{"id":18804,"date":"2011-11-25T00:09:36","date_gmt":"2011-11-24T22:09:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18804"},"modified":"2011-11-25T00:11:30","modified_gmt":"2011-11-24T22:11:30","slug":"estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/25\/estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-1\/","title":{"rendered":"Estrelas Michel\u00edn 2012, o paso dunha nova xeraci\u00f3n (1)"},"content":{"rendered":"<p>Despois da retirada de Ferr\u00e1n Adri\u00e0, e desde hai xa un ano, hai moita tensi\u00f3n gastron\u00f3mica na pen\u00ednsula. Un dos indicadores m\u00e1is interesantes para tomar o pulso \u00e1 gastronom\u00eda \u00e9 a Gu\u00eda Michel\u00edn -xa saben, esa gu\u00eda que tantos gur\u00fas gastron\u00f3micos deste pa\u00eds levan cinco anos matando e que, pola contra, segue tan viva e levantando tanto rebumbio ano tras ano-, que este ano \u00e9 pol\u00e9mica pola retirada dunha estrela a Can Fabes -o restaurante de Santi Santamar\u00eda. <\/p>\n<p>Dos numerosos datos da gu\u00eda (<a href=\"http:\/\/www.7canibales.com\/?p=8995\">podes consultar a lista completa, por exemplo, en 7 can\u00edbales<\/a>), pola contra, eu qu\u00e9dome cunha constataci\u00f3n evidente: a emerxencia clara dunha nova xeraci\u00f3n de coci\u00f1eiros -xeraci\u00f3n dilatada no tempo- que son a renovaci\u00f3n clara da gastronom\u00eda peninsular. Xente que anda entre os vintemoitos e os trinta e tantos -isto si que \u00e9 precisi\u00f3n!- e que xa son algo diferentes aos seus pais gastron\u00f3micos. Tipos majos, discretos, tranquilos, e que na maior parte dos casos levan aparcadas as pr\u00e9sas. Van con calma pero, ao facelo, cumpren compromisos e avanzan. Perm\u00edtanme sinalar con alegr\u00eda a coci\u00f1a de xente que no \u00faltimo ano admirei a s\u00faa intelixencia gastron\u00f3mica nas s\u00faas casas. Tipos moi interesantes, con li\u00f1as propias, que van por un excelente cami\u00f1o. Perm\u00edtanme presentarlles a coci\u00f1a dalg\u00fans deles:<\/p>\n<h3>El Club Allard (Diego Guerrero).<\/h3>\n<p><em>Un dos poucos 2 estrelas da nova edici\u00f3n.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/allard_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>\nNun Madrid no que a alta gastronom\u00eda est\u00e1 incorporada \u00e1 farandula con todas as da lei, sobreviven lugares moi especiais, lugares moi discretos pero nos que se sirve unha gastronom\u00eda que vai m\u00e1is al\u00e1 dos focos, das revistas e da peculiar grea gastron\u00f3mica que se formou nos \u00faltimos anos. Mesmo hai lugares que non queren entrar nesa din\u00e1mica, que mesmo prefiren manterse \u00e1 marxe, ofrecendo unha coci\u00f1a de calidade, nome e apelidos sen tirarse \u00e1 piscina dos medios continuamente.<\/p>\n<p>O Club Allard \u00e9 o m\u00e1is parisino dos restaurantes madrile\u00f1os. (&#8230;) Pero tam\u00e9n \u00e9 o punto de reuni\u00f3n dunha pequena corte de gourmets que aspiran a probar unha coci\u00f1a moi, moi persoal, a do seu chef Diego Guerrero (&#8230;) \u00e9 o propio chef quen toma directamente as comandas nas mesas e pasa en varias ocasi\u00f3ns polas mesas, as\u00ed como te agarda na porta para despedirte (e despois marcha pola noite madrile\u00f1a nunha Vespa molona).(&#8230;)<\/p>\n<p>Que tipo de coci\u00f1a \u00e9?  (&#8230;) unha coci\u00f1a sustentada, ao meu ver, en tres vectores: a) a moda da play-food e o trampantollo, baseada en facer interactuar ao comensal cos pratos, b) a coci\u00f1a da memoria, pero non da memoria tradicional, sen\u00f3n a dunha xeraci\u00f3n -tam\u00e9n a mi\u00f1a- que anda agora entre os 30 e os 40 anos, c) a atenci\u00f3n \u00e1s modas gastron\u00f3micas na capital..