{"id":20713,"date":"2012-05-08T21:03:17","date_gmt":"2012-05-08T19:03:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20713"},"modified":"2012-05-18T21:19:28","modified_gmt":"2012-05-18T19:19:28","slug":"pagans-e-neopagans-en-adai","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/05\/08\/pagans-e-neopagans-en-adai\/","title":{"rendered":"Pag\u00e1ns e neopag\u00e1ns en Adai"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai un bosque que parece perdido no medio dunha paraxe finlandesa, pero estamos nas proximidades de Lugo, cruzando o Mi\u00f1o cara o oeste. Cando cae o solpor, os raios rebotan nos penedos e croios de seixo que ateigan o lugar. E no medio do bosque, este estra\u00f1o c\u00edrculo perceptible desde o aire, case como un <em>crop circle<\/em> da campi\u00f1a inglesa, pero autenticamente f\u00edsico.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 o castrill\u00f3n de Adai. Unha estrutura circular, un parapeto rodeado de foxo e un interior de escaso di\u00e1metro, ubicado nunha ladeira que desce lenemente. Ningu\u00e9n sabe precisar cal \u00e9 a cronolox\u00eda nin a s\u00faa funci\u00f3n. Felipe Arias, director do Museo de Viladonga, fala dunha estrutura de control viario de \u00e9poca romana; Manuel Santos, autor do estudo m\u00e1is amplo ata o momento -que eu co\u00f1eza- sobre Adai, non se atreve a aventurar unha funci\u00f3n, pero non deixa de chocarlle a proximidade tan inmediata aos outros elementos, fascinantes, que se dispersan entre os inmediatos bosques e prados. A min rec\u00f3rdame a algunha castronela altomedieval (cada un mira desde a s\u00faa \u00f3ptica, est\u00e1 claro), pero a disposici\u00f3n \u00e9 algo estra\u00f1a tam\u00e9n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha veta de seixo percorre aparentemente este monte de pi\u00f1eiros de car\u00e1cter alpino; o interior do castrill\u00f3n est\u00e1 cheo destes materiais, que brillan e parecen cobrar vida neste solpor. Paseamos por Adai, sen a documentaci\u00f3n que lin sobre o que hai neste lugar, guiados polo instinto. Subimos a unha gran peneda. Vela\u00ed atopamos f\u00edas de covi\u00f1as artificiais decorando o lombo da laxe. Hai un enorme silencio. Cruzamos un prado dilatado ata onde o meu wikiloc me indica que est\u00e1 o elemento m\u00e1is relevante deste conxunto. Nun bosquete, na parte de abaixo dunhas laxes, atopamos un dos petr\u00f3glifos m\u00e1is estranos de cantos hai en Galicia. Non hai cami\u00f1o para chegar a el: s\u00f3 coordenadas, valados que hai que saltar, e intuici\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>18 grandes furados perforan unha laxe cunha lixeira inclinaci\u00f3n. Estes furados, grandes como postes, est\u00e1n conectados entre si por un suco entre aqueles da zona superior. Entre todos conforman unha sorte de estrutura navicular de grandes dimensi\u00f3ns. E no centro, gravada na pedra, unha segunda estrutura, case cadrangular, na que unha p\u00eda redonda con\u00e9ctase con outra oblonga e case cadrangular. \u00c9 todo tan estra\u00f1o que te deixa cismando. Pero o fascinante \u00e9 a estra\u00f1a conexi\u00f3n temporal que se produce a\u00ed. Con sorpresa descubrimos que no interior deste espazo algu\u00e9n compuxo unha ofrenda. Hai unha vela, unha cunca baleira, un ramo de flores. A ofrenda levar\u00eda a penas uns d\u00edas deitada no centro desta laxe. <\/p>\n<p>Como digo, hai un silencio tremendo; aos p\u00e9s da laxe, m\u00e1is seixo amoreado, refulxindo no lusco fusco. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podes ver o espazo en tridimensional con Photosynth. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/photosynth.net\/embed.aspx?cid=06402168-aa0b-4daf-97ea-dd649a6e4661&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"420\"><\/iframe><\/p>\n<p>Que raio \u00e9 isto? Sen d\u00fabida, o petr\u00f3glifo m\u00e1is estra\u00f1o que co\u00f1ezo. Na abstracci\u00f3n, na distancia establecida cos petr\u00f3glifos, est\u00e1 a clave da s\u00faa incomunicaci\u00f3n. Pero acontece algo curioso. Nos grandes petr\u00f3glifos abstractos, laber\u00ednticos, deste pa\u00eds, a mensaxe est\u00e1 furtada: comun\u00edcanse de ti coma os susurros dun vello que non das comprendido por moito que te esforzas. Est\u00e1n a\u00ed, son perceptibles, pero s\u00f3 a t\u00faa imaxinaci\u00f3n acada a comprensi\u00f3n da simbolox\u00eda de covi\u00f1as, labirintos, espirais vinculados entre si ao longo de todo o occidente atl\u00e1ntico. <\/p>\n<p>Sen embargo, en Adai, a percepci\u00f3n \u00e9 distinta. A min, cando menos, recr\u00e9aseme unha estra\u00f1a