{"id":18869,"date":"2011-11-28T22:00:42","date_gmt":"2011-11-28T20:00:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18869"},"modified":"2011-11-28T22:54:14","modified_gmt":"2011-11-28T20:54:14","slug":"tedxgalicia-un-luxo-para-este-pais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/28\/tedxgalicia-un-luxo-para-este-pais\/","title":{"rendered":"TEDxGalicia: un luxo para este pa\u00eds"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tedx_galicia_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Vicente de Souza e Marcos P\u00e9rez Gul\u00edn<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tedx_galicia_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Xurxo Mari\u00f1o<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/tedx_galicia_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Eu en plan Col\u00f3n. Fotos: Marcus Fern\u00e1ndez<\/em><\/p>\n<p>Quen se achegara \u00e1 Facultade de CC. da Comunicaci\u00f3n da USC o venres, 25 de novembro pasado, ver\u00eda unha impactante escenograf\u00eda no sal\u00f3n de actos e unha concorrid\u00edsima audiencia de profesionais das industrias creativas e do co\u00f1ecemento, canda profesores universitarios e unha variopinta multitude de dif\u00edcil clasificaci\u00f3n. Eran os asistentes \u00e1 segunda edici\u00f3n do <a href=\"http:\/\/www.tedxgalicia.com\/\">TEDxGalicia<\/a>, un encontro de ideas e conferencias din\u00e1micas que recolle un formato que todos os anos se celebra en California e Edimburgo. O TEDxGalicia consiste en din\u00e1micas conferencias de 18 minutos caracterizadas pola idea de compartir e procurar inspiraci\u00f3n. Falan cient\u00edficos, artistas, empresarios, emprendedores e, en xeral, xente interesante e con ga\u00f1as de dicir. Para os asistentes xa veteranos que tam\u00e9n estiveran na primeira edici\u00f3n, nesta segunda percibiron como os ponentes xa comprend\u00edan m\u00e1is a filosof\u00eda da conferencia: impactar, abrir portas e ollos, cautivar co discurso, concentrarse no esencial. Con Marcos P\u00e9rez Gul\u00edn, o din\u00e1mico organizador, temos falado do &#8216;efecto TED&#8217; en sociedades como as nosas, que ata agora non prestaban atenci\u00f3n aos aspectos divulgativos e de comunicaci\u00f3n do co\u00f1ecemento e das ideas. O TED \u00e9 como un ba\u00f1o de auga fr\u00eda para os pr\u00f3ceres do discurso aburrido e o powerpoint infame; obrigan a ser brillante, r\u00e1pido e impactante. <\/p>\n<p>Tras escoitar varias das conferencias, pensei algo que coincidiu co que me comentaron outros asistentes: o TEDx \u00e9, en certo xeito, a Galicia botada a andar dentro de Galicia. O lugar no que confl\u00faen xenetistas, f\u00edsicos, neur\u00f3logos, astr\u00f3nomos, performancers, dese\u00f1adores industriais, empresarios das TIC, gandeiros e artistas, cunha linguaxe com\u00fan. \u00c9 un lugar no que a palabra Xunta s\u00f3 se escoitou unha ou d\u00faas veces en todo o d\u00eda e ningu\u00e9n a botou en falta. \u00c9 a Galicia que est\u00e1 a\u00ed e que moitas veces se nos esquence no sector cultural, subsumidos nun discurso de negritude, paralizante, case sebastianista, coma o dos nosos irm\u00e1ns portugueses. A pesar de ser o evento m\u00e1is importante deste venres en Galicia, non o ver\u00edan nos medios, e esa \u00e9 outra das claves do TEDxGalicia. Non busca sa\u00edr nos medios de comunicaci\u00f3n. A\u00ednda que unha reflexi\u00f3n importante sobre o estado dos medios en Galicia \u00e9 que non se decataran da s\u00faa existencia.  <\/p>\n<p>Por iso tiven a honra inmensa de participar no TEDxGalicia, contando a mi\u00f1a paix\u00f3n polo patrimonio cultural e a s\u00faa recuperaci\u00f3n. A mi\u00f1a tese foi moi sinxela: en Galicia, a memoria cultural \u00e9 un proceso moi f\u00edsico, toda vez que vivimos rodeados de fitos no territorio que son lugares de memoria, pero tam\u00e9n \u00e9 un proceso reversible e l\u00edquido. Podemos recuperar a memoria cultural tras periodos m\u00e1is ou menos longos de amnesia, e \u00e9 totalmente pertinente: a memoria nunca \u00e9 &#8216;arcaica&#8217; ou &#8216;est\u00e1tica&#8217;, est\u00e1 evolucionando continuamente, sempre