{"id":18823,"date":"2011-11-27T22:17:52","date_gmt":"2011-11-27T20:17:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18823"},"modified":"2011-12-06T22:39:18","modified_gmt":"2011-12-06T20:39:18","slug":"acunqueiro-unha-intensa-xornada-de-celebracion-da-literatura-gastronomica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/27\/acunqueiro-unha-intensa-xornada-de-celebracion-da-literatura-gastronomica\/","title":{"rendered":"#ACunqueiro: mil primaveras m\u00e1is para a gastronom\u00eda galega"},"content":{"rendered":"<p>Neste novembro de tolos, Miguel Vila, Soledad Felloza e m\u00e1is eu decidimos sacar tempo de onde non o hab\u00eda para non rematar o ano sen que houbera unha <a href=\"http:\/\/manuelgago.org\/cunqueiro2011\/\">celebraci\u00f3n colectiva dedicada a Cunqueiro e a literatura gastron\u00f3mica<\/a>. No Ano Cunqueiro, s\u00f3 houbera outra actividade m\u00e1is, promovida polo Consello da Cultura Galega, titulada <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/05\/21\/a-cocina-galega-con-cunqueiro-10-000-libros-e-pratos-en-homenaxe-ao-noso-gran-escritor-gastronomico\/\">A Coci\u00f1a Galega con Cunqueiro<\/a>, e que xuntou ao redor da figura do escritor a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/05\/25\/algo-mais-que-unha-fotografia-unha-idea-da-gastronomia-galega\/\">coci\u00f1eiros de grupos e xeraci\u00f3ns distintas<\/a>, se cadra por primeira vez en Galicia, nunha acci\u00f3n conxunta. <\/p>\n<p>As\u00ed que criamos que era necesaria tam\u00e9n unha homenaxe sinxela pero entusiasta da sociedade civil a este escritor, conformador decisivo da imaxe da gastronom\u00eda galega no interior do pa\u00eds pero tam\u00e9n no exterior. Un grupo de 30 persoas -a cantidade de asistentes estaba limitada a este n\u00famero por cuesti\u00f3ns dos aforos de salas, espazos e o restaurante- percorrimos dando un paseo, na fr\u00eda ma\u00f1\u00e1 deste s\u00e1bado, diferentes espazos do oeste da capital galega, homenaxeando a Cunqueiro en cada un deles cunha acci\u00f3n diferente. Resumindo ao m\u00e1ximo: pas\u00e1molo de medo.Aqu\u00ed vai unha pequena cr\u00f3nica do acontecido. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Comezamos \u00e1s 11 da ma\u00f1\u00e1 na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, punto de partida da expedici\u00f3n, as\u00ed que moitas grazas ao CCG por permitirnos o uso das instalaci\u00f3ns. Co sol outonal entrando polas xanelas do Consello, un amen\u00edsimo Miguel Vila repasou o Mondo\u00f1edo da \u00e9poca de Cunqueiro -cerna da s\u00faa inspiraci\u00f3n literaria- e a gastronom\u00eda na s\u00faa obra. Quero agradecer a Miguel que nos deixe reproducir o v\u00eddeo da breve conferencia (ao principio falta un minuto) que gravei, porque vos aseguro que \u00e9 unha delicia. Aqu\u00ed podes velo:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"345\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/6VqepQS10dA\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Xa postos en contexto, baixamos ata a r\u00faa das Salvadas, onde na Asociaci\u00f3n de Hosteler\u00eda de Compostela xa nos ti\u00f1an preparadas as s\u00faas magn\u00edficas instalaci\u00f3ns para o vindeiro acto do programa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A cata titulada: <em>&#8220;Eu pod\u00eda darlle unha volta ao pa\u00eds coa taza cunca do meu apelido na man&#8221;. Unha viaxe enol\u00f3xica \u00e1 Galicia amada por Cunqueiro. <\/em> foi dese\u00f1ada con moita ilusi\u00f3n por Antonio Portela e por min versionando en copas un dos mellores, sen\u00f3n o mellor, texto sobre os vi\u00f1os galegos que se ten escrito na nosa literatura. Fumos seguindo o itinerario trazado pola cunca de Cunqueiro, explicando as s\u00faas notas de cata, comparando a \u00e9poca de Cunqueiro coa actual no mundo dos vi\u00f1os e vendo as terras e as fincas xustas das que o autor falaba e das que proced\u00edan os vi\u00f1os dos que falabamos. Gustar\u00edanos ter perdido a cabeza cunha ducia de vi\u00f1os, pero os tempos eran os tempos. As\u00ed que contamos coa excelente disposici\u00f3n da Adega Rilo de Betanzos, e o seu Castro de Unt\u00eda, Pezas da Portela de Valdeorras, Dona Lola, en Portas, Forxas do Saln\u00e9s e o seu escas\u00edsimo Goliardo Espadeiro Vi\u00f1a Cazoga en Amandi, no Ribeiro Abad\u00eda de Gomariz e Tarabelo, Gomariz e Beade, d\u00faas das importantes zonas hist\u00f3ricas desta gran terra de vi\u00f1os. Grandes vi\u00f1os para unha cata: queremos agradecer tam\u00e9n a <a href=\"http:\/\/www.mariafechoria.com\/\">Mar\u00eda Fechor\u00eda<\/a>, a distribuidora de &#8220;bos vi\u00f1os, polo seu apoio na produci\u00f3n da cata, as\u00ed como a Aser \u00c1lvarez, Rafa Tri\u00f1anes e Isaac Curros, xunto cos camareiros, pola s\u00faa xenerosidade e