{"id":19807,"date":"2012-01-25T00:27:14","date_gmt":"2012-01-24T22:27:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19807"},"modified":"2012-02-18T11:32:54","modified_gmt":"2012-02-18T09:32:54","slug":"mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/25\/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus\/","title":{"rendered":"Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O monte Larouco. Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nNa raia entre Galicia e Portugal, da banda galega est\u00e1 Baltar e da lusa Montealegre. Aqu\u00ed, en Montealegre, na fregues\u00eda de Vilar de Perdizes, vivimos un dos m\u00e1is fascinantes momentos arqueol\u00f3xicos da nosa vida: poder ollar directamente, aos ollos, como poucas veces se puido facer en Galicia, a un aut\u00e9ntico deus dos antigos tempos. Vimos este monte, o Larouco, o seu monte, cuberto de neve, s\u00f3 despois de visitar ao deus no seu acocho. Crimos percibilo entre as sombras. Este monte, agora e sempre, estar\u00e1 marcado pola figura que habitou as s\u00faas monta\u00f1as, durante s\u00e9culos e s\u00e9culos, na imaxinaci\u00f3n das xentes que viviron ao redor del. <\/p>\n<p>Preciso que vos po\u00f1ades en contexto. <\/p>\n<p>Compartido por concellos galegos como Baltar e por concellos portugueses como Vilar de Perdizes, o monte Larouco \u00e9 un territorio m\u00edtico, un lugar m\u00e1xico e fisicamente especial; hoxe \u00e9 un dos mellores lugares de Galicia, por exemplo, para facer parapente, debido \u00e1s especiais condici\u00f3ns t\u00e9rmicas dos vales que o rodean. Pero desde hai moito tempo s\u00e1bese que era a morada dun Deus prerromano. S\u00e1bese porque tanto na banda galega como portuguesa do monte localiz\u00e1ronse aras romanas dedicadas a Larouco, e case sempre d\u00e1ndolle os m\u00e1ximos atributos, M\u00e1ximo, equipar\u00e1ndoo co mesmo Xupiter romano. Fix\u00e1devos o potente que era a impronta deste deus na cultura local que o seu nome perviviu na monta\u00f1a durante dous mil anos e chegounos, intacto, ata hoxe. O deus Larouco. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos e ilustraci\u00f3n da Pena Escrita: Mar\u00eda Joao Correia Santos in &#8220;<a href=\"http:\/\/unizar.academia.edu\/MariaJoaoCorreiaSantos\/Papers\/409104\/Santuarios_rupestres_no_Ocidente_da_Hispania_Indo-europeia_ensaio_de_tipologia_e_classificacao \">Santuarios rupestres no Ocidente da Hispania Indo-europeia: ensaio de tipologia e classifica\u00e7\u00e3o<\/a>&#8220;<\/em><\/p>\n<p>No altar rupestre de Vilar de Perdizes, os crentes erixiron, no mellor estilo galaico, d\u00faas aras. Unha delas dedicada a Larouco e outra a Xupiter, como vedes na reconstruci\u00f3n que fixo Mar\u00eda Joao Correia Santos. Non vaia ser o demo. <\/p>\n<p>O que non se sab\u00eda \u00e9 que nunca chegariamos a ver a cara dese deus. O deus m\u00e1is grande dos galaicos da zona. O deus Larouco. <\/p>\n<p>P\u00eddoche que vexas este v\u00eddeo. Foi o Padre Fontes, en Vilar de Perdizes, un dos sacerdotes m\u00e1is singulares de Portugal, quen nos permitiu ver por primeira vez a cara e a figura de Larouco, escondida durante s\u00e9culos. <\/p>\n<p><object width=\"620\" height=\"345\"><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/Ih5tMBI3YK0?version=3&amp;hl=es_ES&#038;cc_load_policy=1\"><\/param><param name=\"allowFullScreen\" value=\"true\"><\/param><param name=\"allowscriptaccess\" value=\"always\"><\/param><embed