{"id":20478,"date":"2012-04-17T00:26:05","date_gmt":"2012-04-16T22:26:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20478"},"modified":"2012-04-20T20:53:53","modified_gmt":"2012-04-20T18:53:53","slug":"unha-nova-e-enorme-fortificacion-sen-catalogar-en-carnota-a-torre-dos-mouros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/17\/unha-nova-e-enorme-fortificacion-sen-catalogar-en-carnota-a-torre-dos-mouros\/","title":{"rendered":"Unha nova e enorme fortificaci\u00f3n sen catalogar en Carnota: a Torre dos Mouros"},"content":{"rendered":"<p><em>Lembra que podes ler este post escoitando a <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/user\/magago\/playlist\/6Jl5MlHm7N39gq1kIDrIFn\">banda sonora das Rep\u00fablicas de Homes Libres en Spotify<\/a>.<\/em><\/p>\n<p>Esta fin de semana foi un destes momentos nos que a pel se te pon de gali\u00f1a e te enches de emoci\u00f3n: pasado e presente \u00fanense de xeito violento e fermoso. Para min, nada ten m\u00e1is pracer que achegarme a un espazo desco\u00f1ecido, a un espazo no que todo est\u00e1 por descubrir, e se \u00e9 nun dos territorios m\u00e1is queridos do pa\u00eds moito m\u00e1is. Nun pa\u00eds cos montes totalmente abandonados como Galicia \u00e9 relativamente frecuente atopar novos petr\u00f3glifos sen catalogar. Pero o que non \u00e9 tan habitual \u00e9 atoparse unha espectacular fortificaci\u00f3n de m\u00e1is de d\u00faas hect\u00e1reas a\u00ednda sen figurar no Inventario do Patrimonio Arqueol\u00f3xico de Galicia. Isto pasounos no concello de Carnota, na parroquia de Lira. <\/p>\n<p>Os amigos da asociaci\u00f3n Parque Natural Monte Pindo levaban tempo sabendo da existencia dun &#8220;novo castro&#8221;. A cousa quedara a\u00ed. Pero o outro d\u00eda estaba eu no monte e recib\u00edn unha chamada de Xil Caama\u00f1o, o presidente da asociaci\u00f3n. <\/p>\n<p>-Acabo de estar co rapaz e agora consegu\u00edn ver as fotos e, o\u00edches, aqu\u00ed parece que hai un novo castro. Pero a min rec\u00f3rdame \u00e1s murallas do Pindo. <\/p>\n<p>Chimpei da impresi\u00f3n.<br \/>\n-En Lira?<br \/>\n-Si. Monte arriba. <\/p>\n<p>En canto cheguei \u00e1 casa abr\u00edn o Google Earth e repasei o territorio de Lira e a pista que desde al\u00ed conforma a senda verde que vai percorrendo as ladeiras do circo monta\u00f1oso onde se garda unha das maiores colecci\u00f3ns de petr\u00f3glifos de Europa -a\u00ednda sen co\u00f1ecer polo gran p\u00fablico. Co\u00f1ec\u00eda algo este espazo. <\/p>\n<p>Espera. <\/p>\n<p>Non todo. Que raio \u00e9 isto?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pasmei ao ver un monte chamado Garganta Grande ubicado xusto enriba das casas da parroquia de Lira. E nese monte, aparentemente ben delimitados, os restos de derrube dunhas grandes murallas que discorr\u00edan en paralelo cercando o alto do monte. Seguindo a divisoria das murallas, aparentemente os gandeiros ergueran unha serie de valados directamente aproveitando os muros do derrube. <\/p>\n<p>As casualidades fixeron que xusto neses d\u00edas contactara comigo Luis Cordeiro, un arque\u00f3logo mari\u00f1ao que est\u00e1 a elaborar o cat\u00e1logo de bens patrimoniais do novo PXOM de Carnota. Intercambiamos algo de informaci\u00f3n sobre o Monte Pindo e eu inmediatamente pregunteille por este lugar. <\/p>\n<p>-Pois non est\u00e1 no cat\u00e1logo, cabaleiro. <\/p>\n<p>Pouco despois revisou en detalle as fichas e advertiu algo curioso. Hab\u00eda unha ficha dun Outeiro dos Mouros, que alg\u00fan catalogador situara no monte de enfronte. Advert\u00edase de que non se percib\u00eda ning\u00fan tipo de resto, pero denot\u00e1base que naquel lugar exist\u00eda unha tradici\u00f3n de mouros. Os catalogadores non deran chegado ata este lugar. Cordeiro remit\u00edrame algo m\u00e1is de informaci\u00f3n, ben valiosa. Unha