{"id":20106,"date":"2012-03-05T00:33:56","date_gmt":"2012-03-04T22:33:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20106"},"modified":"2012-03-12T00:46:10","modified_gmt":"2012-03-11T22:46:10","slug":"interrogantes-nos-limites-do-imperio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/05\/interrogantes-nos-limites-do-imperio\/","title":{"rendered":"Interrogantes nos l\u00edmites do Imperio"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/turbie.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p>Estamos en M\u00f3naco. Desde estas alturas, obs\u00e9rvase a cuncha urbana do Principado. M\u00e1is ac\u00f3, nas encostas, as manchas azuis das piscinas dos chal\u00e9s brillan con esta doc\u00edsima luz do Mediterr\u00e1neo da Costa Azul. M\u00e1is al\u00e1, lev\u00e1ntanse as torres que se concentran no centro de M\u00f3naco, edificadas durante o boom construtivo dos 80 que fixo que o pai do actual pr\u00edncipe fora chamado con sordina nos c\u00edrculos sociais da Costa Azul como Rainiero <em>O Construtor<\/em>. Tan propio do libreto de opereta que \u00e9 M\u00f3naco, a Oficina de Turismo do Principado adoptoulle tam\u00e9n o nome a Rainiero e hoxe pred\u00edcano as\u00ed nos tours do pazo oficial. Rainiero o Construtor. O erguidor de pisos a tropecentos d\u00f3lares o metro cadrado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/turbie_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Wikipedia<\/em><\/p>\n<p>Onde n\u00f3s estamos, presidindo toda a cuncha de M\u00f3naco, outro gran construtor ergueu, hai dous mil anos, o seu triunfo. Hoxe, despois de ser canteira e castelo, a\u00ednda destaca enormemente sobre o seu contorno. \u00c9 o trofeo de La Turbie, unha das m\u00e1is descomunais obras de propaganda romana. Augusto mandou erguer aqu\u00ed un descomunal monumento para demostrar o seu trunfo sobre as tribos ligures que viv\u00edan de aqu\u00ed para arriba, nos Alpes Mar\u00edtimos. Al\u00f3 est\u00e1n enunciadas, nunha inscrici\u00f3n, todos os pobos vencidos polo primeiro emperador romano. Pero La Turbie non est\u00e1 no cume dalgunha monta\u00f1a deses vales vencidos a sangue e lume. Non. La Turbie est\u00e1 ao car\u00f3n da v\u00eda romana que levaba de Italia \u00e1 Galia e al\u00f3 onde pod\u00eda ser visto polos barcos que cruzaban o Mare Nostrum. Aos galos venc\u00e9raselles al\u00f3 enriba, pero triunf\u00e1baselles ac\u00f3 abaixo, cabo do mar, o cami\u00f1o m\u00e1is r\u00e1pido. As\u00ed que Augusto ergueu en La Turbie un monumento fascinante para conmemorar a s\u00faa gloria. Era algo relativamente habitual entre os conquistadores romanos. Pompeio ergueu un similar, tam\u00e9n, entre os pasos dos Pirineos, desaparecido durante moito tempo, e logo mudado en abad\u00eda. <\/p>\n<p>Estamos aqu\u00ed porque te\u00f1o unha gran curiosidade por co\u00f1ecer un dos monumentos augusteos en mellor estado. Cando pasamos por La Turbie, haber\u00e1 un par de anos, quixen parar ac\u00f3 alentado polas noticias que aparec\u00edan en prensa. Desde o ano 2007, un equipo de investigaci\u00f3n dirixido por Fernando Acu\u00f1a Castroviejo e Raquel Casal, catedr\u00e1tico e profesora titular respectivamente da Facultade de Historia da USC, estaban prospectando nun dos contornos arqueol\u00f3xicos m\u00e1is fascinantes (e machacados pola modernidade) de Galicia: a desembocadura do Ulla. Entre as declaraci\u00f3ns en prensa, sempre aparec\u00eda unha referencia ao que, se cadra, era a angueira principal do equipo cient\u00edfico: localizar a m\u00edtica a Turris Augusti, a Torre de Augusto. <\/p>\n<p>Algunha vez t\u00e9\u00f1ome referido no blog ao espellismo que sup\u00f3n centrarnos en procurar as fontes cl\u00e1sicas. Eu sempre penso o mesmo por dentro: por cada historia escrita nas fontes cl\u00e1sicas romanas sobre Galicia, temos miles de historias an\u00f3nimas por descubrir, ou que nunca