{"id":20400,"date":"2012-04-07T22:30:59","date_gmt":"2012-04-07T20:30:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20400"},"modified":"2012-04-08T00:27:03","modified_gmt":"2012-04-07T22:27:03","slug":"cruce-de-tempos-na-pena-grande-de-oleiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/07\/cruce-de-tempos-na-pena-grande-de-oleiros\/","title":{"rendered":"Cruce de tempos na Pena Grande de Oleiros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/seminario_melide.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai poucas cousas m\u00e1is pracenteiras para min que percorrer o territorio cun libro que fale do mesmo lugar d\u00e9cadas ou s\u00e9culos atr\u00e1s: ler, ver, escoitar, e de s\u00fapeto, dun xeito ou doutro, est\u00e1s dialogando co libro. Ti sabes partes da pel\u00edcula que o autor do libro non sab\u00eda, pero o autor do libro est\u00e1 vendo un mundo que ti tes que facer un esforzo por reco\u00f1ecer e resituar. Desta volta, adentr\u00e1monos na Terra de Melide tralo ronsel da xente que aparece nesta foto: os afoutos homes do Seminario de Estudos Galegos. No ver\u00e1n de 1929, vestidos un tanto \u00e1 moda tintinesca, o comit\u00e9 de expertos integrados por xente como Cuevillas, Vicente Risco ou Lois Tob\u00edo entre outros moitos, retrataron a arqueolox\u00eda, a etnograf\u00eda e a historia dunha comarca central de Galicia. Con estas m\u00e1is de setecentas p\u00e1xinas andamos n\u00f3s de volta nos cami\u00f1os, tentando aclarar alg\u00fans dos misterios que o libro nos deixou. Un deles \u00e9 o da Pena Grande de Oleiros, un espazo no que sorprendidos observamos como se cruzan as nosas olladas coas da xeraci\u00f3n N\u00f3s, e as \u00e9pocas entre si, enfiando un enigma. Al\u00f3 imos. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Na secci\u00f3n dedicada \u00e1 Arqueolox\u00eda, Florentino L\u00f3pez Cuevillas debuxou un croquis dun xacemento arqueol\u00f3xico un tanto estra\u00f1o: a Pena Grande de Oleiros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este xacemento singular, ubicado na aba dun monte, estaba segundo Cuevillas constitu\u00eddo por unha pequena plataforma superior protexida, por algunhas bandas, por un conxunto de foxos e parapetos escalonados. As xentes da parroquia de Oleiros ficaran enfebrecidas pola presenza de ouro e tesouros das <em>mourindades<\/em>, escribe Cuevillas, e parte da culpa est\u00e1 no achado, nunha covi\u00f1a dese lugar, dunha punta de flecha tipo Palmela encadrable no calcol\u00edtico ou o Bronce inicial. A xente do Seminario chega a ver a pluma e a historia \u00e9 singular. Para explorar a cova, as xentes da aldea introduciron a un neno que se perdeu al\u00f3 dentro, tan pequena que era; cando acadou sa\u00edr coa punta de flecha na man, se cadra alucinado ou asustado, o neno relatou que a punta estaba gardada nunha sorte de pequena casi\u00f1a no interior, labrada na rocha, prendida duns aramios. A empobrecida xente de Oleiros cebouse na Pena Grande. <\/p>\n<p>Paramos cabo da igrexa, onde un grupo de vellos est\u00e1 sentado apaciblemente, agardando para facer algo na igrexa. Paramos con eles. Mimadri\u00f1a, lembran as historias. <\/p>\n<p>-A Pena Grande -sinalan co dedo- que ten unha viga de ouro, outra de prata e outra de alcatr\u00e1n, e baixan ata o r\u00edo Furelos.<br \/>\n-O d\u00eda que algu\u00e9n prenda a de ouro estoupa todo! -di un vello.<br \/>\n-Disque a xente moito cavou al\u00f3 buscando ouro. <\/p>\n<p>Os vellos rinse todos entre eles c\u00f3mplices pero a\u00ed desconf\u00edan algo. <\/p>\n<p>-Ata houbo un neno que se meteu dentro dunha cova.