{"id":19179,"date":"2011-12-06T22:37:40","date_gmt":"2011-12-06T20:37:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=19179"},"modified":"2011-12-09T22:36:51","modified_gmt":"2011-12-09T20:36:51","slug":"lua-a-cronica-dun-restaurante-que-non-existe-por-agora","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/12\/06\/lua-a-cronica-dun-restaurante-que-non-existe-por-agora\/","title":{"rendered":"L\u00faa: a cr\u00f3nica dun restaurante que non existe (por agora)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O mundo \u00e9 moi pequeno, dig\u00e1molo as\u00ed. <\/p>\n<p>Estamos paseando pola noite en Quito, cami\u00f1o de picar algo, e falando dese espazo com\u00fan entre as almas que \u00e9 a gastronom\u00eda. C\u00f3ntolle a Noem\u00ed, a nosa organizadora, e aos compa\u00f1eiros que moito me gustou Zazu, un restaurante quite\u00f1o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/01\/06\/descubrir-novas-cardinalidades-na-gastronomia-latinoamericana\/\">no que estivera na mi\u00f1a anterior visita<\/a>, e que ti\u00f1a o prop\u00f3sito de volver. Hab\u00eda un chef peruano, un rapaz moi interesante, coci\u00f1ando al\u00ed, comento. <\/p>\n<p>F\u00edxose un curioso e algo inc\u00f3modo silencio entre os paseantes nese momento. Acabo de meter a zoca ata o fondo, pensei. <\/p>\n<p>Pois podemos preparar algo para estes d\u00edas, dixo Noem\u00ed, mentres prend\u00eda un cigarrillo. <\/p>\n<p>Casualidades da vida, Noem\u00ed Rodr\u00edguez, canaria, era a compa\u00f1eira dese prometedor novo chef peruano. Agora podemos po\u00f1erlle nome: Alexander Lau. Lau marchara do Zaz\u00fa e estaba metido nun proxecto novo, un proxecto de ambiciosas dimensi\u00f3ns e futuro inagardado, nalgures na cidade. <\/p>\n<p>As\u00ed que al\u00ed nos vimos unha noite, na r\u00faa Pontevedra (literalmente). Estamos nos barrios altos dunha capital sudamericana a 2800 metros de altura. E enfronte nosa, unha mansi\u00f3n moi branca, luces prendidas nun alpendre lateral e coci\u00f1eiros mov\u00e9ndose r\u00e1pido por balc\u00f3ns. Vela\u00ed o so\u00f1o de Alexander Lau. <\/p>\n<p>O seu proxecto persoal \u00e9 o Restaurante L\u00faa, que \u00e9 esa mansi\u00f3n branca, apagada, que temos diante nosa, cabo da que hai un pequeno alpendre iluminado onde unha \u00fanica mesa est\u00e1 rodeada de fiestras de cristal. &#8220;L\u00faa?&#8221;, pregunto. &#8220;Ben, \u00e9 unha volta de Lau, pero tam\u00e9n \u00e9 L\u00faa en portugu\u00e9s&#8221;. R\u00edome para dentro, c\u00f3ntolle para f\u00f3ra. Alexander prende unhas l\u00e1mparas e acompa\u00f1ado dunha camareira introd\u00facenos nas sombras. Paseando \u00e1s escuras pola mansi\u00f3n, parece que os so\u00f1os do chef se fan m\u00e1is reais. Leva investido na mansi\u00f3n m\u00e1is tempo e di\u00f1eiro do que debera, pero non parece levar demasiado pr\u00e9sa. Est\u00e1 buscando o momento, est\u00e1 buscando o socio. O proxecto vai m\u00e1is al\u00e1 dun restaurante convencional. Tanto Lau como os seus axudantes -un brioso rapaz brasileiro, un pasteleiro con <em>stage<\/em> en Espai Sucre, creo que algu\u00e9n m\u00e1is pero s\u00edntoo, non tomei nota exhaustiva da\/s partida\/s que, mentres o restaurante non existe como tal son m\u00e1is ben guerrillas- est\u00e1n en consonancia coa gastronom\u00eda global: o seu restaurante non \u00e9 tanto sala, cortin\u00f3n, formalidade, como un espazo multiusos, cunha barra enorme atr\u00e1s na que &#8220;facer cousas&#8221;. A coci\u00f1a, como ben apuntou un compa\u00f1eiro, &#8220;est\u00e1 feita para un coci\u00f1eiro&#8221;, moi ben distribuida e o futuro parece ser de valentes como este. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Paseamos entre as sombras, descendemos \u00e1 adega, facemos equilibrios sobre tabl\u00f3ns, deix\u00e1monos caer coa inercia das baldosas rec\u00e9n postas e os edificios que, por moito que se reformen, sempre te\u00f1en algo do anterior. As sombras para a imaxinaci\u00f3n. <\/p>\n<p>E a luz para o est\u00f3mago. <\/p>\n<p>Volvemos. Nunha improvisada coci\u00f1a montada nun alti\u00f1o de dimensi\u00f3ns raqu\u00edticas, Lau e a s\u00faa xente ensaian os so\u00f1os que dentro dun tempo convertir\u00e1n en men\u00fa na casa grande e branca. Aqu\u00ed, entre madeira, amigos e bos vi\u00f1os chilenos, todo \u00e9 experimento e proba. Cando probas un prato obs\u00e9rvanse coa atenci\u00f3n do primeiro comensal. Se houbera a t\u00edpica porta bambaneante entre comedor e sala, detr\u00e1s da claraboia estar\u00edan os rostros de todos os coci\u00f1eiros observando a cara dos primeiros clientes. Aqu\u00ed non, aqu\u00ed vai todo a fronte, coa m\u00e1xima atenci\u00f3n. Estamos na primeira fase de aprendizaxe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lau_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O retrato gastron\u00f3mico \u00e9 Pac\u00edfico, Andes, mocidade, algo de risco, tam\u00e9n tradici\u00f3n. M\u00e1is al\u00e1 do efecto fascinaci\u00f3n que todos sentimos cando probamos comida rica doutras latitudes, hai unha execuci\u00f3n excelente na maior parte dos platos. Son pratos, adem\u00e1is, ao servizo do cliente, do comensal, e non do chef. Pouco ampulosos, efectivos, result\u00f3ns, cun bo toque de mar. Ceviche de mero, polbo con aceitunas (excelente combinaci\u00f3n, recom\u00e9ndovos que experimentedes con ela), at\u00fan con merqu\u00e9n (un ali\u00f1o preparado con aj\u00ed, magn\u00edfico, <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Merk%C3%A9n\">aqu\u00ed m\u00e1is info<\/a>), filete de linguado, a\u00f1o&#8230;reco\u00f1ezo que deixei de anotar por a\u00ed e pasaron tantas cousas nestas semanas que non \u00e9 doado lembrar as cousas, pero aqueles pratos, xurdidos da pequeni\u00f1a tenda de campa\u00f1a, eran unha boa impresi\u00f3n do bo momento no que se atopa a gastronom\u00eda latinoamericana, ao igual que, en xeral, o resto dos indicadores do continente. <\/p>\n<p>Cada vez estou m\u00e1is convencido de que todo est\u00e1 conectado. A coci\u00f1a de Alexander Lau, e o seu a\u00ednda ilusorio (no sentido de ilusi\u00f3n) restaurante L\u00faa, \u00e9 todo un exemplo dos novos tempos para a gastronom\u00eda latinoamericana. Ambici\u00f3n e ilusi\u00f3n, liberdade e ra\u00edces. E, como dir\u00eda o amigo David de Jorge, unha coci\u00f1a nada efectista, sen parvadas. Xa non \u00e9 tempo de parvadas. <\/p>\n<p>Se ides por Quito, preguntade se Alexander Lau xa abriu as portas da s\u00faa casa que mira, desde o alto, a noite quite\u00f1a. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No barrio alto de Quito un prometedor chef peruano, Alexander Lau, prep\u00e1rase para sorprender a gastronom\u00eda quite\u00f1a co seu estilo sinxelo, andino e pac\u00edfico. Entrementres, gu\u00edanos por unha casa en sombras para unha cea espectacular. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/12\/06\/lua-a-cronica-dun-restaurante-que-non-existe-por-agora\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">L\u00faa: a cr\u00f3nica dun restaurante que non existe (por agora)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":19189,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7,8],"tags":[],"class_list":["post-19179","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19179","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=19179"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/19179\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/19189"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=19179"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=19179"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=19179"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}