{"id":21318,"date":"2012-08-03T12:15:09","date_gmt":"2012-08-03T10:15:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21318"},"modified":"2012-08-07T22:33:40","modified_gmt":"2012-08-07T20:33:40","slug":"conclusions-de-urxencia-da-torre-dos-mouros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/08\/03\/conclusions-de-urxencia-da-torre-dos-mouros\/","title":{"rendered":"Conclusi\u00f3ns de &#8220;urxencia&#8221; da Torre dos Mouros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/calzada.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A campa\u00f1a de campo 2012 do Proxecto Torre dos Mouros xenerou unha boa cantidade de co\u00f1ecemento en diferentes \u00e1mbitos. Durante agosto e setembro traballaramos na interpretaci\u00f3n dos resultados obtidos tanto a nivel arqueol\u00f3xico como de comunicaci\u00f3n para poder facer unha presentaci\u00f3n p\u00fablica de resultados ao pobo de Carnota en setembro. A finais de setembro tam\u00e9n se presentar\u00e1 a banda dese\u00f1adas sobre a Torre realizada por Manel Cr\u00e1neo.<\/p>\n<p>Entrementres, consideramos interesante ofrecer algunhas conclusi\u00f3ns de \u00aburxencia\u00bb sobre as diferentes facetas do proxecto que funcionen como s\u00edntese para os interesados e para os medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A. CONCLUSI\u00d3NS ARQUEOL\u00d3XICAS<\/p>\n<p>A campa\u00f1a 2012 da Torre dos Mouros ti\u00f1a obxectivos arqueol\u00f3xicos moi sinxelos: verificar a funcionalidade e uso deste espazo, e determinar a cronolox\u00eda da construci\u00f3n do recinto amurallado. En setembro publicarase un informe m\u00e1is detallado, pero queremos avanzar algunhas conclusi\u00f3ns de urxencia para este ver\u00e1n.<\/p>\n<p>1. A intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica na Torre dos Mouros certificou a existencia dun sitio arqueol\u00f3xico de gran tama\u00f1o e car\u00e1cter defensivo e confirmou a existencia de estruturas antigas no interior do recinto. As dimensi\u00f3ns do recinto conv\u00e9rteno nun dos sitios arqueol\u00f3xicos de maior estensi\u00f3n do litoral sur da Costa da Morte.<\/p>\n<p>2. A intervenci\u00f3n puxo de manifesto o car\u00e1cter monumental dos elementos construtivos investigados, resulta moi evidente a zona de acceso. Confirmouse o antigo aceso ao recinto atrav\u00e9s mesma v\u00eda usada na actualidade, a partir da limpeza dun impresionante cami\u00f1o de aceso empedrado de, ao menos, 20 metros de lonxitude. A intenci\u00f3n monumental dos construtores da fortificaci\u00f3n rev\u00e9lase tam\u00e9n pola existencia dunha dobre li\u00f1a de murallas de distinto tama\u00f1o e entidade, na que o muro superior ostenta as maiores dimensi\u00f3ns, e no que a traza curva dos muros parece enfatizar e protexer a zona de acceso. Unha vez limpa a \u00e1rea, as murallas son apreciables desde o litoral de Lira. A monumentalidade tam\u00e9n se traslada ao interior, coa presenza dunha imponente muralla intermedia que fortifica un segundo recinto co\u00f1ecido como \u201co reduto\u201d. Da mesma maneira, na zona traseira, a muralla que alcanza unha anchura de 5 m., e sorprende continuidade da s\u00faa cimentaci\u00f3n outros 3-4 m baixo a terra.<\/p>\n<p>3. A intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica revelou tam\u00e9n a existencia de estruturas edificatorias no interior do recinto. Na banda oriental, anexas \u00e1 muralla, localiz\u00e1ronse ao menos d\u00faas estruturas anexas: un edificio oblongo cun potente muro de carga de 60 cent\u00edmetros de ancho, cunha outra estrutura encostada de car\u00e1cter rectangular. Non \u00e9 posible, polo momento, determinar a funcionalidade destas estruturas, pero parecen estar asociadas \u00e1 muralla. Na exploraci\u00f3n da superficie do recinto principal da Torre dos Mouros cun gradi\u00f3metro, amosouse tam\u00e9n o aparente baleiro de estruturas de