{"id":21171,"date":"2012-07-06T08:44:13","date_gmt":"2012-07-06T06:44:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=21171"},"modified":"2012-07-06T08:45:56","modified_gmt":"2012-07-06T06:45:56","slug":"preparade-as-vosas-redes-sociais-comezamos-a-narracion-da-torre-dos-mouros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/07\/06\/preparade-as-vosas-redes-sociais-comezamos-a-narracion-da-torre-dos-mouros\/","title":{"rendered":"Preparade as vosas redes sociais: comezamos a narraci\u00f3n da Torre dos Mouros"},"content":{"rendered":"<p>Cando co\u00f1ecimos a Torre dos Mouros, decat\u00e1monos de que o lugar era importante e especial por moitos motivos, e non s\u00f3 cient\u00edficos. A Torre dos Mouros est\u00e1 sobre Lira e Carnota, poboaci\u00f3ns cunha comunidade local moi din\u00e1mica, ideal para un proxecto cient\u00edfico con fortes compo\u00f1entes sociais; o sitio arqueol\u00f3xico estaba ao principio dun dos conxuntos de petr\u00f3glifos m\u00e1is interesantes e menos co\u00f1ecidos de Galicia, todo pendente de ser posto en valor. Pero tam\u00e9n o sitio encerraba un enigma cient\u00edfico do m\u00e1is interesante que o convert\u00eda, tam\u00e9n, en candidato para unha experiencia de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica. <\/p>\n<p>Esta fortificaci\u00f3n, de d\u00faas hect\u00e1reas, con m\u00e1is de 570 metros de murallas conc\u00e9ntricas ao redor do outeiro e aparentemente nada ou case nada no seu interior, con diferentes alturas que garantizan diferentes perspectivas e unha situaci\u00f3n de vistas incrible sobre o Atl\u00e1ntico e a Costa da Morte, que marabilla a quen sube ata aqu\u00ed, \u00e9 un gran desaf\u00edo cient\u00edfico e t\u00e9cnico, pola s\u00faa rarez. Os castros de toda a comarca ocupan, polo xeral, a metade de tama\u00f1o deste lugar. Aos p\u00e9s da Torre dos Mouros, a menos de dous quil\u00f3metros, hai dous poboados da Idade do Ferro (Mallou e Mi\u00f1arzo) que, eles si, se atopan onde <em>deberan<\/em> estar: preto dos cultivos e dos recursos, e que te\u00f1en disposici\u00f3ns e defensas diferentes \u00e1s de aqu\u00ed arriba. E en Carnota dispo\u00f1emos de d\u00faas fortificaci\u00f3ns medievais documentadas que tampouco se parecen (son moito m\u00e1is pequenas) a este lugar. S\u00f3 un espazo arqueol\u00f3xico pr\u00f3ximo ten un aire coa Torre dos Mouros: as murallas do Monte Pindo, que agora chamamos Pindo Central para diferencialas.  Pero sobre todo, a gran dificultade, \u00e9 a sospeita de que o rexistro arqueol\u00f3xico do interior non vai ser moi abundante. Os arque\u00f3logos vano ter dif\u00edcil. <\/p>\n<p>As\u00ed que desde o <a href=\"http:\/\/www.novosmedios.org\">Grupo de Novos Medios da USC<\/a> decidimos pensar nun proxecto fascinante. Contar unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica desde dentro, desde o primeiro momento, e empregar diferentes formatos para responder \u00e1s diferentes necesidades de comunicaci\u00f3n. A experiencia que comeza ma\u00f1\u00e1 \u00e1s 09.30 h. ten por obxectivo converter a intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica nun obxecto cultural comunicable desde o primeiro momento, sen que iso exerza ningunha limitaci\u00f3n nin condicionante sobre o traballo cient\u00edfico, pero establecendo un di\u00e1logo colaborativo con el. O eixo central da comunicaci\u00f3n \u00e9: &#8220;Como os cient\u00edficos poden determinar a ou as cronolox\u00edas dun sitio arqueol\u00f3xico? A que \u00e9poca e que funci\u00f3n ti\u00f1a a Torre dos Mouros?&#8221;. Que \u00e9 o que queremos aprender n\u00f3s? A contar unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica <em>desde dentro<\/em>, sen saber que \u00e9 o que vai pasar, e facelo atractivo, entretido e rigoroso ao mesmo tempo. <\/p>\n<h3>Unha experiencia 360\u00ba<\/h3>\n<p>As\u00ed que para iso, un equipo de catro xornalistas imos acompa\u00f1ar ao equipo arqueol\u00f3xico durante esta campa\u00f1a. Seremos Andrea Lozano, Brais Romero, Carlos Toural e eu mesmo; desde a intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica, ao longo de todo o d\u00eda, ir\u00e9mosvos contando que \u00e9 o que aparece, como aparece, as dificultades, as sorpresas, as d\u00fabidas&#8230;Conect\u00e1devos a estas tres fontes: o noso perfil de Twitter (<a href=\"https:\/\/twitter.com\/#!\/TorredosMouros\">@torredosmouros<\/a>), a <a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/TorreDosMouros\">nosa p\u00e1xina de Facebook<\/a> e o noso web <a href=\"http:\/\/www.torredosmouros.net\">torredosmouros.net<\/a>. Durante toda a fin de semana co\u00f1ecer\u00e1s as actualizaci\u00f3ns da Torre dos Mouros minuto a minuto. E durante a semana acceder\u00e1s a historias en profundidade que completar\u00e1n a t\u00faa experiencia. <\/p>\n<p>Non o dubides. Con\u00e9ctate \u00e1 Torre dos Mouros e eng\u00e1nchate!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando co\u00f1ecimos a Torre dos Mouros, decat\u00e1monos de que o lugar era importante e especial&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/07\/06\/preparade-as-vosas-redes-sociais-comezamos-a-narracion-da-torre-dos-mouros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Preparade as vosas redes sociais: comezamos a narraci\u00f3n da Torre dos Mouros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,40],"tags":[],"class_list":["post-21171","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-torre-dos-mouros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21171","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21171"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21171\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21171"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21171"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21171"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}