<br \/>\n-Ese co\u00f1ecino eu -di unha se\u00f1ora- a el e mailo seu fillo.<br \/>\n-E vi\u00f1eron uns sabios a ver o sitio, uns de Santiago -dixen eu aludindo \u00e1 excursi\u00f3n de Cuevillas e o seu equipo, no ano 1929. <\/p>\n<p>Todos v\u00f3lvense rir como se soltara un chiste. <\/p>\n<p>-Si que vi\u00f1eron. Mi\u00f1a nai a\u00ednda se acordaba deles. <\/p>\n<p>Os outros vellos asentiron, certificando que na aldea lembr\u00e1base a visita de aqueles sabios. E seguiron r\u00edndose. Non consigo saber exactamente que \u00e9 o que lles fai graza niso, pero estou lendo, te\u00f1o na man cando falo con eles, o texto de Cuevillas: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;D\u00edas despois visitamos o lugar do ach\u00e1dego, provocando a nosa visita un recrudecimento nas faenas escavadoras, que iban de aquela xa un pouco debecidas (&#8230;) Esaminamos o local do ach\u00e1dego con certa presa pra non escitar ca nosa curiosidade o af\u00e1n destrutor das xentes de Oleiros&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Sospeito que estas risas un tanto discretas e misteriosas te\u00f1en que ver con esta historia, que debeu dar para vivaces e duradeiros contos na parroquia. Os vellos tam\u00e9n me falan con orgullo da outra gloria local: o pazo que Amancio Ortega acaba de restaurar para h\u00edpica, e que converte as terras da parroquia de Oleiros nunha sorte de campi\u00f1a inglesa. <\/p>\n<p>Vimos aqu\u00ed porque a Cuevillas fascinoulle moit\u00edsimo este lugar, pero as lecturas cruzadas no tempo son igual de fascinantes. Cando eu l\u00eda a Cuevillas, falt\u00e1bame intercambiar, agradecido, algo de co\u00f1ecemento con el. <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Non \u00e9 ista da Pena Grande de Oleiros, a primeira vez que se alcontran en terras de Galicia puntas de flecha do tipo de Palmela acochadas ao p\u00e9 de penas (&#8230;) fainos pensar nas sepulturas neol\u00edticas i-eneol\u00edticas de feitura an\u00e1loga descubertas en Catalu\u00f1a (&#8230;), vindo por derradeiro a compricar m\u00e1is o problema o foso e os parapetos constru\u00eddos en combinaci\u00f3n indubidabre cos dous grupos de penas que descrebemos.(&#8230;) Confesamos que a primeira impresi\u00f3n que o aspecto das fortificaci\u00f3ns de Pena Grande produxo en n\u00f3s foi de perplexidade e confesamos que arestora non atinamos a\u00ednda cunha hip\u00f3tese que espreoque satisfactoriamente o obxecto e fin pra que foron constru\u00eddas. <\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun lugar de culto esistente xa nos comenzos do Bronce e convertido na Edade do Ferro nun santuario de feitura aparentemente militar? Tr\u00e1tase dunha acr\u00f3pole castrexa de novo x\u00e9nero? Non o sabemos&#8221;. <\/p><\/blockquote>\n<p>A honestidade intelectual de Cuevillas vese aqu\u00ed perfectamente reflectida, neste texto sobre un lugar a todas luces non moi habitual nin frecuente. Pero f\u00e1ltame unha \u00faltima pregunta por facerlle aos paisanos antes de subir a meternos no toxo. Est\u00e1 na p\u00e1xina 49 do libro, onde fala do achado da punta Palmela: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Hai un monte chamado do Castelo, que ten non moi desviadas do amplo lombo que o coroa, d\u00faas irtas pened\u00edas que se co\u00f1ecen coa denominaci\u00f3n de Pena Grande&#8221;.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>-Se\u00f1oras, e cal \u00e9 o Castelo?<br \/>\n-Esa mesma!<br \/>\n-A Pena Grande?<br \/>\n-Si, se\u00f1or.