{"id":19756,"date":"2012-01-22T20:58:42","date_gmt":"2012-01-22T18:58:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19756"},"modified":"2012-01-25T00:29:20","modified_gmt":"2012-01-24T22:29:20","slug":"deuses-e-deusas-na-raia-ii-a-historia-dos-homes-paxaro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/22\/deuses-e-deusas-na-raia-ii-a-historia-dos-homes-paxaro\/","title":{"rendered":"Deuses e deusas na raia (II): a historia dos homes paxaro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/homes_paxaro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O castro de Formigoso. Foto: Alberto Mah\u00eda<\/em><\/p>\n<p>Aos deuses pasoulles como ao vello Weland do que fala Puck pola man de Rudyard Kipling. Os tempos pasaron e os antigos deuses convert\u00e9ronse en rid\u00edculas sombras do que foron, pero seguiron existindo. Alg\u00fans convert\u00e9ronse en meni\u00f1os de pedra, e de tanto ollar ao c\u00e9o que os tapaba mimetiz\u00e1ronse con el. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed, cabo da raia entre Galicia e Portugal, neste estremo sur da provincia de Ourense, deuses e homes cruz\u00e1ronse ao redor da V\u00eda da Prata e outros cami\u00f1os que foron percorrendo estas terras secas de xestas xigantes e pened\u00edas infinitas. Por eses vieiros chegaron os homes traendo aos seus deuses nos so\u00f1os; marmull\u00e1banos cada vez que un novo sucedido ou un novo territorio acontec\u00eda, e mentres os homes durm\u00edan, os deuses percorr\u00edan as terras novas dot\u00e1ndoas de nomes, de sentidos, ou sentando cabo dos deuses anteriores a pactar que ficaba de cada quen. Galicia xa foi diversa hai miles de anos, e aqu\u00ed se expresa en innumerables sitios. No anterior post de <em>Deuses e deusas na raia<\/em> aludiamos a unha lenda de moura, que vai m\u00e1is al\u00e1 dos c\u00e1nones da lenda, expresando rasgos que te\u00f1en m\u00e1is que ver cun ciclo mitol\u00f3xico que cos vellos microrrelatos campesi\u00f1os, e no que un mundo da Idade do Ferro mest\u00farase coas aristocracias da Idade Moderna. Nesta ocasi\u00f3n imos observar unha fermosa figura que me remitiu un lector de Cap\u00edtulo Cero, Alberto Mah\u00eda, e que localizou nos montes da Mezquita tras seguir as indicaci\u00f3ns da s\u00faa avoa. <\/p>\n<p>A figura at\u00f3pase nas proximidades dun castro singular: o castro\/castelo de Formigoso, no concello da Mezquita. Unha interesante acr\u00f3pole que ten toda a pinta de ser do Ferro II, a\u00ednda que quen sabe se as s\u00faas orixes non se remontan moito m\u00e1is atr\u00e1s, como moitos outros castros da contorna. Como moitos dos castros galegos, hoxe comezamos a saber que a chicha -se o tempo non a destrozou moito- est\u00e1, moitas veces, ao redor das murallas, no exterior. Buscamos como nun pano de man de terciopelo as \u00faltimas enrugas que algu\u00e9n deixou ao tocar o territorio por derradeira vez, antes que todo el barbara e se durmira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/homes_paxaro_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este petr\u00f3glifo ch\u00e1mase o Meni\u00f1o de Pedra; hoxe est\u00e1 esquencido pero non foi as\u00ed durante s\u00e9culos, cando esta figura gardou os l\u00edmites de tres parroquias, C\u00e1davos, Santigoso e Castromil; as parroquias pod\u00edan terse dividido no castro, como fan moitas veces, pero optaron por facelo aqu\u00ed, cabo do Meni\u00f1o de Pedra. A s\u00faa cronolox\u00eda, cando menos, para min, \u00e9 totalmente imprecisa: que foi antes, o l\u00edmite ou o limitante? O Meni\u00f1o de Pedra pertence a unha xenea de petroglifos non doadamente clasificables estendidos por todo o pa\u00eds, petr\u00f3glifos que representan figuras esquem\u00e1ticas nunha posici\u00f3n moi determinada. Non \u00e9 o que procuro, a cronolox\u00eda, sen\u00f3n que te deixes levar comigo hoxe a trav\u00e9s dos s\u00edmbolos, nos trazos sut\u00eds, e no que conectan ao longo da pen\u00ednsula e no continente. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/homes_paxaro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O Meni\u00f1o est\u00e1 cos brazos abertos, de par en par, como se el mesmo fose unha br\u00faxula, orientado o corpo de norte a sur e os brazos de leste a oeste; se o meni\u00f1o fose un home, estar\u00eda orando ao c\u00e9o. Se este Meni\u00f1o fose un deus, se cadra estivese representando un xesto amistoso desde a Terra dos So\u00f1os, que \u00e9 a mesma que a Terra dos Mortos: <\/p>\n<p><em>V\u00e9n aqu\u00ed comigo, aqu\u00ed estou cos brazos abertos, cabo do sol e da l\u00faa.