{"id":1891,"date":"2006-12-07T21:34:45","date_gmt":"2006-12-07T19:34:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/12\/07\/onde-mercar-bo-vino-en-santiago\/"},"modified":"2006-12-07T22:37:26","modified_gmt":"2006-12-07T20:37:26","slug":"onde-mercar-bo-vino-en-santiago","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/07\/onde-mercar-bo-vino-en-santiago\/","title":{"rendered":"Onde mercar bo vi\u00f1o en Santiago"},"content":{"rendered":"<p>Agora que chega o Nadal, multipl\u00edcanse as celebraci\u00f3ns entre amigos, familiares e compa\u00f1eiros de traballo. Pode que precises levar unha boa botella de vi\u00f1o a algures. Aqu\u00ed van algunhas recomendaci\u00f3ns de onde atopar marcas interesantes en Santiago de Compostela. Por suposto, isto non \u00e9 exhaustivo, pero nestes lugares localizar\u00e1s unha selecci\u00f3n escollida, entendida e pensada, de vi\u00f1os. Curiosamente, esta cidade, que debe ser das m\u00e1is consumidoras do pa\u00eds, conta con moi poucas tendas especializadas na cultura do vi\u00f1o. Aqu\u00ed b\u00e9bese o vi\u00f1o sobre todo en espazos p\u00fablicos, \u00e1 carta, en restaurantes, bares e tabernas, en cuadrilla.  Esta gu\u00eda, por suposto, \u00e9 tan arbitraria coma todo o resto do sector. As\u00ed que non dubides en engadir sitios que co\u00f1ezas ti.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><strong><br \/>\nVi\u00f1oteca O\u2019Beiro (Ra\u00ed\u00f1a, 13).<\/strong><br \/>\nA vi\u00f1oteca O\u2019Beiro foi un establecemento pioneiro en Santiago. Xunto ao tapeo t\u00edpico desta r\u00faa da cidade vella en ambiente enxebre de madeira e pedra ao aire, O\u2019Beiro ofreceu desde o principio unha enorme carta de referencias enol\u00f3xicas galegas. A\u00ednda hoxe segue sendo, posiblemente, a tenda con m\u00e1is variedade de vi\u00f1os e licores de Galicia e alg\u00fans outros produtos da terra. Sempre que v\u00e9n alg\u00fan amigo estranxeiro m\u00e1ndoo al\u00ed a coller vi\u00f1os galegos.  Os prezos, algo caros.<\/p>\n<p><strong>O Almirez (Doutor Teixeiro, 34)<\/strong><br \/>\n\u00c9 moi pos\u00edbel que ese vi\u00f1o que escoitaches mencionar por terceira ou cuarta vez en conversas con persoas diferentes, ou que viches recomendado nun suplemento de xornal, ou que ga\u00f1ou alg\u00fan premio ou menci\u00f3n en revista especializada, s\u00f3 o atopes en Santiago no Almirez. O Almirez \u00e9 unha tenda gourmet con empregadas que falan a susurros e tratan aos sandwiches como beb\u00e9s. E, no fondo, est\u00e1 o andel dos vi\u00f1os. Unha especie de colecci\u00f3n de tendencias e modas do mundo do vi\u00f1o. Est\u00e1n todos os mellor puntuados. Os m\u00e1is mencionados polos cr\u00edticos e m\u00e1is buscados polos sumilleres. \u00c9 o reino dos vinte euros. Ti decides entrar ou non. A min d\u00e1me un pouco de repel\u00fas, pero reco\u00f1\u00e9zolle a val\u00eda (en todos os sentidos).<\/p>\n<p><strong>Valladares (Rep\u00fablica do Salvador, 14)<\/strong><br \/>\nA mi\u00f1a tenda de vi\u00f1os preferida en Santiago. Valladares \u00e9 un ultramarinos de toda a vida que pouco a pouco se foi reconvertendo ao negocio do vi\u00f1o. Un atopa aqu\u00ed unha gran selecci\u00f3n de vi\u00f1os galegos, pero tam\u00e9n Riberas, Riojas e dunha gran diversidade de denominaci\u00f3ns espa\u00f1olas. Entre as caixas hai aut\u00e9nticas xoias, nomes que soan, lanzamentos novidosos e opci\u00f3ns consolidadas, todo a prezos sensatos. Conchita Valladares, a propietaria, de sonoro acento local, \u00e9 un crack do negocio. Controla as diferencias, os