{"id":20243,"date":"2012-03-25T17:52:01","date_gmt":"2012-03-25T15:52:01","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20243"},"modified":"2012-03-27T07:39:45","modified_gmt":"2012-03-27T05:39:45","slug":"republicas-de-homes-libres-a-mota-de-o-cubelo-e-as-decisions-de-emprazamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/25\/republicas-de-homes-libres-a-mota-de-o-cubelo-e-as-decisions-de-emprazamento\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: A mota de O Cubelo e as decisi\u00f3ns de emprazamento"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Mota de O Cubelo (Tabeir\u00f3s, A Estrada)<\/em><\/p>\n<p>Cando o outro d\u00eda visitamos a mota de O Cubelo, en Tabeir\u00f3s (A Estrada) e identificamos o pequeno espazo fortificado, que case parec\u00eda de<em> manual<\/em>, un de n\u00f3s exclamou expresivamente, con sorna. <\/p>\n<p>-Vai ser que en Galicia hai destas a fodelas. <\/p>\n<p>En Galicia \u00e9 frecuente facer xeneralizaci\u00f3ns ao redor dos temas que se desco\u00f1ecen, nos que se descartan a existencia de tipos de xacementos arqueol\u00f3xicos simplemente porque non se te\u00f1en atopado ou publicado. Un deles \u00e9 con respecto \u00e1 existencia de motas -fortificaci\u00f3ns altomedievais terreiras constru\u00eddas ao redor dun mont\u00edculo principal-: sempre se afirmou que a s\u00faa presenza era m\u00ednima en Galicia. Desde hai dous anos, estamos identificando algunhas destas fortificaci\u00f3ns altomedievais. Non s\u00f3 existen, sen\u00f3n que son m\u00e1is abundantes do que pensamos e nos colocan en interesant\u00edsimos problemas metodol\u00f3xicos ao redor da s\u00faa funci\u00f3n. Un caso \u00e9 esta mota do Cubelo, na Estrada, da que nos informou o arque\u00f3logo Eloi Saavedra (grazas!). No interior do post tes m\u00e1is informaci\u00f3n. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Dous amables patr\u00f3ns que andaban polas fincas pr\u00f3ximas d\u00e9ronnos o nome do lugar: O Cubelo. A\u00ednda que eu pensaba que <em>cubelo<\/em> era alg\u00fan tipo de top\u00f3nimo ao redor de usos agrarios -o seu uso \u00e9 ben abundante- fiquei sorprendido cando todos os volumes compilados no <em><a href=\"http:\/\/sli.uvigo.es\/ddd\/ddd_pescuda.php?pescuda=cubelo&#038;tipo_busca=lema\">Diccionario de Diccionarios<\/a><\/em> outorgaban significados similares ao termo: &#8220;Cubo. Especie de torre militar de defensa&#8221; (esta v\u00e9n do diccionario galego-castel\u00e1n de Leandro Carr\u00e9 do ano 1933). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Primeira e segunda muralla (con &#8220;torre\u00f3ns&#8221;(?) e zona de acceso).<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo do recinto interior.<br \/>\n<\/em><br \/>\nMalia sufrir un proceso de concentraci\u00f3n parcelaria, a mota de O Cubelo cons\u00e9rvase en relativamente bo estado, s\u00f3 un estremo do parapeto exterior viuse afectado pola pista. A existencia de leiras ao redor da fortificaci\u00f3n imp\u00eddennos apreciar se polo exterior este parapeto estaba complementado con algunha medida adicional de defensa, como foxo. Si, pola contra, no interior est\u00e1 ben claro. Tan s\u00f3 a 10 metros da entrada dese primeiro recinto, \u00e9rguese propiamente a mota. Un foxo pequeno, de metro e medio de ancho na actualidade moi colmatado, rodea o segundo parapeto. Tr\u00e1tase dunha elevaci\u00f3n t\u00e9rrea notable, artificializada, que ocupa en boa parte do seu volume interior o propio grosor do parapeto. Ten unha rampa de acceso con d\u00faas elevaci\u00f3ns de terra cingu\u00edndoa. A\u00ednda que puido ter sido constru\u00edda esa rampa con posterioridade, a existencia desas