src=\"http:\/\/www.youtube.com\/v\/Ih5tMBI3YK0?version=3&amp;hl=es_ES&#038;cc_load_policy=1\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" width=\"620\" height=\"345\" allowscriptaccess=\"always\" allowfullscreen=\"true\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>O v\u00eddeo est\u00e1 subtitulado en galego porque fixen a proba con varias persoas, e cust\u00e1balles seguir ao Padre Fontes. Deste xeito, o visionado do v\u00eddeo \u00e9 m\u00e1is c\u00f3modo. <\/p>\n<p>Que, como se che queda o corpo? Al\u00ed, baixo aquela trapa, estaba un secreto gardado pola igrexa durante s\u00e9culos. Moi posiblemente, a terrible figura de Larouco, unha imaxe tan potente que foi precisa agachala nun lugar cristi\u00e1n, para que non puidera ser venerada. Pero tan poderosa, que ningu\u00e9n se atreveu a destru\u00edr durante s\u00e9culos. Custodiada baixo unhas t\u00e1boas, por se acaso. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed est\u00e1 a figura en grande para que a poidas apreciar ben. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Impresionante, non?<\/p>\n<p>Fix\u00e1devos ben nos seus rasgos. Masculinidade absoluta, amosada non s\u00f3 no falo sen\u00f3n tam\u00e9n na proporci\u00f3n do t\u00f3rax en relaci\u00f3n \u00e1s pernas. Fix\u00e1devos nos enormes brazos, o dereito agarrando o martelo; por desgraza, o esquerdo comprobei in situ que sufriu nalg\u00fan momento algunha agresi\u00f3n. Non sabemos se nesa man hab\u00eda algo m\u00e1is. <\/p>\n<p>O fascinante \u00e9 que creo que se pode supo\u00f1er, bastante ben, quen \u00e9: a s\u00faa xenealox\u00eda, o seu universo, o seu espazo, o universo m\u00edtico. Digo isto coa m\u00e1xima humildade, por suposto. A asociaci\u00f3n da figura co deus Larouco parece bastante evidente polo contorno e determinados rasgos da figura, pero hai que lembrar que est\u00e1 descontextualizada do seu espazo orixinal (ou non, eu creo que o seu contexto \u00e9 do m\u00e1is interesante). Pero \u00e9 imposible non substraerse a estas hip\u00f3teses. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Representaci\u00f3ns do Sucellus galo.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/larouco_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Cerne Abbas, en Inglaterra. Tradicionalmente asociouse \u00e1 figura do Dagda. <\/em><\/p>\n<p>Este deus, ao meu ver, \u00e9 aquel a quen os galos chamaban Sucellus ou Sucellos e os irlandeses chamaban Dagda (o Pai, ou o Gran Pai). \u00c9 o se\u00f1or de todos os deuses. Os seus atributos gardan unha relaci\u00f3n con esa figura que se repite tanto na Galia celta (penetrando en Hispania) como en Irlanda. A conexi\u00f3n co Dagda irland\u00e9s foi suxerida polo catedr\u00e1tico da USC Marco Garc\u00eda Quintela. Nada m\u00e1is velo, lembrou o episodio da <a href=\"http:\/\/www.sacred-texts.com\/neu\/cmt\/cmteng.htm\">Segunda batalla de Mag Tuired<\/a>, na que se fala de que o Dagda ten un pene tan grande que lle colgaba ata o chan, e levaba sempre con el unha porra: o Dagda \u00e9 tam\u00e9n o gran deus do clan -m\u00e1is que pante\u00f3n- das divinidades irlandesas. Sucellus, de quen non co\u00f1ecemos imaxes ata a s\u00faa asimilaci\u00f3n dentro do pante\u00f3n romano, pres\u00e9ntase cun gran mazo: \u00e9 o deus forxador, o traedor da prosperidade. Esta ser\u00eda a primeira imaxe en toda a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica deste deus tremendo. Pero a diferencia do deus galo, xa moi romanizado, asimilado a H\u00e9rcules, estoutra figura v\u00e9n, sen d\u00fabida, desde moito m\u00e1is atr\u00e1s, desde as penumbras da Idade do Ferro. Estamos falando dun universo cultural com\u00fan, pero este Larouco par\u00e9cese m\u00e1is a un Dagda que a Sucellus. Esta figura \u00e9 m\u00e1is do Ferro que romana, a\u00ednda que a s\u00faa execuci\u00f3n (que non o sei) poida ter sido en cronolox\u00eda romana.  <\/p>\n<p>Pero cando vin por primeira vez esta figura, os pelos pux\u00e9ronseme de gali\u00f1a, por un motivo. Lembrei algunhas lendas que eu mesmo escoitara nas aldeas, ao p\u00e9 dalg\u00fans montes senlleiros de Galicia. Lembrei outras que lera. As lendas dos esquencidos xigantes, relegados no folclore e nos libros como tam\u00e9n o son a simp\u00e1tica xente cativa. Antes, no imaxinario desta terra, estou convencido, os xigantes percorr\u00edan de noite vales e r\u00edos, saltando de monta\u00f1a e mont\u00f1a. A n\u00f3s chegaron s\u00f3 alg\u00fans. <\/p>\n<p>E aqueles xigantes dos que eu escoitara e lera levaban martelo. Eran xigantes que eran se\u00f1ores dos montes, viv\u00edan neles ou no outromundo que est\u00e1 nas s\u00faas profundidades, cami\u00f1aban espidos, e levaban martelo. Coma no Pico Sacro, onde <a href=\"http:\/\/www.tierragallega.com\/ritosyleyendas\/LEYENDAS\/framePICOSACRO.HTML\">dous xigantes con martelo<\/a> custodian as portas do antigo mundo que se esconde no seu interior. <\/p>\n<p>Igual que Larouco mantivo, miragreiramente, o seu nome na raia entre Galicia e Portugal, se cadra o deus seguiu vivindo na memoria das xentes, cos seus atributos b\u00e1sicos, preservado nos montes sagrados de Galicia coma as m\u00e1moas, os cami\u00f1os ancestrais e os castelos derrubados de antes do primeiro milenio: as monta\u00f1as como preservadoras do tempo, pero tam\u00e9n da imaxinaci\u00f3n humana. Eis o deus pai. Un xigante fornido, rei, con caldeiro, gran musculatura, de sexualidade rotunda. <\/p>\n<p>Un deus m\u00e1ximo da Idade do Ferro. <\/p>\n<p><em>Quero agradecer fondamente a Miguel Losada, da <a href=\"http:\/\/antropoloxiagalega.org\/index.php\/gl\/\">Sociedade Antropol\u00f3xica Galega<\/a>, que, hai bastantes meses (ano?), me amosara por primeira vez esta imaxe, e que fixera as xesti\u00f3ns oportunas para que puidera eu -e v\u00f3s- ver esta marabilla. S\u00f3 con bos e xenerosos como el e a Sociedade Arqueol\u00f3xica Galega, e moitos outros, poderemos ser quen de enriquecer o futuro deste pa\u00eds co seu propio pasado. <\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 importante sinalar o traballo do Padre Fontes, unha figura singular e indispensable para comprender Tras-os-Montes e o Barroso na actualidade. Emprendedor, priscilianista, ao redor de Vilar de Perdizes foi quen de aceptar e asimilar o forte sustrato tradicional das crenzas da zona, com\u00fans con Galicia, e outorgarlles dignidade. \u00c9 unha figura moi famosa en todo Portugal. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos conf\u00edns entre Galicia e Portugal estivo agochado, durante s\u00e9culos, atrapado e protexido ao mesmo tempo, a figura dun deus brutal, un deus da Idade do Ferro. Viaxamos \u00e1 serra do Larouco. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/25\/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19813,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-19807","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19807","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19807"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19807\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19813"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19807"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19807"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19807"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}