop\u00f3logo preocupado porque non se perda ning\u00fan dos elementos relevantes e ben identificados. Penso, adem\u00e1is, que se parecer\u00eda moito \u00e1 narrativa oral tradicional. Miguel c\u00f3ntaa magn\u00edficamente. Esta, ent\u00f3n, \u00e9 a <strong>primeira versi\u00f3n do relato<\/strong> contada aqu\u00ed, ata o momento o estremo da ponla do noso carballo imaxinario. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/ugtC2VtCoSg\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Avelino Gonz\u00e1lez veu en Cap\u00edtulo Cero este v\u00eddeo, e decidiu empoleirarse na estrema da ponla das mouras. Convertiuna nun dos eixos deste espect\u00e1culo novo que creou. Pero aqu\u00ed v\u00e9n o interesante. A t\u00e9cnica de Avelino, que recolle estas historias do acervo popular, pasa por crear un relato m\u00e1is amplo, m\u00e1is interconectado, cheo de referencias pop, con cambios de ritmo, mesturando humor e pavor, alentando a disgresi\u00f3n xeogr\u00e1fica e tem\u00e1tica, pero preservando e identificando a esencia \u00faltima do relato. A comparaci\u00f3n entre a fonte orixinal e o traballo do narrador oral demostra a magn\u00edfica labor que est\u00e1n a facer estes profesionais levando estas lendas a un contexto contempor\u00e1neo e urbano. Aqu\u00ed est\u00e1 a versi\u00f3n de Avelino, a <strong>segunda<\/strong>:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/IcBau5H4keM\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>A gran alegr\u00eda \u00e9 esta: ver que a nosa vella \u00e1rbore das historias contin\u00faa a reverdecer, mesmo cando imos entrando no inverno. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un fermoso experimento de versi\u00f3n e evoluci\u00f3n: a partir dunha lenda tradicional contada por Miguel Losada, Avelino Gonz\u00e1lez leva \u00e1 Moura de Medeiros cara un p\u00fablico contempor\u00e1neo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/10\/a-arbore-das-historias-as-mouras-e-medeiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A \u00e1rbore das historias, as mouras e Medeiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22033,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,34],"tags":[],"class_list":["post-22032","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-obxectos-de-cultura","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22032","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22032"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22032\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22033"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22032"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22032"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22032"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}