<br \/>\n<\/em><br \/>\nNesta figura, que viste unha sorte de saia pero para a que non \u00e9 doado definirlle x\u00e9nero -e se cadra iso sexa as\u00ed por algo- hai moita m\u00e1is complexidade que o que aparente. Quero que se fixen nas d\u00faas mans. A da dereita est\u00e1 aberta, pero s\u00f3 parece ter tres dedos; a da esquerda parece un pu\u00f1o pechado. Raro, non? Pois agora observade a figura m\u00e1is \u00e1 esquerda deste panel de aqu\u00ed embaixo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/formigoso_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha curiosa figura gravaba na cuberta do dolmen A Casota do Paramo, nos chans do Barbanza (Boiro). Desde a \u00e9poca de Schulten, esta estra\u00f1a figura ten intrigado aos expertos que a visitaron. Todo o mundo v\u00e9n a coincidir que \u00e9 ben posterior ao propio dolmen, pero a \u00e9poca non \u00e9 doada de marcar. Manuel Santos ten sinalado unha posible ascendencia da Idade do Ferro, con moitas cautelas. Igual que o Meni\u00f1o de Pedra e outras figuras de orantes repartidas polos penedos de todo o pa\u00eds, estas figuras son tan estra\u00f1as que desconcertan. O intrigante \u00e9 que, tanto na disposici\u00f3n do pu\u00f1o pechado e a man aberta, que non \u00e9 unha soluci\u00f3n l\u00f3xica dunha escultura precaria, sen\u00f3n algo m\u00e1is complexo de representar, o Meni\u00f1o de Pedra do Formigoso e a figura da Casota do Paramo sen moi parecidas. Parecen describir o mesmo \u00bfrito? E estamos a 190 quil\u00f3metros de distancia en li\u00f1a recta entre unha e outra! <\/p>\n<p><em>Como un besbexo os homes durmen pola noite e os deuses cami\u00f1an polo alto das monta\u00f1as, collendo ideas do feixe e bot\u00e1ndoas ao vento.<br \/>\n<\/em><br \/>\nNo anterior panel tam\u00e9n vedes outras d\u00faas figuras de cronolox\u00eda algo m\u00e1is clara: galaicorromanas. A superior \u00e9 unha figura en Bembibre, no Bierzo, tam\u00e9n de brazos abertos. A m\u00e1is chamativa \u00e9 a de abaixo, a dese Cernunnos que abre unhas mans enormes e parece posu\u00edr uns cornos ben estra\u00f1os, unha figura que mestura o animal e o humano, como moitas veces acontece nos deuses. \u00c9 o Vestio Alonieco, e cons\u00e9rvase no Museo de Pontevedra. A el consagr\u00e1ronse unhas aras en Louriz\u00e1n, e este baixorrelevo atopouse tam\u00e9n nas proximidades do achado. R\u00edos de tinta te\u00f1en corrido sobre el, asoci\u00e1ndoo a Cernunnos, a Lugh, a deuses do al\u00e9n que ve\u00f1en recibir. Ata agora era a m\u00e1is expresiva representaci\u00f3n dun deus vern\u00e1culo da vella Gallaecia. <\/p>\n<p>Blanca Mar\u00eda Pr\u00f3sper ten interpretado as invocaci\u00f3ns dirixidas a este cornudo aperturista. Aras latinas que adoran a un deus de nome celta, Vestio Alonieco. <\/p>\n<p>&#8220;Ao deus da Pradeira de Alona&#8221;. O ser das pradeiras, dos pastos, do mundo aberto. <\/p>\n<p>Pero hai un detalle tremendamente fermoso no Meni\u00f1o de Pedra de Formigoso. A s\u00faa man dereita, como dicimos, est\u00e1 aberta, pero s\u00f3 ten tres dedos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/formigoso_calco.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Reconstruci\u00f3n aproximada a partir de fotograf\u00edas do gravado do Formigoso. Manuel Gago<\/em><\/p>\n<p>O arque\u00f3logo Manuel Santos advertiu un importante detalle no feito de que s\u00f3 te\u00f1a tres dedos que, como podedes ver polo arco que trazan, foron deliberadamente definidos as\u00ed. Esta figura ten atributos non humanos. Convencionalmente, esa man de tres dedos interpr\u00e9tase na arte prehist\u00f3rica como a figuraci\u00f3n da pata dun paxaro. Santos faloume dun s\u00edmbolo que percorre a arte prehist\u00f3rica europea: os homes-paxaro. Un dos exemplos m\u00e1is fermosos non est\u00e1 moi lonxe de aqu\u00ed, no portugu\u00e9s Val da Foz C\u00f4a. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/formigoso_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Escena de combate na rocha 3 da Vermelhosa. Dous guerreiros, un deles cun cabalo asociado, con cadanseu gran penes -un deles tatuado- loitan na rocha. <\/em><\/p>\n<p>O combate dos homes-paxaro, rexamente armados, con todas as atribuci\u00f3ns dos grandes guerreiros. Fix\u00e1devos nas mans de tres dedos, por certo, coma o noso Meni\u00f1o de Pedra do Formigoso. Pero estes homes que parecen ou lembran a paxaros est\u00e1n por todas partes, en saltos cronol\u00f3xicos que dan ata medo. O cham\u00e1n de Siribela, na magn\u00edfica \u00e1rea arqueol\u00f3xica de Tour\u00f3n (Pontevedra), tam\u00e9n parece representar nos seus brazos estendidos (coma sempre), d\u00faas \u00e1s ou mans enormes (aprecien tam\u00e9n o pene). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chaman_touron.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Turismo de Pontevedra<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mones.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>&#8230;e de volta \u00e1 Idade do Ferro, na diadema de Mones (Asturias), os guerreiros que cabalgan vanse transformando, igual que na Foz Coa, en paxaros, no seu transo cara o outro mundo, nun tema moi habitual no mundo c\u00e9ltico e que Manolo Rivas contemporizou maxistralmente na s\u00faa novela <em>En salvaxe compa\u00f1a<\/em>, cos feros corvos de Xallas de Pondal. Os paxaros, transos entre este mundo e o outro. Vela\u00ed na Bad\u00eda de Cardig\u00e1n, en Gales, onde os paxaros de Rhiannon son quen de matar aos vivos e resucitar aos mortos co seu canto. Al\u00f3 embaixo, al\u00f3 atr\u00e1s, nos nosos so\u00f1os de morte voamos como paxaros para a eternidade. A morte \u00e9 liberdade, liberaci\u00f3n. <\/p>\n<p>A finais da Idade do Bronce nos territorios n\u00f3rdicos:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/formigoso_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un d\u00eda coma hoxe, vexo os estorninos percorreren en bandadas as r\u00faas de Compostela, cabo da Alameda. Os paxaros m\u00e9cense cara o vento: o seu destino est\u00e1 negociado coas correntes invisibles que sobrevoan a terra levando aires, p\u00f3lenes, humidades. Durante a Prehistoria do vello continente os paxaros percorreron Europa sendo eles mesmos mortos, os nosos seres queridos que nos ollaban desde o alto dos bosques, al\u00e9n onde non iamos chegar, no \u00fanico lugar no que podiamos ser libres nun mundo brutal de violencia e rapina. Homes que iniciaron o seu proceso de liberaci\u00f3n, mudando mans por \u00e1s. Homes-paxaro de Rhiannon, de Mones, de Formigoso e da Foz Coa. <\/p>\n<h3>Para saber m\u00e1is:<\/h3>\n<p>LU\u00cdS, Lu\u00eds: &#8220;Em busca dos cavaleiros con cabe\u00e7a de p\u00e1ssaro. Perspectivas de investiga\u00e7\u00e2o da pr\u00f3to-hist\u00f3rica no Vale do C\u00f4a&#8221; in <em>Arte prehist\u00f3rico al aire libre en el sur de Europa<\/em>. [<a href=\"http:\/\/igespar.academia.edu\/Lu%C3%ADsMiguelLu%C3%ADs\/Papers\/536826\/Em_busca_dos_cavaleiros_com_cabeca_de_passaro_Perspectivas_de_investigacao_da_proto-historia_no_Vale_do_Coa\">pdf<\/a>]<\/p>\n<p>PENA Gra\u00f1a, A.: &#8220;O cami\u00f1o a Finisterre dos celtas&#8221; , in Galegos 3, 2008. [<a href=\"http:\/\/www.ezaroediciones.com\/wp-content\/uploads\/2008\/03\/13-g3_cronica_o-celtismo.pdf\">pdf<\/a>]<\/p>\n<p>SANTOS, Manuel: &#8220;Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica&#8221;. Tapa, 38. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No concello da Mezquita, unha figura rupestre aos p\u00e9s dun castro l\u00e9vanos a unha viaxe pola antiga mitolox\u00eda da prehistoria europea e unha das s\u00faas enigm\u00e1ticas figuras. Prop\u00f3\u00f1olles unha viaxe a partir de s\u00edmbolos que se reproducen de territorio en territorio. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/22\/deuses-e-deusas-na-raia-ii-a-historia-dos-homes-paxaro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Deuses e deusas na raia (II): a historia dos homes paxaro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19761,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-19756","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19756","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19756"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19756\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19761"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19756"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19756"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19756"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}