copia dixital do voo que o ex\u00e9rcito americano fixo sobre a pen\u00ednsula nos anos 1956-57. Lanceime contra esas m\u00edticas imaxes en blanco e negro en busca de respostas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>-Tate. <\/p>\n<p>Aqueles muros segu\u00edan estando. Mesmo pod\u00eda percibir que o nivel de derrubo era moito menor que na actualidade. E os peches gandeiros a\u00ednda non estaban. Aquelo era algo, e algo moi gordo. E hab\u00eda outro detalle m\u00e1is. Cordeiro achega unha referencia dun libro tan marabilloso como esquencido: a <em>Geograf\u00eda General del Reino de Galicia<\/em>, de Carr\u00e9 Aldao. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aos poucos d\u00edas consultei a fermosa edici\u00f3n de 1936, que \u00e9 unha aut\u00e9ntica porta no tempo \u00e1 agricultura, costumes, poboaci\u00f3n, orograf\u00eda, ru\u00ednas, miner\u00eda, ventos, mareas, \u00e1rbores, peixes, traxes, cami\u00f1os deste vello reino. Percorr\u00edn as follas fascinado ata dar co que buscaba. As &#8220;ruinas de un fuerte antiguo&#8221;: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Chamoume a atenci\u00f3n que Carr\u00e9 Aldao, que co\u00f1ec\u00eda ben os castros, non definira a este lugar como un castro, sen\u00f3n como un &#8220;fuerte&#8221;. <\/p>\n<p>\u00c9 domingo pola ma\u00f1\u00e1. Un grupo de curiosos quedamos en Lira, cabo do busto ubicado no lugar no que Castelao pronunciou un hist\u00f3rico m\u00edtin nestes remotos -naquel tempo- bald\u00edos da Costa da Morte. <\/p>\n<p>-Os vellos dic\u00edan que al\u00ed viv\u00edan os mouros -aseg\u00faranos Jordi Tato, que \u00e9 o rapaz de porte deportista que ten percorrido aquel monte e lle pasou a informaci\u00f3n \u00e1 xente do Monte Pindo.<br \/>\n-Entre o monte do Castro e o monte do Medio -completou Xil- hai un cabali\u00f1o de ouro soterrado. <\/p>\n<p>Jordi asentiu. <\/p>\n<p>Subimos ata o alto daquel monte, destacado e prominente no seu contorno, pechando visualmente o circo de Carnota. No estremo norte, a masa inmensa do Pindo desdeb\u00faxase no medio dunha br\u00e9tema mari\u00f1a. Pero aqu\u00ed, nos altos do Monte do Castro, peta un nord\u00e9s inmenso, de volver tolo. <\/p>\n<p>Os vieiri\u00f1os dos animais entre o mato gu\u00edannos monte arriba, pero eu desde abaixo xa percib\u00edn o que estabamos buscando. Beireamos toxos e silveiras. Ata que de s\u00fapeto aparece algo fascinante. Este murall\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Ant\u00f3n Malde e Manuel Gago<\/em><\/p>\n<p>Este acceso desde o oeste incorpora este enigm\u00e1tico corredor, que \u00e9 todo un desaf\u00edo. A\u00ednda que Jordi nos comenta que lle contaron que o acceso foi aberto polo tractor, o problema \u00e9 que a configuraci\u00f3n da muralla \u00e9 estra\u00f1a. Ese paso aberto polo tractor entre os restos do murall\u00f3n resulta que se integran harmonicamente coa primeira li\u00f1a de murallas, un pouco m\u00e1is abaixo. Aqu\u00ed est\u00e1 un panorama:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" src=\"http:\/\/photosynth.net\/embed.aspx?cid=640b7717-9ff6-4fa2-acd7-29d5ebe48f06&#038;delayLoad=true&#038;slideShowPlaying=false\" width=\"620\" height=\"420\"><\/iframe><\/p>\n<p>Haber\u00eda que limpar a \u00e1rea para comprobar a cuesti\u00f3n. Adem\u00e1is, parece que poder\u00edan existir m\u00e1is portas estreitas nese murall\u00f3n, como as que temos visto por exemplo, no castelo de Portomeiro, entre as d\u00faas li\u00f1as de muralla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O corredor de acceso entre os muros. <\/em><\/p>\n<p>As expectativas conf\u00edrmanse. \u00c9 un enorme recinto fortificado. Son d\u00faas murallas conc\u00e9ntricas que rodean todo o monte cun clar\u00edsimo car\u00e1cter defensivo, complementadas con soluci\u00f3ns de peche de