{"id":20842,"date":"2012-05-25T19:47:49","date_gmt":"2012-05-25T17:47:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20842"},"modified":"2012-06-08T20:10:28","modified_gmt":"2012-06-08T18:10:28","slug":"silencio-no-alto-do-monte-bernorio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/05\/25\/silencio-no-alto-do-monte-bernorio\/","title":{"rendered":"Silencio no alto do Monte Bernorio"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Tiven a oportunidade de co\u00f1ecer a Eduardo Peralta durante o III Congreso de Estudos Celtas celebrado en Nar\u00f3n en 2011. Estaba eu un pouco amorri\u00f1ado e de s\u00fapeto o doutor Peralta comezou a contar unha serie de incribles historias de guerreiros c\u00e1ntabros que se recollen no seu libro <em>Los c\u00e1ntabros antes de Roma<\/em>. E cando Peralta comezou a representar mapas de combates, asedios, disposici\u00f3ns militares, infraestruturas de ataque e defensa entre as tribos c\u00e1ntabras e o ex\u00e9rcito romano remexinme no meu asento e prestei toda a mi\u00f1a atenci\u00f3n ao que o arque\u00f3logo estaba relatando. Lembro que o amigo Javier Foz besbelloume na orella: &#8220;todo isto foi do que che falei&#8221;. Por suposto, sab\u00eda das guerras c\u00e1ntabras. Pero o que desco\u00f1ec\u00eda \u00e9 que nos \u00faltimos anos, apareceran, con moita precisi\u00f3n, as evidencias arqueol\u00f3xicas da tremenda contenda coa cal se inicio o proceso final de conquista da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Sab\u00eda, como todo o mundo, da disposici\u00f3n, case un cento de anos antes que as Guerras C\u00e1ntabras, do asedio a Numancia, e da cadea de campamentos romanos ao redor da cidade. Pero desco\u00f1ec\u00eda que ese patr\u00f3n se sucedera, con frecuencia, e case cunha claridade incrible, nos montes c\u00e1ntabros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_4_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Entre os sitios dos que falou Peralta estaba o Monte Bernorio, a escasos quil\u00f3metros de Aguilar de Camp\u00f3o. Neste lugar, as evidencias arqueol\u00f3xicas ofreceron un dos campos de combate decisivos das Guerras C\u00e1ntabras e o ataque ao norte e noroeste peninsular. De feito, a teor\u00eda dos diferentes investigadores que traballaron no Bernorio \u00e9 que este puido ser o punto de partida do avance do Imperio Romano. De feito, se un revisa desde Google Earth a \u00e1rea, p\u00f3dese apreciar como efectivamente, Bernorio est\u00e1 na v\u00eda natural entre a meseta e o Cant\u00e1brico, \u00e9 o punto clave. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Estruturas defensivas do oppidum<\/em><\/p>\n<p>Paseamos por este monte, que agocha un gran oppidum de 13 hect\u00e1reas. Aqu\u00ed est\u00e1n, nunha paisaxe relativamente ben preservada, os restos do asedio e da batalla final que rematou con este lugar. O monte hoxe \u00e9 un espazo plano, barrido dos ventos; as cabanas dos c\u00e1ntabros eran de madeira, ramallo e adobe. Cando os romanos conseguiron entrar queimaron todo e a pallabarro coceuse. A\u00ednda hoxend\u00eda podes atopar os anacos das casas de aquelas familias, bravas e desesperadas combatentes, convertidas en informes anacos de cer\u00e1mica do incendio final, e non podes menos que sobrecollerte. O vento barre Bernorio. O vento barre Bernorio e vemos ao lonxe todo o escenario dos tremendos acontecementos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>El Castillejo desde a muralla do Bernorio, no flanco atacado polo Ex\u00e9rcito Romano. <\/em><\/p>\n<p>Al\u00f3, do outro lado da veiga, \u00e9rguese o Castillejo, o campamento romano m\u00e1is grande que existe en Europa, con capacidade para resgardar d\u00faas lexi\u00f3ns. Desde al\u00ed, moi probablemente, observou este lugar unha das personaxes m\u00e1is decisivas da Historia universal, o emperador Octavio Augusto, que comandou as tropas lexionarias durante os primeiros tempos da intervenci\u00f3n militar. Unha campa enorme separa o Castillejo do Monte Bernorio, pero s\u00f3 est\u00e1 alterada polos cultivos actuais. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos conseguiron reconstru\u00edr con relativa facilidade, e sen escavar todo o oppidum, como sucederon os feitos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Reconstruci\u00f3n do ataque final por Torres-Mart\u00ednez, Jes\u00fas F., Serna Gancedo, Alis, Dom\u00ednguez-Solera, Santiago D.<br \/>\n<\/em><br \/>\nSe cadra foi un d\u00eda, a iso das tres ou catro da ma\u00f1\u00e1. En silencio, no campamento romano, os soldados bicaron os manes dos seus devanceiros, soterraron no campo baixo as tendas as moedas que levaban atesourando por se pasaba algo, os centuri\u00f3ns comezaron a organizar as columnas; hab\u00eda fr\u00edo, a fresca da ma\u00f1\u00e1, as herbas conxeladas rozando a tosca pel lexionaria, entrando a xiada entre as fendas das caligae. As lexi\u00f3ns sa\u00edron do Castillejo, avanzaron en direcci\u00f3n oeste, e algo de sol comezaba a apuntar tralos \u00faltimos montes c\u00e1ntabros. De s\u00fapeto soou un corno. Soou outro. Escoit\u00e1ronse voces de formaci\u00f3n. Un mundo de bravos guerreiros comezou a urrar tralas murallas, escoit\u00e1ronse m\u00e1is cornas, apareceron uns xenetes de escaramuza que bateron contra as