{"id":21764,"date":"2012-10-11T19:42:43","date_gmt":"2012-10-11T17:42:43","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21764"},"modified":"2012-10-17T11:23:57","modified_gmt":"2012-10-17T09:23:57","slug":"republicas-de-homes-libres-o-castelo-da-fin-da-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/11\/republicas-de-homes-libres-o-castelo-da-fin-da-terra\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: O Castelo da Fin da Terra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole \/ Gago <\/em><\/p>\n<p>A primeira vez que visitei este lugar, querendo confirmar e asegurar o que vira nos mapas e na topograf\u00eda, fiquei abraiado e marabillado, e non tanto pola arqueolox\u00eda, sen\u00f3n pola dram\u00e1tica forza da natureza neste conf\u00edn do mundo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 un lugar case invisible, porque os cami\u00f1os que levan a el son sendeiros confusos entre a vexetaci\u00f3n. Hai que aparcar o coche no faro de Touri\u00f1\u00e1n e cami\u00f1ar pola ribeira occidental do cabo (mirando para o faro, \u00e1 esquerda), al\u00ed onde os cant\u00eds baten con enorme crueza. Ao rebasar un outeiro, aparece Illa Herbosa, ou a Illa do Castelo, o conf\u00edn do noso pa\u00eds, e o conf\u00edn de Europa continental. E como non pod\u00eda ser doutro xeito, no l\u00edmite, no estremo, no lugar m\u00e1is aillado, m\u00e1is ao oeste, hai un xacemento arqueol\u00f3xico que se beneficiou das incribes condici\u00f3ns deste lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Illa do Castelo en relaci\u00f3n a Fisterra e o propio Cabo Touri\u00f1\u00e1n<\/em><\/p>\n<p>Non fun o primeiro en so\u00f1ar con este lugar. Sen moito fundamento pr\u00e1ctico, pero bastante boa vontade e parte de raz\u00f3n, moitos procuraron en Touri\u00f1\u00e1n -a\u00ednda que desco\u00f1ec\u00edan a existencia deste sitio arqueol\u00f3xico nalg\u00fans casos- o m\u00edtico lugar no que o Imperio Romano rubricou a s\u00faa conquista sobre os conf\u00edns da terra e o amosou aos barcos que emprend\u00edan os roteiros da navegaci\u00f3n atl\u00e1ntica. Aqu\u00ed ubicaron as Aras Sestianas, descritas por Plinio, Pomponio Mela e Ptolomeo. \u00c9 Ptolomeo quen encaixaba milimetricamente na descrici\u00f3n de Touri\u00f1\u00e1n como lugar no que Lucio Sestio elevou uns altares para &#8220;ilustrar terras antes ignoradas&#8221;, como dixo Pomponio Mela. As\u00ed dic\u00eda Ptolomeo: &#8220;tralo promontorio Nerio hai outro promontorio no cal est\u00e1n os altares de Sesti&#8221;. Se Ptolomeo estivera certo, est\u00e1 falando exactamente do cabo Touri\u00f1\u00e1n. E veriamos, no ano 26 a.C., a un canso e batido xeneral romano, tras duras loitas, erguer o s\u00edmbolo do poder do maior Imperio da Terra. <\/p>\n<p>Cando cheguei diante do lugar fiquei, como dic\u00eda, abraiado. Porque todo o conxunto parec\u00eda estraordinariamente ben preservado. Mentres ondas enormes chocaban e ascend\u00edan polos cant\u00eds da Illa Herbosa e creaban unha nube de vapor sobre ela, como se fose un Leviath\u00e1n mari\u00f1o dos que so\u00f1aba Cunqueiro, puiden distinguir moitos derrubos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Levado pola emoci\u00f3n, cheguei a tempo para o que agardaba, a marea baixa. Segundo o meu reloxo, o mar a\u00ednda estaba baixando, ti\u00f1a tempo de sobra. Introducinme no itsmo e comecei a cruzar. Non era doado. A auga circulaba a toda velocidade entre as pedras, como se realmente houbera unha diferencia de altura entre o norte e o sur do itsmo. As ondas enormes romp\u00edan a poucos metros, entre uns farall\u00f3ns da entrada. Segundo \u00eda avanzando, miraba para atr\u00e1s e notaba que o cami\u00f1o que fixera xa non estaba. O mar corr\u00eda e corr\u00eda creando ondas. Cheguei a marearme. E de s\u00fapeto as pedras comezaron a desaparecer e unhas ondas enormes acheg\u00e1banse m\u00e1is do acostumado. A corrente \u00eda tan r\u00e1pido que fungaba. <\/p>\n<p>A duras penas consegu\u00edn sa\u00edr do itsmo e volver ao bendito continente, mentres a canle pech\u00e1base con toda rapidez. Observei o reloxio e as mi\u00f1as notas. Confund\u00edrame nunha hora! A marea estaba subindo, e fac\u00edao r\u00e1pido!