d\u00faas elevaci\u00f3ns de terra ao seu car\u00f3n ao meu ver est\u00e1n indicando se cadra o acceso orixinal; tam\u00e9n hai outra rampa similar que facilita o acceso ao primeiro recinto. Na Ulloa hai unha mota coa mesma soluci\u00f3n. No interior do recinto da mota, malia a vexetaci\u00f3n, parece localizarse unha estrutura habitacional ou defensiva que sempre lles chamou a atenci\u00f3n aos paisanos. As nosas d\u00faas fontes refer\u00edronse a ese oco, furado, ou espazo do interior sen precisar a s\u00faa utilidade. C\u00f3mpre mencionar tam\u00e9n un factor decisivo na elecci\u00f3n do lugar: a existencia dun regato que incentiva a pendente pola banda W do xacemento. Obras agrarias al\u00ed desmontaron parte do peche do parapeto exterior. Desde a banda sur podemos ver como o parapeto descend\u00eda en direcci\u00f3n ao regato pero nesa \u00e1rea est\u00e1 desmontado.<\/p>\n<p>As dimensi\u00f3ns do sitio arqueol\u00f3xico (60 metros N-S, 50 metros O-E), son tremendamente reducidas. M\u00e1xime se pensamos que a maior parte do espazo interior son as defensas. A mota apenas ter\u00e1 no seu interior dun reducido espazo habitacional (15 metros de longo N-S). A escasa monumentalidade das defensas, as reducid\u00edsimas dimensi\u00f3ns habitacionais do recinto interior, coa existencia dun foxo previo, l\u00e9vannos a propo\u00f1er para este lugar unha cronolox\u00eda altomedieval e unha funci\u00f3n posiblemente militar; o top\u00f3nimo O Cubelo pode estar aludindo tam\u00e9n de xeito claro \u00e1 funci\u00f3n deste lugar. Por suposto, hai folclore asociado. O propietario dos terreos falounos da tradici\u00f3n de que al\u00ed &#8220;acampaban&#8221; os mouros e identificou o recinto superior como &#8220;baluarte&#8221; (notas collidas por Xos\u00e9 Gago e Xurxo Salgado). <\/p>\n<h3>O desaf\u00edo cronol\u00f3xico e funcional<\/h3>\n<p>Obviamente, vendo estes muros t\u00e9rreos \u00e9 moi complicado chegar a enlazar unha cronolox\u00eda para este lugar. En todo caso, a s\u00faa disposici\u00f3n poder\u00eda ser anterior ao s\u00e9culo XI, met\u00e9ndose de cheo na cronolox\u00eda da Alta Idade Media. Pero hai algo raro aqu\u00ed que a\u00ednda non dou aclarado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo-mde_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A mota do Cubelo no seu emprazamento. Ao sur o inicio do Monte Cabalar. <\/em><\/p>\n<p>Europa vive a partir do s\u00e9culo IX e especialmente no X un proceso intens\u00edsimo de <em>incastellamento<\/em> que revela o xurdimento de numerosos poderes feudais. Galicia non \u00e9 allea a este fen\u00f3meno: os datos revelan que o proceso ocorre ao mesmo tempo que no resto do occidente continental; nos arquivos galegos cons\u00e9rvase numerosa documentaci\u00f3n do s\u00e9culo X, cando monarcas, bispos e condes transaccionan con castelos, que uns doan, ceden ou conquistan a outros. Esta tupida rede de castelos perm\u00edtenos ter claras algunhas noci\u00f3ns de onde prefer\u00eda a aristocracia e a monarqu\u00eda edificar castelos: no alto dos montes, en espazos cunha visibilidade \u00e1s veces enorme; o castelo conv\u00edrtese nun referente visual dun territorio moi amplo. Non \u00e9 casual, ao meu ver, que moitos castelos que o rei elixe como cabeza dos condados nos que estaba estruturada a Galicia medieval est\u00e1n situados en espazos moi altos, que hoxe ser\u00edan considerados inhabitables, no alto das monta\u00f1as. Estou convencido que neste proceso de elecci\u00f3n da ubicaci\u00f3n non s\u00f3 se pu\u00f1an sobre a mesa cuesti\u00f3ns defensivas ou de control, sen\u00f3n tam\u00e9n simb\u00f3licas: establecer unha xerarqu\u00eda