descubriremos. Vivimos na ambivalencia: de alg\u00fan xeito, fasc\u00ednanos atopar os v\u00ednculos entre os textos e a realidade, como se ao facelo apreixaramos entre as mans un anaco de texto. E \u00e9 imposible sustraerse a esa fascinaci\u00f3n. Dos lugares m\u00edticos expresados nos textos cl\u00e1sicos, dos oestrimnios e os saefes, de Lambrica, do Magnus Portus Artabrorum, das aras sestianas e da Turris Augusti t\u00e9\u00f1ense verquido centos de p\u00e1xinas no noso pa\u00eds desde o s\u00e9culo XVII. E seguirase. <\/p>\n<p>Po\u00f1amos en antecedentes. Hai un texto dun xe\u00f3grafo cl\u00e1sico, Pomponio Mela, contempor\u00e1neo do emperador claudio. Morreu aproximadamente contra o 47 d.C. e escritor de <em>De Chorographia<\/em>, un tratado xeogr\u00e1fico do mundo. Aqu\u00ed dise o seguinte:<\/p>\n<blockquote><p>Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit f luvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem.<\/p>\n<p>Que se traduce do seguinte xeito:<\/p>\n<p><em>A bad\u00eda da cidade lambriaca recibe a aperta dos r\u00edos L\u00e9rez e Ulla. A parte que sobresae \u00e9 habitada polos Praesamarcos, por onde non lonxe desembocan os r\u00edos Tambre e Sar, o Tambre polo porto de Ebora, o Sar xunto \u00e1 Torre de Augusto, monumento memorable. <\/em><\/p><\/blockquote>\n<p>A <strong>Torre de Augusto, monumento memorable<\/strong>. Na parquedade habitual de Mela, esta descrici\u00f3n non \u00e9 unha parvada. Sabemos que as Torres de Augusto conmemoran as conquistas do emperador, pero a s\u00faa posici\u00f3n non \u00e9 casual. Ao chegaren as tropas ao Occidente, e dominaren os territorios da antiga Gallaecia, a Torre puidose ter encravado nun lugar importante para facer a s\u00faa funci\u00f3n propagand\u00edstica. E ese lugar pod\u00eda ser o r\u00edo Ulla, unha das m\u00e1is profundas v\u00edas de penetraci\u00f3n natural cara o interior do territorio galaico. A Torre do final da conquista de Hispania. A Torre da fin do mundo. <\/p>\n<p>Agora volvemos ao presente. Estamos en Pena Furada, suando, limpando a superficie do sitio arqueol\u00f3xico, coa cara chea de terra ata as cellas. Estou canda David Fern\u00e1ndez Abella e estamos vendo voar o drone co que filmamos a escavaci\u00f3n e todo o recinto que estamos a investigar. <\/p>\n<p>-Iso precis\u00e1bao eu -dime David- te\u00f1o un lugar a\u00ed en Cesures&#8230;<br \/>\n-Estiveches no da procura da Turris Augusti? -pregunteille sorprendido.<br \/>\n-Si, fumos n\u00f3s.<br \/>\n-E?<\/p>\n<p>David gardou silencio, abaneando a cabeza. \u00c9 un home moi prudente.<br \/>\n-Non o sabemos. Pero hai algo&#8230;<\/p>\n<p>Ao pouco tempo estabamos meu irm\u00e1n e m\u00e1is eu, canda a xente da empresa Argos, encargados da prospecci\u00f3n subacu\u00e1tica e superficial do Ulla, voando o drone sobre un outeiro chamado Cortinallas, inmediato ao r\u00edo Ulla, en Pontecesures. O drone, desde o alto do outeiro, sub\u00eda e sub\u00eda, pero non daba collido nin a quinta parte de todo o xacemento que quer\u00edan investigar. Aquelo era moit\u00edsimo m\u00e1is grande que Pena Furada. E moi intrigante. Desde al\u00ed arriba, sin\u00e1lanme algo enfronte. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cortinallas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Terrazas perimetrais que rodean o outeiro de Cortinallas<\/em><\/p>\n<p>Esa \u00e9 exactamente a desembocadura do r\u00edo Sar -ou sexa, estamos exactamente onde o texto do xe\u00f3grafo cl\u00e1sico dir\u00eda que est\u00e1 a Turris Augusti. Con David e os seus compa\u00f1eiros met\u00e9monos no mato no que se convertiu o outeiro, inzado de xestas, toxos e matogueira brava. Este espazo estaba sen catalogar e nel aparecen abundantes restos cer\u00e1micos, posiblemente de \u00e9poca romana. Eu vinos tam\u00e9n. Pero o m\u00e1is estra\u00f1o de todo \u00e9 outra cousa: ese outeiro parece ter muros perimetrais de pedra, unha sorte de terrazas moi s\u00f3lidas e estreitas que percorren alomenos tres das partes do outeiro e que, desde logo, non son terrazas agr\u00edcolas. Que raio \u00e9 isto?