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Al\u00ed quedei, \u00e1s portas da Illa, observ\u00e1ndoa, mentres consultaba no tablet as vindeiras mareas vivas, para estar aqu\u00ed fiel e puntual como unha primeira cita. As mareas vivas aseguraban o paso seco ata a Illa do Castelo e tempo tranquilo para explorala. O zunido do mar bravo e batendo na illa atra\u00edame como nada. As mareas vivas protexeran o xacemento coma o mellor equipo de seguridade. A xente da aldea de Touri\u00f1\u00e1n, con todo, visit\u00e1baa cada mes, cando o mar retroced\u00eda e lles permit\u00eda pasar seguros a coller a herba. Pero pouco houberon de tocar no Castelo. <\/p>\n<p>Coas mareas vivas de xaneiro de 2012 foi o momento de pasar \u00e1 Illa e comprobar canto pod\u00eda haber de certo nas lendas, e canto pod\u00eda ser de certo. Castrexo, romano ou medieval?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla sur<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_12.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Detalle de sillares na muralla sur<\/em><\/p>\n<p>Ao pasar, acc\u00e9dese \u00e1 illa polo seu espazo natural, un paso ao sur. Aqu\u00ed atopamos as primeiras evidencias dunha fortificaci\u00f3n. Hai un lenzo que, no seu momento debeu ser rotundo, que na s\u00faa base dispu\u00f1a de grandes sillares, como podedes ver no segundo detalle. No recanto oriental deste lenzo, onde a muralla contin\u00faa despois cara o norte, parece existir unha sorte de basti\u00f3n ou torre\u00f3n. Os bos sillares deste lenzo xa me permitiron descartar, ao momento, a orixe castrexa deste lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Lenzo da muralla<\/em><\/p>\n<p>No interior, a herba chega por riba dos xeonllos, e seguramente est\u00e1 agochando moitas estruturas que non podemos distinguir. Dir\u00eda que se pode apreciar a estrutura dunha entrada, a partir dunha furna. A muralla, disposta sobre o cantil, resistiu de maneira desigual a intens\u00edsima presi\u00f3n dos axentes ambientais sobre a superficie insular. En xeral, est\u00e1 toda recuberta de vexetaci\u00f3n, ag\u00e1s nun punto no que sobresae unha edificaci\u00f3n adosada, como v\u00e9n sendo habitual nas fortalezas altomedievais galegas que vimos investigando, nas que as modestas estruturas habitacionais amortizan alomenos unha banda da muralla para a edificaci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A muralla non \u00e9 pequena, desde logo. A lonxitude actual do lenzo norte \u00e9 de 66 metros, pero a mi\u00f1a hip\u00f3tese \u00e9 que acadou os 100 metros de desenvolvemento e pechaba todo o frontal da illa que daba cara terra. O problema \u00e9 que os cant\u00eds ubicados m\u00e1is ao norte -que \u00e9 onde recibe m\u00e1is presi\u00f3n do mar, provocaron derrubos na li\u00f1a da muralla. Hai alg\u00fan punto, con todo, no que se aprecia a estrutura artificial do terrapl\u00e9n. \u00c9 dicir, podemos estar falando dunha muralla de m\u00e1is cen metros de longo. <\/p>\n<p>A construci\u00f3n da muralla \u00e9, con todo, e este \u00e9 un dos misterios deste lugar, m\u00e1is coidada e delicada que a maior parte das fortalezas medio perralleiras que habitualmente co\u00f1ecemos. Ten un paramento de sillares ben labrados, dous metros e algo de ancho e despois, no interior, xa