{"id":1955,"date":"2006-12-18T23:53:30","date_gmt":"2006-12-18T21:53:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/12\/18\/fillos-dos-homes-dorian-gray-e-a-humanidade\/"},"modified":"2006-12-19T00:11:40","modified_gmt":"2006-12-18T22:11:40","slug":"fillos-dos-homes-dorian-gray-e-a-humanidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/18\/fillos-dos-homes-dorian-gray-e-a-humanidade\/","title":{"rendered":"Fillos dos homes, Dorian Gray e a humanidade"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image1954\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fillos_dos_homes.jpg\" alt=\"fillos_dos_homes.jpg\" \/><\/p>\n<p>G\u00fastanme as d\u00faas grandes modalidades de ciencia-ficci\u00f3n: por unha banda, a puramente especulativa, ambientada nun futuro bastante remoto, e no que a imaxinaci\u00f3n e o pensamento creativo suple as lagoas de distancia temporal que median entre a lectura e o lector. Un ve esas obras -novelas, pel\u00edculas, c\u00f3mics- case como f\u00e1bulas ou especulaci\u00f3ns antropol\u00f3xicas. A outra modalidade \u00e9 cando a obra de ciencia-ficci\u00f3n est\u00e1 baseada nun futuro inmediato, a poucos anos de distancia, no que nos reco\u00f1ecemos. \u00c9 ese futuro onde o creador debe p\u00f3r sobre a mesa a s\u00faa visi\u00f3n persoal do mundo e especula sobre a situaci\u00f3n actual do mundo a trav\u00e9s da prospectiva. Son obras m\u00e1is pol\u00edticas, en moitos casos son visi\u00f3ns do presente peneiradas pola trama futurista e, xa que logo, m\u00e1is arriscadas na s\u00faa confrontaci\u00f3n co p\u00fablico. Unha das mi\u00f1as favoritas, neste sentido, <a href=\"http:\/\/www.imdb.com\/title\/tt0114558\/\">D\u00edas extra\u00f1os<\/a>, de Kathryn Bigelow. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.childrenofmen.net\/\">Fillos dos homes<\/a> est\u00e1 ambientada en Londres, en novembro de 2027, e a trama bas\u00e9ase nun elemento puramente inexplic\u00e1bel:<strong> as mulleres deixaron de ser f\u00e9rtiles no ano 2009. A Humanidade envellece consciente de que marcha cara a s\u00faa desaparici\u00f3n<\/strong>. A morte do habitante m\u00e1is novo do planeta, un arxentino de 19 anos, desencadea unha depresi\u00f3n mundial. <strong>O mundo do 2027 creado polo director mexicano <a href=\"http:\/\/www.imdb.com\/name\/nm0190859\/\">Alfonso Cuar\u00f3n<\/a> \u00e9 unha compilaci\u00f3n da escombreira moral dos s\u00e9culos XX e XXI<\/strong>, que un reco\u00f1ece en cada escena, porque ese mundo de ficci\u00f3n est\u00e1 nos nosos telexornais. A contaminaci\u00f3n atroz dos mares, o neofascismo dos gobernos, Guant\u00e1namo, o ghetto de Varsovia, a marxinaci\u00f3n e a violencia dos barrios perif\u00e9ricos franceses, os grupos terroristas, as cidadan\u00edas de primeira e segunda clase, a poluci\u00f3n atmosf\u00e9rica, o isolacionismo social e pol\u00edtico, a expulsi\u00f3n de inmigrantes e refuxiados, o exterminio masivo e a\u00e9reo, os lideratos mesi\u00e1nicos. A Inglaterra sitiada por pa\u00edses en descomposici\u00f3n e turbas asume o fascismo orwelliano como defensa e unha polic\u00eda sen l\u00edmites enc\u00e1rgase brutalmente da recolecci\u00f3n de inmigrantes ilegais. Nese mundo de conta atr\u00e1s existe unha posibilidade de esperanza, que non che contarei. Pero a esperanza, como nas historias b\u00edblicas, procede do extrarradio do poder, e aparece no lugar m\u00e1is insospeitado. Hai moito de trasfondo b\u00edblico nesta historia, \u00e9 certo, pero moito tam\u00e9n de continxencia moral. Coma no espello de Dorian Gray, esta pel\u00edcula de ciencia-ficci\u00f3n permite ver todas as nosas miserias reunidas na cara \u00fanica dun monstro, coma se nos dera perspectiva sobre o tempo e nos fixese pensar <strong>que acontecer\u00eda se uniramos todos os nosos novos horrores nun \u00fanico lugar e nun \u00fanico pa\u00eds<\/strong>. Non a perdas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>G\u00fastanme as d\u00faas grandes modalidades de ciencia-ficci\u00f3n: por unha banda, a puramente especulativa, ambientada nun&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/18\/fillos-dos-homes-dorian-gray-e-a-humanidade\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Fillos dos homes, Dorian Gray e a humanidade<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28141,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,2],"tags":[],"class_list":["post-1955","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1955","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1955"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1955\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28141"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1955"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1955"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1955"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}