{"id":20671,"date":"2012-04-30T20:10:53","date_gmt":"2012-04-30T18:10:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20671"},"modified":"2012-05-08T21:03:54","modified_gmt":"2012-05-08T19:03:54","slug":"o-cocidazo-de-casa-villar-na-fonsagrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/30\/o-cocidazo-de-casa-villar-na-fonsagrada\/","title":{"rendered":"O cocidazo de Casa Villar, na Fonsagrada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Imos ver: como xa dixen o outro d\u00eda, cocidos hai moitos. Bos, alg\u00fans. Espectaculares, moi poucos, a\u00ednda que cada un de n\u00f3s ten a s\u00faa selecci\u00f3n. <\/p>\n<p>Na mi\u00f1a, o cocido que fai a se\u00f1ora Obdulia en Casa Villar, unha discreta taberna na Parada Vella (A Fonsagrada) \u00e9 o mellor dos que te\u00f1o probado. As\u00ed de claro volo conto. Lev\u00e1ronnos al\u00f3 os amigos mari\u00f1aos, que todos os anos fan al\u00f3 unha <em>cocidada<\/em> espectacular. E por moitos motivos. O primeiro, o gozoso cami\u00f1o ata a Fonsagrada, entre outeiros e carballeiras, claro. O segundo, a impresionante calidade dos produtos. O terceiro, as cocci\u00f3ns, inmaculadas, servidas sen presa ningunha. O cuarto, os postres, tan importantes (ou m\u00e1is) para Obdulia que o propio cocido. E o quinto: o magn\u00edfico traballo como barista de Jos\u00e9 Manuel Portela, o seu fillo. Pero imos por partes. E vaia partes!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na Fonsagrada o cocido non se anda con historias. Aqu\u00ed s\u00f3 \u00e9 de porco: nin gali\u00f1a, nin vac\u00fan, nin polo, nin nada. Uns magn\u00edficos porcos do territorio, que me fan dar a risa con isto do &#8216;quil\u00f3metro cero&#8217;. En Galicia, moitas casas de comidas te\u00f1en non quil\u00f3metro, sen\u00f3n metros. Debera haber restaurantes &#8217;50 metros&#8217; ou restaurantes &#8216;100 metros&#8217;. E alg\u00fan mesmo ser\u00e1 restaurante cinco metros. Os amigos que nos convidaron a esta celebraci\u00f3n da vida fan unha excepci\u00f3n: na Fonsagrada a tradici\u00f3n seica non sirve sopa do cocido antes do cocido pero eles piden caldo, e \u00e9 un caldo glorioso, delicioso, de verza, do que dan ga\u00f1as de repetir platos se non temeras o que logo vai vir&#8230;<\/p>\n<p>Deliciosas carnes, a verdura, xenos, refogada e quente, o chourizo e a chanfaina -que na Fonsagrada se fac\u00eda antes con carnes de segunda e pel, a diferencia doutras partes de Lugo, onde se lle botaban as v\u00edsceras, os pulm\u00f3ns&#8230;-, o botelo, a excelente cacheira, o lac\u00f3n&#8230;<\/p>\n<p>-C\u00f3melle o negro -instr\u00fae To\u00f1o sinalando o interior da cacheira, al\u00f3 onde se concentra todo o mellor do sabor do porco. <\/p>\n<p>Os cocidos, prolongados no tempo, son un <em>in crescendo<\/em> sonoro, conforme os bafos, os vi\u00f1os e a \u00e1nima cal\u00f3rica do su\u00eddo van facendo efecto. Pouco a pouco o sentimento \u00e9 de liberaci\u00f3n colectiva e hai quen, m\u00e1is ou menos discretamente, abandona a sala en direcci\u00f3n ao segredo que garda Casa Villar. O resto non. O resto qued\u00e1monos ao que vai vir, que non \u00e9 menor. O arsenal doce da se\u00f1ora Obdulia, que entra e sae da sala como todas estas grandes mulleres da coci\u00f1a luguesa: inmensas, cari\u00f1osas, abrazando ao persoal. E aqu\u00ed chega: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A bater\u00eda de postres remata con ese espectacular final: a tarta da Fonsagrada. Unha desas