matices, sabe aconsellar, p\u00eddeche referencias para traer cousas novas. Cando hai algunha d\u00fabida na discusi\u00f3n, acude a unha manoseada Gu\u00eda Pe\u00f1\u00edn para orientarse. Se che gusta o vi\u00f1o e vas mercar unha botella, seguro que saes con tres. <\/p>\n<p><strong>Las a\u00f1adas del siglo (ao principio de Fernando III o Santo)<\/strong><br \/>\nPromet\u00eda ser a primeira enoteca \u201cintegral\u201d de Santiago, cunha enorme lista de referencias, un club de vi\u00f1os e unha serie de actividades de cata destinadas a crear masa cr\u00edtica, esta franquicia sempre parece estar ao borde do que Anthony Bourdain chama o S\u00edndrome do Restaurante en Decadencia. Ante a perspectiva da creba, o restaurante cambia continuamente de men\u00fa, redefine os espazos, cando un entra sempre ten a sensaci\u00f3n de estar na angustiosa soidade dunha cripta&#8230;algo similar pasa en Las a\u00f1adas del siglo desde hai tempo, pero sobrevive e parece ir tirando -do cal me alegro moito. Las A\u00f1adas \u00e9 a enoteca m\u00e1is extensa da cidade, e conta cunha colecci\u00f3n \u2013no seu momento m\u00e1is ampla que a actual- algo irregular pero extensa de marcas. Ademais, \u00e9 das poucas tendas de Santiago con andel de vi\u00f1os internacionais. Paga a pena darse un paseo por al\u00ed (e baixar \u00e1 parte de abaixo, porque arriba s\u00f3 est\u00e1n os vi\u00f1os premium en plan Vega Sicilia e matan do susto)<\/p>\n<p><strong>Hipercor<\/strong><br \/>\nPo\u00f1o aqu\u00ed El Corte Ingl\u00e9s porque \u00e9 un caso ben complexo, porque te\u00f1o a impresi\u00f3n de que cada \u00e1rea de venda de vi\u00f1o do hipermercado est\u00e1 controlada por algu\u00e9n diferente. No Hipercor de Santiago hai tres \u00e1reas de vi\u00f1o, a saber: a macroestanter\u00eda, dominada polos cl\u00e1sicos rioxanos de toda a vida e frangullas para o resto das denominaci\u00f3ns. \u00c9 lament\u00e1bel, por exemplo, a escaseza de vi\u00f1os galegos. A\u00ednda as\u00ed, hai que percorrela pacientemente porque \u00e1s veces un atopa sorpresas. Despois est\u00e1n os andeis do car\u00f3n, que te\u00f1en vi\u00f1os de algunhas denominaci\u00f3ns m\u00e1is minoritarias, e onde se atopan alg\u00fans dos vi\u00f1os que est\u00e1n despuntando nestes momentos, coma os Jumilla de <a href=\"http:\/\/www.casadelaermita.com\/\">Casa de la Ermita<\/a>. E, curiosamente, compensa subir a botarlle unha visual \u00e1 c\u00e1mara climatizada da secci\u00f3n de Delicatessen. Xunto a vi\u00f1os car\u00edsimos, \u00e1s veces hai outros de prezo normal que o en\u00f3logo respons\u00e1bel do lugar incorporou entre as xoias da coroa. Unha estratexia moi importante no Hipercor \u00e9 agardar \u00e1s Xornadas das Comunidades Aut\u00f3nomas. Na secci\u00f3n de vi\u00f1os sempre hai unha selecci\u00f3n bastante curiosa das variedades rexionais a prezos barat\u00edsimos. Lembro especialmente unha xornada de Navarra, na que houbo aut\u00e9nticas marabillas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agora que chega o Nadal, multipl\u00edcanse as celebraci\u00f3ns entre amigos, familiares e compa\u00f1eiros de traballo.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/12\/07\/onde-mercar-bo-vino-en-santiago\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Onde mercar bo vi\u00f1o en Santiago<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-1891","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1891"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1891\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}