{"id":20630,"date":"2012-04-25T23:51:38","date_gmt":"2012-04-25T21:51:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20630"},"modified":"2012-04-30T20:13:03","modified_gmt":"2012-04-30T18:13:03","slug":"san-vitor-de-barxacova-eremitas-pouco-solitarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/25\/san-vitor-de-barxacova-eremitas-pouco-solitarios\/","title":{"rendered":"San V\u00edtor de Barxacova: os baleiros habitados"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_vitor_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>San Lourenzo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Na escasa presenza de escavaci\u00f3ns sobre a Idade Media galega [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;msa=0&#038;ll=42.374961,-7.502407&#038;spn=0.004922,0.011362&#038;iwloc=0004be71ec3b3814cec31\">localizaci\u00f3n<\/a>] unha luz prendeuse hai poucos anos. No concello de Parada de Sil, un equipo mozo de arque\u00f3logos afrontaba a escavaci\u00f3n do San V\u00edtor, un peculiar enclave sobre o r\u00edo Mao, en plena Ribeira Sacra. A responsable do proxecto de investigaci\u00f3n era a profesora da Universidade de Vigo Bea Comendador, o arque\u00f3logo director Eduardo Breog\u00e1n Nieto e V\u00edctor Rodr\u00edguez como responsable da investigaci\u00f3n documental. O equipo levou a cabo non s\u00f3 unha interesante tarefa cient\u00edfica, sen\u00f3n tam\u00e9n un importante labor de difusi\u00f3n que se recolle <a href=\"http:\/\/sanvitordebarxacova.wordpress.com\/\">nun blog no que se detalla a vida do proxecto<\/a>. <\/p>\n<p>Fun a San V\u00edtor un pouco en plan centella; quer\u00eda ter ido con m\u00e1is tempo e conversar cos arque\u00f3logos, pero \u00e1s veces a vida colle forma de m\u00e1is por si mesma. Por\u00e9n, a curiosidade puidonos e acheg\u00e1monos ata o lugar. \u00c9 un fermoso paseo pola ribeira de Parada do Sil. Hai que deixar o coche nas portas da alde\u00ed\u00f1a de San Lourenzo, que v\u00e9n precedida dunha fascinante adega medieval, e a partir de a\u00ed dar un vizoso paseo por un pequeno cami\u00f1o que leva ata o San V\u00edtor. Indubidablemente sabes que est\u00e1s a\u00ed, porque el mesmo se presenta no horizonte. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_vitor_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Onde hoxe hai un penedo, hai s\u00e9culos houbo un templo de singular adoraci\u00f3n. As s\u00faas orixes seguen a ser un misterio. O achado dalgunhas pezas cer\u00e1micas aparentemente romanas puxo en garda ao equipo arqueol\u00f3xico no seu momento, pero ata agora s\u00f3 son indicios non comprobables dunha ocupaci\u00f3n moi vella, a dun antigo punto de avistamento sobre o can\u00f3n do r\u00edo Mao (non sei se a visi\u00f3n do equipo cambiou algo na \u00faltima campa\u00f1a niso). Por fronte do San V\u00edtor, outro penedo brila ao sol, e ch\u00e1manlle o Castelo. Ben me co\u00f1ezo estas parellas gran\u00edticas, non encaixar\u00eda nada mal. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_vitor_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero o que hai \u00e9 outra cousa, con certa emoci\u00f3n. Nesta aparente soedade, en ladeiras a pico, durante s\u00e9culos houbo xente que decidiu soterrarse. Atra\u00eddos por unha idea, por unha sombra, por unha figura mitol\u00f3xica coma o San V\u00edtor, labraron aqu\u00ed tumbas na rocha, orientadas no percorrido do sol pero tam\u00e9n en relaci\u00f3n \u00e1 capela -como se esta fora un im\u00e1n-, destinadas a durmir por s\u00e9culos. A densidade \u00e9 tal que cando gabeas ata o alto do penedo, onde estivo no seu tempo a capela que administraron os monxes de San Lourenzo da Barxacova, atopas siluetas humanas en todas partes. Est\u00e1n contabilizadas unhas 35 a d\u00eda de hoxe. Estas tumbas na rocha sempre me fascinaron. Especialmente o que ten que ver co seu morbo de pareceren ser feitas a medida. Imax\u00ednome a escena, nun d\u00eda coma hoxe, hai mil cen anos; unha muller est\u00e1 deitada na rocha, algu\u00e9n mide a s\u00faa envergadura; coma unha persoa sen sombra queda, a s\u00faa silueta marcada polo canteiro, que logo a reproducir\u00e1, en negativo, na pedra, preparada para depositarse al\u00ed ata a Resurecci\u00f3n dos Mortos. Pregunteime a min mesmo como se desenvolver\u00eda a escena da medici\u00f3n. &#8220;Con toda naturalidade&#8221;, conclu\u00edn, igual que os nosos vellos falaban dos seus sartegos de madeira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_vitor_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero San V\u00edtor induce a outra clave, e as\u00ed o revelan os traballos e as investigaci\u00f3ns de Eduardo e V\u00edctor; a nosa idea rom\u00e1ntica dos eremitorios pasa polas soedades, os territorios abandonados, onde un grupo