{"id":19679,"date":"2012-01-16T00:05:49","date_gmt":"2012-01-15T22:05:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19679"},"modified":"2012-01-16T09:21:55","modified_gmt":"2012-01-16T07:21:55","slug":"ghidoiro-areoso-un-privilexiado-espazo-arqueoloxico-con-conta-atras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/16\/ghidoiro-areoso-un-privilexiado-espazo-arqueoloxico-con-conta-atras\/","title":{"rendered":"Guidoiro Areoso: un privilexiado espazo arqueol\u00f3xico con conta atr\u00e1s"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/illas_bretonas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Er Lannic e Gavrinis, os paralelos de Guidoiros no golfo de Morbihan (Breta\u00f1a)<\/em><\/p>\n<p>De xeito informal, os arque\u00f3logos que te\u00f1en traballado no illote de Ghidoiro Areoso apodan ao illote como &#8220;Morbihan&#8221; ou &#8220;Gavrinis&#8221;. A chiscadela \u00e9 tremendamente sintom\u00e1tica: aluden aos illotes con restos megal\u00edticos localizados no golfo de Morbihan, moi preti\u00f1o do espectacular ali\u00f1amento de menhires de Carnac. E ten toda a s\u00faa l\u00f3xica. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Sustancialmente, nos illotes de Morbihan hai dous sobranceiros restos arqueol\u00f3xicos: o incrible t\u00famulo de Gavrinis, un dos monumentos megal\u00edticos m\u00e1is destacados de Europa, e noutro illote pr\u00f3ximo, Er Lannic, a presenza de dous cromlech tanxentes que se mergullan nas augas debido aos cambios xeol\u00f3xicos. Os arque\u00f3logos bret\u00f3ns pensan que estes monumentos foron pen\u00ednsulas antes que illas, igual que o arque\u00f3logo Manolo Rey, director das sucesivas campa\u00f1as de traballo en Ghidoiros a finais dos 80 e 90 considera a mesma posibilidade en relaci\u00f3n \u00e1 conexi\u00f3n entre os illotes de Guidoiros e a Illa de Arousa: as illas como segmentos xeol\u00f3xicos din\u00e1micos, sometidos na s\u00faa apariencia e estensi\u00f3n \u00e1 transforamaci\u00f3n xeol\u00f3xica das r\u00edas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bretana_illas_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Menhires mergullados en Er Lannic<\/em><\/p>\n<p>Pero o feito de que os nosos arque\u00f3logos denominen informalmente aos t\u00famulos de Ghidoiros cos nomes bret\u00f3ns ilustra ben unha cousa: a excepcionalidade destes enterramentos dentro do contexto de Galicia. A\u00ednda que no pa\u00eds temos numerosas illas, ningunha ofreceu tal densidade de enterramentos megal\u00edticos. O pasado s\u00e1bado publicamos <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2012\/01\/14\/unha-viaxe-a-illa-dos-mortos\/\">un documental en v\u00eddeo sobre a enorme riqueza arqueol\u00f3xica do illote<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiro_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As d\u00faas novas estruturas megal\u00edticas de Ghidoiros xurdidas tralos temporais. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Hai cando menos cinco enterramentos megal\u00edticos, pero continuamente est\u00e1n aparecendo cousas novas e a sospeita xeral \u00e9 que, sobre as augas e por baixo delas, estamos vendo unha densidade impresionante de enterramentos megal\u00edticos. Nada \u00e9 comparable a isto. Fose illa ou pen\u00ednsula durante a prehistoria, Ghidoiro Areoso desempe\u00f1ou un importante papel simb\u00f3lico na vida das xentes da prehistoria, e non s\u00f3 nos momentos contempor\u00e1neos \u00e1 edificaci\u00f3n destes t\u00famulos, sen\u00f3n posteriormente, durante a Idade do Bronce. <\/p>\n<h3>Os mortos e as correntes<\/h3>\n<p>Ant\u00f3n Malde contoume o outro d\u00eda unha an\u00e9cdota que tende a refrendar a posici\u00f3n deste lugar. Cando a principios do 2000 se produciu a cat\u00e1strofe dos afogados en Aveiro, que foron chegando ata Galicia tra\u00eddos polas correntes, un n\u00famero inusual destes mortos portugueses recalaron na illa de Ghidoiros. M\u00e1is al\u00e1 do factor simb\u00f3lico, impresionante, que arrep\u00eda -imaxinen os n\u00e1ufragos, recalando ao longo da historia, ao p\u00e9 destes d\u00f3lmenes-, o que revela \u00e9 a extrema dinamicidade destas correntes que conectaban o Atl\u00e1ntico durante a Prehistoria. Correntes de navegaci\u00f3n que levaban a lugares singulares, e nos que se edificaban espazos singulares. No caso de Ghidoiros, os t\u00famulos compr\u00e9ndense dentro da tradici\u00f3n galega, se ben os especialistas destacan que as s\u00faas dimensi\u00f3ns son m\u00e1is reducidas que en terra firme (presi\u00f3n de solo? Dificultade de traslado de rochas?). <\/p>\n<p>Pero se o puzzle dos enterramentos megal\u00edticos \u00e9 complicado, en Ghidoiros