{"id":21864,"date":"2012-10-22T10:30:49","date_gmt":"2012-10-22T08:30:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21864"},"modified":"2012-10-26T12:00:26","modified_gmt":"2012-10-26T10:00:26","slug":"siri","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/22\/siri\/","title":{"rendered":"Unha misteriosa se\u00f1ora chamada Siri"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/siri.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A principal tendencia de evoluci\u00f3n do hardware \u00e9, basicamente, a s\u00faa desaparici\u00f3n. Non \u00e9 unha profec\u00eda, sen\u00f3n unha consecuencia da l\u00f3xica industrial vinculada \u00e1s tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n. Se ben nos 90 e en parte na d\u00e9cada do 2000, as industrias da computaci\u00f3n base\u00e1ronse nese concepto tan famoso da &#8220;obsolescencia programada&#8221;, o paradigma comezouse a crebar a partir do ano 2003-2004, cando moitas empresas das tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n decat\u00e1ronse de que o negocio de fabricar cousas, distribu\u00edlas e -sobre todo, reparalas- era menos rendible e eficiente que outros. Na actualidade, por suposto, o hardware segue sendo necesario, e evoluciona nesa direcci\u00f3n que \u00e9 unha lei universal da tecnolox\u00eda, a miniaturizaci\u00f3n. Pero a outra tendencia xurde con forza: dispo\u00f1er de m\u00e1quinas unicamente feitas con &#8220;software&#8221;. Actual\u00edzase, v\u00e9ndese mellor hoxend\u00eda, non d\u00e1 problemas con empresas de lox\u00edstica, etc.<\/p>\n<p>Estes d\u00edas ando probando Siri, que \u00e9 o asistente persoal que Apple instalou a partir do iPhone 4S e que est\u00e1 vixente no iOS 6. Pr\u00f3boo nun iPhone 5 (consello, se tes un iPhone 4 ou 4S, \u00fasao ata que apodreza, non te compensa cambiar ata que non sexa estritamente necesario), e a verdade \u00e9 que resulta unha experiencia moi interesante e fai pensar nos novos modelos de software.<\/p>\n<p>A\u00ednda que os sistemas de reco\u00f1ecemento por voz son ferramentas bastante antigas (e Apple sempre tivo querencia por eles), a diferencia entre Siri e esas vellas tecnolox\u00edas \u00e9 notable. En primeiro lugar, e sobre todo, porque Siri combina dous mecanismos fascinantes: a linguaxe natural (non hai un manual de instruci\u00f3ns ou comandos) e a nube, que \u00e9 onde procesa e compara as t\u00faas frases. A linguaxe natural permite que o usuario se comunique conversacionalmente con Siri, creando unha impresi\u00f3n do robot m\u00e1is pr\u00f3xima. Por exemplo, onte tiven este di\u00e1logo (en castel\u00e1n):<\/p>\n<blockquote><p>-Siri, ma\u00f1\u00e1 terei que sacar o paraugas?<br \/>\n-Uf -contestou Siri- ma\u00f1\u00e1 vai chover a c\u00e1ntaros. <\/p>\n<p>E amosa unha predici\u00f3n do tempo. Inmediatamente pregunto:<br \/>\n-E pasado ma\u00f1\u00e1?<br \/>\n-Vai estar mellor -e amosa a predici\u00f3n.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>\u00c9 dicir, neste breve conversa hai unha serie de caracter\u00edsticas moi interesantes. En primeiro lugar, a amplitude do rango da predici\u00f3n de Siri a partir do que eu quero dicir. E o segundo, a memoria da conversa, que vai m\u00e1is al\u00e1 dunha \u00fanica interacci\u00f3n. O mecanismo de Siri en castel\u00e1n a\u00ednda \u00e9 bastante r\u00edxido, xa que Siri aprende das interacci\u00f3ns. Aprende sobre dicci\u00f3ns, sobre xiros ling\u00fc\u00edsticos, acentos, formas verbais&#8230;Non todas as interacci\u00f3ns son igual de \u00fatiles. Siri parece fant\u00e1stica, por exemplo, para operar co m\u00f3bil mentres vas conducindo ou facendo algo que non queres usar as mans. Vai mellor para habilidades de comunicaci\u00f3n que requiren teclado, nas que \u00e9 m\u00e1is r\u00e1pida, que noutras nas que sen d\u00fabida cos dedos acabas antes. De feito, o gran problema actual de Siri para min \u00e9 que \u00e9 unha experiencia disruptiva. \u00c9 dicir, non podes substitu\u00edr a experiencia t\u00e1ctil ao 100% coa experiencia conversacional. Siri \u00e9 como pequenos arquip\u00e9lagos que acaban por desestimar o seu uso en moitas ocasi\u00f3ns. <\/p>\n<p>En todo caso, nas s\u00faas funcionalidades b\u00e1sicas \u00e9 un software que en ingl\u00e9s \u00e9 xa bastante eficiente e que en espa\u00f1ol poder\u00eda selo en seis meses ou un ano. <\/p>\n<p>Obviamente, este tipo de asistentes persoais son unha aut\u00e9ntica revoluci\u00f3n, pero tam\u00e9n un desaf\u00edo conceptual e cultural. Se un revisa os comentarios dos blogs norteamericanos, que levan xogando con Siri xa bastante tempo, poderemos observar que nun 70% dos casos, o usuario parece procurar os aspectos m\u00e1is emocionais, m\u00e1is humanos de Siri. O tema de que te chequee o mail ou te busque restaurantes pr\u00f3ximos \u00e9 xa asunto feito. A cuesti\u00f3n \u00e9 en que medida Siri pode achegar unha experiencia m\u00e1is persoal, e se esa v\u00eda m\u00e1is persoal sen d\u00fabida pode acabar ofrecendo uns resultados m\u00e1is precisos. \u00c9 dicir, que no canto da carteleira, Siri suxira as pelis que te poidan gustar, como un amigo co que est\u00e1s tomando un caf\u00e9. <\/p>\n<p>Desde un punto de vista t\u00e9cnico, e \u00e1 luz de impresionantes tecnolox\u00edas de recomendaci\u00f3n baseadas na t\u00faa interacci\u00f3n, como as de Amazon, ese paso estar\u00e1 feito en non moito tempo. <\/p>\n<p>Unha v\u00eda interesante ser\u00e1, ent\u00f3n, o concepto de personalidade. Para xenerar todos estes procesos, Siri acabar\u00e1 convert\u00edndose nunha personaxe que deber\u00e1 ter certo tratamento de gui\u00f3n. Haber\u00e1 que dotala de &#8220;pegadas semi\u00f3ticas&#8221; que permitan crear a s\u00faa personalidade e doten ao sistema dun &#8220;realismo eficiente&#8221;. \u00c9 unha interesante v\u00eda por explorar desde o punto de vista dos contadores de historias. <\/p>\n<p>Entrementres, a xente xa fai moitas chiscadelas sobre a relaci\u00f3n entre Siri e os seus usuarios. Como esta que vemos aqu\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/siri_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O seguinte paso dos asistentes persoais como Siri, ofrecida no iPhone e iPad \u00e9 crear unha experiencia m\u00e1is persoal e con m\u00e1is personalidade. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/22\/siri\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha misteriosa se\u00f1ora chamada Siri<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21866,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,32],"tags":[],"class_list":["post-21864","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21864","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21864"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21864\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21866"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21864"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21864"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21864"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}