boa parte do recinto, pero confirmou tam\u00e9n a existencia dun conxunto de anomal\u00edas de car\u00e1cter p\u00e9treo nunha \u00e1rea regularizada por medio de grandes cortes na peneda. As estruturas, as exhumadas, e as que poder\u00edan existir -previa comprobaci\u00f3n arqueol\u00f3xica- at\u00f3panse na \u00e1rea m\u00e1is protexida dos ventos dun monte especialmente castigado polas inclemencias metereol\u00f3xicas. Hai tam\u00e9n evidencias doutro tipo de sistemas construtivos, a partir da aparici\u00f3n de encaixes e cortes nas rochas asociados a unha arquitectura mais ef\u00e9mera e leve; por\u00e9n, paradoxalmente, o gran n\u00famero de indicios por todo o recinto indica unha forte transformaci\u00f3n do car\u00e1cter natural deste lugar.<\/p>\n<p>4. Especialmente chamativa \u00e9 a ausencia de cultura material (cer\u00e1micas, outro tipo de obxectos) nas \u00e1reas exploradas do recinto. S\u00f3 se documentaron restos fragmentados de ferro e un posible molde, que se atopa descontextualizado, no medio do entullo que clausuraba unha das estruturas, as\u00ed como tam\u00e9n pequenos anacos de ferro. Tampouco aparecen evidencias de solos no interior das estruturas. Esta ausencia de materiais fannos descartar o uso dom\u00e9stico e continuo deste espazo arqueol\u00f3xico como un h\u00e1bitat de car\u00e1cter permanente.<\/p>\n<p>5. A aparente singularidade deste espazo arqueol\u00f3xico levou ao equipo a manter, a priori, unha posici\u00f3n bastante aberta en relaci\u00f3n ao horizonte cronol\u00f3xico da edificaci\u00f3n do per\u00edmetro amurallado. Ao remate desta campa\u00f1a, \u00e1 luz das evidencias construtivas (muros de soga e tiz\u00f3n, xeitos de facetar a pedra, etc.), desc\u00e1rtase que a fortificaci\u00f3n fose edificada como tal na Idade do Bronce ou na Idade do Ferro, ou nun contexto moi romanizado. A primeira interpretaci\u00f3n pasa por situar a cronolox\u00eda da fortificaci\u00f3n no per\u00edodo tardoantigo ou altomedieval. As evidencias estratigr\u00e1ficas mostran varios per\u00edodos de actividade construtiva, por\u00e9n desco\u00f1ecemos o valor dos lapsus temporais entre elas, e por tanto deste xacimento polo de agora non \u00e9 posible, cos dados actuais, concretar m\u00e1is a s\u00faa cronolox\u00eda.<\/p>\n<p>B. CONCLUSI\u00d3NS SOCIAIS<\/p>\n<p>1. A arqueolox\u00eda social e p\u00fablica en Galicia \u00e9 perfectamente posible, e rev\u00e9lase como un poderoso instrumento na man de axentes, entidades e colectivos para fomentar o co\u00f1ecemento e a protecci\u00f3n do patrimonio local. A arqueolox\u00eda social permite crear v\u00ednculos entre cidad\u00e1ns e espazos; aquelas persoas implicadas conv\u00e9rtense en embaixadores e custodios do patrimonio. Consideramos que actividades e proxecto arqueol\u00f3xico reuniron m\u00e1is de 500 participantes e asistentes, o cal \u00e9 unha cifra absolutamente notable.<\/p>\n<p>2. Unha das claves do \u00e9xito do proxecto Torre dos Mouros \u00e9 o de sacar a acci\u00f3n f\u00f3ra do espazo de traballo no alto do monte. Neste sentido, tanto as Barferencias como os obradoiros con nenos permiten facer visible o proxecto no coraz\u00f3n da comunidade local: darlle novos sentidos e utilidades e desenvolver v\u00ednculos reais coa comunidade. Puidemos comprobar como numerosos asistentes \u00e1s Barferencias acud\u00edan posteriormente \u00e1s visitas guiadas na Torre dos Mouros. Actividades e intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica, xa que logo, interaccionan de xeito moi estreito.<\/p>\n<p>3. Outra das claves \u00e9 a de non tratar \u00e1 comunidade local unicamente como receptora da acci\u00f3n, sen\u00f3n como membros e protagonistas da engranaxe interna do proxecto. Moitos dos procesos da intervenci\u00f3n deben xerarse a partir do co\u00f1ecemento e a disposici\u00f3n da comunidade local, que controla as claves internas do traballo.