<br \/>\n-As\u00ed que \u00e1 Pena Grande tam\u00e9n se lle chama castelo. <\/p>\n<p>Os vellos asentiron. O enigma do gran Cuevillas pod\u00eda ter unha sa\u00edda. <\/p>\n<p>Tras pasar un cemiterio sen rematar -toxos e un cruceiro de cemento no medio-, comezamos a suave subida. Vela\u00ed estaba a Pena Grande. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E cabo da Pena Grande, o espazo descrito por Cuevillas. As murallas de cachotada rode\u00e1ndoas, en apariencia derrubadas da plataforma superior. O curioso \u00e9 que, por esta banda norte, toda a muralla de cachotada caeu sobre un foxo labrado na pedra. E vela\u00ed, ouh:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A cova que fora o agocho secreto da punti\u00f1a de flecha da Idade do Bronce, onde un neno case non sae e na s\u00faa imaxinaci\u00f3n pensou fantas\u00edas baixo aquel enorme peneda. A Pena xoga un importante valor no seu contorno: unha ampla mole nun monte baixo e con laxes que apenas asoman entre os toxos. En todo o contexto do val, debeu ser relevante. A cova est\u00e1 chea de matogueira e evitamos inspeccionala. Na nosa revisi\u00f3n do espazo observamos o paso do tempo sobre o lugar.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os foxos foron colmatados en boa parte do espazo pero atenci\u00f3n, aqu\u00ed est\u00e1 a parte descrita por Cuevillas, na banda Este, onde efectivamente, o muro descende da pena e baixa case ata a altura dun profundo foxo que, efectivamente, aqu\u00ed a\u00ednda est\u00e1 pervivindo. Esta muralla da banda oriental, efectivamente, ten estrutura &#8220;cicl\u00f3pea&#8221;, como a contaba Cuevillas, e dous metros de ancho. Por todas partes, aparecen as mostras que nos permiten identificar a fase, posiblemente, de construci\u00f3n destas murallas.<\/p>\n<p>Tella e tella por todas partes. <\/p>\n<p>Un castelo medieval. Por que Cuevillas non advertiu isto? As tellas est\u00e1n remexidas por todas as zonas, figuran no medio dos cachotes. Se cadra considerou \u00e1 tella unha anomal\u00eda ou un proceso moderno. Este tipo de castelos contin\u00faan a ser estra\u00f1os na Galicia actual, pero xa somos capaces de relacionar uns exemplos con outros. <\/p>\n<p>Para a \u00e9poca de Cuevillas co\u00f1ec\u00edase pouco, pero hoxend\u00eda este castelo ten tremendas proximidades coas fortificaci\u00f3ns, pr\u00f3ximas, dos Penedos do Hospital, entre Toques e Palas, ou co Castelo da Capela, en Zas. O m\u00e1is intrigante \u00e9 com\u00fan a todos eles: unha plataforma superior m\u00ednima, a muralla toda derrubada na base, como se algu\u00e9n a empurrara a patadas desde o cumio, e, formalmente o m\u00e1is intrigante, a muralla que si descende por baixo das penedas nun dos tramos estreitos da pened\u00eda. Algo dif\u00edcil de comprender e de explicar, pero en todas estas estra\u00f1as fortificaci\u00f3ns de \u00e9poca indeterminada acontece igual: a muralla <em>baixa<\/em> nun dos estremos estreitos, non m\u00e1is al\u00e1 de 10 metros. F\u00e1ltannos datos para comprender isto, pero \u00e9 case un patr\u00f3n en determinado tipo destas fortificaci\u00f3ns. Hai un patr\u00f3n cultural, pero non sei a que corresponde. Nin cando nin quen. <\/p>\n<p>No di\u00e1logo co libro, se fose unha conversa de caf\u00e9, crebar\u00eda o silenzo de escoitar con atenci\u00f3n a Cuevillas e apuntar\u00edalle este paso m\u00e1is adiante: &#8220;non mires tan atr\u00e1s&#8221;. Pero nin eu mesmo ser\u00eda capaz de ir m\u00e1is ao fondo. De alg\u00fan xeito, \u00e9 fascinante: \u00e9 como se <em>Terra de Melide<\/em> seguise aberto e por escribir. <\/p>\n<p>Pero hai outro factor a maiores