{"id":19734,"date":"2012-01-20T20:54:29","date_gmt":"2012-01-20T18:54:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19734"},"modified":"2012-01-20T22:29:03","modified_gmt":"2012-01-20T20:29:03","slug":"deuses-e-deusas-na-raia-i-a-moura-do-muro-da-cidade-de-medeiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/20\/deuses-e-deusas-na-raia-i-a-moura-do-muro-da-cidade-de-medeiros\/","title":{"rendered":"Deuses e deusas na raia (I): a Moura do Muro da Cidade de Medeiros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/muro_cidade_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A muralla do Muro da Cidade. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Durante tres d\u00edas, imos facer un pequeno pero fascinante percorrido por un mundo que \u00e9 subterr\u00e1neo, vol\u00e1til, fermoso e ambiguo: o mundo dunha mitolox\u00eda antiga, al\u00e9n do cristianismo; perdimos os nomes e as angueiras desas xentes, pero algo deles pervive nos seus so\u00f1os; relatos de deuses e deusas que \u00e1s veces parecen resistir nas palabras, e noutras veces s\u00f3 son mensaxes p\u00e9treas. Dos so\u00f1os dos homes, os profundos imaxinares de deuses son os m\u00e1is fermosos, os m\u00e1is reveladores, os que m\u00e1is acochan a verdade. <\/p>\n<p>Viaxaremos ao longo de tres historias cabo da raia entre Galicia e Portugal, viaxaremos no presente pero os p\u00e9s, por veces, parecer\u00e1n mergullarse na Idade do Ferro. Nalg\u00fans casos, as historias, como hoxe, foron recollendo sedimentos de \u00e9pocas e xentes e, a\u00ednda que o convencionalismo da fronteira moderna sexa s\u00f3 iso, creo que algo hai na propia noci\u00f3n de fronteira; se cadra o abandono, a terra de ningu\u00e9n, preservou mellor algunhas cousas. Noutros, rev\u00e9lansenos violentamente desde o pasado. Escoitamos a Deusas Voraces, sentir\u00e9monos paxaros pero aseg\u00farolles, o domingo, seremos quen de mirarlle \u00e1 cara a un aut\u00e9ntico deus galaico, e porasenos a pel de gali\u00f1a. <\/p>\n<p>A primeira destas historias \u00e9 at\u00edpica de vez. As historias das mouras est\u00e1n espalladas por todo o pa\u00eds, e seguen m\u00e1is ou menos o mesmo patr\u00f3n. Esta historia hai que contala onde van ver neste v\u00eddeo. Nos vi\u00f1edos destas terras pobres de Medeiros, ao p\u00e9 do impresionante castro do Muro da Cid\u00e1, onde hai poucos anos atoparon unha ara romana. Para chegar aqu\u00ed, hai que atravesar antigos lagares romanos, esparexidos polas ladeiras. Estas terras ermas daban, esencialmente, iso: vi\u00f1o. Escoitemos a Miguel Losada: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"345\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/ugtC2VtCoSg\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><br \/>\n<em>A cadeira da moura (centro) co sitio para o prato e o vaso (dereita)<\/em><\/p>\n<p>Se co\u00f1ecen algo as lendas de mouras, saber\u00e1n que nesta historia hai moitas cousas que soan raro. M\u00e1is al\u00e1 do transo do desencantamento coa transformaci\u00f3n en serpe, que si \u00e9 com\u00fan a moitas destas figuras, aqu\u00ed acontecen cousas moi interesantes. O home \u00e9 guerreiro \/ militar e v\u00e9n da guerra, pero \u00e9 ela a que o pretende a el, e non ao rev\u00e9s. A moura ten unha fame descomunal e, de feito, na croa do castro est\u00e1n as pedras do seu asente e ollo, o seu espazo para o prato e o vaso de vi\u00f1o, o cal remarca o car\u00e1cter voraz da moura na lenda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/muro_cidade_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A cadeira da moura, o lugar para o prato e para o vaso.<br \/>\n<\/em><br \/>\nAquela muller que papa un boi por d\u00eda, cunha voracidade estrema, non deixou de recordarme a Orca Vella de Fisterra, pero tam\u00e9n a outras figuras da mitolox\u00eda da Idade do Ferro. Mulleres cunha autonom\u00eda tremenda, como a ra\u00ed\u00f1a Mebd, que se vinculan a guerreiros. O interesante \u00e9 aqu\u00ed este relato das orixes, rar\u00edsimo en Galicia, que explica como un pobo obtivo unha pranta: en Galicia, o alimento est\u00e1 &#8216;desde sempre&#8217;, pero estes relatos, como en todas as culturas, deberon ser moi abundantes antes de que un \u00fanico Deus se convertera no dador de todas as cousas. A cousa non deixa de ser fermosa, ao co\u00f1ecermos a abundancia de lagares rupestres na zona, de posible orixe romana, e se cadra alg\u00fans dos primeiros de Galicia. Un \u00faltimo detalle que tam\u00e9n nos d\u00e1 a clave para co\u00f1ecer a xenea aristocr\u00e1tica desta moura \u00e9 o feito que marchen \u00e1 Quinta do Per\u00fa, o pazo m\u00e1is rico da zona. Ao ir para al\u00f3, a moura reinvindica, nesta historia, unha xenea aristocr\u00e1tica e nobre. <\/p>\n<p>A lenda parece volverse m\u00e1is v\u00edvida aqu\u00ed: a noiti\u00f1a envolve as pedras do castro. O Muro da Cidade de Medeiros \u00e9 unha denominaci\u00f3n moi precisa. Bastante distante da aldea, o Muro cons\u00e9rvase tal cal. As pedras caeron, as casas fenderon os muros e repousarom entre as xestas. Todo est\u00e1 aqu\u00ed directamente preservado, con tramos da muralla en p\u00e9 e elevadas. Os castros do sur de Ourense son talmente c\u00e1psulas do tempo envoltas en xestas. As menc\u00edas retortas nas poucas fincas a\u00ednda vivas nesta paisaxe dura e dif\u00edcil de c\u00f3maros p\u00e9treos e dun verde pastoso e gris parecen a\u00ednda lembrar, como Miguel Losada, o mito da Ra\u00ed\u00f1a destas terras. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A muralla do Muro da Cidade. Fotos: Sole Durante tres d\u00edas, imos facer un pequeno&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/20\/deuses-e-deusas-na-raia-i-a-moura-do-muro-da-cidade-de-medeiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Deuses e deusas na raia (I): a Moura do Muro da Cidade de Medeiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19740,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-19734","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19734","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19734"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19734\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19740"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19734"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19734"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19734"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}