{"id":19841,"date":"2012-01-27T01:13:40","date_gmt":"2012-01-26T23:13:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19841"},"modified":"2012-01-27T09:12:09","modified_gmt":"2012-01-27T07:12:09","slug":"falalles-de-nos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/27\/falalles-de-nos\/","title":{"rendered":"F\u00e1lalles de n\u00f3s"},"content":{"rendered":"<p><object width=\"620\" height=\"515\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/ZgL5VHS8z3o?version=3&#038;start=968&amp;hl=es_ES\"><\/param><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\"><\/param><param name=\"allowscriptaccess\" value=\"always\"><\/param><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/ZgL5VHS8z3o?version=3&#038;&#038;start=968&amp;hl=es_ES\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" width=\"620\" height=\"515\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"true\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Galicia \u00e9 un pa\u00eds pequeno, e o que te\u00f1en os pa\u00edses pequenos; o problema dos pa\u00edses pequenos \u00e9 que tenden a facer unha moral pequena, acorde \u00e1 nosa circunstancia. Subordinamos o que temos, o que fixemos, a niveis intermedios. Pero isto que vos presento hoxe, vouno dicir xa, \u00e9 para min unha das grandes pezas de ret\u00f3rica do s\u00e9culo XX no mundo, algo capaz de remexerte por dentro e transformarte, a\u00ednda que sexa por cinco ou dez minutos. \u00c9 este v\u00eddeo que vos quero amosar, e que \u00e9 parte da colecci\u00f3n orixinal As Nosas Voces que foi editando o Consello da Cultura Galega ao longo dos 90 en cassete e que agora estamos a redixitalizar gradualmente.<\/p>\n<p>Isto que podedes escoitar aqu\u00ed (avancei no v\u00eddeo de Youtube ata o momento no que comeza a parte intensa do discurso) \u00e9, ao meu ver, unha das grandes pezas ret\u00f3ricas do s\u00e9culo XX polo que representa. Estamos en Bos Aires, en 1955. A colectividade galega financiara a viaxe a Bos Aires de Don Ram\u00f3n Otero Pedrayo, un dos eslab\u00f3ns do que significou Galicia antes da Guerra Civil, un dos poucos que puido ficar no pa\u00eds. Neste acto estano a despedir, de volta a Galicia. Sit\u00faense: estamos nun sal\u00f3n ateigado de xente, despois de xantar. Hai que imaxinarse o sal\u00f3n cheo de fume, as copas de co\u00f1ac, m\u00e1is ou menos rematadas, os panos da man sobre as mesas, os manteis enrugados e unha manda de exiliados e emigrantes de todas as clases sociais. <\/p>\n<p>Aquela xente sab\u00eda o que eran os s\u00edmbolos. Cr\u00edan nos s\u00edmbolos. Eu recom\u00e9ndote que escoites estes dez ou quince minutos coas luces baixas, para prestar atenci\u00f3n \u00e1s voces que se escoitan atr\u00e1s, \u00e1 profundidade da sala. Vas escoitar, de s\u00fapeto, a historia da Europa do s\u00e9culo XX. A historia dos emigrantes, a historia dos exiliados que tiveron que marchar do seu pa\u00eds por pensar diferente, esas historias dif\u00edciles, pero tam\u00e9n as luminosas. Van escoitar a historia da perseverancia, da transmisi\u00f3n, da cadea, das pequenas naci\u00f3ns que teiman en agromar tralo Rexurdimento e o romantismo do XIX. Su\u00e1rez Picallo sabe que esta despedida \u00e9 para sempre: que Otero non vai volver, e el nunca vai retornar para Galicia, pero fala con tal autoridade moral, con tal forza espiritual, que o seu discurso \u00e9 capaz de traspasar s\u00e9culos e p\u00f3r a pel de gali\u00f1a, porque en certo xeito, as verdades que pronuncia Su\u00e1rez Picallo hai que seguir pronunci\u00e1ndoas e afirm\u00e1ndoas. Neste discurso -unha peza que debera figurar en todas as antolox\u00edas de ret\u00f3rica do s\u00e9culo XX, canda <em>I have a dream<\/em>, e non bromeo- est\u00e1 a fenda, as arelas, as derrotas e o futuro, sempre o futuro, de Galicia. Esc\u00f3iteno. E d\u00edgolles m\u00e1is. F\u00e1ganllo escoitar a outra xente. <\/p>\n<p><em>Para que fagas unha preescoita r\u00e1pida, o v\u00eddeo comeza m\u00e1is adiante, xa metidos de cheo no discurso de Ram\u00f3n Su\u00e1rez Picallo. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galicia \u00e9 un pa\u00eds pequeno, e o que te\u00f1en os pa\u00edses pequenos; o problema dos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/27\/falalles-de-nos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">F\u00e1lalles de n\u00f3s<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19847,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-19841","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19841","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19841"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19841\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19847"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19841"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19841"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19841"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}