arquitectura. O petr\u00f3glifo parece querer ser tridimensional, converterse nunha estrutura que se ergue, como se o que viramos fora unha pranta dun espazo que nalg\u00fan momento ergueuse no medio destes bosques. Unha cabana de 18 postes (querer\u00e1n dicir algo ese n\u00famero, o 18?) cun espazo interior delimitado e central no que d\u00faas p\u00edas establecen ese di\u00e1logo que parece presidir moitas das estruturas rituais do noroeste: todo fl\u00fae e todo se comunica entre un espazo e outro. Co\u00f1ezo algunha amiga arquitecta que estar\u00eda encantada con este espazo. <\/p>\n<p>Estamos a igual distancia que doutros moitos petr\u00f3glifos, atrapados na especulaci\u00f3n e nos significados err\u00e1ticos, pero aqu\u00ed \u00e9 doutro xeito. Na forma navicular -que non me deixou de recordar, simplemente de xeito l\u00fadico, a daquelas cabanas antiqu\u00edsimas de 11 metros de longo que est\u00e1n a aparecer nos poboados calcol\u00edticos por toda Galicia, xa que entre aquelas e este petr\u00f3glifo sep\u00e1ranse miles de historias e anos-, na disposici\u00f3n, amplitude e profundidade dos furados, na conexi\u00f3n entre alg\u00fans deles, na misteriosa forma case rectangular que no seu interior define a \u00e1rea das p\u00edas. <\/p>\n<p>O que me resulta m\u00e1is chamativa \u00e9 a <em>interpretatio<\/em> do monumento. As tres coidadas ofrendas revelan que algu\u00e9n xa lle atribuiu a este espazo unha dimensi\u00f3n sagrada, neopag\u00e1. Debera eu dicir <em>neopag\u00e1<\/em>? Certamente o termo soa demasiado urbanita, demasiado distanciado das pr\u00e1cticas galegas: tan definitorio, tan maniqueo, tan separador, tan alleo \u00e1 propia cultura popular do pa\u00eds. Pag\u00e1, dis? Non sei quen cre neste espazo para comunicarse cunha divinidade, pero o sorprendente \u00e9 que non me estra\u00f1a en absoluto, igual que os panos colgados das \u00e1rbores ou as espectrais figuras de cera dos ofrecidos. Neo? Paleo? Ser\u00e1 importante iso aqu\u00ed? Inter\u00e9sanme moito estes fen\u00f3menos da modernidade, de como nos apropiamos simbolicamente destes espazos e lles damos un valor relixioso. Se por casualidade alg\u00fan de v\u00f3s le este texto, gustar\u00edame co\u00f1ecer como interpretades este espazo, por favor, escrib\u00eddeme. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/adai_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Quen v\u00e9n dese\u00f1ou un <em>portal\u00e9n<\/em> algo m\u00e1is al\u00e1, no outeiro de pedra. Teceu un tellado entre d\u00faas pedras que constit\u00faen unha pequena cabana, ou un pequeno paso. Quen chegou aqu\u00ed, est\u00e1 reconstru\u00edndo o espazo. \u00c1rdeme a curiosidade por co\u00f1ecer como se interpreta este espazo desde a modernidade, polas xentes que aqu\u00ed ve\u00f1en con discreci\u00f3n. E si, este ritual \u00e9 moi <em>moderno<\/em>, pola sinxela raz\u00f3n de que se fai desde o presente. <\/p>\n<p>Mov\u00e9monos de vagar por Adai, porque hai que marchar e non queremos. Faltan un par de elementos por descubrir entre estes penedos. Outro d\u00eda volveremos a reco\u00f1ecelos. A chaira parece delimitada por espazos de fronteira. E, coma sempre, nestes lugares, parece que est\u00e1s a punto de entendelo e non o das feito. <\/p>\n<p>Decididamente, agora \u00e1 noite, estes seixos sementados entre a tundra luguesa, brillan moito. <\/p>\n<p>Visitade o lugar. A s\u00faa interpretaci\u00f3n \u00e9 complexa, case imposible, sen m\u00e1is datos. Pero a\u00ed est\u00e1 o seu engado.<\/p>\n<p><strong>Para saber m\u00e1is:<\/strong><\/p>\n<p>Santos Est\u00e9vez, Manuel: <em>Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la pen\u00ednsula Ib\u00e9rica<\/em> [<a href=\"http:\/\/digital.csic.es\/handle\/10261\/37908\">ver PDF desde a p\u00e1xina 156<\/a>]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun bosque pr\u00f3ximo a Lugo, lev\u00e1ntase un intrigante conxunto de vestixios arqueol\u00f3xicos de diferente forma e condici\u00f3n. O sorprendente \u00e9 que hoxend\u00eda levan unha discreta vida cultual. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/05\/08\/pagans-e-neopagans-en-adai\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Pag\u00e1ns e neopag\u00e1ns en Adai<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20714,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-20713","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20713","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20713"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20713\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}