<\/p>\n<p>4. Os aspectos econ\u00f3micos locais son claves, especialmente para a valorizaci\u00f3n dos traballos levados a cabo nun proxecto patrimonial. Un proxecto a pequena escala temporal, como pode ser a Torre dos Mouros, permitiu albiscar as din\u00e1micas econ\u00f3micas derivadas dos diferentes mecanismos do proxecto. O emprego por parte dos voluntarios da hosteler\u00eda local, e a pol\u00edtica de descontos e agasallos levada a cabo por alg\u00fans establecementos hosteleiros de Lira para os voluntarios do proxecto d\u00e1 a clave dun interesante ni\u00f1o de desenvolvemento para a econom\u00eda local, e que ofrece interesantes posibilidades, por exemplo, no \u00e1mbito da desestacionalizaci\u00f3n tur\u00edstica. Tam\u00e9n observamos un interesante comportamento derivado da existencia dunha programaci\u00f3n cultural. Visitantes que vi\u00f1an pasar a fin de semana a Carnota para disfrutar da combinaci\u00f3n de conferencias, visitas guiadas ao xacemento e os outros recursos tur\u00edsticos do concello. Cremos interesante desenvolver m\u00e1is as facetas econ\u00f3micas do proxecto.<\/p>\n<p>5. Un proxecto arqueol\u00f3xico \u00e9 sempre un exercicio de memoria. L\u00f3itase contra o escepticismo de parte da comunidade, ap\u00f3iase no entusiasmo de outra: a entrada do xacemento arqueol\u00f3xico en espazos de prestixio, como os medios de comunicaci\u00f3n (prensa, radio, TV), sup\u00f3n sempre unha irrupci\u00f3n agresiva nun espazo non valorado, que debe ser xestionada con cautela. En primeiro lugar, porque hai un efecto de \u00abreflotar\u00bb antigas historias esquencidas cara o presente, durante un tempo. Memorias que falan do uso e da mitolox\u00eda do espazo arqueol\u00f3xico, que deben ser tidas moi en presente e contar con equipos espec\u00edficos de traballo para a s\u00faa recollida.<\/p>\n<p>B. CONCLUSI\u00d3NS DE COMUNICACI\u00d3N<\/p>\n<p>1. O Proxecto Torre dos Mouros foi, probablemente, unha das primeiras intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas en Europa en contar cun equipo de xornalistas \u00abempotrados\u00bb no equipo. Isto permitiu destinar recursos humanos espec\u00edficos \u00e1 construci\u00f3n de canles directas de comunicaci\u00f3n coa audiencia, que se revelaron decisivas para a difusi\u00f3n do proxecto.<\/p>\n<p>2. O resultado foron unhas notables cifras de resultados: na \u00faltima semana da intervenci\u00f3n, s\u00f3 en Facebook, chegouse a m\u00e1is de 12.000 persoas, \u00e1s que engadimos a audiencia diaria do web (entre 350-400 visitas diarias) e a presenza, m\u00e1is minoritaria, do Twitter. A isto hai que sumar a audiencia acadada para o proxecto a partir da publicaci\u00f3n en medios de comunicaci\u00f3n como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Pa\u00eds, a Radio Galega, a Cadena Ser, a Televisi\u00f3n de Galicia ou V Televisi\u00f3n.<\/p>\n<p>3. O proxecto revela dous procesos: a) o consumidor de informaci\u00f3n sobre a Torre dos Mouros \u00e9 un usuario activo da informaci\u00f3n, que interact\u00faa e que nun momento determinado toma a decisi\u00f3n de combinar o consumo de informaci\u00f3n co desprazamento ata o lugar da acci\u00f3n, ou mesmo da participaci\u00f3n no proxecto. b) os proxectos arqueol\u00f3xicos poden desenvolver canles moi efectivos para a difusi\u00f3n das s\u00faas mensaxes, substancialmente a trav\u00e9s das redes sociais, pero apoiados robustamente no web. Con independencia da visibilizaci\u00f3n noutros medios de comunicaci\u00f3n, a construci\u00f3n da canle propia a trav\u00e9s de medios dixitais a d\u00eda de hoxe pode chegar a garantir o \u00e9xito de p\u00fablico do proxecto.