de beatos procura o encontro coa divinidade; esa visi\u00f3n becqueriara, rom\u00e1ntica, pode estar bastante lonxe da realidade. Ver os mundos actuais pouco ten que ver cos pasados, hai que andar coon coidado. O que hoxe nos parece solitario, antes era un mundo de cami\u00f1os, casas fumegantes, greas humanas despraz\u00e1ndose. E este ni\u00f1o de aguias na ladeira de Barxacova ti\u00f1a moito que ver coas v\u00edas de comunicaci\u00f3n e cun mundo moito m\u00e1is vivo do que imaxinamos. O deserto antes era bosque, igual que o bosque actual ser\u00e1 deserto dentro de mil anos. Cambian as l\u00f3xicas de poboamento, os recursos necesarios, e os paisaxes desaparecen. O equipo pensa que nas proximidades do San V\u00edtor puido ter existido un asentamento, a\u00ednda que a s\u00faa localizaci\u00f3n \u00e9 complexa. <\/p>\n<p>D\u00e1me o sol en San V\u00edtor mentre repaso unha moleskine que algu\u00e9n deixou agachada ou compartida entre as fisgas do gran penedo da capela. D\u00e1me pudor reproducir algunhas das p\u00e1xinas, pero vexo a fieira de tumbas. A\u00ednda non est\u00e1 moi aclarado -ou cando menos eu non o sei- que crenza cultural hai detr\u00e1s destes sartegos escavados na rocha, por que escoll\u00edan este xeito de enterramento, porque as culturas ib\u00e9ricas mudaron, nun momento determinado entre a tardoantig\u00fcidade e a Alta Idade Media, o xeito no que eran soterradas. Seguro que Eduardo e V\u00edtor te\u00f1en algunha teor\u00eda ao respecto, pero a s\u00faa visi\u00f3n insp\u00edrame unha idea: estas tumbas <em>pr\u00eat-\u00e0-porter<\/em>, cubertas de sombras, son case as persoas que al\u00ed estiveron. Non deixa de ser abraiamente que, malia sabermos moi pouco, sosp\u00e9itase que no tempo da necr\u00f3pole de Barxacova, as aldeas galegas estaban constru\u00eddas basicamente con madeira: casas que o tempo devora. Os sartegos, pola contra, duran miles de anos. Arqueoloxicamente, son espazos moi parcos, nos que se atopan moi poucas cousas. Pero o fascinante \u00e9 que, o que se atopa, visto desde aqu\u00ed, \u00e9 a sombra da humanidade, un aut\u00e9ntico negativo dos tempos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_vitor_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao ollalas, lembrei as moitas tumbas rupestres que te\u00f1o visto nas mi\u00f1as andainas altomedievais do pa\u00eds, como estas de Recesende (Castroverde). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/recesende_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/recesende_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nestes negativos humanos, hai algo case da antiga mensaxe cristi\u00e1n coa que foron feitas. Moitas delas, sempre as lembro, est\u00e1n cheas de follas de carballo, que se van acumulando de outono en outono. Cando choven, o sartego conv\u00edrtese nun estanque vexetal. Co tempo nacer\u00e1 unha \u00e1rbore. E cando iso aconteza, se cadra a tumba ter\u00e1 finalizada a s\u00faa tarefa. <\/p>\n<p>Un sitio arqueol\u00f3xico \u00e9 parte dunha secuencia. Un sitio arqueol\u00f3xico \u00e9 un lugar de inspiraci\u00f3n. Barxacova deixoume pensando moito; poucos d\u00edas despois, lembrei unha conversa cun vello patr\u00f3n, subimos unha monta\u00f1a, atravesamos unha selva, e mirei un espazo antes percorrido con ollos novos barxacovianos. E tivo un sentido que antes non ti\u00f1a. Ti\u00f1a sentido, de feito. Illamento vs. Comunicaci\u00f3n. Privacidade vs. Visibilidade. Barxacova. <\/p>\n<p>Ata que, f\u00f3ra daquela xungla, pero a escasos metros, escoitei unha voz que me chamaba con certa excitaci\u00f3n. <\/p>\n<p>&#8211;<em>Manolovenaqu\u00ed<\/em>. <\/p>\n<p>E a Historia volveu comezar. <\/p>\n<p>Pero antes, a\u00ednda hei de volver a Barxacova. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A interesant\u00edsima necr\u00f3pole medieval de San V\u00edtor de Barxacova cambia os nosos conceptos rom\u00e1nticos do monacato da Ribeira Sacra. Nin tan lonxe, nin tan solitario. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/25\/san-vitor-de-barxacova-eremitas-pouco-solitarios\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">San V\u00edtor de Barxacova: os baleiros habitados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20635,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-20630","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20630","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20630"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20630\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20635"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20630"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20630"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20630"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}