que eu xa vira na fotograf\u00eda a\u00e9rea e Cuevillas non puido ver porque os tempos a\u00ednda non foran chegados. Se a fortificaci\u00f3n era medieval, que fai unha punta tipo Palmela depositada nunha fenda ou cova aqu\u00ed? As \u00e9pocas non se excl\u00faen entre si, sen\u00f3n que se superpo\u00f1en. Esa flecha puido convivir coa ocupaci\u00f3n posterior do lugar. En Cap\u00edtulo Cero xa temos falado noutras ocasi\u00f3ns das Excalibur galegas, das armas do Bronce final depositadas nas fendas das rochas. Se cadra isto aconteceu aqu\u00ed. E se cadra haxa unha explicaci\u00f3n. Esta: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha gran zanxa avanza desde abaixo da ladeira case ata o per\u00edmetro da Pena Granda. \u00c9 unha zanza ancha, duns oito metros de ancho, e moi profunda, se cadra catro ou cinco metros. <\/p>\n<p>\u00c9 unha explotaci\u00f3n de wolfram. <\/p>\n<p>Hai unha veta de esta\u00f1o aqu\u00ed. De Bronce. Do metal dos deuses. Lembrei <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/category\/tras-o-ouro-dos-mouros\/\">Tras o Ouro dos Mouros<\/a> e o metal como o so\u00f1o ambicioso dos homes ao longo da Historia. Cuevillas contemplou horrorizado, posteriormente, o mundo xurdido trala Guerra Civil e o colapso de Europa na II Guerra Mundial: o escenario do mundo global representado aqu\u00ed, neste teatro de pedras e cachote no que se entrecruzan as pr\u00e1cticas sagradas dos guerreiros da Idade do Bronce, os ollos vixiantes dunha caste medieval, os so\u00f1os dos pobres labregos dos anos 20, as curiosidades metodol\u00f3xicas dos Pais da Patria, a ambici\u00f3n de Hitler e as nosas d\u00fabidas actuais, pequenos anacos desta enorme li\u00f1a temporal de tres mil anos sucedida no meido destes toxos. Lembrei tam\u00e9n os numerosos castelos altomedievais -sen dataci\u00f3n concreta- ubicados ao car\u00f3n de minas de esta\u00f1o. <\/p>\n<p>Cada \u00e9poca ten o seu mundo e o seu patr\u00f3n de asentamento. Nada mellor o exemplifica que esta sucesi\u00f3n en Oleiros: as apacibles casas labregas no limes entre o monte e os campos, o vello castro da II Idade de Ferro un pouqui\u00f1o m\u00e1is enriba, e algo m\u00e1is enriba, este castelo-mina-santuario ao que os homes voltan con so\u00f1os de metal como nun destino c\u00edclico e mitol\u00f3xico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pena_grande_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>P.D.: Agradezo a Bea Comendador as precisi\u00f3ns con respecto \u00e1s puntas Palmela. Son do Calcol\u00edtico-Bronce Inicial, e de cobre. Se na \u00e9poca de Cuevillas co\u00f1ec\u00edanse 2, hoxe andamos polas 55 en Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai poucas cousas m\u00e1is pracenteiras para min que percorrer o territorio cun libro que fale<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/04\/07\/cruce-de-tempos-na-pena-grande-de-oleiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cruce de tempos na Pena Grande de Oleiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20408,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-20400","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20400","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20400"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20400\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20408"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20400"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20400"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20400"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}