{"id":19630,"date":"2012-01-10T23:40:46","date_gmt":"2012-01-10T21:40:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19630"},"modified":"2012-01-14T10:52:22","modified_gmt":"2012-01-14T08:52:22","slug":"as-pedras-que-fan-vino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/10\/as-pedras-que-fan-vino\/","title":{"rendered":"As pedras que fan vi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lagares.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Servino<\/em><\/p>\n<p><em>Publicado <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=20209\">orixinalmente<\/a> en culturagalega.org o 10 de xaneiro de 2012<\/em><\/p>\n<p><strong>Os folletos tur\u00edsticos sobre Galicia adoitan repetir o t\u00f3pico de que o vi\u00f1o entrou no pa\u00eds cos monxes franceses da orde do C\u00edster no s\u00e9culo XII. Nada m\u00e1is lonxe da realidade. O sumiller coru\u00f1\u00e9s Lu\u00eds Paad\u00edn presentou estes d\u00edas os resultados provisionais da s\u00faa investigaci\u00f3n en campo nos que demostra a enorme proliferaci\u00f3n de vi\u00f1edos, cando menos desde \u00e9poca romana. As primeiras conclusi\u00f3ns son fascinantes: non s\u00f3 a viticultura estaba plenamente implantada case dous mil anos, sen\u00f3n que a s\u00faa distribuci\u00f3n coincide con algunhas zonas vit\u00edcolas m\u00e1is prestixiosas do pa\u00eds.<\/strong><\/p>\n<p>\u201cTemos que ser conscientes, e agora sab\u00e9molo con certeza\u201d, di con orgullo Luis Paad\u00edn desde o seu coche, cami\u00f1o de La Rioja, \u201cque Galicia \u00e9 unha das zonas de produci\u00f3n de vi\u00f1o m\u00e1is antigas de Europa\u201d. Paad\u00edn \u00e9 un dos sumilleres, catadores e escritores de vi\u00f1o m\u00e1is prestixiosos de Galicia, e un incansable defensor da calidade dos caldos galegos. Durante a realizaci\u00f3n dun m\u00e1ster de viticultura, intrigoulle unha cita que aparec\u00eda nun tratado que os alumnos chaman informalmente a \u201cBiblia\u201d, o Tratado de Viticultura General do doutor Luis Hidalgo. Nel fac\u00edase referencia \u00e1 existencia dun lagar romano na zona de Monterrei, pero tras consultar con varias fontes e o consello regulador, segu\u00eda sen aclarar a existencia do lugar. Foi a trav\u00e9s do xornalista Manuel Gago e o afeccionado \u00e1 historia local Miguel Losada como deu co lugar no que se atopaba o que se co\u00f1ece na zona como o Lagar dos Mouros, un establecemento rupestre de elaboraci\u00f3n do vi\u00f1o de \u00e9poca romana. Naquel momento, sen sabelo, estaba descorrendo unha aut\u00e9ntica caixa de Pandora. Non hab\u00eda s\u00f3 un lagar en Galicia, como dic\u00eda a \u201cBiblia\u201d. Hab\u00eda moitos m\u00e1is. Lagares rupestres, labrados en rocha nai, ao car\u00f3n dos vi\u00f1edos, e nas proximidades de antigos castros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lagares_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Paad\u00edn comezou a procurar lagares na bibliograf\u00eda e grazas a instituci\u00f3ns coma o Museo Etnol\u00f3xico de Ribadavia. O que apareceu confirmou a s\u00faa sospeita. En varios meses de investigaci\u00f3n, deu co\u00f1ecido a existencia de m\u00e1is lagares distribu\u00eddos pola zona de Monterrei, do Ribeiro e no Condado \u2013curiosamente, tres das rexi\u00f3ns cl\u00e1sicas da produci\u00f3n do vi\u00f1o. Tam\u00e9n consultou coa Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio, \u201ctodo foron boas palabras pero non me deixaron consultar a s\u00faa documentaci\u00f3n\u201d. Tirando dun cabo e doutros, Paad\u00edn localizou inicialmente 18 lagares que publicou no seu sitio web profesional, Servino.net, pero na actualidade xa apareceron m\u00e1is. <\/p>\n<p>Unha viticultura semellante \u00e1 de hoxend\u00eda<br \/>\nOs indicios parecen amosar unha viticultura moi semellante \u00e1 actual. \u201cTodos est\u00e1n en altitude de vi\u00f1o\u201d, asegura Paad\u00edn, \u201cna zona de Bibei ou do Ribeiro est\u00e1n nos 300 metros de altura e na zona de Monterrei est\u00e1n nos 400 metros\u201d. Todo indica que os lagares foron tallados nas pedras ao car\u00f3n dos propios vi\u00f1edos, que era onde se elaboraba directamente o vi\u00f1o. E a propia disposici\u00f3n dos lagares ofrece datos moi interesantes: \u201ccreo que s\u00f3 elaboraban branco ou crarete, porque para elaborar tinto tes que ter un lagar pechado, para que o vi\u00f1o fermente dentro\u201d. Nas adegas medievais galegas, constru\u00eddas no interior de casas, si que era posible elaborar vi\u00f1o tinto. Agora ben, o propio Paad\u00edn considera que tam\u00e9n poder\u00eda existir elaboraci\u00f3n de tinto, pero a\u00ednda non hai evidencias claras ao respecto. Como saber\u00edan eses brancos? Como sumiller, Paad\u00edn fica cunha tremenda curiosidade. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lagares_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero non \u00e9 no \u00fanico no que a viticultura galega de \u00e9poca romana se parece \u00e1 actual. \u201cEu chego a po\u00f1er un pouco en d\u00fabida de que foran romanos, por un motivo\u201d, indica Paad\u00edn, \u201cpolo que sabemos doutras zonas da Pen\u00ednsula ou de Europa, os romanos ti\u00f1an uns cantos lagares agrupados nun s\u00f3 sitio, nunha sorte de factor\u00eda, vinculada a unha gran propiedade\u201d. Pero no que se atopou Paad\u00edn o que asoma \u00e9 m\u00e1is ben o minifundio. \u201cEn Galicia hai tantos lagares, e con tan pouca distancia entre uns e outros, que fan pensar que son pequenas propiedades\u201d. E hai diferencias rexionais entre eles. \u201cOs m\u00e1is grandes est\u00e1n en Monterrei, pero no Ribeiro son m\u00e1is pequeni\u00f1os, m\u00e1is diferentes, te\u00f1en unha curvatura inferior e dous stipites (os encaixes das trabes que sosti\u00f1an o lagar) a cada lado\u201d. No lagar m\u00e1is estra\u00f1o do conxunto, o co\u00f1ecido como \u201cPedra da Covi\u00f1a\u201d, nas Neves, a existencia do lagar convive cuns interesantes petr\u00f3glifos con motivos f\u00e1licos representados a penas a 2 metros da instalaci\u00f3n rupestre. <\/p>\n<p>Unha vella paix\u00f3n<br \/>\nA existencia do vi\u00f1o en Galicia era ben co\u00f1ecida en Galicia xa desde bastante antes da conquista romana. En poboados das R\u00edas Baixas como Neix\u00f3n, A Lanzada ou o Monte do Castro t\u00e9\u00f1ense atopado inxentes cantidades de \u00e1nforas de transporte que garantizaban un fluxo constante de vi\u00f1o desde o sur da Pen\u00ednsula ata os sedentos galaicos da costa, inicialmente tra\u00eddo polo comercio fenicio e despois, posteriormente, por mercaderes xa romanos. Pode ser que os galaicos dalgunhas zonas se apropiaran desta t\u00e9cnica agr\u00edcola igual que na Lanzada constru\u00edron unha pequena factor\u00eda de salgaz\u00f3n a imitaci\u00f3n da tecnolox\u00eda fenicia? \u201cEsta \u00e9 a mi\u00f1a teor\u00eda\u201d, asegura Paad\u00edn, \u201cpero a\u00ednda est\u00e1 por ver. No veci\u00f1o Portugal, da banda sur do Mi\u00f1o, pensan que son romanos\u201d. Sen embargo, nas diferentes an\u00e1lises feitas do gran en castros non se ten atopado vitis vinifera, a pranta do vi\u00f1o, pero o certo \u00e9 que a maior parte dos grans preservados est\u00e1bano en dep\u00f3sitos de cereais ou calcinados ao car\u00f3n dos fogares, contextos nos que as p\u00e9bedas de vi\u00f1o non son habituais.<\/p>\n<p>Con independencia da s\u00faa adscrici\u00f3n cultural, Paad\u00edn quere resaltar o important\u00edsimo valor cultural e econ\u00f3mico destes sitios arqueol\u00f3xicos. \u201cNo mundo do vi\u00f1o, o antigo revaloriza\u201d, asegura o sumiller, \u201cpero por agora as denominaci\u00f3ns de orixe e as instituci\u00f3ns galegas te\u00f1en esquecidos estes lugares. Non todo o mundo ten un pasado tan glorioso no \u00e1mbito do vi\u00f1o coma n\u00f3s\u201d. Paad\u00edn explica como na Rioxa ou en Portugal os antigos lagares est\u00e1n integrados nos circu\u00edtos tur\u00edsticos do vi\u00f1o, pero en Galicia fican todos ausentes da promoci\u00f3n oficial. <\/p>\n<p>Este din\u00e1mico sumiller continuar\u00e1 peneirando montes para tentar dar con m\u00e1is lagares, revelando a riqueza, preservada na pedra, da viticultura de Galicia e, se cadra, unha das explicaci\u00f3ns da existencia de tantas variedades aut\u00f3ctonas de vi\u00f1edo en relaci\u00f3n ao resto da Pen\u00ednsula. De s\u00fapeto, o vi\u00f1o galego f\u00edxose m\u00e1is vello. E xa se sabe que, coa idade, alg\u00fans dos vi\u00f1os melloran. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.servino.net\/2012\/01\/02\/lagares-y-lagaretas-rupestres-en-galicia\/\">M\u00e1is informaci\u00f3n e datos en Servino.<br \/>\n<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O sumiller Luis Paad\u00edn embarcouse hai uns meses nunha aventura solitaria e fascinante: reivindicar a vertixinosa antig\u00fcidade do vi\u00f1o en Galicia. O resultado son os primeiros resultados dun traballo no que amosa a abundancia de lagares romanos (ou m\u00e1is al\u00e1) nas zonas tradicionalmente vin\u00edcolas de Galicia. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2012\/01\/10\/as-pedras-que-fan-vino\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As pedras que fan vi\u00f1o<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19631,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,32,18],"tags":[],"class_list":["post-19630","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19630","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19630"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19630\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19631"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19630"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19630"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19630"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}