<\/p>\n<p>O equipo de Argos son moi cautos, pero non poden evitar fascinarse co que aqu\u00ed se pode atopar. Sexa o que sexa, parece algo moi estra\u00f1o. <\/p>\n<p>-Tam\u00e9n poder\u00eda ser un porto en bancada -di David. S\u00e1bese que en Pontecesures hab\u00eda un importante porto romano, e se cadra este lugar te\u00f1a que ver con isto. Hoxe o r\u00edo est\u00e1 m\u00e1is adiante, pero esas terras de a\u00ed abaixo son de aluvi\u00f3n: puido terse sedimentado tanto ata hoxe. <\/p>\n<p>A existencia dun aut\u00e9ntico porto romano ser\u00eda tam\u00e9n especialmente relevante, tanto ou m\u00e1is que a propia Turris Augusti, desde o punto de vista arqueol\u00f3xico. Imaxinen: teriamos un espazo privilexiado para saber non s\u00f3 o que chegaba a Galicia sen\u00f3n tam\u00e9n, e m\u00e1is importante, o que n\u00f3s exportabamos. E hai cousas ao seu favor. Imaxinemos que aqu\u00ed estivo a Torre de Augusto. Os grandes monumentos romanos, cando chegan ao declinio, seguen un proceso similar ao estourido dunha bomba de confeti: os seus restos vanse esparcindo polas casas pr\u00f3ximas; os elementos de prestixio conv\u00edrtense en decoraci\u00f3n das igrexas, a s\u00faa sombra fica presente en frases perdidas por documentos medievais. <\/p>\n<p>Pero a terra, as casas, os pazos, as igrexas e a documentaci\u00f3n hist\u00f3rica da veiga do Ulla gardan silencio sobre a Turris Augusti, creando un aut\u00e9ntico enigma arqueol\u00f3xico. O problema \u00e9 que o lugar vai m\u00e1is al\u00e1 da especulaci\u00f3n. Esquivando a un manso cabalo que pasta, observamos un terrapl\u00e9n que rodea as Cortinallas. E nun gran muro dunha finca hai sillares de demasiada calidade. Os arque\u00f3logos non poden pasar a\u00ednda da fase de conxeturas, pero o tomate est\u00e1 a\u00ed.<\/p>\n<p>Os profesores Acu\u00f1a e Casal, canda Argos, agardan tempos mellores para tentar resolver estas preguntas. Nos \u00faltimos trinta anos, este espazo de Pontecesures, o Monte do Porto degradouse por unha pol\u00edtica urban\u00edstica do ti vai facendo, por unha construci\u00f3n absolutamente salvaxe que modificou para sempre estas ribeiras do Ulla, que gardan m\u00e1is dun secreto fascinante. <\/p>\n<p>Observo desde Google Earth a confluencia entre o Ulla e o Sar, non deix\u00e1ndome de facer unha pregunta. E se Pomponio Mela tivera raz\u00f3n, e aqu\u00ed, no punto exacto no que el o describiu nalg\u00fan momento entre o 30 e o 40 d.C., tiveramos diante dos narices un dos monumentos memorables que marcou os estremos da fundaci\u00f3n dun Imperio, a\u00ednda acochado baixo a terra?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xusto enfronte do r\u00edo Sar, nun pequeno outeiro, un equipo arqueol\u00f3xico dubida, fascinado, ante unha serie de terrazas que parecen rodear, pola base, o lugar. Ter\u00e1n localizado a Turris Augusti, un dos grandes misterios da Galicia romana?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/03\/05\/interrogantes-nos-limites-do-imperio\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Interrogantes nos l\u00edmites do Imperio<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20110,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-20106","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20106","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20106"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20106\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20110"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20106"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20106"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20106"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}