se adapta aos novos contextos temporais. Pu\u00f1a unha analox\u00eda: entre o mundo dos galaicos e o noso sep\u00e1rannos s\u00f3 80 xeraci\u00f3ns. Durante esas 80 xeraci\u00f3ns, nunha caracter\u00edstica moi galega, os nosos mortos dos castros, das aldeas romanas e medievais, foron convert\u00e9ndose en so\u00f1os, en mitos. Os mitos que nos rodean son os nosos propios devanceiros, transformados en seres mitol\u00f3xicos. Ese proceso, que sementaba o territorio da sociedade tradicional de sentidos, non funciona hoxend\u00eda, na sociedade contempor\u00e1nea. A creba, o desleixo entre a sociedade galega e o seu patrimonio cultural, entre outros motivos, veu dado pola perda dos sentidos que vincularon as sociedades cos territorios durante moito tempo. A mi\u00f1a proposta \u00e9 recuperar os v\u00ednculos coa nosa memoria f\u00edsica, pero xa non a trav\u00e9s da mitolox\u00eda convencional. <\/p>\n<p>Para recuperar os v\u00ednculos coa nosa memoria cultural f\u00edsica, cos castros, d\u00f3lmenes, mosteiros, a sociedade debe aprender a reapropiarse deles de novo, e iso \u00e9 posible a trav\u00e9s da ciencia e da tecnolox\u00eda (que nos aproximan agora, e como nunca, de xeito espectacular aos devanceiros), coa luz e a raz\u00f3n, e canda eles a custodia, a participaci\u00f3n da sociedade nos procesos de xesti\u00f3n e investigaci\u00f3n do seu propio pasado. C\u00f3mpre preservar a mitolox\u00eda tradicional, pero canda ela debemos constru\u00edr o noso propio discurso contempor\u00e1neo, con novos sentidos e comprensi\u00f3ns dun lugar. Por forza non creremos en encantos e mouros, pero gustaranos saber deles; agora as tecnolox\u00edas rev\u00e9lannos procesos e actitudes dos devanceiros como nunca Cuevillas ou Bouza Brey so\u00f1aran ver. Falei de como as novas tecnolox\u00edas intensifican a empat\u00eda emocional cos feitos e as xentes que estiveron antes de n\u00f3s. Por iso \u00e9 importante constru\u00edr un discurso da divulgaci\u00f3n cient\u00edfica: porque por forza ach\u00e9ganos, a d\u00faas cuartas, do noso pasado.  <\/p>\n<p>A sociedade \u00e9 capaz de reoutorgar funci\u00f3ns a un espazo aparentemente baleiro dentro da comunidade, e expliquei o marabilloso caso de Castroland\u00edn (<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/06\/24\/conectando-seculos-na-festa-dos-fachos-de-castrolandin\/\">aqu\u00ed podedes ver o v\u00eddeo completo<\/a>), que \u00e9 un claro proceso de construci\u00f3n de sentidos desde o presente a partir dunha s\u00f3lida relaci\u00f3n ancestral entre a comunidade e o seu castro. O ritual orixinal, dos seus devanceiros, no que na noite de San Xo\u00e1n prend\u00edan fachos todo ao redor da muralla do castro, ti\u00f1a un uso profil\u00e1ctico (protexer os campos de cultivo) e outro colectivo e individual (un ritual de cohesi\u00f3n da comunidade e tam\u00e9n da transmisi\u00f3n familiar). Hoxend\u00eda, obviamente, o primeiro uso non \u00e9 preciso, pero o segundo, a cohesi\u00f3n comunitaria e a transmisi\u00f3n familiar, se cadra, o sexan m\u00e1is que nunca. Hai moitos lugares de memoria con funci\u00f3ns sociais novas, e ese aspecto \u00e9 clave para revincular o noso patrimonio cultural con n\u00f3s mesmos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vicente de Souza e Marcos P\u00e9rez Gul\u00edn Xurxo Mari\u00f1o Eu en plan Col\u00f3n. Fotos: Marcus&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/28\/tedxgalicia-un-luxo-para-este-pais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">TEDxGalicia: un luxo para este pa\u00eds<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18872,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-18869","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18869","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18869"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18869\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18872"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18869"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18869"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18869"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}