{"id":18748,"date":"2011-11-14T23:28:43","date_gmt":"2011-11-14T21:28:43","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18748"},"modified":"2011-11-25T01:35:41","modified_gmt":"2011-11-24T23:35:41","slug":"casa-veva-unha-sala-para-estar-en-foilebar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/14\/casa-veva-unha-sala-para-estar-en-foilebar\/","title":{"rendered":"Casa Veva, unha sala para estar en Foilebar"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>M\u00e1is enriba, m\u00e1is enriba da Cruz do Incio, est\u00e1 Foilebar. Dig\u00e1molo finamente: desde a ollada dun compostelanita, vir\u00eda sendo onde Cristo perdeu a navalla. Contei cinco casas, unha igrexa e un camposanto que non advirtes ata que pasas cabo del. E a partir de a\u00ed, baixar para todas partes. En Foilebar deben bater os ventos todos que vagan polas serras orientais do pa\u00eds, do Cebreiro ata Trevinca. Non hai letreiros nin indicadores de bares, pero se se fixan, ver\u00e1n unha casa cunhas mesi\u00f1as \u00e1 porta. Peten nesa porta, ou esp\u00eden pola fiestra do car\u00f3n a Veva traballando na s\u00faa coci\u00f1a, cun monllo de potas. Est\u00e1n en Casa Veva [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msa=0&#038;ll=42.683035,-7.297942&#038;spn=0.003458,0.004989\">localizaci\u00f3n<\/a>]. <\/p>\n<p>Chegamos a Foilebar disfrutando de todo o que \u00e9 O Incio, un territorio que os que o amamos nunca damos explorado de todo. Baixamos a ver ao noso amigo Manolo o Zoqueiro, antes de xantar.  <\/p>\n<p>-Coidado co can, que \u00e9 dos que te\u00f1en aos lobos f\u00f3ra da casa.<\/p>\n<p>&#8230;iso d\u00edxonos Manolo o Zoqueiro. E logo contounos estoutra: <\/p>\n<p>-Un d\u00eda \u00eda por unha fraga cun caxato de madeira de Castela e aparec\u00e9ronme dous lobos que se quer\u00edan botar a min. Mallei neles ata que colleron medo e escaparon, e ao correren, fac\u00edano tan r\u00e1pido que nas follas das \u00e1rbores prend\u00edan fa\u00edscas!. As\u00ed llo contaba eu a Don \u00c1ngel, e Don Angel botaba un pitillo e dic\u00edame: &#8220;moito mallaches neles, Manuel!&#8221;.<br \/>\n-Quen era ese don \u00c1ngel, Manuel? -pregunt\u00e1moslle.<br \/>\n-Don \u00c1ngel Fole!<\/p>\n<p>Desde hai moitos anos, para min O Incio son historias contadas de vagar. O vento raro, c\u00e1lido, deste outono vai peiteando as \u00e1rbores amarelas, e no alto de Foilebar, cruza a terra sen medo. <\/p>\n<p>Veva p\u00e1sanos a sentar ao sal\u00f3n da casa. Al\u00ed, e nunha antiga taberni\u00f1a, \u00e9 onde sentan os clientes. Hai unha tele cun v\u00eddeo VHS, un Buda da Fortuna, candelabros negros, recordos de Portugal, placas conmemorativas: &#8220;A Veva, gran coci\u00f1eira, gran reposteira, gran licoreira&#8221;. De ga\u00f1ar t\u00edtulos nobiliarios na vida, no me importar\u00eda ter estes que ostenta Veva por obra e graza de clientes entregados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Por suposto non hai carta. Aqu\u00ed c\u00f3mese o que Veva ten nos arc\u00f3ns, na horta ou que traen os cazadores dos montes do Incio. \u00c9 como unha viaxe \u00e1s cr\u00f3nicas gastron\u00f3micas de Cunqueiro, da monta\u00f1a luguesa, este territorio onde os alimentos sempre te\u00f1en o toque a fume. Chegas e xa tes unha fonte de embutidos da casa agardando por ti. Chega o vi\u00f1o de casa. E despois, ve\u00f1en unhas troitas moi ben fritidas que vas comendo de vagar mentres o cheiro de chourizo invade esta sala de estar. <\/p>\n<p>Veva aparece de novo.<\/p>\n<p>-Son os chourici\u00f1os da primeira matanza, que fixemos hai unha semana. Chourizo cocido con patacas. Pracer sinxel\u00edsimo e feliz, xiringadas vermellas de piment\u00f3n que se disparan aloucadas destes chourizos frescos e enchoupan as patacas cocidas, brancas e de boa terra. A cheminea est\u00e1 prendida e alegra os calores deste comedor, calores que tam\u00e9n comezan a ser internos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O seguinte \u00e9 carne asada con marmelada de albaricoque, cortada en rodaxas moi finas, feita durante moito tempo, que disfrutas con certa prudencia porque sabes que isto non \u00e9 o final&#8230; mentres chega unha fonte con casta\u00f1as cocidas e aparece o cervo, guisado, macerado de vagar, abundante e intenso e xa non sabes onde atender. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cando proclamas a t\u00faa derrota (feliz) gastron\u00f3mica, a se\u00f1ora Veva aparece de novo cun intrigante frasco de cristal e un bol cheo de chupitos que deposita sobre a mesa. Pero hai un problema. Somos dous. <\/p>\n<p>-E todos estes vasi\u00f1os? -preguntas.<br \/>\n-Agora lle ve\u00f1o, si? agora lle ve\u00f1o -contesta evasiva Veva. <\/p>\n<p>Do frasqui\u00f1o de crisal, como un ritual, extraes unha gran rosquilla. Isto ser\u00eda a versi\u00f3n Foilebar dun primeiro postre refrescante. De seguido ve\u00f1en cinco ou seis licores de todos os sabores e cores. Agora entendes. O men\u00fa degustaci\u00f3n de licores comeza a agora. Como a caza e a carne fixo do seu, recibes estes licores como se fosen p\u00edlulas de bicarbonato. O de caf\u00e9 levanta homes do Incio a talar. O de laranxa conserva a viveza da froita&#8230;hai de lim\u00f3n, o de fresa impresionante&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/veva_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Veva aparece pola porta. Hai que temerlle. E nos pratos pon tres deliciosos postres: a Tarta de Neve de Foilebar, que est\u00e1 tan rica coma o seu propio nome, tarta de queixo e outra tarti\u00f1a m\u00e1is con galleta. Non \u00e9 doado chegar ata aqu\u00ed, pero chegamos, e hai que facer un \u00faltimo esforzo. <\/p>\n<p>A madeira segue prendida na cheminea, e Veva sirve ricos caf\u00e9s de pota nesta sali\u00f1a de estar que se encheu de paseantes do Incio. Ao marcharmos, Veva, sen co\u00f1ecernos, \u00e9nchenos a cara de bicos e sorrisas. Con vi\u00f1o da casa, pagamos 22 euros persoa polo men\u00fa de Veva, unha aut\u00e9ntica festa. <\/p>\n<p>Cando pensamos nos sitios m\u00edticos para a gastronom\u00eda de Galicia, Foilebar xa entrou aos nosos coraz\u00f3ns. Al\u00ed, neste lugar no que os lobos baixan no canto de subir, cun factor QP (QuintoPi\u00f1eirismo) moi acentuado, un descubre que a viaxe dif\u00edcil de chegada \u00e9 a compa\u00f1eira imprescindible do apetito m\u00e1is grato. Casa Veva ser\u00eda o prototipo de lugar para o que lle dis aos amigos &#8220;Vouche levar a un sitio&#8230;&#8221;. Un dos grandes tesouros, que quedan, da gastronom\u00eda popular galega. Un espacio no que unha humilde coci\u00f1eira, coas s\u00faas mans, consegue recrear con alegr\u00eda e moito cari\u00f1o un mundo que xa non sabemos se nos deixou. <\/p>\n<p><strong>Consellos pr\u00e1cticos:<\/strong> Chamen uns d\u00edas antes a Veva, que o sitio est\u00e1 moi solicitado (982165440). Non vaiades moi tarde a xantar, porque Veva manexa pouco stock e a xente do Incio vai xantar cedo, co cal \u00e1s veces rem\u00e1tanselle antes pratos ricos. Digamos que ir \u00e1s 14:30 &#8220;\u00e9 tarde&#8221;. Se ides en grupos, os dous comedorci\u00f1os que ten dan para unhas vinte persoas cada un. <\/p>\n<p><em>Grazas a <a href=\"http:\/\/paparevivir.blogspot.com\">Nico<\/a> polo consello!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos conf\u00edns de Galicia, nunha pequena aldea do Incio, unha coci\u00f1eira agarimosa chamada Veva enche de sentidos e ledicia o mundo dos viaxeiros, creando un espazo gastron\u00f3mico intemporal entre matanzas e cazas. A Foilebar hai que ir a prop\u00f3sito, pero repetir\u00eda o cami\u00f1o por esas monta\u00f1as mil veces. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/14\/casa-veva-unha-sala-para-estar-en-foilebar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Casa Veva, unha sala para estar en Foilebar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18755,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-18748","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18748","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18748"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18748\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18755"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}