{"id":21909,"date":"2012-10-26T11:58:33","date_gmt":"2012-10-26T09:58:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21909"},"modified":"2012-11-02T11:36:00","modified_gmt":"2012-11-02T09:36:00","slug":"as-voces-baixas-o-corpo-aberto-de-rivas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/26\/as-voces-baixas-o-corpo-aberto-de-rivas\/","title":{"rendered":"As voces baixas: o corpo aberto de Rivas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rivas_voces.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O escritor Manuel Rivas<\/em><\/p>\n<p>Alg\u00fans escritores acomp\u00e1\u00f1ante ao longo de boa parte da t\u00faa vida como lector. No meu caso, Rivas leva facendo iso desde, se cadra, primeiro ou segundo de carreira, cando descubr\u00edn primeiro os seus textos xornal\u00edsticos e vin que as grandes cr\u00f3nicas do xornalismo americano ti\u00f1an un equivalente, con identidade propia e a unha altura similar ou superior, neste cornecho de Europa. <\/p>\n<p>Despois engancheime -eu creo que en terceiro-, como todo o mundo, a <em>Que me queres amor?<\/em> Ese libro de relatos e a s\u00faa antolox\u00eda po\u00e9tica <em>O pobos da noite<\/em> remex\u00e9ronme por dentro desde ben pr\u00f3ximo. Eran textos para corpos abertos, ese concepto ao que el recorre con frecuencia. E era a literatura galega que eu quer\u00eda atopar. Algo me aproximaba a Rivas como a un vento de aire fresco, un vento cheo de cheiro salgado de mar, de verde de pi\u00f1eiro, de cidades pequenas que se mergullan no rural e viceversa, e nas que ese urbanismo <em>hinterland<\/em> crea unha cultura de seu. Literatura contempor\u00e1nea que non nos obrigaba a renunciar \u00e1 nosa identidade h\u00edbrida. <\/p>\n<p>Desde aquela, l\u00e9olle todo, con independencia do soporte. S\u00e9gueme gustando moito, a\u00ednda que, como \u00e9 l\u00f3xico, haxa textos e x\u00e9neros que me entusiasmen m\u00e1is que outros: boto de menos a s\u00faa brillante faciana xornal\u00edstica, por exemplo, e os textos nos que a condici\u00f3n humana se retrataba a partir de xestos luminosos e alegres que convert\u00edan a personaxes humildes en versos dun poema que convert\u00eda en \u00e9pica a cotidianidade. Con todo, a vida dos escritores, como a nosa, merece cambio e evoluci\u00f3n. <\/p>\n<p>Por iso cando estes d\u00edas, l\u00eda<em> As voces baixas<\/em> (Xerais, 2012) de Manuel Rivas, o seu \u00faltimo libro, os textos lev\u00e1ronme de volta a un territorio que na literatura hab\u00eda moito que non experimentara. O da inmersi\u00f3n no texto, o de sentirme da man do escritor polos pasos que levan de Monte Alto ata Elvi\u00f1a; o de saber que nas historias de Rivas, as da formaci\u00f3n da conciencia individual, hai un mundo de experiencias compartidas. O escritor fusion\u00e1ndose co lector na aventura da infancia, dos primeiros recordos, da ausencia, da soedade, dos cans bourando pola noite e da observaci\u00f3n algo incomprensible do comportamento dos adultos. <\/p>\n<p>En cada unha das palabras desas frases telegr\u00e1ficas coas que Rivas cada vez estrutura m\u00e1is as s\u00faas narraci\u00f3ns, nunha sorte de minimalismo haiku que converte moitos par\u00e1grafos en brillantes exercicios de esencialidade, hai un pouso desa verdade que pertence a cada un de n\u00f3s. A totalidade, \u00e1s veces, est\u00e1 prendida entre dez ou quince palabras, nese estilo tan de Rivas de, a partir das palabras m\u00e1is sinxelas do mundo, transmitir conceptos e sentimentos que van al\u00e9n das palabras. Po\u00f1o por caso, para entend\u00e9rmonos, a m\u00edtica pasaxe da pedra final do <em>L\u00e1pis do Carpinteiro<\/em>. Podemos describir e interpretar como queiramos o xesto do neno pequeno, pero o \u00fanico xeito de explicalo e transmitilo con toda esa intensidade \u00e9 contando esa historia e non tentando, torpemente, interpretala. En <em>As Voces Baixas<\/em> esa percepci\u00f3n ocurre todo o tempo. <\/p>\n<p>Non sei moi ben que \u00e9 <em>As voces baixas<\/em>. \u00c9 un libro de memorias? Evidentemente, vela\u00ed est\u00e1n os recordos do autor, na s\u00faa evoluci\u00f3n de neno ata entrar na Universidade. O proceso de avance do texto \u00e9 especialmente curioso, ao rev\u00e9s do que un poder\u00eda pensar. \u00c9 estremadamente minucioso e ambientalista nos primeiros anos, nos que os pequenos detalles transmiten toda unha cosmovisi\u00f3n dunha sociedade de labregos, obreiros e lavandeiras. Pero conforme Rivas entra no instituto e na universidade, a memoria e o relato vaise facendo m\u00e1is fragmentario, m\u00e1is cheo de an\u00e9cdotas e historias independentes, guiadas polo desmoronamento do franquismo e o xurdimento das correntes pol\u00edticas. O cami\u00f1o do seu texto \u00e9 tam\u00e9n o cami\u00f1o da evoluci\u00f3n, desde un pequeno mundo privado da infancia, ata o mundo do p\u00fablico, no que Rivas se vai conformando coma o xornalista -maxistral o relato da s\u00faa experiencia en <em>El Ideal Gallego<\/em>&#8211; e o escritor que ser\u00e1, ata o dram\u00e1tico e magn\u00edfico final. Non vos quero tan mal como para contarvos ese final, pero a\u00ednda estou conmovido con el. <\/p>\n<p>Sen embargo, creo que As Voces Baixas trascende a memor\u00edstica; se ben a material vital debe conformar boa parte do texto, o libro vai m\u00e1is al\u00e1. \u00c9 un retrato de como as persoas conformamos a nosa conciencia, a nosa identidade persoal e familiar. \u00c9 un texto emocionante, conmovedor, vivo e espido. <\/p>\n<p>\u00c9 a literatura galega que eu quero. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O \u00faltimo libro de Manolo Rivas transita entre a memoria individual e o que todos compartimos: a infancia e o inevitable labirinto da evoluci\u00f3n da vida e da morte. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/26\/as-voces-baixas-o-corpo-aberto-de-rivas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As voces baixas: o corpo aberto de Rivas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21910,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12],"tags":[],"class_list":["post-21909","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21909","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21909"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21909\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}