todo se l\u00eda m\u00e1is. Porque a\u00ednda son apreciables hoxend\u00eda as evidencias arqueol\u00f3xicas da presenza de grupos humanos da Idade do Bronce: hai moito lixo, \u00f3sos e restos de traballo, pero tam\u00e9n cer\u00e1mica de tradici\u00f3n campaniforme e, sobre todo, o m\u00e1is chamativo: a presenza de instrumentos de bronce. O tema da dataci\u00f3n \u00e9 complicado e complexo, e xenerou pol\u00e9mica entre os especialistas, pero todo parece apuntar a que estamos falando das primeiras creaci\u00f3ns en bronce da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Os grupos que viv\u00edan aqu\u00ed dominaban unha tecnolox\u00eda <em>hi-tec<\/em> para o momento. Bea Comendador, arque\u00f3loga da Universidade de Vigo e participante nas campa\u00f1as de escavaci\u00f3n, ten traballado intensamente cos metais de Guidoiros. <a href=\"http:\/\/apedradoencanto.blogspot.com\/2008\/12\/o-guidoiro-areoso.html\">Recomendo vivamente a consulta do seu blog ao respecto e da bibliograf\u00eda que al\u00ed ofrece<\/a>. <\/p>\n<p>Que fac\u00eda esa xente en Guidoiros, un lugar que hoxe non ten auga potable? Manuel Rey defende que o h\u00e1bitat era estacional, os asentamentos non eran permanentes. Cando Rey comenta isto, non podo deixar de pensar o seguinte: esta xente acude a Guidoiros en romer\u00eda, durante un certo tempo, igual que posteriormente se fixo na historia de Galicia noutras ocasi\u00f3ns? Non \u00e9 doado sabelo, pero o enigma est\u00e1 a\u00ed. De feito, ao enigma se suman evidencias arqueol\u00f3xicas. Estas, nin m\u00e1is nin menos:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/circulo_bronce.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Bea Comendador<br \/>\n<\/em><br \/>\nEsta estrutura apareceu baixo a area, e hoxend\u00eda tam\u00e9n est\u00e1 baixo ela. \u00c9 algo absolutamente espectacular. A s\u00faa cronolox\u00eda \u00e9 posterior ao resto dos t\u00famulos megal\u00edticos que se poden apreciar hoxe en Guidoiros, e parece corresponder a eses grupos humanos que no Calcol\u00edtico continuaban acudindo a Guidoiros. O equipo non puido determinar cal era a s\u00faa funci\u00f3n, se funeraria ou doutro tipo, pero sen d\u00fabida era ritual. Al\u00f3 apareceron unha chea de ofrendas (cer\u00e1mica) e xusto no \u00faltimo d\u00eda de escavaci\u00f3n -Manolo Rey sempre se laiar\u00e1 desa Lei de Murphy arqueol\u00f3xica que di que o \u00faltimo d\u00eda de traballo sempre vai aparecer algo novo\/novidoso- unha estrutura circular anexa a esta. O caso \u00e9 que esta xenti\u00f1a do Bronce inicial continuaba xenerando valor simb\u00f3lico no espazo de Guidoiros. <\/p>\n<h3>A conta atr\u00e1s<\/h3>\n<p>O gran problema de Guidoiros ten que ver con que este xacemento ten unha conta atr\u00e1s. O impresionante dolmen que apareceu, f\u00edxoo porque o mar est\u00e1 comendo esa parte da illa. Non hai que ser un xe\u00f3logo para decatarse: a illa est\u00e1 separ\u00e1ndose en d\u00faas, nun sector norte e outro sur, a banda oeste est\u00e1 comida polo mar e este mar est\u00e1 a desfacer o paleochan, o privilexiado tesouro clim\u00e1tico, paleontol\u00f3xico, edafol\u00f3xico e arqueol\u00f3xico que est\u00e1 baixo a area. P\u00e1rteseche o coraz\u00f3n ao ver como o paleochan se disolve nas augas como unha barra de chocolate, sen poder ser investigado. A illa parece vivir unha sorte de lenta conta atr\u00e1s.  <\/p>\n<p>Quixen ilustrar o post por unha cuesti\u00f3n b\u00e1sica. En Europa, estas illas-tumba ou illas-pante\u00f3n son un patrimonio moi valioso, \u00fanico, e que s\u00f3 se d\u00e1 en lugares moi especiais da costa do continente. Non deberamos ficar s\u00f3s cando pensamos no futuro de Guidoiros. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Er Lannic e Gavrinis, os paralelos de Guidoiros no golfo de Morbihan (Breta\u00f1a) De xeito<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/16\/ghidoiro-areoso-un-privilexiado-espazo-arqueoloxico-con-conta-atras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Guidoiro Areoso: un privilexiado espazo arqueol\u00f3xico con conta atr\u00e1s<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19681,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-19679","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19679","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19679"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19679\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19681"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19679"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19679"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19679"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}