fallas m\u00e1is pequenas. As muralla \u00e9 moi grande, de pedras cortadas ao bruto, unidas aparentemente sen argamasa, con paramentos uniformizados pola cara exterior e cun anchor, na muralla perimetral interior, de m\u00e1is de dous metros. O tema interesante v\u00e9n no interior. Hai como unha zona ampla e despexada, que Jordi nos confirmou (co\u00f1eceu o lugar despois dun incendio) que estaba baleira, e hai unha sorte de cidadela ou \u00faltimo reducto, caracterizada por un murall\u00f3n enorme que pecha unha zona abrupta e en pendente e que prolonga a muralla no medio das ladeiras de laxes. Esta \u00e9 unha curiosa soluci\u00f3n empregada noutras fortificaci\u00f3ns de similar fasqu\u00eda, como a do Pindo ou a do Gali\u00f1eiro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_14.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muro interior<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Enorme sillar do muro interior<\/em><\/p>\n<p>Este murall\u00f3n mant\u00e9n a\u00ednda algunhas das enormes laxes da base, ben escadradas, de m\u00e1is de metro e medio de longo, pero a xulgar pola masa que se ve na ortofoto de 1956, cremos que aqu\u00ed se retirou pedra. Esta muralla, como digo, parece pechar unha sorte de \u00faltimo reduto. <\/p>\n<p>Nin no recinto grande nin nesta cidadela parecen apreciarse restos de habitaci\u00f3ns. O interior est\u00e1 completamente baleiro. Este enorme esforzo construtivo e non se aprecian casas castrexas no interior. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Seguimos examinando o lugar. Efectivamente, as grandes murallas percorren e pechan todo o recinto de xeito eficiente, na li\u00f1a de pendente; ten toda a pinta de ter habido extracci\u00f3n de pedra da muralla en \u00e1reas de doado acceso. Naquelas m\u00e1is dif\u00edciles, a muralla chega a conservar metro e medio de altura. <\/p>\n<p>Xurxo e m\u00e1is eu mir\u00e1monos complices e ladeamos a cabeza: cremos que xa estamos outra vez cun condenado Castelo Baleiro. Os seguidores das Rep\u00fablicas de Homes Libres co\u00f1ecen ben este termo. Estas enigm\u00e1ticas fortificaci\u00f3ns de gran aparello defensivo, grandes dimensi\u00f3ns e interiores&#8230;baleiros. A fortificaci\u00f3n, de car\u00e1cter ovalado, acada no seu eixo NE-SO 217 metros de longo, e no NO-SE, 135 metros. Como digo, m\u00e1is de d\u00faas hect\u00e1reas e medio quil\u00f3metro de desenvolvemento de muralla. <\/p>\n<h3>A cronolox\u00eda deste lugar: argumentos para a discusi\u00f3n<\/h3>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n o asunto importante deste lugar. A pregunta que nos xurdiu a todos arriba. De que \u00e9poca \u00e9 este lugar? <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que \u00e9 moi dif\u00edcil precisalo. Malia estar en bo estado de conservaci\u00f3n, non puidemos apreciar anacos de cer\u00e1mica, t\u00e9gula, tella ou calquera cousa que nos puidera axudar a determinar con maior precisi\u00f3n o intervalo cronol\u00f3xico. O principal elemento que apoiar\u00eda, a d\u00eda de hoxe, a adscrici\u00f3n cultural castrexa deste lugar ser\u00eda o propio top\u00f3nimo, Monte do Castro. Como sabedes, a toponimia \u00e9 unha ferramenta de alta precisi\u00f3n. Acerta, neste caso? <\/p>\n<p>Te\u00f1o unha d\u00fabida razoable ao respecto. Mirade isto: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nesta imaxe podedes ver os dous poboamentos castrexos catalogados oficialmente no circo de Carnota. Est\u00e1 o de Lira\/Mi\u00f1arzos e o castro de Mallou (que foi obxecto de campa\u00f1as de escavaci\u00f3n) e do que temos falado en Cap\u00edtulo Cero. Ambos os dous responden ao modelo ocupacional da II Idade do Ferro nesta \u00e1rea: zonas prominentes, pero pr\u00f3ximas aos cultivos e fontes de recursos como auga. Para Mallou est\u00e1 bastante clara a