o cl\u00e1sico recheo m\u00e1is indiscriminado de pedra. Pero \u00e9 una muralla ancha, na que se investiu considerable tempo e esforzo e que complementa as inexpugnables condici\u00f3ns da illa cunha fortificaci\u00f3n m\u00e1is que interesante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Atalaia do castelo<\/em><\/p>\n<p>Pero este lugar ten outro punto fascinante. Unha sorte de atalaia fortificada no cumio da illa. Hai que subir al\u00f3 enriba, batido polos ventos e pola escuma do mar m\u00e1is bravo, hai que ver o cantil e a muralla que pecha ese cantil cara o baleiro. No interior parece existir unha chouza. Parecer\u00eda un pequeno faro, unha fogueira, un refuxio ou unha garita de avistamento pero, como veremos m\u00e1is adiante, hai tam\u00e9n alg\u00fans puntos estra\u00f1os aqu\u00ed. Sen embargo, a factura dos muros \u00e9 bastante m\u00e1is cutre que abaixo: aqu\u00ed non hai investimento en siller\u00eda de calidade, sen\u00f3n en cachote m\u00e1is informe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As\u00ed que a pranta do castelo v\u00e9n sendo m\u00e1is ou menos as\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vista_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A herba imp\u00eddenos observar as estruturas da zona inferior, pero de seguro que deberon existir m\u00e1is estruturas que a cabana anexa \u00e1 muralla. A xa cl\u00e1sica ausencia de materiais en superficie imp\u00eddenos concretar m\u00e1is, pero aqu\u00ed, neste castelo incrible, na m\u00e1is espectacular paraxe que temos visitado na procura de fortificaci\u00f3ns altomedievais, hai cousas que non casan. Tampouco parece romano, e s\u00edntoo polos entusiastas dos misterios sen resolver da arqueolox\u00eda galega. Se isto fose romano, con este volume de estruturas, veriamos todo tipo de materiais mesmo en superficie. Por agora, non parece que se poida apreciar iso. <\/p>\n<p>Son d\u00faas: a visibilidade e a posici\u00f3n. O castelo carece de boas condici\u00f3ns de visibilidade, parece como se estivese escondido. O cabo de Touri\u00f1\u00e1n imposibilita o control de todo o tramo da costa norte, a diferencia da inmensa maior\u00eda de fortificaci\u00f3ns altomedievais que temos visitado, nas que hai un gran dominio visual do norte e, moitas veces, tam\u00e9n do sur. E iso \u00e9 importante porque, nas din\u00e1micas de uso do territorio, sabemos que os veci\u00f1os de Touri\u00f1\u00e1n noutros momentos, cando quer\u00edan mirar ao norte, sab\u00edan onde facelo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/facho.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podemos ver como por riba da aldea de Touri\u00f1\u00e1n o top\u00f3nimo Facho de Touri\u00f1\u00e1n delata os usos deste monte en relaci\u00f3n \u00e1 navegaci\u00f3n. O Facho -se cadra algunha estrutura de vixilancia, control e aviso do s\u00e9culo XVI ou XVII, cando proliferan as partidas de vixilancia da costa por mandato real, \u00e9 o tempo de Drake- at\u00f3pase nun lugar no que tes control de 180\u00ba sobre o que agardas. <\/p>\n<p>Pero hai m\u00e1is factores. Este castelo est\u00e1 f\u00f3ra de todo espazo estrat\u00e9xico, aparentemente. Non hai cami\u00f1os que partan de aqu\u00ed. S\u00f3 hai algo que poder\u00eda encaixar, en teor\u00eda. Un porto natural pr\u00f3ximo, na banda este de Touri\u00f1\u00e1n. Non \u00e9 bo porto, pero \u00e9 o que hai nun tramo relativamente amplo de costa. Pero o castelo tampouco defende como tal o porto, de feito, nin se ve desde o porto. Est\u00e1 agachado. <\/p>\n<p><strong>A pista de Rosendo de Celanova<\/strong><\/p>\n<p>Non podo pensar na relaci\u00f3n cun documento bastante estra\u00f1o e curioso. A primeira referencia documental que existe, na nosa Idade Media, sobre