{"id":20553,"date":"2012-04-20T20:52:35","date_gmt":"2012-04-20T18:52:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20553"},"modified":"2012-04-25T23:52:42","modified_gmt":"2012-04-25T21:52:42","slug":"os-secretos-de-monte-louro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/20\/os-secretos-de-monte-louro\/","title":{"rendered":"Un enigma no alto de Monte Louro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: B.s. (<a href=\"http:\/\/beminvitados.blogspot.com.es\/2011\/11\/ai-da-saudade.html\">blog<\/a>)<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao blog <em><a href=\"http:\/\/beminvitados.blogspot.com.es\">Bem Invitados<\/a><\/em> collinlle estas d\u00faas fotos que para min expresan o que sinto por Monte Louro: unha sorte de admiraci\u00f3n pola natureza que me queda clavado, coa vista fixa, cada vez que vexo isto, pero tam\u00e9n m\u00e1is cousas. A todos os palmeir\u00e1ns \u00e9 ver esta estampa natural e lembrar ao ghato de Monte Louro. <\/p>\n<p>Trat\u00e1base dun destes gatos de vida independente que andaba por Palmeira. Seica uns pescadores do porto, pescando cabo do monte, viron o gato nos penedos e o deixaron pasar. Pero ese gato era un tipo moi especial, estremadamente intelixente. Ata o punto de que se met\u00eda nas coci\u00f1as de Palmeira e era capaz de levantar a tapa da pota na que se fac\u00eda o caldo para papar o unto! Non sei como o far\u00eda, pero a historia quedou ben gravada nos palmeir\u00e1ns: <\/p>\n<p>-Ese \u00e9 m\u00e1is listo que o ghato de Monte Louro! -dic\u00edase dos pillos. <\/p>\n<p>M\u00e1is al\u00e1 desta historia, a icona marabillosa do monte \u00e1 entrada da r\u00eda de Muros sempre me intrigou, tanto como me botou para atr\u00e1s a tupidez do seu manto de toxo. Pero Monte Louro garda no seu interior alg\u00fans segredos que est\u00e1n \u00e1 altura do para\u00edso natural que \u00e9. Afortunadamente, o concello ronzou un estreito corredor que permite percorrer os picos nun dos sendeiros naturais m\u00e1is fermosos e espectaculares que co\u00f1ezo. Pasear entre aquelas penedas, simplemente voando sobre o Oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico, coa lagoa de Xarfas clonando en terra as cores do c\u00e9o, \u00e9 unha experiencia que vos recomendo de xeito encarecido. A\u00ednda que, obviamente, hai pendente, faise de marabilla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A vista desde Monte Louro e o castro de Baro\u00f1a enfronte<\/em><\/p>\n<p>Pero Monte Louro garda moitos m\u00e1is secretos que as vistas. Alg\u00fan deles, especialmente intrigante. O amigo Elixio Vieites deunos o aviso de que efectivamente, coa ronzadura do sendeiro, se pod\u00eda acceder \u00e1s ru\u00ednas da capela da Magdalena, que estaba ubicada nun dos picos, e mesmo \u00e1 Garita, que estaba noutro. Obviamente, gui\u00e1banos a curiosidade por outro factor. <\/p>\n<p>Na <em>Historia Compostelana<\/em> de Xelm\u00edrez hai un dato clave na nosa historia das Rep\u00fablicas de Homes Libres. Os cronistas narran onde se colocaban os campamentos dos piratas normandos e musulm\u00e1ns (que naquel momento tam\u00e9n comezaron a incursionar na costa). Falan de varios puntos, como a Illa da Creba (no interior da r\u00eda) ou Monte Louro, como un aut\u00e9ntico refuxio pirata. Merc\u00e9 a iso circulaba a historia de que Fonseca decidiu constru\u00edr un castelo en 1520 para fortificar Monte Louro e pechar o punto para a instalaci\u00f3n dos campamentos piratas. Ese castelo -lin por algures- mesmo chegar\u00eda a ter 12 can\u00f3ns para a s\u00faa defensa. O punto de partida desta historia \u00e9 o libro <em>Historia de Muros y su distrito<\/em>, sospeito, pero non localicei por agora outras referencia documentais, que \u00e9 como unha serpe que se vai clonando de texto en texto (agradezo se algu\u00e9n ten m\u00e1is informaci\u00f3n ao respecto, ten que habela), e non sei a s\u00faa veracidade final. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que onde hab\u00eda un castelo de principios do XVI en Monte Louro?  <\/p>\n<p>Subimos polo estreito sendeiro, ascendendo entre unha exhuberante diversidade vexetal en direcci\u00f3n ao primeiro dos picos, onde estaban as hipot\u00e9ticas ru\u00ednas da capela. Pero antes de chegar ao cumio quedamos estra\u00f1ados: por baixo do cami\u00f1o percib\u00edanse os trazos dunha muralla de cachote. