{"id":18698,"date":"2011-11-11T18:34:52","date_gmt":"2011-11-11T16:34:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=18698"},"modified":"2011-11-14T23:32:33","modified_gmt":"2011-11-14T21:32:33","slug":"republicas-de-homes-libros-un-voo-espectacular-sobre-luania","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/11\/republicas-de-homes-libros-un-voo-espectacular-sobre-luania\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: Un voo espectacular sobre Luania [v\u00eddeo]"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_rasante.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A vida est\u00e1, moitas veces, composta por s\u00edmbolos e por xestos. Alg\u00fans son p\u00fablicos, outros son de car\u00e1cter persoal. O drone hexac\u00f3ptero -o Escornac\u00f3ptero, como o co\u00f1ecemos xa familiarmente- constru\u00eddo polo meu irm\u00e1n foi dese\u00f1ado de cara a unha ampla gama de proxectos biol\u00f3xicos, arqueol\u00f3xicos e audiovisuais que se ir\u00e1n desenvolvendo nos vindeiros meses. Non foi casual que, tras Pena Furada, o primeiro lugar no que quixemos filmar fose o Castellum de Luania, unha espectacular atalaia sobre a r\u00eda de Muros e o Tambre. Foi aqu\u00ed, nestes fr\u00edos e inh\u00f3spitos penedos dunha dorsal abandonada, solitaria e fermosa, evocadora e suxestiva, onde naceu a serie Rep\u00fablicas de Homes Libres. En certo xeito, a nosa educaci\u00f3n sentimental, a do meu irm\u00e1n e m\u00e1is a mi\u00f1a, est\u00e1 forxada nestes terreos das serras, os solitarios e bravos montes de Galicia. <\/p>\n<p>Pero hab\u00eda un segundo factor. Queriamos contar desde o aire o impactante de Luania, posiblemente unha das pequenas fortificaci\u00f3ns altomedievais mellor conservadas das terras occidentais de Galicia e, seguramente, do litoral atl\u00e1ntico europeo. As\u00ed que aqu\u00ed vai o noso traballo. Un v\u00eddeo espectacular que tes que ver. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"345\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/ndhi3JoOcb4?hd=1\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Desde o aire obs\u00e9rvase a configuraci\u00f3n at\u00edpica deste lugar, diferente aos castelos que acabamos de ver. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_luania.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Mapa hipot\u00e9tico da estrutura do castelo de Luania. Na situaci\u00f3n actual, s\u00f3 se perciben evidencias de muralla nas zonas indicadas. As zonas punteadas ser\u00edan o per\u00edmetro da muralla.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Unha sucesi\u00f3n encadenada de estancias que contrasta coa enorme cantidade de pedra derrubada que podedes ver no muro. As estancias, modestas, carecen de cimentaci\u00f3n s\u00f3lida que permitira afirmar que eran torres que se ergu\u00edan en altura. Non deb\u00edan erguerse m\u00e1is al\u00e1 de dous metros. Sen embargo, en Luania hai cantidades inmensas de pedra derrubada que vedes nas ladeiras. De onde v\u00e9n? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_esquinal.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Iso \u00e9 interesante. O l\u00f3xico \u00e9 pensar que da muralla. As casas caen para o interior pero a muralla, debido \u00e1 forza gravitatoria, cae cara o exterior, cedendo lentamente e arrastrando uns cachotes a outros. Pero&#8230;non \u00e9 doado sabelo. No v\u00eddeo veredes, enfronte de onde eu estou, como efectivamente, hai tramos al\u00f3 definidos que parecen delimitar un \u00e1ngulo da muralla. Pero, cando menos na situaci\u00f3n actual, a muralla non se aprecia no resto do espazo constru\u00eddo de Luania. <\/p>\n<p>Luania \u00e9 unha c\u00e1psula do tempo cara s\u00e9culos atr\u00e1s. Un espazo que hoxe foi marxinal pero que sospeitamos que tivo moito que ver cun sistema, cun importante espazo de control viario que esmoreceu debido \u00e1 presi\u00f3n dos novos axentes do feudalismo e a emerxencia de Noia como emporio comercial e mar\u00edtimo na zona. Este humilde e espectacular observatorio do mundo garda moitos secretos. Mentres o meu irm\u00e1n e Javier preparaban a m\u00e1quina, no solpor da tarde outonal, mirei ao lonxe. Estaba o que non agardaba ver. Procurei co zoom da c\u00e1mara, e hab\u00eda algo m\u00e1is. <\/p>\n<p>Rinme. <\/p>\n<p>Temos Rep\u00fablicas de Homes Libres para rato. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O castelo de Luania, perdido nos montes de Nimo, foi o punto de partida das Rep\u00fablicas de Homes Libres. Agora volvemos a el para observalo desde o aire co noso drone voador. E os resultados son alucinantes. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2011\/11\/11\/republicas-de-homes-libros-un-voo-espectacular-sobre-luania\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: Un voo espectacular sobre Luania [v\u00eddeo]<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":18899,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-18698","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18698","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18698"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18698\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18899"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18698"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18698"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18698"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}