{"id":20313,"date":"2012-03-28T19:46:39","date_gmt":"2012-03-28T17:46:39","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20313"},"modified":"2012-04-02T23:46:07","modified_gmt":"2012-04-02T21:46:07","slug":"os-segredos-dun-dolmen-intacto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/28\/os-segredos-dun-dolmen-intacto\/","title":{"rendered":"Os segredos dun dolmen intacto"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chousa_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Recreaci\u00f3n da c\u00e1mara de Chousa Novo. Ilustraci\u00f3n: Ignacio Jaime Sen\u00edn<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=20664\">Publicado orixinalmente en culturagalega.org<\/a> o 28 de marzo de 2011<\/em><\/p>\n<p><strong>Cando aproximadamente hai 6350 anos unha distinguida personaxe foi enterrada nun t\u00famulo no que hoxe \u00e9 o contorno rural de Silleda, f\u00edxose de acordo cunha estrita codificaci\u00f3n e protocolo simb\u00f3lico. Merc\u00e9 \u00e1s obras de construci\u00f3n do AVE entre Santiago e Ourense, un equipo arqueol\u00f3xico tivo a oportunidade de escavar na s\u00faa integridade o t\u00famulo da Chousa Nova e levou unha enorme sorpresa: o dolmen interior daquela m\u00e1moa estaba intacto e non fora expoliado. Era a primeira vez que tal cousa pasaba no noroeste peninsular. E os achados estiveron \u00e1 altura do momento. Entre outros, o segundo colar desa \u00e9poca descuberto in situ en Europa.<\/strong><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chousa_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aparentemente, pouco se pod\u00eda agardar do pequeno t\u00famulo da Chousa Nova, en Silleda. Cunha estrada asfaltada cruzando por riba de parte do t\u00famulo, un poste de cableado el\u00e9ctrico ao car\u00f3n, un cono de violaci\u00f3n no centro da m\u00e1moa e traballos agr\u00edcolas e forestais pola outra banda, os arque\u00f3logos sospeitaban que o sitio arqueol\u00f3xico estar\u00eda moi degradado. Pero as obras do AVE pasaban exactamente por riba do t\u00famulo e era preciso escavalo. <\/p>\n<p>\u201cO que levamos foi unha gran sorpresa\u201d, explica a arque\u00f3loga Mar\u00eda Jos\u00e9 B\u00f3veda, responsable da escavaci\u00f3n levada a cabo por Gabinete de Arqueolox\u00eda e Xesti\u00f3n de Patrimonio para o ente p\u00fablico das obras do AVE. \u201cO xacemento pouco ti\u00f1a que ver co seu aspecto superficial\u201d, sinalan nun artigo publicado na revista <em>Trabajos de Prehistoria<\/em>, \u201ca masa tumular conserv\u00e1base nun relativo bo estado e a arquitectura do monumento era dunha gran complexidade, con anel perimetral, evidencias de dous momentos de tumulaci\u00f3n, c\u00e1mara e estrutura de acceso\u201d. <\/p>\n<p>E non s\u00f3 iso. As an\u00e1lises de material org\u00e1nico a trav\u00e9s de de C-14, o m\u00e9todo habitual en arqueolox\u00eda para determinar a antig\u00fcidade dun sitio arqueol\u00f3xico, revelaron a tremenda antig\u00fcidade do lugar. A construci\u00f3n do monumento realizarse ao redor do 4350 antes de Cristo. Iso significaba que aquela estrutura era anterior, case en mil anos, aos grandes d\u00f3lmenes de Galicia: monumentos moi co\u00f1ecidos coma o dolmen de Dombate (en Cabana de Berganti\u00f1os) e o Forno dos Mouros (Toques). <\/p>\n<p>Por riba, a c\u00e1mara megal\u00edtica estaba aparentemente intacta. <\/p>\n<p><strong>Tres fases para un sitio arqueol\u00f3xico<\/strong><br \/>\nE iso non era unha cousa menor. A principios do s\u00e9culo XVII, un crego chamado V\u00e1zquez de Orx\u00e1s obtivera licenza de El-Rei para escavar as tumbas dos \u201cgentiles galicrecos\u201d, que era como de aquela chamaban \u00e1s m\u00e1moas e d\u00f3lmenes. Os traballos de