{"id":21326,"date":"2012-08-07T22:27:56","date_gmt":"2012-08-07T20:27:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21326"},"modified":"2012-08-09T12:35:02","modified_gmt":"2012-08-09T10:35:02","slug":"contos-novos-e-vellos-na-aldea-abandonada-de-abuin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/08\/07\/contos-novos-e-vellos-na-aldea-abandonada-de-abuin\/","title":{"rendered":"Contos novos e vellos na aldea abandonada de Abu\u00edn"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abuin_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A aldea abandonada de Abu\u00edn. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A\u00ednda nunca dera pasado pola &#8220;aldea maldita&#8221; de Abu\u00edn (Rianxo), ou como lle chaman realmente os lugare\u00f1os, &#8220;Abu\u00edn de abaixo&#8221;. Sempre me picou a curiosidade sobre o lugar, e sorprendeume moito descubrir que sobre o lugar Castelao escribira unha das s\u00faas <em>Cousas<\/em>, unha lenda que lle chegaba directamente desde a s\u00faa nenez, o <a href=\"http:\/\/manuelrivas.com\/cousas\/camino-esquecido\/\">Cami\u00f1o Esquencido<\/a><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abuin_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abuin_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Acheg\u00e1monos ata a &#8220;aldea maldita&#8221;, que resultou ser m\u00e1is ben o que me agardaba. Tres casales derruidos, como tantos que hai no pa\u00eds, cabo dunha fermos\u00edsima verea vella. \u00c9 dicir, non se imaxinen unha &#8220;aldea&#8221;, sen\u00f3n m\u00e1is ben unha carballeira bonita con ru\u00ednas dispersas, que hai que ir descubrindo entre fieitos e outras herbas. <\/p>\n<p>As casoupas que al\u00ed se poden topar gardan a morfolox\u00eda habitual da arquitectura popular do s\u00e9culo XVIII ou XIX habitual no Barbanza, e iso ten certo interese, porque hai quen ten explicado o abandono destas casoupas polas pestes mar\u00edtimas medievais; francamente, creo que estas casas humildes son ben m\u00e1is novas. Se foran casas labregas do XIV teriamos un conxunto que debera ser musealizado coa m\u00e1xima urxencia, como exemplo \u00fanico en toda Europa; non vai ser o caso e, na mi\u00f1a opini\u00f3n, non creo que superen os douscentos anos de vellume. O seu acceso tampouco \u00e9 excesivamente remoto: hai milleirais e unha explotaci\u00f3n de horticultura por riba deles, e est\u00e1n cabo da aldea actual. A verea si, a verea \u00e9 fermos\u00edsima. Cami\u00f1a dereita entre carballos, humidades e frondura. Unha gran cruz labrada nunha das pedras debe excitar a imaxinaci\u00f3n dos amantes do misterio, e \u00e9 unha fermosura agachada baixo o mol carrizo. Sa\u00edmos da &#8220;aldea maldita&#8221; convencidos de que a lenda era m\u00e1is ben unha fabricaci\u00f3n contempor\u00e1nea, que a televisi\u00f3n fixo aboiar e reverdecer, a partir dunhas ru\u00ednas ben cativas. <\/p>\n<p>Con todo, unha amable se\u00f1ora f\u00edxonos dubidar. <\/p>\n<p>-Agora ch\u00e1manlle &#8220;Abu\u00edn maldito&#8221;, pero para n\u00f3s \u00e9 Abu\u00edn de abaixo -comentou a se\u00f1ora. E ata a\u00ed as cousas parec\u00edan encaixar na nosa teor\u00eda- quen escribiu moito sobre todo isto era Castelao, est\u00e1 todo na biblioteca de Rianxo -e aqu\u00ed as cousas continuaban docemente polo sendeiro da explicaci\u00f3n do s\u00e9culo XX.<br \/>\n-Pero que dic\u00edan os vellos? -pregunteille.<br \/>\n-A ver, algo houbo -contestou a se\u00f1ora- porque se vostede mira onde est\u00e1n esas casas, ver\u00e1 que est\u00e1n m\u00e1is preto, est\u00e1n moi xunto do mar. E seica todos os piratas arramblaban todo e entraban por a\u00ed, e por iso a xente veu para aqu\u00ed arriba.<br \/>\n-Os piratas?<br \/>\n-Os vellos contaban que al\u00ed hab\u00eda moitos roubos -contestou a se\u00f1ora- e m\u00e1is hai outra cousa. A aldea vella esa sub\u00eda pola verea arriba, e agora al\u00ed hai casas restauradas e un cruceiro. Pois al\u00ed, unha das casas, unha casa que se chama Casa da Fonte, aquela era a casa dun cura. E nesa casa, al\u00ed esconderan os roubos todos que fac\u00edan nos mosteiros de aqu\u00ed da r\u00eda.<br \/>\n-Pero quen roubaba?<br \/>\n-Iso non cho sei, fillo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abuin_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/abuin_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fumos ver a Casa da Fonte. Ao chegamos ao cruceiro atop\u00e1monos unha agresi\u00f3n patrimonial que ti\u00f1a a s\u00faa chicha peliculeira. Fractura ou profanaci\u00f3n?<\/p>\n<p>Marchamos de Abu\u00edn coa sensaci\u00f3n de ver un collage marabilloso de crenzas postmodernas e unha vella tradici\u00f3n. Canto do que nos contou a muller pertenc\u00eda \u00e1 vella tradici\u00f3n, e canto \u00e1 nova? Ter\u00e1 comezado a historia en Castelao mesmamente, ou ir\u00eda m\u00e1is para atr\u00e1s no tempo? En poucos lugares de Galicia literatura, tradici\u00f3n oral e televisi\u00f3n de masas t\u00e9cense de xeito tan estreito.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;msa=0&#038;ll=42.645767,-8.790264&#038;spn=0.009801,0.020299&#038;iwloc=0004c6b2cda92e6496ad2\">Localizaci\u00f3n da aldea abandonada de Abu\u00edn de Abaixo en Google Maps<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 a aldea abandonada de Abu\u00edn de Abaixo, en Rianxo, pero se se sinten estupendos, p\u00f3denlle chamar a &#8220;aldea maldita&#8221;.  Do lugar ocup\u00e1ronse desde Castelao ata \u00cdker Jim\u00e9nez.  Tal combinaci\u00f3n fai imprescindible unha visita. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/08\/07\/contos-novos-e-vellos-na-aldea-abandonada-de-abuin\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Contos novos e vellos na aldea abandonada de Abu\u00edn<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21327,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,8],"tags":[],"class_list":["post-21326","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21326","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21326"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21326\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21327"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21326"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21326"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21326"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}