<\/p>\n<p>4. Sen embargo, os procesos de penetraci\u00f3n son relativamente lentos. A comunicaci\u00f3n forte do proxecto non pode comezar co inicio do traballo de campo, sen\u00f3n que realmente a comunicaci\u00f3n debe estar funcionando ao 100% alomenos desde mes e medio antes. Iso permite comezar o traballo de campo con parte da audiencia xa constru\u00edda e facilita a viralizaci\u00f3n de resultados. Sen embargo, consideramos que o valor do \u00abdirecto\u00bb, en relaci\u00f3n \u00e1 transmisi\u00f3n en tempo real do proceso de traballo arqueol\u00f3xico, \u00e9 con diferencia un dos principais valores comunicativos. Foi nas fins de semana, cunha comunicaci\u00f3n m\u00e1is fragmentaria e m\u00e1is narrativa, cando acabadamos as principais cifras de audiencia. Sen embargo, as historias m\u00e1is elaboradas que publicabamos nos d\u00edas laborables eran as m\u00e1is compartidas.<\/p>\n<p>5. Unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica, ao noso ver, pode ser tratada, en termos de comunicaci\u00f3n, coma o resto de obxectos da industria cultural: empregando ferramentas e formatos de comunicaci\u00f3n corporativa que, en fases distintas, permiten dar a co\u00f1ecer as fases do obxecto. Esta v\u00eda, moi innovadora, pode abrir un novo futuro para o patrimonio cultural en Galicia.<\/p>\n<p>CONCLUSI\u00d3NS TUR\u00cdSTICAS<\/p>\n<p>Xos\u00e9 Gago, de Cool-Touring, fainos chegar unhas conclusi\u00f3ns da s\u00faa experiencia como gu\u00eda do proxecto.<\/p>\n<p>Despois do traballo de campo de Torre dos Mouros e realizar as visitas in situ, polas que pasaros ao redor de 300 persoas en 10 d\u00edas, podemos tirar as seguintes conclusi\u00f3ns<\/p>\n<p>1. Tr\u00e1tase dun elemento patrimonial que seduce a un grande espectro de idade, dende nenos ata xente da terceira idade.<\/p>\n<p>2. A procedencia do p\u00fablico visitante rep\u00e1rtese a partes iguais entre visitantes locais e turistas de proximidade que se achegan a Carnota e ven en Torre dos Mouros unha alternativa no seu tempo de Lecer.<\/p>\n<p>3. Os visitantes chegan \u00e1 Torre dos Mouros cun co\u00f1ecemento previo do que pod\u00edan atopar grazas \u00e1 potente campa\u00f1a de comunicaci\u00f3n, este feito facilitaba enormemente a visita tanto a nivel de contidos como de motivaci\u00f3n.<\/p>\n<p>4. O visitante marchaba de Torre dos Mouros comprendendo o xacemento, pero tam\u00e9n entendendo todo o proceso arqueol\u00f3xico, dende a identificaci\u00f3n dun xacemento como tal ata o proceso de excavaci\u00f3n.<\/p>\n<p>5. Como conclusi\u00f3n final, podemos afirmar que Torre dos Mouros espertou un grande interese social e ten potencial para constituirse como un atractivo tur\u00edstico importante na zona podendo incluso arrastrar \u00e1 xente que se achega a Carnota con outras motivaci\u00f3ns como facer un turismo de \u201csol e Praia\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Finalizamos o traballo de campo na Torre dos Mouros (Lira, Carnota) e agora toca procesar os resultados. Entrementres, ofrecemos unhas conclusi\u00f3ns de urxencia sobre o proxecto que tocan diferentes \u00e1mbitos: o arqueol\u00f3xico, o social, o comunicativo ou o tur\u00edstico. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/08\/03\/conclusions-de-urxencia-da-torre-dos-mouros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Conclusi\u00f3ns de &#8220;urxencia&#8221; da Torre dos Mouros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21319,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,40],"tags":[],"class_list":["post-21318","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-torre-dos-mouros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21318","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21318"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21318\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21319"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21318"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21318"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21318"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}