{"id":19911,"date":"2012-02-04T21:52:59","date_gmt":"2012-02-04T19:52:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19911"},"modified":"2012-02-04T23:13:35","modified_gmt":"2012-02-04T21:13:35","slug":"o-noso-futuro-o-noso-presente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/02\/04\/o-noso-futuro-o-noso-presente\/","title":{"rendered":"O noso futuro, o noso presente"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rialeda_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rialeda_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rialeda_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A mi\u00f1a teloneira explicando os sacrificios maias<\/em><\/p>\n<p>Onte viv\u00edn unha experiencia fermos\u00edsima na Biblioteca de Rialeda (Oleiros). Al\u00ed, todos os anos, o centro organiza un mod\u00e9lico ciclo de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica con recursos cero (os relatores non percibimos dietas nin remuneraci\u00f3n) destinado a nenos e adolescentes. O ciclo leva a eminentes e co\u00f1ecidos divulgadores e cient\u00edficos que, durante unha hora (ou m\u00e1is) imparten a unha audiencia de educad\u00edsimos nenos curiosidades, fundamentos ou noci\u00f3ns m\u00e1is complexas de matem\u00e1ticas, biolox\u00eda, f\u00edsicas, e a partir deste ano, ciencias sociais e Historia. Todo \u00e9 fant\u00e1stico, tan abraiante e l\u00f3xico \u00e1 vez que te preguntas como \u00e9 que noutras partes de Galicia non se fai o mesmo. Cando chegas, todo o pequeno sal\u00f3n de actos est\u00e1 cheo de libros, pel\u00edculas e c\u00f3mics da biblioteca ao redor do tema que se imparte: no meu caso, toda a vikingada, mesmo cos libros galegos sobre o tema, \u00e1lbumes ilustrados de mitolox\u00eda&#8230;para que os nenos os collan se queren profundizar no tema nas s\u00faas casas. Antes de ti, unha nena dos colexios da zona pres\u00e9ntalle aos nenos, durante 10 minutos, un tema hist\u00f3rico que lle guste. A mi\u00f1a teloneira escolleu os maias, xa que este \u00e9 o ano no que eles predeciron a fin do mundo. <\/p>\n<p>E velaqu\u00ed comezou a mi\u00f1a m\u00e1is complicada comparecencia sobre os ataques vikingos a Galicia e o rexistro arqueol\u00f3xico da \u00e9poca. Te\u00f1o que dicir que, malia que falo todas as semanas varias veces en p\u00fablico, estaba aterrado: a \u00faltima vez que impartira algo a xente de 10 anos debeu ser hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada. As\u00ed que me dispuxen a contar o que eu sab\u00eda que lles poder\u00eda interesar. O que me interesar\u00eda a min se tivera os seus anos. E aconteceu o que me sorprendeu. D\u00e1balles noci\u00f3n de interpretaci\u00f3n do terreo, para ver se eran capaces de reco\u00f1er as alteraci\u00f3ns artificiais da paisaxe: murallas discretas e foxos recheos no medio de infames eucalipteiras. Uns cantos mall\u00e1banas, detectaban cousas que moitas veces, os adultos, non conseguen reco\u00f1ecer nin a\u00ednda que llas expliques. E frit\u00edanme a preguntas absolutamente pertinentes: <\/p>\n<p>-Como se entend\u00edan os vikingos e os galegos se falaban linguas diferentes?<br \/>\n-Por que ti\u00f1an esas cabezas na parte dianteira dos barcos?<br \/>\n-Por que o se\u00f1or escapou con todas as riquezas, que deb\u00edan pesar moito?<br \/>\n-Por que despois de roubar un mosteiro queim\u00e1bano, se xa quedaran con todo?<\/p>\n<p>Reflexionabamos sobre o prezo dos secuestros e a vida das persoas. <\/p>\n<p>-A ver, nenos, canto vale a vida dun familiar que est\u00e1 preso nun barco dos Lordomanos?<br \/>\n-Cincocentos mil mill\u00f3ns! -saltaba un bulideiro loiro.<br \/>\n-Pois por Meitilli e Gocina houbo que pagar unha espada, unha camisa, unha vaca, tres modios de sal&#8230;<br \/>\n-Que pouco!<br \/>\n-Pouco? Ou ser\u00eda moito nesa \u00e9poca? (fiquei pensando, isto \u00e9 moi bo, pero te\u00f1o que desenvolver m\u00e1is esta parte do prezo da vida para os nenos, est\u00e1 verde)<\/p>\n<p>Manolo Gonz\u00e1lez, a quen lle agradezo a asistencia, reflexionaba sobre a educaci\u00f3n desde a s\u00faa experiencia docente en secundaria. <\/p>\n<p>-A esta idade son incribles. Logo convert\u00e9molos en aut\u00f3matas. A\u00ed \u00e9 onde se ven os problemas da educaci\u00f3n actual. <\/p>\n<p>Estivemos hora e pico falando do tema. Nas vindeiras semanas co\u00f1ecer\u00e1n os petr\u00f3glifos de Pena Furada, os gases e os l\u00edquidos, as enerx\u00edas renovables, o xard\u00edn de Mendel, o funcionamento das redes neuronais e ver\u00e1n como a qu\u00edmica os rodea. Ao rematar -eu estaba exhausto- pensei que estes nenos son tremendamente afortunados porque contan, no seu concello, con persoal competente dinamizando esas espirais de co\u00f1ecemento que son as Bibliotecas. Pensei o baratas que resultan as bibliotecas, en relaci\u00f3n aos enormes beneficios que dan \u00e1s s\u00faas comunidades: son unha aut\u00e9ntica ganga que moitos se empe\u00f1an en po\u00f1er en entredito con desvergo\u00f1a. Pensei en como me gustar\u00eda que, en moitos sitios de Galicia, os nenos puideran acceder a outras v\u00edas de co\u00f1ecemento al\u00e9n dos procesos institucionalizados. Pensei que \u00e9, sobre todo, cuesti\u00f3n de vontade, da esixencia de pais, de funcionarios t\u00e9cnicos e da propia sociedade que o esixa: m\u00e1is que nunca precisamos ciencia e cultura. <\/p>\n<p>Ent\u00e9ndese ben que o proxecto de animaci\u00f3n \u00e1 lectura desta biblioteca de Rialeda levara o ano pasado o Premio Mar\u00eda Moliner do Ministerio de Cultura para bibliotecas de localidades de Espa\u00f1a entre 20.001 e 50.000 habitantes. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole A mi\u00f1a teloneira explicando os sacrificios maias Onte viv\u00edn unha experiencia fermos\u00edsima na&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/02\/04\/o-noso-futuro-o-noso-presente\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O noso futuro, o noso presente<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19914,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35],"tags":[],"class_list":["post-19911","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19911","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19911"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19911\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19914"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19911"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19911"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19911"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}