{"id":20058,"date":"2012-02-22T01:23:34","date_gmt":"2012-02-21T23:23:34","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=20058"},"modified":"2012-02-22T14:07:45","modified_gmt":"2012-02-22T12:07:45","slug":"a-posicion-no-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/02\/22\/a-posicion-no-mundo\/","title":{"rendered":"Arrincar dos so\u00f1os"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/couso_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/couso_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Couso (Agui\u00f1o, Ribeira). Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>A cultura europea tende a intepretar o ocaso coma o final, coma o remate das cousas: esa xente que tal cousa pensou nunca estivo mergullada no interior dun solpor. Pero paseando por estes bosques ribeir\u00e1ns de Couso, perd\u00e9ndome entre os cons dos Pericos, estes labir\u00ednticos mundos esenciais de area, vento, herbas de namorar, cali\u00f1as imposibles, velaqu\u00ed estou, <a href=\"http:\/\/open.spotify.com\/track\/1Kr9lXYoCPB51AG24YDKUn \">deixando que o sol lamba a pel<\/a>, tratando co sol de ti a ti; este Couso, que sobre o mar est\u00e1 cheos de araos e baixo del de monstros submari\u00f1os perdidos nas cavernas gran\u00edticas. Cando o sol descende e se fai tan humilde que se pode dialogar con el, moves un brazo e a t\u00faa sombra fai escapar toda a vida atr\u00e1s, entre pi\u00f1eiros, xestas, panasco, tanto se estira o mundo das sombras que parece crebar; enf\u00edas a cara contra o magma e sintes as explosi\u00f3ns e as turbulencias universo en diante, e riste, riste pensando en que nunca un ocaso foi un final. <\/p>\n<p>A\u00ed vese que somos dos pobos da noite, que o noso tempo mediuse durante moitos s\u00e9culos polos ciclos lunares, e que era este astro que agora afoga \u00e1 altura de Cape May apenas unha parte m\u00e1is da cadea, e non a dram\u00e1tica. Porque este momento, no que todo parece rematar, no que o mar mesmo parece ferver, lentamente achamos a paz, a\u00ednda que non a procuremos. Cando era neno, os meus espertares eran felices, porque era o mar mesmo quen rebotaba no teito da mi\u00f1a habitaci\u00f3n, avisando das mar\u00e9s altas ou baixas no xogo de luces traslucido polas contras. Un proceso lento, case unha conversa. Neste solpor, as mi\u00f1as sombras, Couso e m\u00e1is eu conversamos, atravesados pola luz laranxa e irreverente, con esa somnolencia inmanente ao lugar, a persoa, e ao tempo. Perdimos a arte de bailar cos astros, pero nesas conversas coas luces mari\u00f1as reflectidas no teito e coas sombras que nos abandonan para o reino da noite, a\u00ednda conservamos alg\u00fans pasos e coreograf\u00edas. \u00c9 o baile do noso corpo quen nos acompa\u00f1a, nestes ocasos, para o territorio da noite. E \u00e9 curioso: como cando durmimos, e a\u00ednda que estemos acompa\u00f1ados, neste momento de solpor, coma no orgasmo, estamos sorpresiva e obrigatoriamente s\u00f3s. <\/p>\n<p>Se os nosos devanceiros cr\u00edan nas l\u00faas como a medici\u00f3n dos d\u00edas, ent\u00f3n est\u00e1 claro: o seu mundo comezaba nos so\u00f1os. Non \u00e9 unha mala lecci\u00f3n para aprender. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Couso (Agui\u00f1o, Ribeira). Fotos: Sole A cultura europea tende a intepretar o ocaso coma o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/02\/22\/a-posicion-no-mundo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Arrincar dos so\u00f1os<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":20060,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-20058","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20058"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20058\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20060"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}