cronolox\u00eda do seu horizonte final: o cambio de era. O castro non se chegou a romanizar e mesmo rexistra unha fase de &#8220;nerviosismo construtivo&#8221; no seu \u00faltimo momento. E sabemos moito das s\u00faas t\u00e9cnicas construtivas. <\/p>\n<p>Curiosamente os dous xacementos castrexos at\u00f3panse na zona sur do circo de Carnota, moi pr\u00f3ximos entre si. Este novo xacemento tam\u00e9n est\u00e1 no sur, moi pr\u00f3ximo a estes dous, tremendamente pr\u00f3ximo, s\u00f3 que nunha posici\u00f3n moi diferente. At\u00f3pase case a 300 metros de altura, nun espazo de duras condici\u00f3ns de habitabilidade, sen terras de cultivo aparentes nas proximidades. Estando tan pr\u00f3ximo, o seu patr\u00f3n de asentamento \u00e9 moi distinto aos de Mallou e Lira.<\/p>\n<p>O criterio de escolla poder\u00eda encaixar ent\u00f3n con outra fase castrexa, o Ferro I, a primeira fase do mundo castrexo, evolucionando directamente desde o Bronce, aproximadamente no 800-500 a.C. Como di un amigo, a xente do Ferro I escoll\u00eda moitas veces &#8220;lugares infames&#8221;, montes enormes, territorios aparentemente est\u00e9riles, propios s\u00f3 para unha sociedade de gandeiros. Poder\u00eda ser o caso? <\/p>\n<p>Temos alg\u00fans posibles exemplos de Ferro I na costa galega, relativamente pr\u00f3xima. Por exemplo, a Leghua Seca, en Porto do Son. Pero hai outro problema: son moito m\u00e1is pequenos e as defensas son moit\u00edsimo menos complexas e monumentais que o que estamos vendo aqu\u00ed. Non te\u00f1en nada que ver. Para ver esta monumentalizaci\u00f3n temos que meternos en Ferro II. Pero o Ferro II deixa casas, deixa urbanismo&#8230;e aqu\u00ed s\u00f3 parece haber prados tapados por toxo. Sendo bizarros, mesmo poderiamos ter unha hip\u00f3tese Bronce final&#8230;pero a\u00ed nin me atrevo a entrar. <\/p>\n<p>En todo caso, os patr\u00f3ns e os modelos, cando falamos de h\u00e1bitats arqueol\u00f3xicos, est\u00e1n para crebarse. Non hai normas r\u00edxidas. <\/p>\n<p>A\u00ednda que para saber as cousas con certeza \u00e9 preciso realizar unha intervenci\u00f3n ou atopar materiais, a mi\u00f1a opini\u00f3n \u00e9 que poderiamos estar ante unha das fortalezas m\u00e1is espectaculares do difuso mundo tardoantigo e altomedieval que levamos perseguindo ao longo deste tempo. E insisto: isto \u00e9 unha impresi\u00f3n persoal a partir do que vexo al\u00ed, pero con gusto mudareina se as evidencias ofrecen outros datos. Os meus argumentos son esencialmente arquitect\u00f3nicos: os castrexos non constru\u00edan as\u00ed, e temos o caso inmediato de Mallou, onde empregan pedra moito m\u00e1is pequena, moito m\u00e1is preparada, e doutro xeito. Aqu\u00ed o proceso construtivo \u00e9 moi semellante ao do Pindo, o de Aloia, o do Gali\u00f1eiro ou mesmo ao de Castro Valente (a\u00ednda que o Valente ten m\u00e1is parecido coas murallas castrexas habituais). Muros grandes, grandes anacos de granito, peche de fallas gran\u00edticas, optimizaci\u00f3n dos recursos de construci\u00f3n, muros que atravesan ladeiras de pedra, e sillares enormes como ese que vos ensinei antes na base dos muros definitivamente non son castrexos&#8230; A ausencia de materiais pode ter que ver cunha ocupaci\u00f3n estacional do recinto. E hai outro factor enigm\u00e1tico que comentabamos con Xurxo. Do mesmo xeito que Aloia parec\u00eda a versi\u00f3n m\u00e1is grande dun modelo que se estende a fortificaci\u00f3ns pr\u00f3ximas coma o Faro de Budi\u00f1o ou o Gali\u00f1eiro, aqu\u00ed acontece igual. O Pindo est\u00e1 ao car\u00f3n, e parece seguir o mesmo criterio construtivo&#8230;como un patr\u00f3n cultural que se aplica a distintas \u00e1reas. <\/p>\n<p>Tremendo enigma. <\/p>\n<p>Como lembrar\u00e1n os que asistiron \u00e1s mi\u00f1as conferencias das Rep\u00fablicas de Homes Libres, unha das