sobre o territorio. Nas Rep\u00fablicas de Homes Libres co\u00f1ecemos ben estes castelos e nos facemos continuamente preguntas sobre eles. <\/p>\n<p>Sen embargo, estas motas est\u00e1n ausentes da documentaci\u00f3n dos s\u00e9culos IX e X. Iso pode querer dicir d\u00faas cousas: ou ben estas motas pertencen a unha \u00e9poca na que non hab\u00eda rexistro documental, ou ben pertenc\u00edan a individuos que non deixaron constancia nos rexistros escritos. Sobre o primeiro caso, non \u00e9 doado de saber, porque non est\u00e1 escavada case ningunha. En Toques fix\u00e9ronse catas nunha castronela chamada O Castelo nos anos 80, e a s\u00faa dataci\u00f3n ofreceu materiais (pobres) moi &#8220;tard\u00edos&#8221;, dos s\u00e9culos V-VII. A\u00ednda que unha castronela non \u00e9 unha mota (na castronela presuponse unha funci\u00f3n non s\u00f3 militar, tam\u00e9n habitacional, como unha granxa ou a vivenda dun se\u00f1or). Pero si te\u00f1en un importante factor en com\u00fan con estes outros exemplos, e \u00e9 a existencia dun <strong>patr\u00f3n de emprazamento claramente diferenciado<\/strong> con respecto aos castelos aristocr\u00e1ticos do s\u00e9culo IX-X. Estas motas est\u00e1n ubicadas <em>no fondo dos vales, xusto nas estribaci\u00f3ns m\u00e1is baixas dalgunha monta\u00f1a, no medio das terras de cultivo e da paisaxe agraria e dispo\u00f1en dunha visibilidade relativamente reducida, limitada \u00e1s terras pr\u00f3ximas e a un radio de 2-3 quil\u00f3metros m\u00e1ximo<\/em>. F\u00edxense que este modelo tam\u00e9n aparecer\u00e1 en Galicia de novo co feudalismo consolidado: \u00e9 o do Castelo de Soutomaior ou o de Pambre, xa nos s\u00e9culos XIV-XV: o se\u00f1or quer\u00eda controlar as terras. E outro detalle: aparentemente (haber\u00eda que facer un estudo hist\u00f3rico m\u00e1is en detalle), estas motas do interior de Pontevedra est\u00e1n ubicadas nunha posici\u00f3n exc\u00e9ntrica en relaci\u00f3n \u00e1s grandes v\u00edas de comunicaci\u00f3n de \u00e9poca romana e medieval e mesmo en relaci\u00f3n \u00e1 distribuci\u00f3n humana. Esta cuesti\u00f3n p\u00f3denos facer pensar na existencia dun <em>interese moi local<\/em> na decisi\u00f3n do emprazamento. Os castelos medievais galegos sempre son constru\u00eddos en relaci\u00f3n \u00e1 distribuci\u00f3n de territorios, feudos e posesi\u00f3ns dos arist\u00f3cratas, constr\u00faense cunha visi\u00f3n <em>estrat\u00e9xica<\/em> do territorio (visibilidades, v\u00edas de comunicaci\u00f3n, recursos, enfrontamento con outras familias, etc&#8230;). Aqu\u00ed non parecen existir estes factores. <\/p>\n<p>A trav\u00e9s dun modelo dixital de elevaci\u00f3n imos ver tres casos:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo-mde_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ubicaci\u00f3n da Mota do Cubelo (Tabeiros, A Estrada)<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo-mde_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Mouteira (Fix\u00f3, A Millarada, Soutelo de Montes)<br \/>\n<\/em><br \/>\nA Mouteira, da que xa temos falado en Cap\u00edtulo Cero, est\u00e1 moi pr\u00f3xima \u00e1 do Cubelo e parece seguir o mesmo tipo de emprazamento, a escasa distancia dos montes que pechan o val pero nun outeiro artificializado por todas as s\u00faas partes. <\/p>\n<p>O seguinte exemplo \u00e9 O Castelo (Melide, Toques), ubicado tam\u00e9n nas estribaci\u00f3ns dun val. Esta \u00e9 a \u00fanica castronela da que eu co\u00f1ezo unha dataci\u00f3n arqueol\u00f3xica. Parece compartir o mesmo criterio de ubicaci\u00f3n das motas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mota_cubelo-mde_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Cubelo