{"id":21954,"date":"2012-11-02T11:35:13","date_gmt":"2012-11-02T09:35:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21954"},"modified":"2012-11-07T12:54:00","modified_gmt":"2012-11-07T10:54:00","slug":"carta-aberta-ao-gran-ghulai","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/02\/carta-aberta-ao-gran-ghulai\/","title":{"rendered":"Carta aberta ao Gran Ghulai"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/montons_barona.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Pir\u00e1mides cuantit\u00e1ntricas en Baro\u00f1a. Foto: Migueljv<\/em><\/p>\n<p>Estimado Gran Ghulai:<\/p>\n<p>Escr\u00edbote desde as penurias do mundo dos mortais para queixarme por v\u00eda administrativa (por escrito) dos teus crentes, orantes e ofertantes. Enviareite esta carta a trav\u00e9s do procedemento establecido para os env\u00edos certificados: fumareime un par de puros, bebereime dun grolo unha botella de augardente e esgonzarei o pescozo dunha pobre gali\u00f1a cabo do cruceiro da Corredoira de Atr\u00e1s despois de que pasen todas as vellas que ve\u00f1en da misa. <\/p>\n<p>Entendo que non te sentara ben que prohibiramos os sacrificios humanos e que tampouco leves con gusto que a xente abandonara o <em>new age<\/em> polos libros do traidor Paulo Coelho, pero debes saber que os galegos non temos a culpa. Certo \u00e9 que Paulo Coelho v\u00e9n moito polo noso pa\u00eds, pero iso non debe ser motivo para acusarnos de connivencia. Tam\u00e9n v\u00e9n con moita frecuencia La Pantoja e non por iso nos arrincamos por soleares (ag\u00e1s en Palmeira e Rianxo, que hai escola de sevillanas, son traidores tam\u00e9n). <\/p>\n<p>Queremos escribirte, como te dic\u00eda, para transmitirte as nosas queixas formais polas acci\u00f3ns dos ghulais que practican o teu culto. Ese costume de facer pir\u00e1mides enerx\u00e9ticas para deixar a s\u00faa pegadi\u00f1a no sitio no que sinten que comungan coa Natureza. De facer o que os antrop\u00f3logos definir\u00edan como &#8220;apropiaci\u00f3n&#8221; dese espazo a trav\u00e9s da construci\u00f3n de pequenas Gizehs tama\u00f1o Lego empregando as pedri\u00f1as dos xacementos arqueol\u00f3xicos. O caso de Baro\u00f1a se cadra \u00e9 o m\u00e1is co\u00f1ecido, pero hai uns meses, subindo a un sitio arqueol\u00f3xico case inaccesible, cando cheguei arriba del atopeime que un\/unha Ghulai, querendo comungar coa r\u00eda de Muros e o solpor, sacara pedras das muradas para facer a s\u00faa pir\u00e1mide cuantit\u00e1ntrica. Gran Ghulai: sei que a intenci\u00f3n \u00e9 noble, como a dos poligoneros e tuneiros que lle meten ne\u00f3ns pola parte de abaixo ao coche ou car audios de 900W ou os que mercan claveis noturnos aos pobres chinos que andan sorrindo entre os c\u00fas apretados dun pub. Sei que a intenci\u00f3n dos teus oferentes ghulai\u00edtas busca a comu\u00f1\u00f3n co sagrado, pero \u00e9 que nos van deixar sen pedras. Se os nosos devanceiros decidiron botar a perder as s\u00faas casas \u00e9 para que n\u00f3s, na nosa \u00e9poca, sigamos mantendo os xacementos como unha ru\u00edna chea de porcallada e matogueira, non para que o convirtamos nun Portugal dos pequeninhos, coma o Braga. <\/p>\n<p>Gran Ghulai, eu ben sei que as pir\u00e1mides cuantit\u00e1ntricas recargan a t\u00faa enerx\u00eda e permiten estender o ghula\u00edsmo a trav\u00e9s de v\u00edas tan importantes coma o Cami\u00f1o de Santiago; eu ben sei que tes demostrado o teu poder sac\u00e1ndote da manga do teu rico manto novos rituais para Fisterra que convertir\u00e1n en breve \u00e1 vila neria na segunda cidade santa de peregrinaci\u00f3n, despois de Rosswell. <\/p>\n<p>Pero desta volta ped\u00edmosvos que lle digades aos vosos servos e crentes ghulai\u00edtes que, simplemente, modifiquen un pouco o ritual. Que se queren crear un recordo que perdure, poden probar a coller esas mesmas pedras no sitio e deixalas caer xuntas sobre o p\u00e9 dereito. Ou probar a degustar en cru unhas bonitas Amanitas Muscaria para acadar a Comu\u00f1\u00f3n Ghulai con facilidade. Pero deixen os nosos entullos como est\u00e1n. O pobo galego \u00e9 un pobo amante do entullo. Non ten m\u00e1is que ir por calquera pista forestal, e no lugar m\u00e1is perdido do monte ver\u00e1 un dep\u00f3sito ritual de lavadoras antigas, colch\u00f3ns que se entregan malia levar toda a unha vida na familia e ladrillos e cemento dun cortello dos porcos desmontado para montar unha churrasqueira. A todas esas cousas coll\u00e9nselles cari\u00f1o e sen embargo, facemos un esforzo por entregalas aos deuses. Non se imaxina o traballo dos nosos devotos e oferentes en levar isto desde as s\u00faas casas ata estes lugares de vista singular. A nosa ambici\u00f3n \u00e9 destruir, estrar, abandonar; se os seus ghulais constr\u00faen pir\u00e1mides cuantit\u00e1ntricas, escachan a harmon\u00eda da nosa paisaxe e m\u00f3vennos o entullo do sitio, que os nosos devanceiros deixaron tan concentrado e nun delicioso &#8216;caos creativo&#8217;, como hoxe o definir\u00edan os amantes das conferencias TED.<\/p>\n<p>Gran Ghulai, con todos os respectos sa\u00fadoo e desp\u00eddome. P\u00f3\u00f1ame aos p\u00e9s da s\u00faa se\u00f1ora, a Gran Pai-Lana. S\u00f3 dicirlle que agardo ter noticias positivas s\u00faas. Do contrario, ter\u00e9monos que ver obrigados a acudir a Herc\u00f3lubus, o Planeta Rojo para que devolva a paz a este pequeno noso universo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 o momento de coller o touro polos cornos e negociar co Gran Ghulai.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/11\/02\/carta-aberta-ao-gran-ghulai\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Carta aberta ao Gran Ghulai<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21955,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-21954","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21954","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21954"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21954\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21955"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21954"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21954"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21954"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}