Touri\u00f1\u00e1n e o seu promontorio aparece nun documento de vital importancia. No ano de 942, San Rosendo, unha personaxe clave na Galicia do momento e membro dunha das m\u00e1is poderosas e ricas familias do reino, funda na remota Celanova o mosteiro de San Salvador. No seu documento dotacional, \u00e9 dicir, no protocolo no que cede parte dos seus bens para a propiedade do mosteiro, figura este intrigante detalle: &#8220;In Nemancos, \u00ednsula Tauriniana&#8221;. San Rosendo d\u00f3alle ao mosteiro de Celanova a Insula Tauriniana. Que lle est\u00e1 a doar?<\/p>\n<p>A\u00ednda hoxe, m\u00e1is de mil anos despois, a Pen\u00ednsula de Touri\u00f1\u00e1n \u00e9 co\u00f1ecida polos habitantes da aldea como a \u00cdnsua. \u00c9 posible que San Rosendo lle estea a doar ao seu mosteiro privilexiado, ao lugar que el gobernar\u00e1 e no que morrer\u00e1 m\u00e1is de trinta anos despois, o conf\u00edn do mundo. Que pod\u00eda haber aqu\u00ed de valor para ser doado a Celanova? Hoxe vemos toxo, pasto, pero non moito m\u00e1is. Que haber\u00eda aqu\u00ed de importante para San Rosendo? Alg\u00fan tipo de pesquer\u00eda? <\/p>\n<p>Se cadra te\u00f1amos que entender este castelo neste contexto das grandes familias feudais, e na de San Rosendo en particular, a\u00ednda que non comprendamos o seu valor estrat\u00e9xico, e non entendamos as claves que fixeron constru\u00edr aqu\u00ed este lugar, no que a vida non deb\u00eda ser doada. A\u00ednda que a terra comera parte do paso, non \u00e9 doado chegar ata aqu\u00ed debido ao mar e os treb\u00f3ns. Con diferencia, \u00e9 o xacemento m\u00e1is invivible que co\u00f1ezo. <\/p>\n<p>En termos de control, se aos construtores do Castelo lles interesase controlar a costa, ter\u00eda moito m\u00e1is sentido ubicalo noutro punto da Pen\u00ednsula, entre as grandes pened\u00edas. De alg\u00fan xeito, a este lugar interes\u00e1balle pasar desapercibido. Interes\u00e1balle estar na fin do mundo. <\/p>\n<p>O veci\u00f1o porto, un co\u00eddo bastante alterado, ten na s\u00faa microtoponimia recordo aos &#8220;pescos&#8221;, pero na s\u00faa banda norte, a unha zona lle chaman enigmaticamente &#8220;trozo dos difuntos&#8221;. Quen sabe se foron afogados, quen sabe se eses difuntos nos puideran falar de que \u00e9 o que fai un castelo altomedieval no \u00faltimo conf\u00edn de Europa. <\/p>\n<p><strong>NOTA:<\/strong> E por que conto isto hoxe? Pois porque este s\u00e1bado e domingo hai mareas fortes, e por primeira vez en bastantes semanas se poder\u00e1 pasar ata a Illa do Castelo. <a href=\"http:\/\/www.tablademareas.com\">Poden consultar as mareas aqu\u00ed<\/a>. Ollo: moit\u00edsimo coidado ao cruzar o co\u00eddo e tam\u00e9n no xacemento arqueol\u00f3xico, que \u00e9 moi sensible. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Exactamente no conf\u00edn de Galicia e da propia Europa, unha illa batida polos ventos e polos mares garda un poderoso segredo arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/10\/11\/republicas-de-homes-libres-o-castelo-da-fin-da-terra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: O Castelo da Fin da Terra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21765,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,35],"tags":[],"class_list":["post-21764","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21764","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21764"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21764\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21765"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21764"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21764"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21764"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}