{"id":2168,"date":"2007-02-04T12:16:24","date_gmt":"2007-02-04T10:16:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/02\/04\/a-cruenta-simbiose-entre-labregos-e-tartarugas\/"},"modified":"2007-02-04T12:32:38","modified_gmt":"2007-02-04T10:32:38","slug":"a-cruenta-simbiose-entre-labregos-e-tartarugas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/02\/04\/a-cruenta-simbiose-entre-labregos-e-tartarugas\/","title":{"rendered":"A cruenta simbiose entre labregos e tartarugas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2173\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manho_pozo.jpg\" alt=\"manho_pozo.jpg\" \/><br \/>\n<em>O sapoconcho com\u00fan ou emys orbicularis<\/em><\/p>\n<p>Onte cont\u00e1ronme unha historia incr\u00edbel na que levo cismando todo o d\u00eda. <\/p>\n<p>Hai pouco, o vello Francisco, de 70 anos, e que vive no Ma\u00f1o -que \u00e9 como lle chama todo o mundo \u00e1 parroquia do Xobre da Pobra do Carami\u00f1al- pediu aos fillos que lle axudaran a limpar o pozo da casa. De s\u00fapeto, apareceu unha sorpresa no fondo. Un dos fillos subiu unha tartaruga de auga que atopara agachada no xabre repousado no final do pozo. Era un bicho vello, xur\u00e1sico, grande, dunha cuncha encorvada e ollos diminutos e afundidos. \u00bfComo chegara al\u00e1 abaixo ese animal?\u00bfComo sobreviviu? <\/p>\n<p>O se\u00f1or Francisco colleu a cuncha entre as mans e de s\u00fapeto sentiu unha calor incr\u00edbel, unha calor de emoci\u00f3n avergo\u00f1ada, que lle fac\u00eda tremer as mans. El co\u00f1ec\u00eda aquel animal. Atop\u00e1ranse hai sesenta anos. Estaba a xogar cun curm\u00e1n nunha veiga e deran cun sapoconcho nun rego. Lev\u00e1rano \u00e1 casa para seguir xogando con el. Ao chegaren, na horta hab\u00eda unha chea de homes, veci\u00f1os e familiares, sentados \u00e1 sombra do limoeiro, despois de todo un d\u00eda cavando o pozo da casa. No chan, sobre un mantel, abriran as latas de sardi\u00f1as, o pan, o vi\u00f1o. Seica remataran o pozo da casa. &#8220;Que ben nos ves&#8221;, dix\u00e9ralle o pai. Colleulle a tartaruga e guindouna dentro do pozo. &#8220;\u00c9 para termos auga limpa sempre, rapaz&#8221;, dixo o pai, sen darlle m\u00e1is importancia.<\/p>\n<p>Durante moito tempo, Francisco asomouse \u00e1 boca do pozo, por ver se aparec\u00eda por al\u00ed nalg\u00fan momento o nariz do sapoconcho subindo das profundidades. Pero nunca m\u00e1is o volveu ver. Francisco deuno por morto, unha sensaci\u00f3n bastante noxenta, porque cando beb\u00eda a auga do pozo, pensaba que estaba a tragarse a tartaruga morta. O caso \u00e9 que sesenta anos despois, al\u00ed estaba, de volta nas s\u00faas mans, como viaxando desde os remu\u00ed\u00f1os da infancia. O vello sentiu outra volta o bafo da herba seca do ver\u00e1n, os xeonllos cheos de cicatrices, o pan de carioca. Deixou a tartaruga nun recanto da horta. El e a s\u00faa muller poucas veces a ven, pero saben que segue al\u00ed, mov\u00e9ndose na noite. Non quixo fuxir do abismo dom\u00e9stico no que estivo soterrada sesenta anos. \u00c1s veces as leitugas aparecen coas follas comestas, de cando en vez venlle o pescozo tan enrugado coma o deles dous, asomando entre as prantas. Xa son tres pasaxeiros subidos no mesmo tren.<\/p>\n<p>Cando o se\u00f1or Francisco nos contou esta curiosa historia, lembr\u00e1monos de que xa era un conto co\u00f1ecido. Eramos pequenos, e fal\u00e1bannos das tartarugas do Ma\u00f1o, e de como os labregos da parroquia busc\u00e1banas nas bra\u00f1as para tiralas dentro dos pozos. As tartarugas, al\u00ed atrapadas, encarg\u00e1banse de limpar a auga de insectos e impurezas. Estes r\u00e9ptiles mant\u00e9\u00f1ense con recursos moi limitados, sumidos nun estado de semiletargo, atrapando insectos, lumbrigas, comendo carrizo e o que atopen. Fascinoume esa cruenta simbiose, para min desco\u00f1ecida. Unha imaxe tel\u00farica, de condenados habitantes do fondo do abismo dom\u00e9stico, protexendo a vida dos habitantes da casa a trav\u00e9s do coidado do seu l\u00edquido m\u00e1is precioso. Habitantes condenados \u00e1 seguridade, \u00e1 prisi\u00f3n, a vivir nun medio sen agresi\u00f3ns ata onde chegara a corda biol\u00f3xica, que nas tartarugas pode ser moi dilatada. <\/p>\n<p>Ao volver a casa, busquei en Google e atopei algunhas referencias \u00e1 pr\u00e1ctica&#8230;pero en Am\u00e9rica Latina. A pr\u00e1ctica de botar tartarugas dentro dos pozos era <a href=\"http:\/\/orbita.starmedia.com\/~faunapampeana\/re\/tortugas.htm\">propia da Pampa arxentina<\/a>, e en M\u00e9xico ind\u00edxena cr\u00edase que o lugar onde unha tortuga se soterraba nac\u00eda unha corrente de auga. Nas lendas maias, os lobos cavan pozos para as tartarugas. En Uruguai, Sole confirmoume, tam\u00e9n, o habitual desta pr\u00e1ctica no campo daquel pa\u00eds. <\/p>\n<p>Tanta referencia \u00e1s tartarugas dos pozos en Am\u00e9rica Latina e ningunha -aparentemente- en Galicia, ag\u00e1s na memoria oral da parroquia do Xobre, resultoume un enigma curioso de vez. Pero se cadra sexa unha desas pr\u00e1cticas habituais no agro galego que non trascendeu aos libros. Por iso quero preguntarte: <\/p>\n<p>\u00bfTes escoitado algo desta pr\u00e1ctica na t\u00faa aldea?\u00bfTes lido algo sobre <em>botar tartarugas ao fondo dos pozos<\/em> por a\u00ed? <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O sapoconcho com\u00fan ou emys orbicularis Onte cont\u00e1ronme unha historia incr\u00edbel na que levo cismando&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/02\/04\/a-cruenta-simbiose-entre-labregos-e-tartarugas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A cruenta simbiose entre labregos e tartarugas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2173,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-2168","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2168","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2168"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2168\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2173"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}