primeiras cohortes. Comezou o suor, o po, a dor, a confusi\u00f3n, outra vez. E cargar, cargar, avanzar, como tantas outras veces, ata que o c\u00e9o volveuse pardo e din\u00e1mico de frechas nunha ida e volta, e o ferro converteuse en extremidade. Os xenerais sinalaron o punto de ataque, o flanco m\u00e1is vulnerable de Bernorio. Al\u00ed se concentrou o ataque final, entre insultos e laios en vinte linguas, mentres se iniciaban as primeiras li\u00f1as do \u00faltimo cap\u00edtulo dunha \u00e9poca da historia da pen\u00ednsula ib\u00e9rica. <\/p>\n<p>Os equipos atopan todo tipo de armamento romano e ind\u00edxena estrado polo campo de batalla, especialmente concentrado contra a muralla, al\u00ed onde se provocou o asalto final. Bernorio hoxe, ermo, solitario; os veci\u00f1os saben que al\u00ed houbo un castro, pero desco\u00f1ecen a historia real do que al\u00ed aconteceu. O cat\u00f3lico rom\u00e1nico sobreponse en cartos e promoci\u00f3n -todo \u00e9 ideolox\u00eda- sobre as masacres humanas que remataron coa Idade do Ferro no norte de Hispania. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_4_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bernorio_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero desde o punto de vista cient\u00edfico, Bernorio garda algo m\u00e1is. A\u00ednda que as \u00faltimas intervenci\u00f3ns est\u00e1n mudando esta interpretaci\u00f3n, polo de agora os arque\u00f3logos pensan que tralo gran incendio que rematou con Bernorio, os romanos implementaron un <em>castellum<\/em>, unha fortificaci\u00f3n de control, no punto m\u00e1is alto do oppidum. Durante as Guerras C\u00e1ntabras repetiron este proceso tam\u00e9n noutros <em>oppida<\/em> ind\u00edxenas, e se cadra nesta decisi\u00f3n tam\u00e9n hab\u00eda algo simb\u00f3lico, algo de propaganda. O castellum non se parece nada ao concepto que temos de campamento romano, pero non hai que ser r\u00edxidos: polos diferentes campamentos localizados, por exemplo, en Asturias, s\u00e1bese que durante as campa\u00f1as militares o m\u00e1is relevante dos campamentos \u00e9 a s\u00faa defensa. O castellum de Bernorio non \u00e9 regular. Hai unha muralla de pedra grande e un estra\u00f1o edificio de funci\u00f3n non moi determinada nun estremo, e o interior aparece baleiro, ou aparentemente baleiro. En teor\u00eda, no interior, segundo revelou o gradi\u00f3metro, hai plantas de construci\u00f3ns rectangulares, como barrac\u00f3ns. As \u00faltimas campa\u00f1as avanzan que \u00e9 posible que no exterior do <em>castellum<\/em> houbese alg\u00fan tipo de poboaci\u00f3n auxiliar. <\/p>\n<p>Bernorio puido ser o primeiro punto de impacto da campa\u00f1a que rematar\u00eda cos c\u00e1ntabros, astures e galaicos, pero desde logo non foi o \u00faltimo. A conquista do norte peninsular foi dif\u00edcil, longa e, seguramente, debeu ser moi dram\u00e1tica, e mesmo moi distinta entre si; especialmente pola orograf\u00eda, que \u00e9 distinta entre a Gallaecia e a Cordilleira Cant\u00e1brica. O legatus Publio Carisio asumiu parte do ex\u00e9rcito para afrontar a conquista da Gallaecia e aqu\u00ed as cr\u00f3nicas de s\u00fapeto enmudecen, como ben sabedes. A\u00ednda que ultimamente, xa saben, \u00e1 terra d\u00e9uselle por falar e \u00e9 moi posible que a\u00ednda fale moito m\u00e1is nos vindeiros meses. <\/p>\n<p>Estou no Monte Bernorio. As nubes est\u00e1n pesadas, vai fresco pero non \u00e9 desapacible. Hai un silencio monumental aqu\u00ed; deberiamos escoitar coches polo val, cami\u00f3ns subindo pola autoestrada, tractores nos campos. <\/p>\n<p>Pero aqu\u00ed hai silencio coma nun camposanto. <\/p>\n<p><strong>Para saber m\u00e1is:<\/strong> Torres-Mart\u00ednez, Jes\u00fas F., Serna Gancedo, Alis, Dom\u00ednguez-Solera, Santiago D.: &#8220;El ataque y destrucci\u00f3n del oppidum de Monte Bernorio (Villar\u00e9n, Palencia) y el establecimiento del castellum romano&#8221;, in HABIS 42 (2011) 127-149. Universidad de Sevilla.  [<a href=\"http:\/\/independent.academia.edu\/JesusFranciscoTorresMart%C3%ADnez\/Papers\/1282513\/The_attack_and_destruction_of_Monte_Bernorio_oppidum_and_the_establishment_of_a_Roman_castellum._El_ataque_y_destruccion_del_Oppidum_de_Monte_Bernorio_Villaren_Palencia_y_el_establecimeinto_del_Castellum_romano_\">Consultar en PDF<\/a>]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non o sabe case nin a xente de Aguilar de Camp\u00f3o, pero nesta erma meseta de 13 hect\u00e1reas finalizou a Idade do Ferro na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/05\/25\/silencio-no-alto-do-monte-bernorio\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Silencio no alto do Monte Bernorio<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20850,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,8],"tags":[],"class_list":["post-20842","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20842","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20842"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20842\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20850"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20842"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20842"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20842"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}