{"id":18810,"date":"2011-11-25T00:35:31","date_gmt":"2011-11-24T22:35:31","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18810"},"modified":"2011-11-27T22:32:37","modified_gmt":"2011-11-27T20:32:37","slug":"estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-e-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/25\/estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-e-2\/","title":{"rendered":"Estrelas Michel\u00edn 2012: o paso dunha nova xeraci\u00f3n (e 2)"},"content":{"rendered":"<p>O balance galego das estrelas Michel\u00edn \u00e9 agridoce. Como <a href=\"https:\/\/twitter.com\/#!\/magago\/status\/139771296782364672\">avancei no Twitter<\/a>, este ano iamos ter d\u00faas boas novas na Michel\u00edn para Galicia. Casa Marcelo (Compostela) recupera a s\u00faa estrela despois dunha cami\u00f1ada e longo traballo, e o Silabario, de Tui, recibe tam\u00e9n outra. Por unha banda, obxectivamente, Galicia ga\u00f1a 1 estrela a maiores, pero perde tam\u00e9n a estrela Michel\u00edn a Rexidora (Bentraces, Ourense). Tam\u00e9n \u00e9 agridoce o feito de que a tan rumoreada (e merecida) segunda estrela para Casa Solla non sa\u00edra finalmente. Ser\u00eda o broche de ouro para os 50 anos do restaurante e o reco\u00f1ecemento para Pepe Solla, unanimemente considerado un dos grandes coci\u00f1eiros de Galicia. Son estas cousas incomprensibles da Michel\u00edn: te\u00f1o estado nuns cantos dous estrelas espa\u00f1ois que non lle chegan nin aos zapatos a Casa Solla. \u00c9 ese aspecto escuro das gu\u00edas&#8230;<\/p>\n<h3>Casa Marcelo<\/h3>\n<p><em>Recupera a s\u00faa estrela Michel\u00edn<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/carballos_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Iv\u00e1n Dom\u00ednguez. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Casa Marcelo fai unha remontada espectacular despois da perda da s\u00faa estrela o ano pasado. Sen d\u00fabida ningunha, nesta remontada hai un nome clave: Iv\u00e1n Dom\u00ednguez. Este antigo coci\u00f1eiro militar de Ferrol, segundo de Marcelo Tejedor no restaurante, t\u00edmido, atento e tremendamente traballador, foi asumindo cada vez m\u00e1is responsabilidades na casa matriz da r\u00faa Hortas, mentres Marcelo Tejedor iniciaba este ano o seu novo so\u00f1o popular dos <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/09\/11\/os-carballos-a-road-movie-de-marcelo-tejedor\/\">Carballos<\/a>. Non podo menos que lembrar hoxe unha conversa que mantiven con Marcelo Tejedor en San Sebasti\u00e1n, o mesmo d\u00eda do ano pasado, un d\u00eda antes de que fora p\u00fablico que o seu restaurante perdera a estrela Michel\u00edn. &#8220;Que fas, Marcelo?&#8221;, pregunteille cando nos vimos. &#8220;Preparando o d\u00eda despois&#8221;, contestou mir\u00e1ndome aos ollos. Hoxe c\u00famprese ese traballo dun ano, un ano no que Iv\u00e1n Dom\u00ednguez traballou sen parar para deter a crise e Marcelo, levando a outra parte do tandem, abriu novos horizontes que permitiran compensar os desequilibros do dif\u00edcil negocio da alta coci\u00f1a. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?s=casa+marcelo&#038;x=0&#038;y=0\">Casa Marcelo en Cap\u00edtulo Cero<\/a><\/p>\n<h3>Silabario (Tui)<\/h3>\n<p><em>Ga\u00f1a a s\u00faa primeira estrela Michel\u00edn<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/silabario_4.jpg\"\/><\/p>\n<p>Confeso que me alegrei moito cando souben da estrela Michel\u00edn do Silabario (Tui). Esta estrela \u00e9 un apoio enorme para un proxecto gastron\u00f3mico delicado e elegante nunha cidade que fica f\u00f3ra dos circuitos gourmets do pa\u00eds, Tui, pero ao meu ver cun gran potencial precisamente por iso mesmo, e pola s\u00faa privilexiada ubicaci\u00f3n. Pero, por suposto, \u00e9 un apoio enorme para outro chef discreto e tranquilo, un rapaz culto e dialogante chamado Alberto Gonz\u00e1lez. Hai que telos ben prantados para manter ese restaurante d\u00eda tras d\u00eda, e manterse na filosof\u00eda que el nos ten comentado: &#8220;comezar desde o principio&#8221;. A humildade deste coci\u00f1eiro asume que sempre se est\u00e1 aprendendo, perfeccionando e partindo da base. Con paix\u00f3n el nos ten falado de como se deti\u00f1a nas t\u00e9cnicas b\u00e1sicas da coci\u00f1a, explor\u00e1ndoas ata aprendelas convintemente, admitindo todo o que falta por aprender e co\u00f1ecer. O resultado \u00e9 unha gastronom\u00eda que gusta, que sorprende, que ten luxo e tam\u00e9n territorio, nesa confluencia galaicoportuguesa. D\u00e9anlle unha oportunidade e vaian ata Tui, que non lles defraudar\u00e1. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/09\/06\/restaurante-silabario-en-tui-cocinar-desde-o-principio\/\">Ler post completo sobre Silabario<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un balance positivo para Galicia na nova edici\u00f3n da Gu\u00eda Michel\u00edn. Casa Marcelo e Silabario obte\u00f1en unha estrela Michel\u00edn, mentres non se cumpren as expectativas dun primeiro &#8216;d\u00faas estrelas&#8217; para o pa\u00eds. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/25\/estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-e-2\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Estrelas Michel\u00edn 2012: o paso dunha nova xeraci\u00f3n (e 2)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27801,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,7],"tags":[],"class_list":["post-18810","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18810","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18810"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18810\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27801"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18810"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18810"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18810"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}