Orx\u00e1s desataran unha aut\u00e9ntica \u201cfebre do ouro\u201d en Galicia que levou \u00e1 violaci\u00f3n da maior parte dos miles de t\u00famulos megal\u00edticos do pa\u00eds ata datas relativamente recentes. Iso fixo que a inmensa maior\u00eda das escavaci\u00f3ns de t\u00famulos megal\u00edticos en Galicia se fagan sobre xacementos previamente violados e, xa que logo alterados. <\/p>\n<p>B\u00f3veda e o seu equipo identificaron alomenos tres momentos no espazo no que estaban a traballar. \u201cUn primeiro momento corresponde a unha serie de gabias que est\u00e1n por debaixo do t\u00famulo, pero desco\u00f1ecemos a s\u00faa funci\u00f3n\u201d, sinala a arque\u00f3loga, \u201ce pensamos que dese momento tam\u00e9n \u00e9 a gabia circular que delimita o conxunto\u201d. A gavia perimetral est\u00e1 a uns 8 metros da base do monumento e c\u00edngueo na s\u00faa totalidade, e par\u00e9cese tam\u00e9n a outros como o da excavaci\u00f3n de Dombate ou os que se atopan nos monumentos megal\u00edticos brit\u00e1nicos. \u201cNos \u00faltimos anos est\u00e1n aparecendo\u201d, explica B\u00f3veda, \u201cporque se est\u00e1n ampliando as zonas de traballo arqueol\u00f3xico ao redor dos monumentos\u201d. A\u00ednda que invisibles para o ollo actual, as escavaci\u00f3ns arquel\u00f3xicas comezan a achegarse m\u00e1is \u00e1s paisaxes que v\u00edan os homes da Prehistoria ao redor dos seus monumentos: os t\u00famulos claramente separados do seu contorno a trav\u00e9s de foxos escavados na terra. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chousa_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><strong>Abrindo a c\u00e1mara<br \/>\n<\/strong>Chousa Nova revelou tam\u00e9n outros aspectos fascinantes pero que non son doados de explicar. Cando o equipo arqueol\u00f3xico comezou a escavar o interior do t\u00famulo, retirando a coiraza de pedras que o protex\u00eda, ficaron impactados pola diversidade crom\u00e1tica do que hab\u00eda no interior da m\u00e1moa. \u201cEra unha pasada\u201d, explica B\u00f3veda, a\u00ednda entusiasmada, \u201chab\u00eda terras de diferentes cores\u201d. Pero a sorpresa veu despois, ao decatarse de que esas terras foran dispostas \u201cprolongando artificialmente o sustrato natural\u201d que estaba por abaixo. Era como se os construtores quixeran continuar a propia constituci\u00f3n natural da terra na s\u00faa obra. O propio t\u00famulo sufr\u00edu d\u00faas fases de construci\u00f3n, a\u00ednda que non \u00e9 doado calcular os motivos. A primeira corresponde \u00e1 fase de edificaci\u00f3n do monumento. Nunha segunda fase, ampliaron o seu per\u00edmetro e taparon a tapa, que orixinalmente fora deixada \u00e1 vista.<\/p>\n<p>Estas curiosas intencionalidades segu\u00edronse observando cando o equipo acadou a c\u00e1mara megal\u00edtica: un espazo construido con cinco lousas gran\u00edticas que lle daban \u201cun aspecto cistoide\u201d. A tapa da c\u00e1mara estaba crebada en tres anacos \u2013un a\u00ednda na posici\u00f3n orixinal- e os outros dous derrubados cara o interior da c\u00e1mara. O problema \u00e9 que d\u00faas desas laxes da c\u00e1mara eran de peor calidade que o resto, unha era a cabeceira da tumba e outra estaba ao car\u00f3n. Ti\u00f1an unha elevada cantidade de mica, e brillaban moito. \u201cForon escollidas en lugar do granito de mellor calidade do resto dos ortostatos por iso\u201d. Os arque\u00f3logos pensan que a peor calidade destas d\u00faas laxes puido provocar o colapso da c\u00e1mara.