a implicaci\u00f3n no evento, que saiu redondo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Seguimos a Cunqueirada no restaurante Acio, onde Eva Pizarro abriunos unhas botellas dun Ribeira Sacra de corte moi moderno, o Finca Cuarta, e Iago Castrill\u00f3n presentounos a s\u00faa versi\u00f3n do polo con follas de figueira. Alude a unha bonita &#8220;receita&#8221; de Cunqueiro, na que detalla como levaba o polo fr\u00edo e o com\u00eda sobre follas de figueira cando \u00eda visitar o castelo de Caldaloba, n\u00facleo dunha <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/05\/06\/caldaloba-e-os-tres-ultimos-anos-da-resistencia-galega\/\">gran historia de Galicia<\/a>. <\/p>\n<p>Xa dispostos e con apetito fumos ata o destino final desta aventura cunqueiriana: o restaurante Pedro Roca, onde degustamos un dos mellores men\u00fas que te\u00f1o probado ultimamente, unha mostra de mestr\u00eda sen igual, de acabalo entre a modernidade e a tradici\u00f3n, baixo o prisma da alt\u00edsima esixencia de produto que te\u00f1en os grandes coci\u00f1eiros galegos. E vela\u00ed est\u00e1bannos agardando, ao fondo, Pedro Roca, o Chef Rivera, Flavio Morganti e Marcelo Tejedor (en esp\u00edrito), dispostos a crear un dos xantares gastronomicamente m\u00e1is emotivos que te\u00f1o visto en moito tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_17.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Mentres chegaban os pratos, os participantes levantab\u00e1monos e iamos lendo as pasaxes de Cunqueiro que alud\u00edan a cada parte do xantar. Que vou dicir, que mellor o miredes por v\u00f3s mesmos: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_18.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_19.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Foi un men\u00fa dese\u00f1ado \u00e1 perfecci\u00f3n por Pedro Roca coa achega maxistral de Flavio Morganti (rissotto de vaca vella), o Chef Rivera (perdiz ao espeto), e Marcelo Tejedor (rosquillas de feira). F\u00edxense de que xeito reparten as rosquillas o Chef Rivera e Flavio Morganti. :-)<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cunqueiro_festa_20.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed todo o mundo levou libros, libros, libros. Esa foi a constante da xornada. E os chefs tam\u00e9n. Velaqu\u00ed a Editorial Galaxia agasallou cunha colecci\u00f3n de libros de don \u00c1lvaro para cada un. Unha delicia!<\/p>\n<p>A tarde rematou (ben tarde) con copas no Vaov\u00e1 Gastro, na espectacular sala do sal\u00f3n de enriba, degustando c\u00f3cteles coas \u00faltimas conversas o que o d\u00eda deu de si, que foi moit\u00edsimo. <\/p>\n<p>Para os organizadores, este d\u00eda ser\u00e1 sempre un motivo de orgullo enorme. Xente que non nos co\u00f1eciamos disfrutamos dun d\u00eda extraordinario ao redor da figura dun escritor galego e da literatura galega, demostrando a actualidade e a vitalidade da obra dun dos nosos intelectuais m\u00e1is relevantes e a posibilidade de crear, desde a sociedade civil e con orzamento cero, eventos memorables. <\/p>\n<p>Mil primaveras m\u00e1is para a cultura e a gastronom\u00eda galegas!<\/p>\n<p>A xornada cunqueiriana abr\u00eda hoxe a edici\u00f3n de Cultura de La Voz de Galicia: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lavoz_cunqueiro1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><strong>P.D.<\/strong> Atenci\u00f3n, que o d\u00eda 22 de decembro teremos outro evento l\u00fadico-gastron\u00f3mico-tabernario cunqueir\u00e1n no que poder\u00e1s participar, posiblemente en varias cidades galegas. C\u00f3ntocho nuns d\u00edas, cando te\u00f1amos todo m\u00e1is ou menos pechado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O s\u00e1bado foi un d\u00eda moi especial para a gastronom\u00eda galega. Un grupo de amantes da literatura de \u00c1lvaro Cunqueiro percorrimos a cidade da man da obra enogastron\u00f3mica do escritor e non se nos borrar\u00e1 nunca. Aqu\u00ed vai unha cr\u00f3nica. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/27\/acunqueiro-unha-intensa-xornada-de-celebracion-da-literatura-gastronomica\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">#ACunqueiro: mil primaveras m\u00e1is para a gastronom\u00eda galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18910,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7],"tags":[],"class_list":["post-18823","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18823","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18823"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18823\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18823"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18823"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18823"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}