{"id":21252,"date":"2012-07-17T19:09:50","date_gmt":"2012-07-17T17:09:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21252"},"modified":"2012-07-17T19:23:42","modified_gmt":"2012-07-17T17:23:42","slug":"torredosmouros-2-o-visible-e-o-invisible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/07\/17\/torredosmouros-2-o-visible-e-o-invisible\/","title":{"rendered":"#torredosmouros (3): O visible e o invisible"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tdm_2_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Lenzo E. Foto: Andrea Lozano<br \/>\n<\/em><br \/>\nPasar moitas horas na Torre dos Mouros transmite unha certa sensaci\u00f3n et\u00e9rea. A primeira hora da ma\u00f1\u00e1 o campo est\u00e1 enchido de vapor. Unha hora despois, as nubes pasan por debaixo t\u00faa, met\u00e9ndose pola Garganta Grande, e todo parece como rec\u00e9n duchado. Logo, a media ma\u00f1\u00e1, cae o sol con toda a s\u00faa decisi\u00f3n, rebota contra o granito e \u00e9ncheo todo, pero a variante oeste dos ventos de Lira, que impacta contra esta franxa de costa inclemente, leva con ela os grados de temperatura. O mellor sitio para estar, na Torre dos Mouros, sempre, \u00e9 este: aqu\u00ed onde se escoitan piquetas, palet\u00edns, movemento de pedras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tdm_2_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Abrindo a zona 2 (escotaduras nas pedras). Foto: A. L.<br \/>\n<\/em><br \/>\nEsta semana a acci\u00f3n arqueol\u00f3xica estendeuse a varios puntos do recinto baixo da Torre dos Mouros. Mentres se continuaban os traballos no gran edificio localizado cabo da muralla este, d\u00faas pequeni\u00f1as catas exploraban, m\u00e1is no centro do recinto, unha serie de escotaduras na rocha. As catas revelaron, efectivamente, a existencia de eixos r\u00edxidos que parecen cortar profundamente as rochas, sen que sexan t\u00e9cnicas canteiras. As pequenas e estreitas franxas exploradas non permiten comprender exactamente que son estas formas, escotaduras e rebaixes nas pedras. \u00c1 falta dunha avaliaci\u00f3n m\u00e1is formal, a min non deixan de parecerme as que te\u00f1o visto miles de veces nas plataformas roqueiras dos castelos roqueiros medievais, os trazos de antigos asentos de estruturas. Pero hai unha diferencia. As escotaduras e asentos que se atopan en lugares coma os castelos roqueiros, fanse porque non queda m\u00e1is remedio. Tr\u00e1tase de ga\u00f1ar espazo entre os batolitos para ubicar habit\u00e1culos ou estruturas. Pero aqu\u00ed \u00e9 distinto. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed as escotaduras, os niveis, as pedras regularizadas est\u00e1n estendidas no medio da plataforma. Como as sondaxes son moi estreitas, non \u00e9 posible ver se estes trazos conforman algo. Algu\u00e9n def\u00ednemo as\u00ed: <\/p>\n<p>-Parece arquitectura invisible. <\/p>\n<p>E pareceume tremendamente correcto. Como se estiveramos vendo a pranti\u00f1a de un conxunto de estruturas que xa non existen. As sondaxes, outra volta, non amosan nada de material. En breve, comeza a aparecer un conxunto de terra alaranxada: \u00e9 o sustrato, o final da deposici\u00f3n de terra. Seguimos coa inc\u00f3gnita, pero temos algo m\u00e1is, algo moi distinto do que nos atopamos no lenzo este. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tdm_2_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Retirando o entullo. Foto: A.L.<\/em><\/p>\n<p>Al\u00f3 os arque\u00f3logos est\u00e1n facendo un traballo tit\u00e1nico. Se lembrades, aparecera unha estrutura de car\u00e1cter ovalado na semana anterior. Seguiuse traballando al\u00ed, a ver que pasaba. Ay\u00e1n, Muros, Rafa escavan e escavan e de cando en vez lles axudamos dunha volta ou doutra. O traballo, como digo, \u00e9 moi duro. A condenada estrutura colapsou en gran medida para dentro. Os arque\u00f3logos comezan a saber como foi ese proceso: non colapsou de repente. A existencia de capas de terra intermedias revelan que este gran edificio foise derrubando aos poucos. Se cadra primeiro foi un lenzo, e logo outro, e logo outro m\u00e1is. E entremedias pasaron dez, trinta, cen anos, douscentos anos. E seguen para abaixo. A potencia do edificio \u00e9 enorme, os seus muros considerablemente s\u00f3lidos. Ao final do edificio, localizan algo especialmente interesante, unha traza de humanidade entre tanto cachote. No momento no que edificaron a estrutura, colocaron na base unha serie de calzos con toscas trazas que permit\u00edan facer un oco para erguer uns postes. A interpretaci\u00f3n non \u00e9 doada, polo momento. De s\u00fapeto, chega o final. O sustrato de cor laranxa que aparece por todo o recinto. <\/p>\n<p>Habitualmente, os arque\u00f3logos saben cando chegan ao final. As cabanas castrexas, por exemplo, conservan o pavimento apisonado, por xeraci\u00f3ns e xeraci\u00f3ns de p\u00e9s que acaban conformando unha serie de plaquetas. Aqu\u00ed o fondo non parece ter un chan definido como tal, \u00e9 inapreciable. Ent\u00f3n, de que estamos falando? A calidade dos muros permite desbotar a existencia dun cortello aqu\u00ed: \u00e9 unha factura demasiado boa. Non parece de tella, sen\u00f3n con tellado de colmo. Elisa Amigo, a arquitecta do proxecto, fai unha an\u00e1lise. Calcula os metros c\u00fabicos de entullo e os reparte pola superficie do muro da edificaci\u00f3n para tentar determinar a altura. Malde, traballando na casa, env\u00edame posteriormente un whatsapp:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chat_malde.