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ant\u00f3n Malde botouse a un lado e comezou a observar entre os toxeiros e os penedos que a muralla continuaba m\u00e1is al\u00f3. \u00c9 dicir, que era unha muralla, e non un desprendemento, e se pod\u00edan apreciar a regularidade do paramento exterior. Unha vista m\u00e1is comprensiva f\u00edxonos deducir que estabamos nunha terraza artificial: chea de toxo e moi dif\u00edcil de ver, pero vela\u00ed. E mirando para abaixo, parec\u00eda haber outra (que non chegamos a verificar). Seguimos subindo e volvimos cruzar outro muro soterrado ata chegarmos ata unha plataforma artificial rodeada por unha muralla que se pod\u00eda albiscar entre as xestas. Todo unha cachotada das cl\u00e1sicas das Rep\u00fablicas de Homes Libres. Na c\u00faspide, exactamente na c\u00faspide do Monte Louro, pola contra, chea de xestas, estaban as ru\u00ednas da capela: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A diferencia dos muros de abaixo, esta capela ti\u00f1a unha boa factura do XVI-XVIII. Un edificio moi pequeni\u00f1o pendurado dos ventos, cunha das vistas m\u00e1is incribles de toda Galicia, co mar convertido en soplos de ondas inmensas entrando na r\u00eda de Muros e os cumios do Barbanza, en gris e contraste, como lombos de xigantes durmindo. <\/p>\n<p>Seguimos de cami\u00f1o ata o pico da Garita, o m\u00e1is austral de Monte Louro. Ao baixarmos da capela, pola outra banda, volvimos reco\u00f1ecer as trazas de recintos e murallas que fortificaban aquel penedo. M\u00e1is adiante, polo estreito vieiro, efectivamente, al\u00ed tam\u00e9n estaba a Garita. Algunha pedra moi ben labrada permit\u00eda mesmo aventurar m\u00e1is a cronolox\u00eda, a finais do XVII-XVIII:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Desde al\u00ed viamos atr\u00e1s o Pico da capela, e podiamos reco\u00f1ecer a configuraci\u00f3n artificial, aterrazada, do castelo roqueiro do pico da Magdalena.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 unha fortificaci\u00f3n ese pico? Sen d\u00fabida. \u00c9 unha fortificaci\u00f3n roqueira galega cl\u00e1sica, de cronolox\u00eda medieval. Si, e temos evidencias. Na zona das murallas est\u00e1n cavados estes calzos: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monte_louro_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Que non se empregaban en \u00e9poca castrexa no pa\u00eds. Estes calzos son medievais (ent\u00e9ndase medieval nunha secuencia longa). A configuraci\u00f3n das li\u00f1as defensivas, pola contra, \u00e9 do m\u00e1is interesante. Como sempre me est\u00e1 acontecendo cando analizo as fortificaci\u00f3ns contra agresores externos, as terrazas defensivas, o esforzo monumentalizador, ori\u00e9ntase cara as zonas visibles da fortificaci\u00f3n. As d\u00faas ou tres li\u00f1as defensivas (\u00e9 imposible concretar m\u00e1is pola vexetaci\u00f3n) est\u00e1n contra a zona do actual pobo de Louro e excelente porto de recalada para embarcaci\u00f3ns. O castelo -que non figura catalogado como tal pola Xunta- est\u00e1 a\u00ed. <\/p>\n<p>Agora ben, \u00e9 a fortificaci\u00f3n de Fonseca? Iso \u00e9 o que menos nos encaixa, por agora. Se Fonseca empregou artiller\u00eda, como di esa fonte -hai que ter coidado, insisto- a fortificaci\u00f3n non pod\u00eda estar aqu\u00ed arriba, ou de pouco valer\u00eda. Deber\u00eda estar a p\u00e9 de porto ou nalg\u00fan sitio similar. Ten un castelo do s\u00e9culo XVI unhas murallas tan cutres como estas que viamos aqu\u00ed, de paramento en seco, mal cortadas e estruturadas, coma os cl\u00e1sicos castelos altomedievais que estamos acostumados a ver? Po\u00f1amos que por agora temos esa referencia documental e mante\u00f1\u00e1mola. Pero&#8230;<\/p>\n<p>Entre a <em>Historia Compostelana<\/em> de Xelm\u00edrez, do s\u00e9culo XII, que fala de Monte Louro como un ancestral e reiterado refuxio pirata, unha Illa Tartaruga, vamos, e a suposta fortaleza de Fonseca, median varios s\u00e9culos nos que non sabemos nada sobre as fortificaci\u00f3ns de monte Louro. Ser\u00eda constru\u00edda esta fortaleza (que ten prop\u00f3sitos claramente de interposici\u00f3n contra os piratas, xa que o cami\u00f1o real cara Carnota \u00eda terra adentro) durante alg\u00fan dos momentos m\u00e1is fortes de ataques normandos ou berberiscos? Quen a fixo? <\/p>\n<p>Monte Louro contin\u00faa mantendo o misterio, s\u00f3 que agora a\u00ednda m\u00e1is forte. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Monte Louro \u00e9, para min, un dos nosos emblemas naturais nacionais. Un lugar id\u00edlico que agacha secretos hist\u00f3ricos \u00e1 altura da s\u00faa fermosura. Un novo sendeiro permite co\u00f1ecelos.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/20\/os-secretos-de-monte-louro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un enigma no alto de Monte Louro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20555,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18,8],"tags":[],"class_list":["post-20553","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20553"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20553\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20555"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}