mi\u00f1as maiores intrigas \u00e9 atopar o rexistro arqueol\u00f3xico do que Xelm\u00edrez conta dos labregos das zonas do litoral atl\u00e1ntico da Terra de Santiago: esa pr\u00e1ctica semin\u00f3made que os levaba a refuxiarse en monta\u00f1as e <em>speluncas<\/em> durante os meses de ver\u00e1n, mentres v\u00edan chegar as flotas normandas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>De parola cos amigos entre penedos deixei levar a imaxinaci\u00f3n, e imaxinei cabanas de materiais perecedeiros coas chemineas prendidas. Imaxinei \u00e1 poboaci\u00f3n do sur de Carnota, aos labregos de Lira, de Mi\u00f1arzos e da contorna, resistindo na s\u00faa inexpugnable Torre dos Mouros as invasi\u00f3ns normandas e a voraz pirater\u00eda; se cadra este fora o refuxio dos seus ancestros, constru\u00eddo s\u00e9culos atr\u00e1s para outras invasi\u00f3ns e inestabilidades do \u00e1mbito xerm\u00e1nico. Se viron o se\u00f1or dos Aneis, lembrar\u00e1n o Sagrario. Ref\u00edrome a iso. <\/p>\n<p>Hai un \u00faltimo detalle que acrecenta o enigma. Curiosamente dos poucos rexistros que co\u00f1ecemos das estratexias de defensa dos bispos compostel\u00e1ns contra os normandos, \u00e9 neste circo de Carnota onde co\u00f1ecemos unha estratexia m\u00e1is definida: a edificaci\u00f3n de d\u00faas fortalezas. Ambas as d\u00faas fortalezas responden \u00e1 visi\u00f3n e capacidades dun arist\u00f3crata feudal do s\u00e9culo X: defendibles cunha guarnici\u00f3n escasa, castelos roqueiros relativamente asumibles por nobles que a\u00ednda non ser\u00e1n tan ricos como no s\u00e9culo XV. <\/p>\n<p>O enigma da Torre dos Mouros \u00e9 que tampouco encaixa nese mundo medieval, cando menos dos nobles e dos arist\u00f3cratas que a documentaci\u00f3n nos conta. Est\u00e1 suspendido do tempo, cheo de interrogantes. Aseg\u00farovos que imos tentar obter algunha resposta nos vindeiros meses. A ver se hai sorte. <\/p>\n<h3>Coda<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/torre_mouros_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non podo menos que agradecer a Jordi Tato, neodescubridor deste lugar, por atreverse a comunicalo con entusiasmo e compartilo. Se non compartimos, non somos nada. Jordi creu neste lugar, contouno, guiounos xenerosamente e facendo un esforzo persoal, e non podemos menos que agradecerllo sinceramente e de todo coraz\u00f3n desde aqu\u00ed. Tam\u00e9n ao arque\u00f3logo Luis Cordeiro, por acompa\u00f1arnos ao alto destes momentos nun domingo. Despois de reco\u00f1ecer o lugar, Luis deunos a boa nova: <strong>o Monte do Castro \/ Torre dos Mouros pasar\u00e1 a estar protexido no novo cat\u00e1logo do PXOM de Carnota, como ben arqueol\u00f3xico<\/strong>, engrosando o amplo patrimonio hist\u00f3rico deste fermoso concello da Costa da Morte. <\/p>\n<p>Se\u00f1ores, imos tentar resolver este enigma. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta pendurado dos ventos do nord\u00e9s da Costa da Morte, e \u00e9 un dos recintos arqueol\u00f3xicos m\u00e1is grandes de todo este litoral abrupto. Ata agora, estaba sen catalogar. Subimos entre ventos ata  a Torre dos Mouros. E ficamos abraiados. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/17\/unha-nova-e-enorme-fortificacion-sen-catalogar-en-carnota-a-torre-dos-mouros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha nova e enorme fortificaci\u00f3n sen catalogar en Carnota: a Torre dos Mouros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20479,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-20478","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20478","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20478"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20478\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20479"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}