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non atopamos pavimento porque o piso inferior non fora colmatada como tal? Ten realmente a estrutura esa considerable altura? Un segundo factor, tremendamente intrigante, \u00e9 a relaci\u00f3n entre a estrutura e a muralla. Como \u00e9 esa relaci\u00f3n, exactamente? \u00c9 anexa, foi constru\u00eddo un elemento despois do outro? Por que? Para Malde, a\u00ednda que non dispomos da cronolox\u00eda, neste lugar poder\u00eda haber dous momentos construtivos distintos. Preg\u00fantolle aos arque\u00f3logos pola ausencia de material no nivel inferior. \u00c9 bastante estra\u00f1o, sobre todo se o contrapo\u00f1emos cun castro, no que toda a superficie est\u00e1 chea de anacos de pezas de cer\u00e1mica e outro tipo de obxectos que testemu\u00f1an a evoluci\u00f3n do xacemento durante xeraci\u00f3ns de veci\u00f1os. Unha casa castrexa \u00e9 un espazo ocupado e reocupado durante xeraci\u00f3ns, no que as cousas escachan, se van acumulando, fican ao car\u00f3n. Se cadra, esta estrutura non sexa exactamente dom\u00e9stica. <\/p>\n<p>Asi que temos dous escenarios polo momento. O centro da plataforma, cheo de canais, surcos e asentos labrados na rocha, como pegadas de algo hoxe inexistente; e cabo da muralla oriental -agora, limpada grazas aos voluntarios, p\u00f3dese apreciar a s\u00faa monumentalidade- un xeito totalmente diferente de concebir o espazo, con <em>estructuras a lo grande<\/em>. A cousa est\u00e1 ao vermello. E, a\u00ednda que non temos cronolox\u00eda, \u00e9 apaixoante constatar a intensa ocupaci\u00f3n do espazo e a monumentalidade de algunhas das estruturas. <\/p>\n<p>O horizonte desta fin de semana non pode ser m\u00e1is apaixoante. Os arque\u00f3logos vanse orientar \u00e1 procura de elementos que nos permitan comezar a comprender cronoloxicamente o lugar, pero ningu\u00e9n sabe se se vai poder conseguir. Estamos falando dun estra\u00f1o e enorme castro? Ou as lendas que comezan a aflorar, que indican este lugar como ancestral refuxio contra os piratas, te\u00f1en visos de realidade? Ou ser\u00e1n as d\u00faas cousas. <\/p>\n<p>Isto non \u00e9 como facer ben un pastel, no que todo -ingredientes, utensilios, ma\u00f1as- depende de ti: os arque\u00f3logos poden acotar as opci\u00f3ns da intervenci\u00f3n para maximizar as posibilidades de \u00e9xito, pero iso non quere dicir que as atopen. Unha vez Arsenio Iglesias d\u00edxome, cando eu era moi novo, que no f\u00fatbol todo era cuesti\u00f3n de sorte. Na arqueolox\u00eda non \u00e9 exactamente as\u00ed, pero par\u00e9cese. Nunca sabes realmente que vai acontecer en todos os seus termos, e menos nun xacemento tan estra\u00f1o coma este. O xoves vaise usar un radar de terra que permita botar unha ollada ao interior da Torre dos Mouros. Posiblemente Carlos Otero, o t\u00e9cnico, non localice co gradi\u00f3metro a cova onde est\u00e1n os cofres de ouro e veleno, pero a s\u00faa visi\u00f3n pode axudar a tomar a decisi\u00f3n, tam\u00e9n. <\/p>\n<p>Seremos quen de dar con esta resposta? S\u00edguenos<a href=\"http:\/\/torredosmouros.net\/\"> nas redes sociais<\/a>, colabora na intervenci\u00f3n ou aproveita e vente a Carnota esta fin de semana a facernos unha visita. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A segunda semana de intervenci\u00f3n na Torre dos Mouros foi intensa, e revelou dous xeitos distintos de concebir o espazo dentro do enigm\u00e1tico recinto. A cousa est\u00e1 que arde. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/07\/17\/torredosmouros-2-o-visible-e-o-invisible\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">#torredosmouros (3): O visible e o invisible<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21256,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33,18,40],"tags":[],"class_list":["post-21252","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-en-portada","category-notas-arqueoloxicas","category-torre-dos-mouros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21252","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21252"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21252\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/21256"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21252"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21252"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21252"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}