rev\u00e9lanos dous interesantes suxesti\u00f3ns sobre as fortificaci\u00f3ns altomedievais en Galicia. A primeira \u00e9 considerar que, se cadra, o factor de elecci\u00f3n do tipo de fortificaci\u00f3n (mota, castelo roqueira) era m\u00e1is unha decisi\u00f3n t\u00e9cnica que cultural. O modelo da mota exist\u00eda en Galicia, pero s\u00f3 se empregaba en territorios nos que non hai outeiros rochosos e agudos que, sen d\u00fabida, son unha soluci\u00f3n defensiva m\u00e1is eficaz. En Normand\u00eda, por exemplo, as terras son baixas, chas e sen afloramentos rochosos. \u00c9 normal que prevalecese ese tipo de fortificaci\u00f3n. En Galicia d\u00e1se o contrario, pero cando o construtor da mota considera determinante o factor ubicaci\u00f3n e nesa ubicaci\u00f3n non hai outeiros rochosos dispo\u00f1ibles, poder\u00eda recorrer a este tipo de soluci\u00f3ns. <\/p>\n<p>Outra cousa, como digo, son os propietarios. Quen mandaba na mota do Cubelo? \u00c9 unha boa cuesti\u00f3n. Se estas fortificaci\u00f3ns son contempor\u00e1neas das fortificaci\u00f3ns en altura, estas motas poder\u00edan corresponder a pequenos propietarios ou comunidades ausentes do rexistro documental. A ubicaci\u00f3n das fortificaci\u00f3ns ao fondo dos vales, pero no medio das paisaxes agrarias actuais (e posiblemente, xa agrarias de aquela) poder\u00edan estar respondendo a esta cuesti\u00f3n. M\u00e1is que un punto de control (non parecen estar vinculadas a cami\u00f1os importantes), poder\u00edan ser un punto de protecci\u00f3n a escala moi local e un soluci\u00f3n paralela, m\u00e1is modesta e coxuntural, aos castelos roqueiros. Pero hai unha cousa clara: a estratexia e intereses dos seus creadores \u00e9 claramente diferente.<\/p>\n<p>Outra opci\u00f3n pode ser retroceder dous ou tres s\u00e9culos no tempo e instalarnos nos reinos xerm\u00e1nicos ou na Antig\u00fcidade Tard\u00eda, e estar vendo as pequenas fortalezas que <em>possessores<\/em>, propietarios rurais, constr\u00faen nas proximidades das s\u00faas propias casas, en espazos ad hoc. Ao mellor estamos vendo unha sorte de pequenas tullas que permiten almacenar o excedente agrario con seguridade. Na medida en que desco\u00f1ecemos a organizaci\u00f3n das comunidades humanas do reino suevo, unha opci\u00f3n como esta mota permitir\u00eda responder a uns tempos duros, escuros e sobre todo, conflitivos. Deste xeito, tecnicamente o Cubelo non ser\u00eda unha &#8220;mota&#8221; (est\u00e1 establecido que xurden a finais do s\u00e9culo X), sen\u00f3n un modelo local de castronela m\u00e1is orientada \u00e1 defensa&#8230; <\/p>\n<p>Calquera das opci\u00f3ns (e desde logo pode haber outras) \u00e9 fascinante. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mota de O Cubelo (Tabeir\u00f3s, A Estrada) Cando o outro d\u00eda visitamos a mota de<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/25\/republicas-de-homes-libres-a-mota-de-o-cubelo-e-as-decisions-de-emprazamento\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: A mota de O Cubelo e as decisi\u00f3ns de emprazamento<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20246,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-20243","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20243","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20243"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20243\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20246"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20243"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20243"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20243"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}