{"id":21648,"date":"2012-09-28T14:25:42","date_gmt":"2012-09-28T12:25:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21648"},"modified":"2012-09-28T15:10:58","modified_gmt":"2012-09-28T13:10:58","slug":"2000-bens-catalogados-en-patrimoniogalego-net","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/09\/28\/2000-bens-catalogados-en-patrimoniogalego-net\/","title":{"rendered":"2000 bens catalogados en patrimoniogalego.net"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/distribucion.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Dispersi\u00f3n da catalogaci\u00f3n de bens en patrimoniogalego.net<\/em><\/p>\n<p>Onte acadabamos a magn\u00edfica cifra de 2000 bens catalogados en <a href=\"http:\/\/www.patrimoniogalego.net\">patrimoniogalego.net<\/a>.<br \/>\nEste \u00e9 un profundo \u00e9xito colectivo, por parte dun ilusionante grupo de persoas que cremos na necesidade de facer visible o noso patrimonio, e a trav\u00e9s de pequenos proxectos concretos e efectivos, coma este, desenvolver ferramentas para a s\u00faa protecci\u00f3n. Vela\u00ed creamos patrimoniogalego.net hai un ano, e agora, grazas ao traballo colectivo, o sistema xa conta con 2000 fichas de bens catalogados. Sobrancean elementos b\u00e1sicos da nosa primeira identidade: as igrexas, os cruceiros, as ermidas. Pero o conxunto de bens arqueol\u00f3xicos m\u00e1is reco\u00f1ecibles, os castros, os petr\u00f3glifos, os t\u00famulos megal\u00edticos, captan tam\u00e9n a atenci\u00f3n dos catalogadores. Nestes momentos, patrimoniogalego.net \u00e9 o cat\u00e1logo social m\u00e1is amplo a nivel espa\u00f1ol e, moi posiblemente -a falta de co\u00f1ecemento doutros exemplos- de Europa. <\/p>\n<p>Estes 2000 bens tam\u00e9n nos permiten comprobar a realidade dalgunhas previsi\u00f3ns estrat\u00e9xicas que formulamos ao inicio do proxecto sobre como pod\u00eda funcionar un cat\u00e1logo en aberto, sen directrices previas. Seguindo o que acontece noutros \u00e1mbitos do sector cultural, o peso do eixo atl\u00e1ntico \u00e9 moi relevante no n\u00famero e distribuci\u00f3n xeogr\u00e1fica de bens catalogados, coincidindo cun \u00e1mbito de Galicia especialmente din\u00e1mico e, adem\u00e1is, cunha maior penetraci\u00f3n social de Internet. Malia iso, nos \u00faltimos meses apreciamos cambios (ao mellor non son apreciables no gr\u00e1fico, pero est\u00e1n a\u00ed) que amosan unha lenta pero constante incorporaci\u00f3n de recursos tam\u00e9n do interior. En todo caso, o gr\u00e1fico perm\u00edtenos deliberar sobre pol\u00edticas de acci\u00f3n para ir enchendo eses baleiros interiores. <\/p>\n<p>Unha segunda reflexi\u00f3n ten que ver con que o traballo que vedes ata agora en patrimoniogalego.net \u00e9 un traballo esencialmente individual e particular. A segunda previsi\u00f3n estrat\u00e9xica que ti\u00f1amos cando iniciamos o cat\u00e1logo era que as asociaci\u00f3ns culturais que traballan no Patrimonio \u00edan tardar en introducir aqu\u00ed aos seus datos, e tam\u00e9n se cumpriu. Os motivos, supo\u00f1emos que esencialmente culturais e de organizaci\u00f3n interna das entidades, son para n\u00f3s tam\u00e9n un motivo de reflexi\u00f3n e de meditaci\u00f3n. Parte da filosof\u00eda de patrimoniogalego.net \u00e9 propiciar un cambio na cultura de traballo, cara o co\u00f1ecemento aberto, transparente e compartido das informaci\u00f3ns b\u00e1sicas sobre o patrimonio. Iso \u00e9 o que demandamos das administraci\u00f3ns en relaci\u00f3n \u00e1 informaci\u00f3n sobre o patrimonio, e o que facemos en patrimoniogalego.net \u00e9 aplicarnolo a n\u00f3s mesmos. Queremos que esa filosof\u00eda trascenda tam\u00e9n ao conxunto da sociedade, e as asociaci\u00f3ns culturais son claves aqu\u00ed: o seu traballo conxunto m\u00e1is al\u00e1 das fronteiras locais \u00e9 fundamental para ter unha informaci\u00f3n e radiograf\u00eda exhaustiva do estado global do noso patrimonio. Sabemos que xenerar este cambio cultural, que \u00e9 situar o intercambio de informaci\u00f3n e o co\u00f1ecemento aberto como cerna do traballo, tam\u00e9n \u00e9 cuesti\u00f3n de tempo, e estou convencido de que nos vindeiros meses pouco a pouco as entidades se ir\u00e1n motivando e insertando patrimoniogalego.net na s\u00faa axenda de prioridades. <\/p>\n<p>Desde aqu\u00ed quero facer unha sentida homenaxe aos catalogadores: est\u00e1n a facer un traballo inmenso, de tanta utilidade para o noso pa\u00eds e para a nosa sociedade que \u00e9 dif\u00edcil non falar deles sen emoci\u00f3n. Os cinco maiores tit\u00e1ns da catalogaci\u00f3n son Elixio Vieites, Xos\u00e9 Troiano, Gavilanes67, Xandinathry, Xocas e Manuel Rial. A eles o meu\/noso agradecemento m\u00e1is sentido. Horas e horas de traballo sistem\u00e1tico para unha informaci\u00f3n valios\u00edsima que agora todos podemos consultar e empregar. Tam\u00e9n aos editores, xornalistas e especialistas en novas tecnolox\u00edas que conforman este n\u00facleo duro e descentralizado de patrimoniogalego.net. Todos demostrastes que est\u00e1 a ser posible. <\/p>\n<p>Nestes momentos, patrimoniogalego.net xa \u00e9 unha base de datos tremendamente \u00fatil para consultas informativas, de lecer, ou como monitor de alerta, como veredes nos vindeiros d\u00edas, sobre xacementos. E seguiremos profundizando. Seguinte reto: os 3000!!!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dispersi\u00f3n da catalogaci\u00f3n de bens en patrimoniogalego.net Onte acadabamos a magn\u00edfica cifra de 2000 bens&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/09\/28\/2000-bens-catalogados-en-patrimoniogalego-net\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">2000 bens catalogados en patrimoniogalego.net<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21650,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-21648","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21648","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21648"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21648\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21650"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21648"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21648"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21648"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}