<\/p><\/blockquote>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/11\/14\/o-club-allard-entre-a-discrecion-e-a-alta-cocina\/\">Ler post completo<\/a><\/p>\n<h3>Rodrigo de la Calle<br \/>\n<em>Consegue a s\u00faa primeira estrela Michelin<\/em><br \/>\n<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rodrigo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>Acheg\u00e1monos ata Aranjuez para experimentar os achados de Rodrigo de la Calle na s\u00faa horta \u00e1 beira do Tajo. O restaurante, pequeni\u00f1o e coqueto, ten barra onde tapear e a coci\u00f1a enriba, e a pequena sala embaixo. Poucos d\u00edas despois, esta semana pasada, Rodrigo de la Calle recib\u00eda en Madrid Fusi\u00f3n o t\u00edtulo de Mellor Coci\u00f1eiro do 2010. Sen d\u00fabida, o premio, polo que comimos ese d\u00eda, estaba ben merecido. A secuencia de pratos que sa\u00edron de coci\u00f1a era unha agradable sorpresa tras doutra, ao descubrirmos sabores verdes magn\u00edficos que, adem\u00e1is, maridaban con gran harmon\u00eda cunha coci\u00f1a de produto, coa carne, cos aroces, co peixe\u2026Porque hai que dicir que gastrobot\u00e1nica non significa necesariamente veganismo, sen\u00f3n unha presenza m\u00e1is intensa dos vexetais nas elaboraci\u00f3ns gastron\u00f3micas con todo tipo de produtos.<\/p><\/blockquote>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/01\/30\/a-gastrobotanica-de-rodrigo-de-la-calle-unha-demostracion-de-todo-o-que-a-terra-nos-pode-dar\/\">Ler post completo<\/a><\/p>\n<h3>Nerua<\/h3>\n<p><em>Consegue a s\u00faa primeira estrela Michel\u00edn<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nerua_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<blockquote><p>Pouco co\u00f1ecido a nivel popular pero etiquetado -con esa hip\u00e9rbole tan propia do sector- como \u00abxenio\u00bb por alguna cr\u00edtica (mal favor lle fan), ese xantar no Nerua -que mant\u00e9n unha coci\u00f1a marabillosa, pero non para o todo o mundo- foi unha das mellores experiencias gastron\u00f3micas dos \u00faltimos anos. Un compromiso cunha avangarda gastron\u00f3mica tremendamente persoal que non perde a esencia da profesi\u00f3n e do acto que xunta a persoas ao redor dunha mesa: o disfrute de todos e cada un dos sabores, aromas e imaxes que ver\u00e1 ao longo dun men\u00fa. A coci\u00f1a deste rapaz de 33 anos \u00e9 do mellor, con diferencia, que te\u00f1o visto en moito tempo.<\/p><\/blockquote>\n<p><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/10\/21\/nerua-a-avangarda-vexetal-de-josean-martinez-alija\/\">Ler post completo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois da retirada de Ferr\u00e1n Adri\u00e0, e desde hai xa un ano, hai moita tensi\u00f3n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/25\/estrelas-michelin-2012-o-paso-dunha-nova-xeracion-1\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Estrelas Michel\u00edn 2012, o paso dunha nova xeraci\u00f3n (1)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27800,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-18804","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18804","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18804"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18804\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27800"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18804"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18804"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18804"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}