{"id":20451,"date":"2012-04-13T07:59:21","date_gmt":"2012-04-13T05:59:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20451"},"modified":"2012-04-13T08:03:22","modified_gmt":"2012-04-13T06:03:22","slug":"a-ultima-manda-do-oeste","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/13\/a-ultima-manda-do-oeste\/","title":{"rendered":"A \u00daltima Manda do Oeste"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/oeste.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O meu primeiro contacto coa manda de lobo ib\u00e9rico m\u00e1is occidental de Europa foi hai moitos anos, unha noite na que baixabamos cami\u00f1ando dos chans da Serra do Barbanza; cruzabamos entre un grupo de cabalos bravos que durmi\u00f1aban nun abrigo dos ventos ao abeiro dun regato, sobre as ru\u00ednas dun deses enigm\u00e1ticos poboados de cabanas circulares que se atopan nos abrigos da penichaira barbanzona. Os lobos ouveaban, se cadra sobre as alturas do Outeiro dos Corvos, e chegamos a sentir o latigazo de adrenalina que naquel momento sacudiu o grupi\u00f1o de cimarr\u00f3ns que se protex\u00eda naquel prado. Aquel ouveo era como un ciclo, un resumo da vida salvaxe na Serra do Barbanza durante milenios, unha espada que corta a noite dos s\u00e9culos e nos devolve \u00e1s nosas sensaci\u00f3ns primarias de medos, fames, refuxios e lumes protectores. <\/p>\n<p>&#8220;Volveron os lobos&#8221;, dix\u00e9rame entre susurros un amigo que me acompa\u00f1aba, fascinado. Nunca chegamos a saber -falt\u00e1bannos os datos- se a \u00daltima Manda do Oeste, exterminadas no XVIII as derradeiras poboaci\u00f3ns dos montes de Cambria, das Highlands e do bosque de Nephin, marchara momentaneamente dos montes do Barbanza que antes habitara en combate cos homes. Pero nos \u00faltimos anos, a s\u00faa sombra, o seu paso, fix\u00e9rase outra vez forte no monte. O proceso, desde un punto de vista po\u00e9tico, parec\u00edase moito a unha aut\u00e9ntica rebeli\u00f3n do Salvaxe: mentres o goberno auton\u00f3mico e os municipais consent\u00edan aos gandeiros a minifundizaci\u00f3n e parcelaci\u00f3n dunha serra que nunca soubo de valados nin minifundios nin arames, a \u00daltima Manda do Oeste pareceu intensificar a s\u00faa actividade. As novas fronteiras artificiais para estes animais sen l\u00edmites nin cansazo parec\u00edan rid\u00edculas diante do seu proceder noturno e implacable. <\/p>\n<p>Este ver\u00e1n te\u00f1o escrito sobre unha lenda que se me escapou das mans como un pu\u00f1ado de area: a historia da Loba Branca, contada por unhas mans que debullaban millo entre as aldeas de Monta\u00f1a e Monta\u00f1\u00f3. A lenda daquela loba-muller, que coidaba pola noite aos seus nenos da aldea e polo d\u00eda perd\u00edase entre as pened\u00edas barbanz\u00f3nicas, se cadra estivese contando, de xeito inconsciente, a cr\u00f3nica desta \u00daltima Manda do Oeste: o miragre da pervivencia de poderosos animais ceibos nunha serra rodeada dunha fort\u00edsima presi\u00f3n demogr\u00e1fica humana. Se cadra a Loba Branca fose a expresi\u00f3n mitol\u00f3xica desa presi\u00f3n e tensi\u00f3n. E se cadra os rar\u00edsimos fen\u00f3menos de hibridaci\u00f3n que est\u00e1n a formar grupos de lubic\u00e1ns no Barbanza sexan as s\u00faas plasmaci\u00f3ns reais. <\/p>\n<p>Hoxe o meu irm\u00e1n <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/barbanza\/2012\/04\/13\/amnistia-lobo-barbanzon\/0003_201204B13C3997.htm\">publica este artigo na Voz<\/a>, tras os procesos de denuncia e colaboraci\u00f3n coas autoridades para localizar as trampas ilegais que pretenden rematar coa \u00daltima Manda do Oeste. <\/p>\n<blockquote>\n<h3>Amnist\u00eda para o lobo barbanz\u00f3n<\/h3>\n<p><em>Xurxo Gago<\/em><br \/>\nCorneille dixo: &#8220;Os mortos que v\u00f3s matades\/ gozan de boa sa\u00fade&#8221; Esta frase v\u00e9useme repetidas veces \u00e1 cabeza mentras atopabamos lazos e lobos mortos entre os arames da nosa querida Serra do Barbanza. Expl\u00edcome: a Xunta autorizou batidas e \u201cesperas\u201d ao lobo nunca antes co\u00f1ecidas na nosa comarca, que se suman \u00e1 caza ilegal con veneno e lazos.<\/p>\n<p>A manda de lobos do Barbanza \u00e9 unha das m\u00e1is occidentais de Europa. Isto conf\u00edrelle un valor especial, de exclusividade. Pero tam\u00e9n leva consigo un perigo asociado ao illamento da poboaci\u00f3n, xa que impide o aporte de novos xenes de individuos for\u00e1neos. Na reproducci\u00f3n a parella de lobos \u201calfa\u201d inhiben o celo do resto de membros, s\u00f3 se reproducen eles. Os outros lobos am\u00f3sanse sumisos ante o poder\u00edo dos alfas e incluso colaboran na cr\u00eda dos lobatos.<\/p>\n<p>Os cans son unha das presas habituais dos lobos. Como pode ser ent\u00f3n que haxa lubic\u00e1ns no Barbanza? Unha das explicaci\u00f3ns m\u00e1is aceptadas pola comunidade cient\u00edfica \u00e9 que estas estranas hibridaci\u00f3ns s\u00f3 ocorren en situaci\u00f3ns excepcionais: por exemplo, que as mandas estean desestruturadas pola morte de varios membros alfa ou que a zona estea moi habitada por humanos e, xa que logo, haxa moitos cans abandonados. Ambos factores encaixan ben co Barbanza. As\u00ed, unha loba sen a inhibici\u00f3n dos alfas poder\u00eda aparearse cun can, e logo ser capaz de criar soa a camada de lubic\u00e1ns. As\u00ed que agora a caza de car\u00e1cter non selectivo, sen a asistencia de t\u00e9cnicos, canda os lazos e o veneno, agravou a situaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Hai anos un gardabosques d\u00edxolle a un rapaz: &#8220;Na natureza&#8230; mellor non tocar\u201d. Penso que non estudou xen\u00e9tica, pero ti\u00f1a raz\u00f3n: os organismos domesticados sen a presi\u00f3n selectiva do home poden volver \u00e1 s\u00faa orixe silvestre, e m\u00e1is a\u00ednda no caso do lobo, onde a xerarquizaci\u00f3n dunha manda ben estruturada impide apareamentos con cans.<\/p>\n<p>O maior enemigo do lobo non est\u00e1 no monte. O maior enemigo do lobo \u00e9 a ignorancia. A\u00ednda estamos a tempo de salvar ao noso lobo barbanz\u00f3n, e dicir como na comedia de Corneille: \u201cos lobos que v\u00f3s matabades \/ agora si gozan de boa sa\u00fade\u201d.\n <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O meu primeiro contacto coa manda de lobo ib\u00e9rico m\u00e1is occidental de Europa foi hai&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/13\/a-ultima-manda-do-oeste\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A \u00daltima Manda do Oeste<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20453,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-20451","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20451","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20451"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20451\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20453"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20451"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20451"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20451"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}