xoias da nosa gastronom\u00eda, moi pouco co\u00f1ecidas. Tr\u00e1tase dunha tarta, digamos, certamente cal\u00f3rica: feita a partir de manteiga e am\u00e9ndoas. Miranda com\u00e9ntame que posiblemente proceda de Su\u00edza, onde emigraron moitos fonsagradinos ao longo do s\u00e9culo XX. Esta bomba doce -que \u00e9 riqu\u00edsima- moi posiblemente ve\u00f1a dalg\u00fan cant\u00f3n alpino, pero te\u00f1o certa impresi\u00f3n de que soubo adaptarse moi ben \u00e1 casu\u00edstica da Monta\u00f1a luguesa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Rendidos e emocionados, agradec\u00e9moslle esta festa da vida a Obdulia, esta matrona monta\u00f1esa de aires inconfundiblemente galaicos. Como todas as comidas ben feitas, a sensaci\u00f3n \u00e9 de desborde e contenci\u00f3n a un tempo: a coci\u00f1a est\u00e1 tan ben preparada que ao cabo de d\u00faas horas a proba pantagru\u00e9lica est\u00e1 separada pero o recordo xa non marcha nunca. Pero a\u00ednda queda o mellor. <\/p>\n<p>Jos\u00e9 Manuel Portela, o fillo de Obdulia, \u00e9 Campi\u00f3n Galego de Baristas. Contan que cando se fixo co t\u00edtulo, algu\u00e9n lle comentou que o poder\u00edan contratar nalg\u00fans dos bos locais hosteleiros de Galicia. <\/p>\n<p>-Eu xa te\u00f1o unha taberna nunha aldea da Fonsagrada -dixo el, razoablemente cheo de sentido. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cocido_villar_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Portela traballa durante a semana para Caf\u00e9s Candelas: viaxa por Espa\u00f1a e Portugal ensin\u00e1ndolles aos donos dos bares a facer bos caf\u00e9s co produto de Candelas e que non esghracien o nome da marca. Pola fin de semana volve a Parada Vella e s\u00edrvelles aos paisanos, aos cazadores, aos labregos, aos m\u00e9dicos rurais, aos peregrinos cheos de fr\u00edo, aos viaxantes de roupa interior, aos gandeiros do vac\u00fan m\u00e1is aireado do pa\u00eds selectos e delicados caf\u00e9s, que non se poden degustar doadamente nas cidades m\u00e1is grandes de Galicia. Viaxa a M\u00e9xico para conseguir mesturas especiais e manexa unha impresionante carta de 40 ou 50 referencias de xenebra para facer uns gintonics de absoluta altura. Elementos absolutamente diferenciais doutras casas cocideiras do pa\u00eds, onde o apartado l\u00edquido, en xeral, acumula deficiencia tras deficiencia.  <\/p>\n<p>O cocido en Casa Villar custa 26 euros. Hai que reservar en fins de semana cun ano de antelaci\u00f3n, non \u00e9 broma. E s\u00f3 se prepara o cocido para grupos. Tel\u00e9fono: 982 354 053 \/ <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;msa=0&#038;ll=43.078042,-7.174308&#038;spn=0.009733,0.022724\">Localizaci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na aldea de Parada Vella, na Fonsagrada, prep\u00e1rase un dos mellores cocidos de Galicia. Pero, adem\u00e1is, \u00e9 un cocido con varios &#8216;pluses&#8217; que o fan a\u00ednda m\u00e1is espectacular. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/30\/o-cocidazo-de-casa-villar-na-fonsagrada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O cocidazo de Casa Villar, na Fonsagrada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20672,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-20671","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20671"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20671\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20671"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}