<\/p>\n<p><strong>O enxoval<br \/>\n<\/strong>Pero o fascinante chegou cando B\u00f3veda e o equipo retiraron as lousas da c\u00e1mara e puideron traballar no interior do monumento, onde a terra, a\u00ednda solta, revelaba que era a terra orixinal. Al\u00ed comezaron a aparecer os obxectos do enxoval da persoa difunta que fora soterrada al\u00ed hab\u00eda m\u00e1is de seis mil anos. O m\u00e1is impresionante foi un colar, nunha posici\u00f3n que parec\u00eda \u201cdisporse claramente sobre un peito humano\u201d. O colar, o segundo cunha cronolox\u00eda do V milenio a.C. localizado in situ en Europa, estaba feito adem\u00e1is dun xeito moi especial: con contas de \u00e1mbar \u201cmoi degradado\u201d e variscita. O sorprendente \u00e9 que ning\u00fan dos dous materiais se pode obter, polo que se sabe hoxend\u00eda, no territorio da Galicia actual. O \u00e1mbar procede de alg\u00fan punto da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica e a veta de variscita m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 Galicia actual localizada ata o momento est\u00e1 en Zamora. \u201cEst\u00e1 revelando relaci\u00f3ns de intercambio\u201d, sinala Mar\u00eda Jos\u00e9 B\u00f3veda.<\/p>\n<p>O resto do enxoval incide na idea de que son obxectos de prestixio os que acompa\u00f1an \u00e1 persoaxe soterrada al\u00ed. Por riba da s\u00faa cabeza at\u00f3pase unha eixada e moi pr\u00f3xima \u00e1 s\u00faa man ti\u00f1a un cincel. Baixo os p\u00e9s do morto estaba un gastado afiador. Pero tanto eixada como cincel estaban sen uso e transmiten unha lecci\u00f3n sobre como cambian os conceptos de luxo a trav\u00e9s das \u00e9pocas: o luxo era o non uso dun instrumento. <\/p>\n<p>A relevancia dos achados provocou cambios na construci\u00f3n do trazado do AVE que xa ti\u00f1a planificado ADIF, o ente p\u00fablico de infraestruturas ferroviarias. A\u00ednda que o trazado da v\u00eda non cambiou, dese\u00f1ouse un falso t\u00fanel e o t\u00famulo e a c\u00e1mara de Chousa Nova foron recuperadas e dispostas de novo, no seu emprazamento orixinal, sobre o teito do t\u00fanel. A trav\u00e9s dun custoso proceso, a tapa orixinal tam\u00e9n foi reconstru\u00edda; o dolmen disp\u00faxose e montouse como fora planificado por unha comunidade neol\u00edtica hai seis mil anos. <\/p>\n<p>Cando os viaxeiros do AVE cruzan agora destino Ourense, pasan por baixo, \u00e1 velocidade do raio, dun dos escenarios m\u00e1is completos para comprender o ritual da morte na Galicia prehist\u00f3rica. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/docs\/infografico_chousa_nova.pdf\">podes baixar o infogr\u00e1fico en PDF<\/a> e aqu\u00ed podes velo:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/infografico_dolmen.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"http:\/\/tp.revistas.csic.es\/index.php\/tp\/article\/view\/477\/493\">artigo orixinal en <em>Trabajos de Prehistoria<\/em><\/a> (pdf).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha escavaci\u00f3n en Silleda revelou a disposici\u00f3n e o enxoval orixinal dunha antiqu\u00edsima c\u00e1mara megal\u00edtica. Entre eles, un precioso colar de ambar e variscita, cuxos materiais chegaron de moi lonxe.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/28\/os-segredos-dun-dolmen-intacto\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os segredos dun dolmen intacto<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20318,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-20313","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20313","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20313"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20313\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20318"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20313"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20313"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20313"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}